ESF Galicia - Persoas

XUNTA DIRECTIVA
 
A Xunta Directiva de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, para o período 2012 - 2014, quedou constituída na Asamblea Xeral celebrada o 15 de abril de 2012 e está formada polas seguintes persoas:

PRESIDENCIA

Sandra García García
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.
  • Participou nos grupos de Educación para o Desenvolvemento (EpD), Sensibilización e Incidencia e foi coordinadora da sede de ESF Galicia na Coruña.

VICEPRESIDENCIA

Adrián Castro Palmás
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2008.
  • Desenvolveu a súa actividade colaborando nas diversas actividades que se levan a cabo na sede de ESF Galicia en Vigo. Ademáis, participou no grupo de Enerxía e formou parte da comisión de selección dos Programas de Coñecemento da Realidade (PCR).

TESOUREIRÍA

Francisco Puga Alonso
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2006.
  • Participou nos grupos de Educación para o Desenvolvemento (EpD), Sistemas da Información e Comunicación, Administración e Tesoureiría (GAT). Ademáis foi Vogal do Grupo de Sistemas da Información da Xunta Directiva.

SECRETARÍA

María Vázquez Rei
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2007.
  • Participou nos grupos de Educación para o Desenvolvemento (EpD), Sensibilización e Incidencia, ademáis foi relatora en diferentes charlas organizadas por ESF Galicia.

VOGALÍA DE ACCIÓNS NO NORTE (EpD, Sensibilización e Incidencia)

Juan Domingo Quintela Vázquez
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2009.
  • Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Educación para o Desenvolvemento (EpD).

VOGALÍA DE PROXECTOS INTERNACIONÁIS DE COOPERACIÓN

Marta Sara Santidrián Yebra Pimentel
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2005.
  • Participou nos grupos de Sensibilización e Incidencia e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

VOGALÍA DE VOLUNTARIADO

María Consuelo Revilla Nebreda
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.
  • Participou nos grupos de Sensibilización e Incidencia, Economía Responsable e Voluntariado.

VOGALÍA DE COMUNICACIÓN

Carmiña Bacariza Rei
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2010.
  • Participou nos grupos de Comunicación, Sensibilización e Incidencia e no de Educación para o Desenvolvemento (EpD).




COORDINADORES DE SEDE

Na actualidade Enxeñería Sen Fronteiras Galicia está presente en distintas cidades galegas, polo que se constitúen as seguintes sedes:

- A Coruña
- Ferrol
- Santiago de Compostela
- Lugo
- Vigo
- Ourense

As persoas que coordinan cada unha destas sedes son:

COORDINACIÓN SEDE A CORUÑA

Sandra García García
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.
  • Participou nos grupos de Educación para o Desenvolvemento (EpD), Sensibilización e Incidencia.

COORDINACIÓN SEDE FERROL

Lorena González Aira
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2010.
  • Participou nas distintas actividades realizadas na sede de ESF Galicia en Ferrol.

COORDINACIÓN SEDE SANTIAGO

Adela Fernández Agulló
  • Voluntaria de ESF Galicia dende 2005.
  • Participou nos grupos de Educación para o Desenvolvemento (EpD) e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Agro).

COORDINACIÓN SEDE LUGO

Tomás Bande Sánchez
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2010.
  • Participou nas distintas actividades realizadas na sede de ESF Galicia en Lugo e Ourense.

COORDINACIÓN SEDE VIGO

Andrés Estévez Costas
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2007.
  • Participou nos grupos de Sistemas da Información e Comunicación, Educación para o Desenvolvemento (EpD), Voluntariado, Sensibilización e Incidencia e na comisión de selección dos Programas de Coñecemento da Realidade (PCR).

COORDINACIÓN SEDE OURENSE

Tomás Bande Sánchez
  • Voluntario de ESF Galicia dende 2010.
  • Participou nas distintas actividades realizadas na sede de ESF Galicia en Lugo e Ourense.