Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas

30 nov 2017

Somos soñadoras


REFLEXIONANDO SOBRE NOS MESMAS


Na Xuntanza de outono do 2016, levouse a cabo unha dinámica para reflexionar un pouquichiño sobre nos mesmas.

Por un lado, tiñamos que responder un cuestionario sobre algunhas preguntas como se nos sentíramos acollidas en ESF, ou se nos sentíamos coidadoras.

Estábamos sentadas no chan e tiñamos cada unha, unha bolsiña ao noso lado. Ademáis, nunha mesiña había 4 lotes de papeletas para repartir. Cada lote tiña unha palabra: celebradora, soñadora, facedora ou planificadora. 

Mentres se ia completando o cuestionario, levantábamonos en orde para repartir a cada unha das compañeiras a papeleta que quixésemos, ou ca que máis as identificásenos.



A continuación preséntanse os resultados.

Clasificación do total de papeletas utilizadas na dinámica. Reconto de tódalas papeletas repartidas ás persoas participantes, cada persoa podía ter máis de unha (92 soñadoras, 90 facedoras, 72 planificadoras e 41 celebradoras)




Nesta gráfica podemos observar o % de cada papeleta que tiña cada unha das participantes. A parte azul (celebradoras) da nome á imaxe, xa que é o máis fácil de analizar nesta gráfica. Podemos observar que 9 persoas das 23 participantes na dinámica non recibiron ningunha papeleta celebradora.


As seguintes imaxes mostran un desglose de soñadoras, planificadoras, facedoras e soñadoras. Nelas podese observar o % sobre cada persoa na personalidade sinalada; a media de % entre todas (liña vermella da gráfica inferior); e un gráfico circular no que se poden observar despuntes, pero ademáis é moi útil para valorar a cantidade de personalidades con predominancia soñadora soamente tendo en conta a superficie do debuxo.













A partir de aquí os gráficos que se mostran resumen as respostas ao cuestionario persoal realizado na dinámica.

O 80% das persoas sentíronse ben acollidas en ESF.


Esta gráfica circular responde ao sentimento de pertenza en ESF. O 43% dirían que son ESF, mentres que o 48% din que están en ESF. Moitas das persoas que elexiron esta segunda opción apuntaban a que aínda non estaban o suficientemente involucradas coa Asociación para sentir que son ESF.



A anterior gráfica responde ao sentimento que temos cada unha de nós sobre o papel que tomamos con respecto aos coidados.

17 mar 2017

Ideas para fomentar voluntariado transformador en ONGD (versións en galego e castelán).

Compartimos para descarga a nosa Guía de voluntariado transformador en ONG de Desenvolvemento, elaborada grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


O que pretendemos é, partindo da nosa experiencia en traballo baseado no Voluntariado de Desenvolvemento e de defensa dos Dereitos Humanos globais, contar algunhas das cousas que cremos que son claves para promover este tipo de voluntariado cun enfoque de transformación social, de militancia ou activismo. Ese sentimento de solidariedade universal contribúe a unha verdadeira Educación para a Cidadanía Global. Iso si, somos conscientes do gran descoñecemento que existe na sociedade sobre este tipo de voluntariado (que en xeral, quédase en “voluntariado de cooperación internacional” na súa vertente máis asistencialista ou nas simples “vacacións solidarias”).

Non estamos dicindo que haxa actividades do voluntariado que sexan transformadoras e outras utilitaristas. Falamos de enfoque. Unha actividade que podería parecer utilitarista, como poñer carteis anunciando unha actividade, en realidade o é ou non dependendo do enfoque que do voluntariado haxa na organización, e tamén da idea de voluntariado que teña á persoa voluntaria.


Unha persoa soa pode chegar máis rápido, pero moitas xuntas chegan máis lonxe.

O mesmo que se di que a revolución non será subvencionada, o máis seguro é que tampouco sexa “profesionalizada”.

10 mar 2017

Xa están aquí as PCR de 2017!

Compráceme anunciar que despois de darlle voltas e reviravoltas xa temos as catro seleccionadas para integrarse no programa PCR de 2017 e que viaxarán a desfrutar do calorciño do Golfo de Fonseca, das súas baleadas e do manglar.
Son (redoble):

Por Agro e co sacho na man

Carla Méndez. Estudante do Grao en Enxeñería Agrícola e Agroalgomáis (esta titulación cambia de nome coma eu de camiseta) da USC en Lugo. Rapaza de Viveiro que demostrou gran compromiso con ESF (e ambición) tentando xunto con Andreina de facer que a sede de Lugo rexurdira das súas cinzas.

Daniel Regueiro. Quen pese ao seu apelido vai por Agro. Estudante de último ano de Ciencia Poítica. De Arzúa, coma os queixos, promete duras conversas como demostra coa súa participación en torneos de debate. Interesado pola política internacional, sen dúbida aproveitará o programa como se merece.

Por Auga e con moito flow

Verónica Torrijos. De A Estrada. Bióloga e enxeñeira ambiental con moitos anos de experiencia en tratamento de augas residuais e xestión de humedais. Máis de dez anos como voluntaria de ADEGA. Haberá que vixilala ben non se vaia a quedar en Honduras!

Adrián López. Voluntario dende decembro do ano pasado. Cursa dous másters porque un non lle é abondo, o de camiños e un de hidráulica ambiental. Outro que vai a haber que vixilalo ben para que volva cargado de anotacións.

As catro demostraron que merecen ser PCR. Pero agora chega o máis difícil para todas, e máis para os grupos, que é facer que nós merezamos estes PCR e facer do programa de este ano un dos máis proveitosos.

