Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas

8 mar 2016

Fin de Semana de Tecnoloxía para as Persoas e Inventos Solidarios

Maqueta de bomba de mecate
A vindeira fin de semana colaboramos co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) de A Coruña na organización do Fin de Semana de Tecnoloxía para as Persoas e Inventos Solidarios. Na propia axenda do MUNCYT pódese ver unha reseña, pero aquí vos deixamos máis cousas sobre o programa (non todo, que haberá sorpresas!!!!). O que si garantizamos é que vai ser moi movidiño...

O venres será día de coles. Sábado e domingo, aberto a todos os públicos!! Por suposto, a entrada ao museo e os obradoiros serán de balde.


Este é Max, pode ser que apareza por alí...


En obradoiros paralelos que se irán repetindo durante a fin de semana, aprenderemos a facer unha bomba de mecate, filtros "máxicos" que convirten auga marrón en auga limpa, fornos solares e mesmo xoguetes caseiros. Non faltarán xogos e dinámicas, e tamén a reflexión sobre por que fan falta moitos destes "inventos solidarios", que non deixan de ser en ocasións parches para situacións moi comprometedoras para a calidade de vida das persoas (e onde a loita polos dereitos humanos e o ben común debe tomar o protagonismo, sendo moi conscientes de que a tecnoloxía pode paliar algo, pero sen deixarse adormecer por ela).

Ademais dos obradoiros, tamén paga moito a pena aproveitar para ver o museo!

Aquí tendes un vídeo do funcionamiento dun filtro, pero vese mellor en directo!!



E, a continuación, o programa. ESPERÁMOSVOS!!






17 may 2015

Día das Letras Galegas

Neste día das Letras queremos compartir con toda a xente que nos rodea estes quince poemas e dous relatos sobre a auga e a muller resultado do obradoiro de teatro con enfoque de xénero (lembrades?) tal e como saíron do puño e letra dese grupo de artistazas que asistiran.
Pinchade nas imaxes para poder lelos mellor





















 
Non queremos rematar sen lembrar a Cesar Arquero e a Blue Corn, gañador do I certame de microrrelatos sobre TpDH.



26 nov 2014

Obradoiros de Instalación de GNU/Linux en Vigo, Compostela e A Coruña

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro martes 2 de decembro a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) terá lugar o obradoiro de  "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos baseados no software libre que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais. 
 O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.



A CORUÑA

       Tamén o 2 de decembro, de 16 a 19, na Domus, terá lugar tamén un obradoiro de este estilo: o "Obradoiro de Instalación de GNU/Linux. Libérate". Terá lugar co apoio de Bricolabs e do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux. Levade o ordenador con copia de seguridade feita. 
      O obradoiro é de balde, pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico info@galicia.isf.es, xa que as prazas son limitadas, e se asignarán por orde de inscrición.


VIGO

       28 de novembro no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere. Máis info.

Os tres estarán cofinaciados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

---------------------------------------------------------
  Que é un sistema operativo?
Son os programas web que facilitan a nosa vida, o navegador web, o procesador de textos, a folla de cálculo, etc Estes interactúan co noso ordenador gracias ao sistema operativo. Este é un conxunto de programas que xestionan para os anteriores os recursos da máquina, é dicir, a memoria, o procesador, e os dispositivos que se empregan con eles, o teclado, a pantalla, impresoras, etc

Por que software libre?
Software libre é aquel que ten o código aberto, é dicir, que pode ser lido, copiado, difundido ou modificado por calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Non é unha cuestión de liberdade, senon de transmisión e mellora do conocemento así como dos dereitos do usuarios. Aqui neste documento tedes máis información.
Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera. 

 Por que darlle unha segunda vida ao teu ordenador?
 Os sistemas operativos privativos como windows requiren cada vez ordenadores máis potentes polo que se che esixe cambiar continuamente de PC. Se ben é certo, que hai xente que necesita ordenadores potentes, a gran maioría dos usuarios, simplemente navega, lee e escribe correos, edita textos ou fai diapositivas, polo tanto é necesario mercar un novo ordenador cada 2, 3, 4 anos?
 Os software libre adoita ser tan bo ou mellor co software privativo, e ao ser desenvoltos por múltiples usuarios particulares, permite unha mellor adaptación, así que se desenvolven distintos softwares adaptados a diferentes requerimentos dos ordenadores. Polo tanto aparatos que quedaron obsoletos para as esixencias dos novos sistemas operativos, como por exemplo windows, poden funcionar perfectamente con sistemas como Linux, Debian, etc. 
Tampouco se fan milagres, e non vas facer que o teu ordenador de 10 anos vaia como un vólido, pero permitirache realizar as tarefas máis habituais, e o máis importante estará activo e funcionando!


Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada e tecnoloxía para o desenvolvemento humano por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así ás usuarias.


21 nov 2014

Obradoiro de Instalación Software Libre

O vindeiro venres día 28 de novembro terá lugar en Vigo un obradoiro sobre Software Libre, no que aprenderemos como instalar un sistema operativo de Linux nun ordenador.

O obradoiro terá lugar no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Será impartido por Daniel Vila, consagrado experto nestas temáticas. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere.

Como sabedes, considerase software libre aqueles software cuxo código está aberto para ser lido, copiado, difundido ou modificado para calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Como resultado, adoitan ser tan bós ou mellores que o software privativo, e como resultado de seren desenvoltos por múltiples usuarios particulares, tamén adoita ser gratuito. Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera.

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así aos usuarios.

Non vos perdades este obradoiro e participade con nós da tecnoloxía baseada no Software Libre!

23 oct 2014

I Xornadas "É neutral a tecnoloxía? As mil caras do feito tecnolóxico"

SÁBADO 22 DE NOVEMBRO
Salón de Actos da Facultade de Filosofía, Santiago de Compostela.
ENTRADA LIBRE.


9:30 Recepción de participantes

9:45 Presentación xornadas

10:00 Mesa redonda. Dimensión filosófico-ética da tecnoloxía


11:00 Mesa redonda. Dimensión socio-cultural da tecnoloxía
  • José Manuel Vázquez. Antropólogo e profesor xubilado de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vanessa Míguez. Socióloga especializada en fenda de xénero. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.
  • Carmen Novas, técnica da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Comunicación para o desenvolvemento.


12:00 Descanso


12:20 Conversa con Jorge Mira. Físico, investigador, divulgador científico e docente da Universidade de Santiago de Compostela. Ciencia para as persoas


13:00 Mesa redonda. O pequeno é fermoso 
  • Antón Ríos Hucha. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Membro de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Tecnoloxías apropiadas. 
  • Emilio Padrón. Enxeñeiro Informático. Investigador e docente da Universidade da Coruña e  membro do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux.  
  • Carolina Martínez García. Arquitecta técnica especializada en bioconstrucción, coautora do blogue Bioconstruirme.

OBRADOIROS PRÁCTICOS

O mesmo Sábado 22 de Novembro ás 16:30 en Santiago  no CIAC "Mantemento básico de bicicleta"  xunto cos compañeiros e compañeiras da Sociedade Cívica Composcleta aprenderemos os coidados básicos da bicicleta, xa que os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable. O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.


ADEMAIS...

 En Santiago de Compostela

Martes 18 de Novembro, as 18:30  no CIAC. "Elaboración de productos de limpeza caseiros e ecolóxicos" . Almudena Ares, técnico superior de Xestión de Recursos Naturais, proporcionaranos receitas sinxelas, baratas e ecolóxicas para elaborar fácilmente os produtos de limpeza caseiros e así manter o noso fogar saudable e libre de tóxicos.
 

Martes 2 de decembro a partir das 17:00 tamén na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais.


Os obradoiros son de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es


Pgase difusión!  

4 mar 2014

Crónica do noso "enerxético" quinto obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas

O pasado 26 de febreiro, na Galería de Sargadelos en Compostela, organizamos outro dos nosos obradoiros prácticos en Tecnoloxías Apropiadas, que demos en titular "Políticas enerxéticas actuais, solucións enerxéticas racionais", e xa van cinco.
Samuel Prieto é Enxeñeiro de montes e Graduado en enerxías renovabeis e sostibilidade enerxética pola USC

O noso experto, Samuel, fixo unha breve introdución sobre enerxías renovabeis, resumiu o actual marco normativo e entre outras cousas definiu o significado do balance neto.

O encontro derivou nun vivo debate, entre as oito persoas asistentes, acerca do modelo enerxético actual que está a provocar tanta controversia na sociedade: os prezos, a pobreza enerxética, o freo no desenvolvemento das renovabeis, a influencia das grandes eléctricas na política, etc.

Samuel explicou como, debido ao cada vez maior custo da conexión á rede, resulta aconsellable explorarmos formas de autosuficiencia enerxética total mediante instalacións illadas para vivenda (por exemplo caldeiras de pellet de madeira ou aeroxeradores de minieólica).
Aeroxerador minieólico. Imaxe cedida polo Clúster Galego do Autoconsumo Enerxético (AGAEN)

Finalmente, resolvéronse dúbidas arredor da factura da luz -pois a xente levou as súas propias facturas da casa- e comentáronse solucións prácticas para o aforro (por exemplo a posibilidade de contratar unha menor potencia instalada acorde ao consumo ou a de participar de iniciativas alternativas ao modelo enerxético actual como a galega Nosa Enerxía).

E xa estamos a traballar na organización dun sexto obradoiro en Tecnoloxías Apropiadas :-) Proximamente informaremos de temática, data e lugar.

16 feb 2014

Post- biciobradoiro



Este pasado mércores 12 de febreiro celebrouse no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela(CIAC) un obradoiro de bicicleta urbana, proposta que entra dentro da campaña de obradoiros prácticos con tecnoloxías apropiadas cofinanciada pola Cooperación Galega da Xunta.

Gracias á colaboración da SociedadeCívica COMPOSCLETA, as dez persoas asistentes adentrámonos nos conceptos básicos en torno a como potenciar unha mobilidade sostible dentro do entorno urbán.
Resultou moi interesante reflexionar cal é o papel deste medio de transporte en comparación cos tradicionais, cales son as súas vantaxes, normas e consellos para unha un uso racional e responsable.
Ademais, a comparación con outros países europeos evidenciou que parte ou a maioría da nosa sociedade e das nosas cidades non están suficientemente preparadas como en outros lugares onde a bici é o vehículo preferente é a estructura da cidade xira entorno a unha maior facilidade e eficacia na mobilidade dentro dos núcleos urbáns.
Finalmente, fixemos unha mesa redonda onde analizamos e revisamos os modelos e alternativas de mobilidade dentro de Santiago e, en concreto, na Rúa de San Pedro.

Sen dúbida, foi unha reunión moi amena, cercana e con aportacións e opinións moi interesantes por parte dos asistentes.
Deixounos un bo sabor de boca para continuar esta andaina sobre dúas rodas.

A continuación, mostramos unhas fotiños da charla!









13 feb 2014

Obradoiro novas masculinidades.

En prol da equidade e da xustiza social o próximo 8 de marzo, día das mulleres, ESF organiza un Obradoiro de Novas Masculinidades de oito horas de duración (de10h a 14h e de 16h a 20h).
O obradoiro, que conta coa colaboración de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, terá lugar  na Escola de Camiños, Canais e Portos na cidade da Coruña. Está aberto a todas as persoas que desexen participar.
As prazas son limitadas e o prezo da matrícula é de 5 euros que se abonarán o día do obradoiro.

PROGRAMA
1. O SISTEMA SEXO-XÉNERO
Que é o sexo? Que é o xénero?
Cales son os espazos de socialización da desigualdade?
Currículum oculto e explícito.

2. HISTORIA DOS FEMINISMOS
Precursoras, sufraguistas e filósofas.
Feminismo da igualdade. Feminismo da diferenza.
Novas tendencias do feminismo actual: Ecofeminismo, Ciberfeminismo e Feminismo Queer.

3. A IGUALDADE DE XÉNERO DENDE A ÓPTICA DA MASCULINIDADE
Implicacións dos condicionantes de xénero nas condutas dos varóns: prover, procrear e protexer.
A esferas de socialización nos varóns: Produtiva, reprodutiva e comunitaria.
Breve historia dos homes ante as desigualdades patriarcais.

4. QUE É SER HOME NO SECULO XXI ?.
A construir no obradoiro.


Para formalizar a inscrición é preciso cubrir a enquisa desta ligazón.

10 feb 2014

V Obradoiro: Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais




Enxeñería Sen Fronteiras (ESF), en colaboración  con Cooperación Galega da Xunta de Galicia, continúa co ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas en Compostela. O quinto, Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais, realizarase o vindeiro mércores 26, as 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Estas actividades abertas a calquera persoa interesada, tanto dentro como fora do ámbito universitario, consistirán, nunha primieira parte máis teórica onde se fará unha breve introducción sobre as enerxías renovabeis e as distintas tipoloxías básicas. Tamén se analizará o marco normativo actual, as actuais controversias e as alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas. A continuación, nunha segunda parte máis práctica, analizaranse facturas que aporten as persoas asistentes, ademais de explicar opcións de reducción de consumos. Xa por ultimo, plantearase unha instalación aillada para unha vivenda vendo a súa viabilidade económica e estimación de aforro enerxético. O relatorio será a cargo de Samuel Prieto, enxeñeiro de Montes e Master en Enerxías Renovables e sostenibilidade enerxéticada da USC.
  
  • Breve introducción sobre as enerxías renovabeis. Tipoloxías básicas.
  • Marco normativo actual das enerxías renovábeis e tendencias. 
  • Que é o Balance neto? Controversias
  • Alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas
  • A factura da luz. Análise e reducción de consumos
  • Plantexamento alternativa dunha instalación aillada para unha vivenda.

O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es 


Vente e trae a túa factura da luz!!