Hoxe estivemos nunha xornada sobre "Instrumentos de apoio para a cooperación tecnolóxica internacional", á que fomos coa idea de ver que lle contan as empresas sobre liñas de financiamento e "consellos" sobre como internacionalizarse, neste caso ás que teñen grandes compoñentes de innovación tecnolóxica.
Despois de enmarcar a xornada na "obligación" para as empresas de competir a nivel global, de que xa non se poden conformar coa competancia local ou rexional, dende o CDTI se explicaron distintos programas de financiamento que dependen dese organismo (fora dos que veñen dende a
Comisión Europea, como os de Horizonte 2020). Insistiuse moito en que, se ben non eran programas para PYMES, si hai moitas PYMES
participantes (xa que son menos complexos que outros), até 2/3 das presentadas (aínda que se "esqueceron" de dicir que as PYMES son o 99,88% das empresas en España, así que a % de quen se beneficia disto non é tan grande, ou sexa, que son as multinacionais as que en proporción se benefician más destas liñas, que poden ser tanto de présatamos en condicións vantaxosas como de subvención a fondo perdido, dependendo do programa). Tamén insistiron
en que se enfocaban a acadar cooperación con empresas (e en menor
medida centros de investigación) doutros países, de cara a obter un producto para o mercado.
Non é que digamos que se trata de algo "malo" per se, e menos tratando de enlazalo co traballo en rede ou colaboración con outras empresas e entidades de investigación (ONG non) doutros países. O problema é que en ningún momento se falou de "como acadar" eses produtos mercantilizables, de se na selección de participantes nos programas de financiamento se valoraban elementos de fortalecemento de socios internacionais de países empobrecidos, ou elementos de protección de dereitos humanos. Tampouco de que tipos de tecnoloxía se promoven ou que produto se quere conseguir (en principio, "vale tudo"). Ante a pregunta que fixemos sobre como se valoraban os socios, se se puntúan más empresas de economía social ou que repecten os dereitos humanos, a resposta foi que en España non, e nos outros países, como é cada país quen valora ás empresas socias dese país que vaian participar nos consorcios, varía (seica en sudamérica nalgúns países si valoran algunha cousiña disto, pero deunos a impresión de que non son temas que teñan moita presenza, senón que se centran máis na parte "técnica" sobre o grao de madurez da tecnoloxía e innovación que hai que converter en produto, sinerxias para isto entre socios, etc.). Hai 3 anos ou así en España se tratara de ver xeitos de incluir cláusulas nesta liña, con aproximacións de AECID ao CDTI (na liña que houbo a nivel estatal de acercar máis e máis os mundos empresarial e de cooperación ao desenvolvemento), pero de momento quedaron en nada. Vai haber que insistir, e ademais pensamos que xa dende estas institucións como o CDTI esperan esa demanda.
Internacionalización apoiada por fondos públicos si, sempre que sexa para mellorar a transferencia tecnolóxica, a capacidade de desenvolvemento dos distintos países e a promoción da tecnoloxía como instrumento de emancipación e desenvolvemento de todas as persoas do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario