O pasado 23 de decembro celebrouse en Cacheiras (Teo) un encontro entre a Selección galega de fútbol e a R.A.S.D. (República Árabe Saharaui Democrática). Durante a xornada, organizada por Siareir@s Galeg@s sen ningún tipo de apoio institucional, houbo tempo para moitas outras actividades, como a Billarda (un xogo tradicional con bastante futuro dentro de ESF, a xulgar polos resultados dalgún que outro voluntario no torneo celebrado pouco antes do inicio do xogo).
Para axudar coa difusión do Conflito Saharaui durante o evento montamos un pequeno stand preto da entrada ao campo, ao que a xente podía achegarse pra recoller información ou mesmo amosar o seu apoio ao Sáhara sacando unha foto para a xa coñecida campaña de ISF Asturias “Yo reconozco a la RASD”.
Temos que dicir, que a acollida do posto de información foi boísima sendo moit@s @s que se achegaron ata nós movidos pola curiosidade pra levaren con eles unha copia do Panfleto no que se recolle a evolución histórica do conflito.
Ata o Apalpador se achegou ata Cacheiras!
Xa por último, no eido deportivo, o partido entre as dúas seleccións foi do máis emocionante a pesares do frío que facía no campo! E, aínda que o resultado fose o de menos, porque non dicilo, a nosa selección resultou gañadora do xogo.
Esperemos que este tipo de iniciativas non se perdan nunca e que a irmandade entre pobos como o galego e o saharaui sirva pra que situacións de inxustiza coma esta non caian nunca no esquecemento. Agora e sempre, Sáhara Libre!
3 comentarios:
que envidia! (e como molaba o apalpador, faltou facerlle a foto de "eu recoñezo a RASD", jajajaja)
Ey!! yo quiero apuntarme al equipo!! jejeje
Pois veña, temos que buscar xente e poñernos a entrenar! (q non é nada fácil, eh... jeje)
Publicar un comentario