Páginas

10 jun 2011

Exposición Comercio Xusto na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Moi boas!!!

A sede de Ferrol instalou a exposición de Comercio Xusto na cafetaría da Escola Oficial de Idiomas situada en pleno centro da cidade departamental, na rúa Real. Dita exposición que está composta por sete paneis, permanecerá nestas instalacións ata o 30 deste mes.

Neste eido quería salientar a boa acollida e o interese que mostrou a dirección do centro por colaborar connosco nesta andaína e incentivar un pouquiño máis se cabe a concienciación cara a desigualdade social en todas as súas vertentes pero máis incisivamente na Norte-Sur, derivada das malas prácticas comerciais e salariais da maioría de empresas adicadas ao sector primario. Así como dar a coñecer unha alternativa que non todo o mundo coñece, o Comercio Xusto.

Por outra banda quería agradecer especialmente ao voluntario Carlos xa que foi el que nos abriu a porta a esta e a novas futuras colaboracións.

E agora que estou metida no matute de subir cousiñas ao blogue só informarvos que o próximo venres 17 realizaremos unhas charlas sobre "Consumo e Economía Responsable" na Galería Sargadelos onde contaremos como poñentes a Natalia (do GAT) que falará sobre banca ética e economía sostible, Eric e Dani da sede de Vigo que nos darán consellos de aforro enerxético así como analizarán o orixe e o camiño que ten que percurrer a enerxía dende o a fonte que se obtén ata que chega as nosas casas, Xan (da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña) que nos contará como xurdiu este proxecto, cal é a súa finalidade... e por último e aínda sen confirmar un/a cooperativista local que nos informará de como funciona unha cooperativa agrícola e/ou gandeira e que obxectivos persegue. E como colofón final un debate "Producción ecolóxica VS Producción local". Penso que vai ser interesante, vós que pensades?

Aí vos adxunto unhas fotiños da expo na EOI.


5 comentarios:

  1. Preséntovos a Carlos que ninguén fóra de Ferrol o coñece. Así xa lle poñedes faciana :)

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que este ano, máis que nunca, estamos realizando actividades en centros onde antes non estabamos; pois ou facíamos actividades na rúa ou na Universidade. Gracias Lorena, Carlos e Alex e Uxía por este novo rexurdir da sede de Ferrol!!!!

    ResponderEliminar
  3. E moitas grazas a ti por reincorporarte!! sen a túa experiencia e a túa capacidade para traballar esto non sería o mesmo.

    ResponderEliminar
  4. Moito gusto, Carlos, e parabéns á sede de Ferrol, a nivel persoal daríalle o premio á "Sede do Mes de ESF" ;D

    ResponderEliminar