Mostrando entradas con la etiqueta Curso Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso Santiago. Mostrar todas las entradas

17 mar 2016

X Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a décima edición do curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano" que se desenvolverá no campus compostelán. 

A través del perséguese mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.  

Tamén se quere amosar a importancia de pór a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento das persoas en todo o mundo, inseparablemente do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

Recoñecido con 2 E.C.T.S ou créditos de libre configuración (plans antigos)  para todas as titulacións dos campus de Santiago de Compostela e de Lugo.



24 dic 2014

Xornadas "É neutral a tecnoloxía?"

Como xa viñera anunciando ESF, o sábado 22 de novembro tiveron lugar en Santiago de Compostela, na Facultade de Filosofía, as I Xornadas “É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico”, co apoio de apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

A entrada era libre e abríronse as portas aos participantes ás 09:30.

Tras unha breve presentación das Xornadas por parte de Sergio Fernández, membro de ESF, ás 10:00 da mañá deu comezo a primeira mesa redonda, titulada Dimensión filosófico-ética da tecnoloxía. Sendo moderador Sergio Fernández, os integrantes da mesma foron Delmiro Rocha, filósofo integrante do Proxecto Derriba; Sergio Cernadas (sociólogo) e Borja Santiago (historiador), ambos da Universidade Cromática das Virtudes; e Juan Domingo Quintela, membro do grupo de Educación para o Desenvolvemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.


Comezou intervindo Juan Quintela para achegar diferentes definicións de tecnoloxía, poñendo de manifesto que non só podían considerarse as cousas materiais. Diferenciou entre tecnoloxías brandas e duras, e proseguiu comentando outros aspectos relacionados e menos coñecidos, coma a estética, as relacións de poder e o papel da muller na mesma. Rematou a súa intervención respondendo a pregunta que daba nome ás Xornadas, afirmando que ningunha tecnoloxía é neutral en tanto en canto tampouco ningunha acción humana o é.

A continuación interviron os membros da Universidade Cromática das Virtudes, que intentaron facer un achegamento ético da tecnoloxía. O primeiro membro, Sergio Cernadas, comezou por explicar as diferenzas entre ética e moral, e rematou respondendo tamén a pregunta: non hai nada neutral e iso non é, necesariamente, malo. O segundo, Borja Santiago, fixo unha exploración dos medios relacionados coa tecnoloxía utilizando varios libros que trataban os temas das utopías e distopías, coma o coñecido 1984, de George Orwell. Tras estas reflexións literarias, rematou a súa intervención aportando outra de seu: a natureza sabe onde e cando deterse, pero a tecnoloxía non segue ningún principio de autodeterminación.


Tras esta mesa redonda introdutoria, procedeuse á segunda, titulada Dimensión socio-cultural da tecnoloxía. Os integrantes foron José Manuel Vázquez, antropólogo e profesor xubilado de Prehistoria da USC e Carmen Novas, técnica da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).


Despois dun breve descanso ás 12:00, tivo lugar a conversa con Jorge Mira, físico, investigador, divulgador científico e docente da USC. Tras un par de preguntas do entrevistador, membros do público iniciaron un interesante debate sobre o acceso a revistas e material científico. O entrevistado defendeu a coexistencia de acceso privativo e libre, argumentando que de non ser así o sistema de elaboración, revisión e posterior publicación dos artigos sería inviable.

Para rematar, levouse a cabo a terceira mesa redonda, titulada O pequeno é fermoso, onde participaron Antón Ríos Hucha, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e membro de ESF; Emilio Padrón, Enxeñeiro Informático, investigador e docente da UDC e membro do Grupo de programadores e Usuarios de Linux (GPUL); e Carolina Martínez García, Arquitecta Técnica especializada en bioconstrución e coautora do blogue Bioconstruírme

 

Esperamos facer novas edicións reflexionando sobre as distintas dimensións da tecnoloxía, de xeito que poidamos facer dela unha ferramenta para a equidade, a xustiza social e que todas poidamos ter unha vida que pague a pena ser vivida. Namentres, se vos interesa o tema, aquí podedes ler unha serie de reflexións dalgunhas das persoas participantes nas mesas que fomos e iremos publicando neste blogue, e tamén unha selección de materiais ordenados.

30 sept 2013

Curso de Voluntariado USC finiquitado

    Esta fin de semana, o sábado pola tarde, no salón de actos da facultade de matemáticas, estabase producindo unha axitación no pensamento duns 80 estudantes da USC. E ''axitación'' ou ''cambio'' en grego dise ''crise'', de aí o nome de pensamento crítico, o pensamento que cambia as cousas, ou a súa maneira de representalas. Polo menos, iso foi o que lles dixen eu. Se se produxo pensamento crítico ou non, non o podemos saber a ciencia certa, pero se facemos un repaso polas estatísticas, eu creo que podemos quedar satisfeitos:

  • Estudantes conformes coa educación bancaria: 1.
  • Voluntarios de ESF griposos: 2.
  • Candidatos a meterse no voluntariado de ESF Santiago: 3
  • Persoas coa boca aberta escoitando o relato do PCR de Yolanda: Ao redor de 80, aínda que as autoridades elevan a cifra a varios centos de miles.
     Todo un éxito. A charla de Educación para o Desenvolvemento dada por Belén, Yolanda e un servidor (Miguel) tivo o seu impacto nos estudantes. Para iso, foi necesario preparar unha boa presentación con Prezi (Presentación EpD 2013), pero tamén foi necesaria unha enorme apertura para escoitar as intervencións dos estudantes. Este ano non podemos dicir nin de lonxe que non foran participativos. Ao principio de todo, puxémoslles o vídeo ''O perigo dunha soa historia'' (ver aquí: El peligro de una sola historia), e pola metade, deixou de funcionar ben. Pois ben, xa nese momento lles animamos a compartir os seus pensamentos, e xa se produciu un verdaeiro intercambio. O noso propio guión viuse rapidamente modificado pola espontaneidade do público.


 

    O punto máis álxido das intervencións acadouse na discusión entre a educación bancaria e a transformadora. Os estudantes reflexionaban sobre cómo estes conceptos podían aplicarse a educación universitaria que recibían (a meirande parte opinaba que era de carácter bancario). Tamén surxiu unha interesante discusión tratando de discernir se era adecuada unha comunicación totalmente horizontal entre profesor e alumno ou se mais ben era útil que o profesor conservara parte da autoridade, tal como di José Antonio Marina.




  Pero houbo máis que discusión nesta charla. Durante o descanso, varios dos asistentes acercáronse a nós con interese polas nosas actividades como voluntarios en ESF. Mantivemos breves e agradables conversacións con eles, e despois, volvimos á carga.

    A última parte da charla ocupouna Yolanda contándonos a súa experiencia en Honduras no Programa de Coñecemento da Realidade. Como ela mesma dixo, aínda non acaba de aterrizar, e todavía estaba comenzando a darse conta do impactante que lle resultou a experiencia, i esa sensación foi a que nos transmitiu cando falou. Estaba tan metida no que dicía que todo o mundo a atendía sen parpadear; ela contaba como ir aló rompíache os esquemas; como para comprender á xente de alí facía falta una empatía brutal, pero sobre todo como era moi difícil aprender a respetar profundamente o que alí atopabas. O público a escoitaba, sumido no seu relato, ao igual que Belén e máis eu.

    Finalmente, os estudantes nos dedicaron un forte aplauso. Eu creo que podemos estar satisfeitos. O noso obxetivo era darnos a coñecer, contar o que facemos, espertar un pouco ás conciencias críticas e, xa pensando nun efecto máis directo, animar a novos voluntarios. Creo que podemos dar estes obxetivos por cumplidos. No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Santiago, esperamos volver a ter oportunidades similares pronto. Mentres tanto, seguiremos falando do mundo nalgunha cervexería do casco vello, maquinando ideas para as futuras presentacións.

  

4 abr 2012

O mellor e o peor do Curso de TCpDH en Compostela

Fai algo máis dunha semana rematou en Compostela a VII edición do Curso de "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Houbo tempo para AGROsleeping, dinámicas de "círculos viciosos" que tanto valen para unha charla sobre IAP como para uns pases de baile no Avante, e, por último, unha cea por todo o alto! Ademais este ano @s alumn@s foron de novo do máis participativos e, por que non dicilo, do máis simpáticos. De feito fixeron do curso unha actividade máis ca entretida, interesante e, sobre todo, capaz de remexer nas cabeciñas de tod@s (tanto alumnado como ESFeiros e poñentes) pra pensar na clase de sociedade na que vivimos e na que nos gustaría vivir.


Así, aí vos vai o Peor e o Mellor segundo o alumnado!

O Peor do curso :(

- Ter que facer moitos traballos.
- Levantarse cedo o finde.
- Curso enfocado ao público universitario (polo sistema de publicidade). Habería que abrilo máis a outros ámbitos.
- Ter que falar en público.
- Comprender a gran cantidade de auga que se desperdicia no planeta.
- Falta de desenrolo dos temas. Unha hora quédase curta para debate, etc.
- A cantidade de temas tratados en períodos curtos que fan que se dilúa un pouco o contido das charlas.
- O pouco tempo entre as charlas da mañá e da tarde.
- Os horarios (intensivos).
- Ter que madrugar un sábado e un domingo.
- O tempo/concentración do curso. Agota!

O Mellor do curso :)

- A cantidade de bibliografía recomendada.
- As actividades (xogos).
- As charlas dinámicas.
- A visión global en canto a diversidade de contidos.
- A participación e dinamismo das charlas.
- A participación de xente doutros países coas súas realidades.
- O interesantes e impactantes que foron tódalas charlas.
- A información recibida.
- A xente do curso que é estupenda.
- Os debates e o afán dos poñentes en que participe o público.
- O comprometidos que nos fan estar.
- O crecemento persoal.
- Os testimonios.
- O feito de que nos plantexemos o noso futuro (incluso laboral).
- Moitos debates.
- Os coñecementos adquiridos.
- Coñecer o traballo de ESF.
- A conciencia.
- O interese que os relatores amosaban polos seus respectivos temas.
- A diversidade temática do curso.
- As ganas de actuar.
- As actividades.
- A visión das distintas realidades.
- Valorar máis o que temos.
- Alternativas á banca convencional.
- O coñecer casos concretos.
- O ambiente en xeral co grupo.
- A charla do primeiro día sobre colonialismo.
- A continua invitación á participación dos alumnos.
- As charlas sobre o Xénero, a Desigualdade Norte/Sur e as Comunidades indíxenas.
- A interactividade do grupo.
- A multidisciplinariedade do grupo.

Por valoracións coma estas todos os esforzos pagan a pena. Por moitos anos de curso máis e por moita máis xente implicada e xenial, coñecida e por coñecer.

16 feb 2012

VII Edición do Curso Tecnoloxía e Cooperación para o desenvolvemento humano

Outro ano máis en Compostela (e en breve en Lugo) terá lugar a VII Edición do Curso Tecnoloxía e Cooperación para o desenvolvemento humano. O curso, que combina un amplo contido teórico e práctico, contará coa presenza de diversos colectivos, ONG’s e movementos sociais, como o Foro de Inmigración, Médicos do Mundo, Panxea, FIARE, Asamblea de Cooperación pola Paz e a propia ESF entre outros. Ademais da participación de diversos expertos en temas de desenvolvemento sostible, comunidades indíxenas, modelos de desenvolvemento, colonialismo, etc .
Este ano cabe destacar a presenza de membros de asociacións ou ONG de El Salvador, Honduras e Nicaragua que van participar no Foro Internacional da Auga e que nos comentarán a súa experiencia non só en eidos relacionados ca auga senon como axentes de cooperación, representantes de movementos sociais no Sur ou técnicas de acción e investigación participativa.

LUGAR: Escola Técnica Superior de Enxeñería, Campus Vida en Santiago de Compostela.

Datas: 9, 10, 11 e 23, 24 e 25 de marzo.

Horario: Venres e sábado, 10:00-14:00h e 16:00-20:00 h, domingo 10:00-14:00h

Prezo: 50 € con desconto do 50% aos membros de ESF

Máis información:

http://www.galicia.isf.es/tcpdh/



Polo tanto recomendamos este curso a calquera persoa que queira ter unha formación básica e ampla en cooperación e sendo membros de ESF contaredes cunha rebaixa no prezo.


Pregamos que nos axudedes a difundilo!!!!

En breve dispoñeremos do programa definitivo!!!

15 jul 2011

Crónica do Curso de TCpDH 2011 (II)

SEGUNDA FIN DE SEMANA

A perspectiva de xénero na cooperación (Vanessa Míguez)

  • Foi un tema que me tocou moi de preto e sobre o que apenas me sentira afectada, pois como estudante nunca me sentín en segundo plano por ser muller, aínda que si posiblemente máis nun ámbito familiar/social.
  • Gustoume saber que o feminismo promove a igualdade e non a superioridade da muller e impresionoume bastante o panorama exposto sobre a situación de vulnerabilidade da muller no mundo en moitos máis ámbitos dos que nunca soubera.


O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur (Francisco Solano)

  • Hai que estar informados do que consumimos e a partires de aí tomar unha decisión ética.
  • Nun momento como o actual, no que a crise económica nos brindou a posibilidade de pensar que tipo de desenvolvemento queremos, falar de soberanía alimentaria é fundamental.

O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza (Manuel González)

  • Os beneficios da globalización son asimétricos, e os países que ao longo da súa historia seguiron estratexias propias tiveron máis éxito.


A comunicación como ferramenta no desenvolvemento (Alba Miranda)

  • Idea errónea de que cantos máis datos saibamos máis informados estamos.
  • É tan importante o que se conte como o que se escolle non contar.
  • Vemos o mundo como nos ensinaron a velo, e agora é cousa nosa cambiar a perspectiva.

