Hola!
Dende o
grupo de xestión de persoas socias queremos lazar un debate sobre a base social. Si xa sabemos que e un debate vello pero,
nunca se abordou de xeito formal. Por isto na lista xeral, proximamente propoñerase este debate
entorno as preguntas que se desprenden do seguinte argumentario, que xustifica a
motivación e necesidade do mesmo. Na asemblea xeral do próximo día 9
de novembro, continuaremos coas achegas que se fagan por correo e esperamos sacar ao menos as primeiras
conclusión que nos dean as directrices básicas do futuro traballo coas persoas socias.
Antecedentes
e motivación do debate sobre a base social de Enxeñería sen Fronteiras Galicia.
Actualmente
as obrigas das persoas socias segundo os nosos Estatutos son:
- Someter os Estatutos e os acordos que no ámbito das súas respectivas competencias tomen os órganos reitores da asociación
- Satisfacer as cotas que se establezan
- Secundar el cumprimento dos fines da asociación e respectar a libre manifestación de pareceres
Este artigo, está practicamente copiado da lei estatal
que regula as asociacións sen ánimo de lucro. Non existe tampouco un
regulamento interno que o desenvolva, nin foi obxecto de revisión ou debate
formal en ESF.
Precisamente a obriga número 1, invita á asociación a
realizar una regulación da base social de ESF. Este punto, esta pensado para
que cada asociación poida dar un valor diferencial a súa base social e
establecer as esixencias de compromiso que estime adecuadas, para que garden as
persoas socias, segundo carácter particular de cada asociación.
Sobre o punto 3, cabe recordar que os fins de ESF
tamén aparecen nos Estatutos e son, como é normal, unha xeneralidade. Polo
tanto este punto non deixa de ser unha obviedade que simplemente require un
aliñamento básico e xeral da persoa para formar parte da asociación.
O punto 2 chama a atención porque é totalmente
innecesario, pois podería englobarse no punto 1. Polo tanto, a súa existencia é
simbólica e tamén práctica. Simbólica porque redunda en que a persoa socia ten
que gardar un especial cumprimento por un dos acordos en particular, entre
todos os que pode tomar os órganos reitores da asociación: o pago dunha cota. E
práctica porque a falta dunha regulación da base social noutros aspectos, que
desenvolva as xeneralidades establecidas nos estatutos, o acceso a formar parte
da mesma limítase, ao menos, a este requisito de pago de cota, que é o único
explicitamente citado.
Con esta estrutura
construíuse en ESF unha base social caracterizada polo feito de que as únicas
cousas que comparten os seus membros son o pago dunha cota e un obxectivo común
xenérico e pouco matizado. Para dar seguimento a estes dous compromisos, o
único indicador é o propio pago da cota, xa que logo, asúmese que a persoa que
continuan apoiando economicamente a ESF o fai por que secunda os seus fins.
Cabe destacar que nos Estatutos tamén defínense os dereitos das persoas socias:
Cabe destacar que nos Estatutos tamén defínense os dereitos das persoas socias:
- Asistir ás Asembleas Xerais con voz e voto, desenvolvendo en as mesmas as actividade que lles corresponda, segundo os estatutos.
- Participar nas distintas comisións e nas actividades da Asociación.
- Ser elector e elixible para ocupar cargos directivos fóra do dito no artigo 32.
- Expresar libremente as súas opinións en relación cos asuntos que se discutan, así como formular propostas e peticións.
- Estar informado das actividades da Asociación, sempre que así o solicite á Xunta Directiva.
- Ser escoitado con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias con el e a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
- A impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á lei ou aos Estatutos.
Respecto a
todas estas directrices, tanto respecto a dereitos como a obrigas, a Asemblea
Xeral só pronunciouse ata agora, no referente a contía da cota. Polo que xurde
a primeira cuestión a debate:
Consideramos
que pagar unha cota e ter un aliñamento xeral cos obxectivos de asociación, son
requisitos suficientes para facultar a unha persoa na toma de decisións sobre o
futuro da asociación, ou máis aínda, ser propietaria desta?
Por outro lado, xa dende un punto de vista mais práctico, debemos decatarnos de que a a xeneralidade con que os Estatutos resolven o acceso e caracterización dos membros da asociación, fai que na actualidade ESF teña unha base social caracterizada unicamente pola vinculación económica dos seus membros coa asociación, como se expuxo anteriormente.
A maior
parte das persoas socias, non practican os seus dereitos: a asistencia a asemblea,
participación na asociación, información, etc... Das 200 persoas membros, tan
só un 20%, no mellor dos casos, asiste á Asemblea Xeral con certa regularidade,
porcentaxe que se corresponde aproximadamente co número de persoas socias que
participan de outro modo na asociación, e son contados os casos nos que unha
persoa socia require información sobre algún aspecto o actividade da asociación.
Hai que ter
en conta que a asociación é fundamentalmente os seus asociados e asociadas,
polo que a actual base social proxecta unha visión moi negativa da propia
asociación. Baseándonos nas persoas que a forman, a nosa asociación está
maioritariamente desinteresada polo seu propio devir, ou polo cumprimento dos
seus obxectivos. É preciso entender que cada unha das persoas socias son en si
unha parte da asociación e debe proxectar a esta o seu carácter diferencial. Unha
persoa asociada nunca pode sentirse como se ESF non fora en parte propiedade
súa, ou como se a súa xestión non fora tamén responsabilidade súa.
Ademais, estritamente
falando, a escasa participación da base socia pode xera unha sensación de ilexitimidade
pois de cotío o 20% da asociación toma decisións
que afectan á toda a asociación e particularmente a súa base social.
Pero en
xeral os que leen este documento seguramente non teñan a percepción nin de que
exista ilexitimidade nin que non exista interese na asociación, e isto débese a
que as persoas máis vinculadas a ESF aceptamos oficiosamente que os realmente
asociados son o 20% que participa e non o 80% que non o fai. O que da pé a
formular unha segunda pregunta:
Queremos
unha asociación formada por 200 persoas das que o 80% non participen dos seus
dereitos como socio ou socia, ou unha formada por 40 persoas na que participe o
100%?
Qué diferenza
existe agora, en ESF, entre os benefactores e os socios e socias que só paga a
súa cota?
A planificación de ESF ten marcados como obxectivos respecto á base social:
- Conseguir unha maior implicación das persoas socias.
- Conseguir a través da base social unha maior independencia económica
Para levar a cabo o obxectivo número 2 hai, sóamente,
dúas opcións: aumentar a contía das cotas ou aumentar o número de cotas. En
calquera caso este obxectivo pode entrar en conflito co primeiro, pois o simple
pago dunha cota é un requisito máis laxo que o pago de cota e maior implicación
na asociación. É dicir, podo buscar cotas e que algunha persoas das que paga se
implique, ou podo buscar persoas que se implique e que podan chegar a pagar
unha cota. O segundo proceso é máis longo, e non tan inmediato como comprometer
simplemente o pago dunha cota. Pero aínda que se faga deste xeito seguirá
existindo a posibilidade de que existan persoas na base social que só queiran
participar en ESF co pago dunha cota.
Así que, en caso de conflito, que obxectivo se
prioriza con respecto á base social? o dito doutra maneira, aceptamos a
posibilidade de que unha acción aumente a base social con persoas que só paguen
unha cotas?
Isto é todo, que para un primeiro debate xa é bastante.
Esperamos a participación de todos nos debates da lista xeral e vémonos na Xuntanza para sacar algunha conclusión!.
Un abrazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario