Agora, a cidadanía conta cunha nova ferramenta para incidir nas decisións políticas, e que aspira a facer máis democrática a UE.
- Que é unha Iniciativa Cidadá Europea (ICE)?
A ICE é un mecanismo que permite os cidadáns europeos, presentar peticións lexislativas formais as institucións da UE, sempre e cando sexa da súa competencia e conte co apoio de un total de un millón de firmas, nun mínimo de sete estados membros da Unión, ademáis dun mínimo en cada país dependendo do seu número de habitantes.
Presentado no marco do Tratado de Lisboa, entra en funcionamento o 1 de abril do 2012, convertindose na primeira forma de participación cidadá directa nunha instancia supranacional.
- ICE polo dereito a auga e o saneamento
EPSU, a Federación Sindical Europea de Servicios Básicos, pon en marcha unha iniciativa para pedir a a Comisión Europea (CE), que esixa os Vintesete que o acceso a auga sexa un dereito humano básico, se promova o abastecemento e saneamennto como servicios públicos, se garantice o acceso universal a auga e saneamento a todos os cidadáns con independencia da súa capacidade económica e que se deixe de presionar os vintesete para que se liberalice este mercado.
Water is a Human Right from epsu on Vimeo.
CCOO e UGT son os responsables desta iniciativa en España, que da o pistoletazo de saída en xullo deste ano para recoller o millón de firmas, que supón o 0,1% da poboación de cada país, sendo un total de 40.500 en España e doce meses para levalo a cabo.
A Federación de Enxeñería Sen Fronteiras participará na iniciativa a través da Rede Auga Púbica, da que forma parte. O profesor da Universidade de Zaragoza e representante da rede, Pedro Arrojo, alertou de que coa excusa da crisis se intenta convertir en negocio privado unha necesidade humana. "As políticas de austeridade esconden políticas de depredación do público" afirmou.
Xa está dispoñible a firma online.
"Se escribe AUGA, se lee DEMOCRACIA"
2 comentarios:
Asinado e difundindo! Por certo, Guille, o 1% en España non serían 500.000 sinaturas (25.000 en Galiza)?
Ah pois si, tes razon, equivoqueime e o 0,1% da poboacion, 40.500 firmas para España. Aqui podedes ver a taboa co numero exacto para cada pais.
http://ec.europa.eu/citizens-initiative/public/signatories
Publicar un comentario