7 nov 2012

Charla de EpD no curso de Voluntariado

      Boas noites, boas tardes e bós días a todos! Escribo con non outro obxetivo que relatar a experiencia (incrible, enriquecedora, entrañable e aínda maquiavélica) que foi para Belén (a mesma!), Sheila (si, esa encantadora rapaza na que todos estades pensando) e Miguel, (ou sexa, un servidor) a charla  sobre Educación para o Desenvolvemento no Curso de Voluntariado da USC.

      Todo comezou unha chuviosa tarde de outono -como non podería ser doutra forma en Santiago de Compostela- cando a xefa (bueno, chamémola Patri sen complicarnos) requeriunos para un novo encargo: o citado curso deste ano quedaríase huérfano se ESF non acudía, de modo que reunimos as citadas tropas e, en ausencia dun vital apoio como o sería o de Carmiña, partimos nunha dirección incerta, un prazo de misión imposible e unhas gañas quilométricas.

      O primeiro problema inventámolo: collimos e decidimos mellorar a presentación ppt que xa habia doutros anos, e pasala a un innovador e revolucionario formato: o Prezi (que en realidade escríbese sen maiúscula, pero paréceme que queda mellor). A base de berros e golpes na mesa fomos avanzando o que humildemente puidemos, ata que sete horas de traballo seguidos, complexa coordinación, concentración, esforzo, sacrifico, 6 claras e uns cantos pinchos, deron como froito esta dinámica presentación: Presentación prezi EpD

Alá diante está Belén,no seu momento estelar

      Pero chegado o día en cuestión descubrimos que os nosos problemas non fixeran máis que comezar: problemas co vídeo, ataques de nervios.. Soamentes coa enorme sabedoría de Belén puidemos seguir adiante, pero non sabíamos que ela non fixera mais que comezar a mostrar a súa enorme destreza no campo de batalla: espertou a 70 estudantes adurmilados, fixo que ata o mais soso se animara a participar e plantou cara aos que se atrevían, osaban! levarlle a contraria, e logrou asentar nas cabeciñas dos asistentes ao curso a idea básica: o concepto de Educación para o Desenvolvemento.




 
      Eu de feito teño a hipótese de que Belén non estaba de pé, senón apoiada nos asentos porque er consciente do seu perfecto dominio da audiencia. Pero só é unha hipótese.

Eu son ese con pinta de perdido, ao fondo.
      Máis despois fun eu: moitos coñecidos no público, demasiados se cadra, unha tarima da altura do Everest que me distanciaba do público, e as miradas frías e indolentes deste último, que ameazaban con desbaratar a dinámica que eu lles tiña preparada. Pero os exercicios de ioga que xa tiña ensaiados impediron que eses obstáculos quebraran a miña fe e así cumplin decentemente co obxetivo: unha breve reseña histórica repleta de referencias bibliográficas e a distinción entre educación formal, non formal e informal (encadrándose o curso na segunda). A min pareceume que  fixen así así, normal, conformábame, pero ao parecer Sheila creu que me lera un libro a noite anterior sobre Historia da EpD.



      Sheila rematou a faena deslumbrándonos coa súa melena rubia, a súa voz cantarina e unha convicción de ferro, acerca dos casos nos que a nosa propia ONGD aplicou a Educación para o Desenvolvemento. Non tivo tempo de poñer en práctica a súa dinámica, lástima, sen dúbida. Sen embargo, demostrou que se sabía moi ben o seu! Ela si que leu un libro, creo eu; soamentes que non nolo dixo. Témome que non poido subir fotos de Sheila, pero crédeme: estivo xenial.

      Pero non debemos esquecer que foi a causa de que nos recreamos noutras dinámicas, axitando as súas quietiñas mentes, sacamos toda a artillería da que dispuñamos para lograr que ninguén saíse indiferente daquela sala; auténticos malabarismos coas ideas, verdadeiras acrobacias sobre as nubes.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Sólo comentar que hay alternativas libres a prezi como Sozi o impressjs

Sergio dijo...

Moi poética!!!!

Sergio dijo...

ah, a presentación está chulísima (se ben as veces hai moita letra, a min mólanme máis as imaxes como apoio, que as palabras xa as decides vós e se non a xente non sabe se escoitarvos ou ler!). Sobre o exemplo dos mapas eurocéntricos, sempre me chamou a atención tamén por qué o norte case sempre se pon arriba e o sur abaixo...

Anónimo dijo...

Enhorabuena por la entrada!! y por participar en el curso!!! :) gracias por contárnoslo!

@Sergio: un amigo de Uruguay de mis padres tenía uno "al revés" Realmente en el espacio no hay arriba ni abajo así que no es ninguna tontería :)

La presentación ha pegado un buen cambio!! Otro año queda cambiar contenidos (nuevas campañas, usar las nuevas definiciones de la plani) - y sí, opino como Sergio, cuanta menos letra mejor, o al menos destacar en negrita algunas cosas! Pero bueno, seguro que esta vez ya os llegó con el cambio de formato! Quizás el año que viene os atrevéis también con los que comenta Puga jiji

maría dijo...

Xenial!!!
Noraboa!!!