Un aplauso! Moita sorte!

20 ene 2017

Reflexionando en grupo sobre Voluntariado Transformador

Na última Xuntanza fixemos entre todas unha dinámica na que reflexionamos sobre Voluntariado Transformador. Achégase aquí unha pequena exposición das ideas que alí xurdiron:


Conceptualizando

Entendemos o Voluntariado Transformador como un cambio a nivel interno e externo.
→ Do asistencial ao existencial ←
Podería considerarse unha decisión persoal, aínda que se debate se isto é correcto ao non ser sempre tomada por unha mesma. Considerámolo unha decisión persoal ás veces inconsciente.

A autosupervisión e a autoxestión forma parte das ferramentas que fomentan o Voluntariado Transformador.

Compatibilizando

Preguntámonos se é compatible realizar un Voluntariado Transformador en traballos de xestión como por exemplo no Grupo de Administración e Tesourería. É a xestión, unha actividade utilitarista?

Consideramos que esas actividades poden ser realizadas por unha Voluntaria Transformadora, aínda que neses grupos o proceso de transformación tende a ser máis lento. Consideramos que en grupos como Educación para o Desenvolvemento ese proceso é máis rápido.
Asocación → Ferramentas
Persoas → Ganas
Implementando
 
Preguntámonos se o Voluntariado en sí é un proxecto da Asociación, e se debe ser así.

Consideramos que sí, xa que é unha ferramenta de Educación para o Desenvolvemento.

Transformando
 
Preguntámonos que cousas cambian gracias ao Voluntariado Transformador.

Consideramos que mediante el, aprendemos a diferenciar o importante do superficial e comezamos a cuestionarnos cousas.
Aprender e desaprender
Logramos crear espazos onde encauzar inquietudes. E consideramos que debemos ver os erros como unha aprendizaxe.
 
Axúdanos con todo isto ser un grupo interxeneracional, aínda que podemos parecer ás veces un grupo pechado ou estanco.

Preguntámonos se se pode transformar a todo o mundo.
 
Consideramos que non, pero que non é unha cuestión preocupante xa que sería como renunciar a gañar o trivial porque se che da moi mal o queixiño laranxa.
Primeiro transformámonos NÓS! → Axentes de cambio

A transformación na forma de pensar ás veces xurde e é importante.
Liñas vermellas
A coherencia total non existe. Se eres completamente coherente estás mal da cabeza.

Transversalizando
 
Non se pode ser completamente horizontal se entendemos por iso que todo o mundo teña as mesmas competencias e o mesmo poder, xa que podería chegar a ser como un elefante nunha cacharrería. Dubídase da horizontalidade pura porque hai xente que leva máis tempo e que constitúe unha referencia.

Propoñendo

Consideramos que sería interesante que haxa unha persoa de cada grupo de traballo participando no grupo de voluntariado.
 
Propoñemos planificar o Voluntariado Transformador. Utilizando dinámicas e indicadores. Como xa está a facer, proponse reforzalo.

Propoñemos protocolarizar o traspaso de cargos.

14 nov 2016

Abre os ollos a novas realidades.Voluntariado en ESF. Charlas Lugo e Compostela

Dentro do programa de mobilización social de Enxeñería Sen Fronteiras, apoiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, organizamos dúas xornadas sobre tecnoloxía para as persoas e a experiencia de voluntariado en ESF Galicia.

Unha será o vindeiro 16 de novembro ás 18 na 1ª planta do edificio central da Escola Politécnica Superior de Lugo e a outra o luns 21 ás 20:00h no local de asociacións da Escola Técnica Superior de Enxeñería no Campus Vida de Santiago de Compostela.

Podes inscribirte de balde vía correo-e en info@galicia.isf.es indicando no asunto "charla voluntariado Lugo" ou "charla voluntariado Compostela".


Aquí tendes os eventos de facebook por se queredes axudarnos na difusión:











17 ago 2016

El activismo de lo cotidiano

Cogemos el título del post de un artículo del periódico Bez, firmado por María Luisa Toribio, que nos ha gustado. Ese es el activismo que cambiará todo, pero el activismo colectivo y el compartir/debatir críticamente inquietudes y "líneas rojas" de cada persona (en el caso de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia,  compartiendo unos la importancia del software libre y conocimiento abierto, otras el enfoque de soberanía alimentaria, otros el tema feminismos o nuevas masculinidades, otras consumo responsable...) es lo que puede impulsar definitivamente ese activismo de lo cotidiano, al romper nuestros espacios de comodidad (o de indiferencia) desde un tema en el que nos sintamos cómodas (en nuestro caso, la tecnología), integrando el activismo con la vida misma, y el sentir que no lo hacemos solas. A eso quiere contribuir ESF.



24 feb 2016

ESF Galicia convoca 4 prazas de PCR. Convocatoria PCR 2016

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) abre o prazo da convocatoria para o Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2016. 
O PCR consiste na formación específica das persoas participantes no coñecemento da realidade concreta dos países nos que traballamos, co fin de fortalecer o seu pensamento crítico e a súa capacidade e criterios de actuación. 
A data límite para a presentación de solicitudes é o 7 de marzo, ás 12 da noite. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección. Se tes algunha dúbida sobre o concepto de PCR, a filosofía de ESF, a convocatoria ou a túa solicitude podes contactar con info@galicia.isf.es 
Pódese consultar os detalles da convocatoria descargándoos  aquí (non te preocupes polo aviso de conexión insegura) ou a continuación