10 nov 2009

Programa da XUNTANZA (sábado 14 novembro)

Moita xente da asociación e en especial as persoas voluntarias da sede de Vigo estan traballando a reo para poder cerrar o programa da Xuntanza, unha das reunións semestrais que celebra esta nosa asociación e que desta volta celebrarase o próximo 14 e 15 de Novembro en Vigo, no centro xuvenil Loyola (Rúa Velázquez Moreno 9, baixo).
Aí vos vai un esbozo no que poderedes participar se decidides vir o sábado 14. Coma sempre, intentaremos aprender moito moito pero divertíndose!!

10:00 Dinámica de presentación.
10:30 Presentación das actividades dos grupos de ESF Galicia

11:30 Descanso.

12:00 Charla sobre Software Libre. Asociación GHANDALF.
13:00 Creación de discurso (auga, enerxía, economías alternativas). Talleres por grupos

14:30 Comida

16:30 Formación en comunicación e traballlo en equipo (http://www.qcoach.es/)

21:00 Cea

Confirmade asistencia aos coordinadores de sede e/ou responsables de voluntariado e recordade que está aberto a todo o mundo, leve 5 anos na asociación ou unha semana!. Vertebración!!!!

No hay comentarios: