Aproveitamos a recopilación que tivemos que facer para a mesa redonda do curso de Xénero e Desenvolvemento e aquí vola deixamos.
Antes de nada dar a visión da base social de ESF Galicia desglosada:
143 persoas socias (76 homes, 67 mulleres) e 48 persoas voluntarias (17 homes e 31 mulleres). 4 persoas contratadas, 2 homes e 2 mulleres (un secretario de apoio administrativo en Honduras, unha representante país Honduras, un técnico de proxectos en Galicia e unha secretaria técnica en Galicia).
Xunta Directiva 2017: 8 persoas (6 mulleres e 2 homes)
2. XUSTIFICACIÓN E ANTECEDENTES DO TRABALLO EN XÉNERO EN ESF GALICIA
A enxeñería e a tecnoloxía é un ámbito moi masculinizado, onde a fenda de xénero pode apreciarse con especial virulencia. Non só nos estamos a referir a tecnoloxías máis modernas ou "ao dixital", senón tamén mesmo a actividades propias das mulleres en sociedades con tecnoloxías menos complexas, que cando xurdía unha tecnoloxía para facelas máis sinxelas, moitas veces quedaba apropiada polos homes (casos destes xa se documentan nunha das obras que foi a nosa referencia neste eido). Cando falabamos de tecnoloxía para o desenvolvemento humano (concepto en construción e discusión, pero que bebe moito de valores como a xustiza), non podía faltar este enfoque feminista.
Outras
ISF (Euskadi sobre todo) empezaban a falar do tema hai xa varios anos, e empezamos a compartir tamén formacións con organizacións do noso entorno como a Coordinadora Galega de ONGD. Ademais, viñamos detectando as fendas
de xénero nos países de traballo (sobre todo dende que traballamos en Honduras, país no que xa levamos 10 anos traballando).
Consideramos
imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal
e transformador en tódalas nosas accións (entendendo isto como o
medio de acadar a a equidade entre homes e mulleres), non só no
deseño das mesmas, senón tamén no día a día da asociación e nas
relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de
orientar as nosas actividades cara a igualdade entre os xéneros
mediante o empoderamento da muller e a súa participación activa na
sociedade, á igualdade de oportunidades no acceso e control de
recursos e beneficios e, en definitiva, á concienciación da
existencia dunha fenda de xénero e loita por reducila e eliminala.
3.
TRABALLO EN GALICIA
-
Formacións en cursos externos de persoas da asociación (algunhas xa viñan
formadas, e empezaron a dar algunha formación interna nos grupos).
-
Finais 2015: creouse o grupo de xénero, para empezar a reflexionar sobre este tema en ESF.
-
En 2016 empezou a colaboración co CEXEF en formacións que organizan de temas de xénero máis en xeral, ou vinculados coa cooperación e o desenvolvemento, buscando o seu asesoramento en indicadores de xénero nos programas que desenvolvemenos en
Honduras. Actualmente colaboramos en elaborar unha comparativa do rol das mulleres na xestión comunitaria auga
Galicia-Honduras a través dalgúns casos reais de aldeas hondureñas e galegas.
4.
TRABALLO INTERNACIONAL
-
Fortalecemento socios locais para que estén formados en equidade de xénero (sobre todo, de momento, para o seu desempeño diario en extensión hídrica, extensión agro-pesqueira, etc.).
-
Caixas rurais e emprendementos enfocados a grupos de mulleres
-
Obradoiros autoestima e xénero
- Obradoiros de
Novas masculinidades
-
Fortalecemento de xuntas de auga con enfoque de xénero
5.
RETOS
- Elaborar un
Plan de xénero da asociación? (aínda non o temos claro)
-
Accións en Honduras sobre xénero, propiedade da terra e corresponsabilidade
-
Mellora de indicadores de xénero nos programas internacionais
-
Continuar o traballo en xénero e tecnoloxía, tecnofeminismo
- Incorporar á base social a máis persoas con sensibilidade de xénero
- Sensibilizar a toda a nosa base social sobre feminismos e facelos nosos; non tomalo como unha temática máis, senon incorporalo á nosa identidade