21 jul 2011

Eu non sei nada...

Ao chegar unha persoa nova a ESF, cando se lle anima a participar/opinar a resposta é case sempre a mesma... pero eu acabo de chegar así que eu non sei nada!

Pois atopei algo que di Sydney Brenner, premio novel de medicina e fisioloxía, para o cal a ignorancia constitúe un activo necesario para analizar calquera problema. Si se sabe demasiado sobre un tema dirás simplemente que non funciona; mentras que si un é "ignorante" vai intentando cousas, e por suposto vai descubrindo cousas novas polo feito de estar intentándoo. O bo de ser unha persoa nova ou recén chegada, e que se é moi afortunado porque é ignorante da maior parte das cousas. De maneira que as mellores oportunidades para facer algo novo e, por tanto innovar, é xustamente simplemente facelo. As veces cando sabes demasiado convírteste nun "inutil", deixas de intentar, de facer, porque xa se probou e non funcionou ou non se puido facer. Asique xa sabedes que argumentar cando vos volvan dicir eso de que "eu non sei nada", porque xa se lle poderá engadir, afortunadamente... claro está que tamén despois hai que ter en conta onde estamos, cal é a nosa visión e misión como asociación, pero a creatividade ben dirixida pode ser un gran activo que non debemos desperdiciar. Non o creedes??

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Genial reflexión!

Sólo faltaba agregar que los "gurús" también deben dejarse influenciar por las nuevas ideas y probar aunque crean que algo va a fallar

ine dijo...

Totalmente dacordo tamén! A partir dun certo momento custa moito traballo non pensar iso de "non vai funcionar" ou "iso xa o probamos mil veces" cando te enfrontas a un problema... Graciñas polas reflexións, Patri e Puga!

maría dijo...

A verdade é que entras coa dúbida de que poderás aportar, como axudar...pero é verdade que aprendes e aportas moitas cousas!!ademáis o contraste de ideas entre os novatos e veteranos poden dar como resultado grandes traballos e avances!!
Só hai que vertebrar ben!