Nestes días, cunha terrible acumulación de correos na lista xeral de ESF, voltamos a falar, na lista, da necesidade de pasarnos a este blog (
obxectivos do blog). Pego aquí as dúas opinións en contra dese cambio, e despois engado a miña opinión, apoiada polos números do meu propio caso:
Cristina:Opino como Natalia no que respecta as contestacións. E dándolle voltas as cousas, o blog eu creo está ben pero non ten sentido desviar todo a el. Desde que estou en ESF sempre houbo de vez en canto chamadas de atención cando se saturan as listas e sen embargo nunca se toman medidas, a lista cala por un tempo e despois a la vuelta otra vez e se non son uns son outros; pero hai moitas cousas que se poden facer para desaturar as listas:
Centralizar as convocatorias nunha persoa e envialas unha vez á semana, o mesmo con noticias e curiosidades ... pero todo aquel correo, noticia que faga responder a moitas persoas, véxase por exemplo o caso recente de transxénicos, o debate de patri, ... eu creo qeu benvido sexa nas listas (estamos vivos!) a cuestión é que se dirixa pronto ao foro, ... que cando poña IMPORTANTE e/ou URXENTE o seña de verdade ... e mil maneiras máis, pero a cuestión é poñerse e cumplilo
[...]
Natalia:[...]
Dúas cousiñas. A primeira, sobre o de contestar. Pois non sei se ao mellor non o vedes así, pero a min paréceme de boa educación contestar cando me preguntan se algo me parece ben ou mal. Explícome, se alguén propón unha inciativa supoño que agardará que a xente a apoie, a rexeite ou a complete. Se ninguén contesta, que ten que entender? Que se perdeu no medio do milleiro de correos e ninguén o leeu? Que todo o mundo está dacordo? Que todo o mundo está en contra pero que non pensan perder o tempo en dicirllo? Non creo que teñamos que ser pesados, pero a todos nos gusta (ou iso creo eu) que polo menos nos digan, "vale, tira para adiante, parécenos ben o curre que te vas a pegar e agradecémoscho". Claro, cando xa contestan cinco ou seis persoas (ou tres) dicindo que están dacordo, home, pois se non hai nada en contra que dicir, tampouco hai que mandar por mandar...
[...]
Eu outra vez:Para min, a lista xeral pode servir para toda a vida dunha asociación, se todos os que teñen que comunicarse son 5 persoas activas ou así. Na lista xeral, Cristina, Raquel, Natalia, Inés, eu, Xaco... mandamos correos a reo, e hai moitos máis enviando de vez en cando, e moitos máis "escoitando" (¿150?). Se os 150 contestan sempre a todos os correos sería imposible. pero se aínda nos limitasemos a que todolos correos que se envían recibisen 3 ou 4 contestacións para que sexan correctamente atendidos (como di Natalia), multiplicaríamos por dous ou por tres os correos da lista. E tamén é algo insostible, porque case todos os voluntarios están apuntados como mínimo a tres listas (xeral, local, do grupo) con números parecidos a estes, que son os do meu propio caso:
Lista xeral:
- media de correos no 2008: 5,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 13 ó 24 de abril, 132 correos en total, 11 correos/día de media
Lista Xunta Directiva:
- media de correos no 2008: 3,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 17 ó 24 de abril, 50 correos en total, 7 correos/día de media
Lista de distribución de Vigo:+
- media de correos no 2008: 1,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 15 ó 17 de abril, 24 correos en total, 6 correos/día de media
Sumando:
- media de correos no 2008 das tres listas: 10,5
- período de máis actividade: días de 40 correos, semanas de 120... e tamén hai correos de fora de ISF, tanto persoais como doutras asociacións nas que estou metido.
Eu desviaría ó blog TODO, excepto os correos que deba ler toda a asociación: comunicados oficiais da directiva, asemblea, convocatoria de tal xuntanza, aviso de cobro de cuotas, búsqueda de información, apertura de debate no foro... O bog quedaría para a parte máis vital e convulsa da asociación, que tamén debe ter un espacio para medrar porque é un dos pilares da asociación (é o que Cris propón enviar cada semana á lista xeral, pero que estando no blog, pódese consultar unha vez á semana co mesmo resultado :-). Sería un cambio radical na forma de comunicarnos internamente, porque abandoamos unha das señas de identidade da asociación (as listas con milleiros de correos con todo tipo de temas lidos por todos). Pero paréceme moito máis axeitada para as dimensións actuais de ISF (as listas naceron para unha asociación 3 veces máis pequena en actividades e xente, que ademais usaban moito menos o correo electrónico). Unha solución intermedia sería ter unha lista de correo xeral para temas urxentes-oficiais e outra para temas sen urxencia-informais (fixádevos que non falo de moi/pouco importantes).