A educación para o desenvolvemento: EpD (Francisco Vallverdú)

  • Quédome cun concepto: Estados Unidos é un país desenvolvido e subdesenvolvente.
  • O plantexarse outro mundo ten que nacer da base da indignación cara o que vemos neste.


O modelo enerxético actual e alternativas (Antón Román)

  • Os países canto máis avanzados, menos enerxía precisan para crear riqueza.


O concepto de Tecnoloxías apropiadas (José Manuel Vázquez)

  • A “tecnoloxía apropiada” debe ser sostible, adaptable ao medio e respetuosa co ser humano. As nosas tecnoloxías non son necesariamente aplicables ao resto de culturas. Cada cultura necesita as súas propias tecnoloxías.
  • As culturas sempre consideran as súas tecnoloxías como as mellores. Intentamos realizar as nosas utopías nos sitios onde axudamos.
  • O etnocidio: a xente é respetada, pero morre a súa cultura.
  • As tecnoloxías segundo como se empreguen poden servir para o desenvolvemento ou o subdesenvolvemento humano.

Diñeiro, banca e economía, unha cuestión ética? (Natalia Fernández)

  • Moitas veces o erro da cooperación en materia económica non está na indiferenza, senón máis ben na inconsciencia.
  • Debemos recuperar o noso título de cidadáns. Non somos consumidores senón persoas.


Novas perspectivas do desenvolvemento humano nas comunidades indíxenas de América Latina (Germán Vargas)

  • “A miña individualidade ten sentido dentro do colectivo, senón estou condeada a falecer”.


Ferramentas na cooperación. Os proxectos (Dinorah Batallán, Pepe Vara, Roberto Roget)

  • Erradicar o mal é máis importante que facer o ben.

A avaliación (Helena, José Ríos, Carmiña)

  • Ningún acto sen avaliar é un acto completo.

12 jul 2011

Crónica do Curso de TCpDH 2011

PRIMEIRA FIN DE SEMANA

Políticas e axentes da cooperación (Xosé Luis Pastoriza, Guillermo Otero, Ernesto Gómez e Alba Miranda)

  • O maior problema para a cooperación é a falta de sensibilización por encima da falta de recursos.
  • O cambio social ten que partir da educación.


Precedentes históricos das relacións Norte - Sur. O colonialismo (José Antonio Martínez)

  • Se o mapa das colonias de 1870 coincide co dos países nos que se coopera hoxe en día, será porque algo ten que ver.
  • O capitalismo é a extensión do imperialismo colonial.

Movementos sociais no Sur (Eva Gil)

  • Chamáronme moito á atención o gran número de movementos sociais que existen na nosa comunidade e os exemplos ilustrados cos vídeos. O caso das presas en Brasil e, sobre todo, o das mulleres en loita pola recuperación da súa fábrica: “As fábricas poden continuar sen donos, pero non sen traballadores. Iso é o que lle doe aos xefes, aos políticos, ao imperialismo, ao capitalismo”.
  • Cooperar non só debe ser a acción dun fluxo de solidariedade.


Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? (Miguel Pardellas)

  • O decrecemento é o camiño a seguir para obter unha sociedade máis igualitaria.
  • Esta charla serviu para entrar máis en materia, coñecer a malversación que se fai do concepto de Desenvolvemento Sustentable.

Ordenación territorial e fortalecemento institucional (Sergio Fernández)

  • Quédome sobre todo con que planificar unha ordenación é moi complexo e implica a moitos factores.


Participación social, sensibilización e incidencia política. O caso do Sáhara Occidental e os campamentos de refuxiados (Grupo de Sensibilización e Comunicación de ESF)

  • Pareceume impactante coñecer a existencia do “muro invisible” formado polas minas antipersoa que mantén recluído ao pobo saharauí.
  • Animoume a interesarme máis na causa saharauí. Quédome co feito de que casos como o do Sáhara deberían interesar moito máis ao goberno español, e que é competencia súa facer presión para que a situación cambie.
  • Destacaría en primeiro lugar o vídeo de presentación por que resultou realmente unha proba resumida e visible do traballo que fan e tamén me gustaría destacar a actividade que realizamos onde obtivemos bastantes ideas que poderían aproveitarse na organización.

A pobreza no norte ou cuarto mundo (Felipe Noya)

  • A xente que actualmente pertence ao 4º mundo e que vive na rúa encóntrase en peores condicións e cunha menor esperanza de vida cá media de habitantes de Guinea Bissau.
  • Somos animais sociais, pero cada un ten que asumir a súa responsabilidade individual.


Tecnoloxías de información para a Comunicación (TIC´s). O caso do Software Libre (Andrés Estévez e Jorge Muñoz)

  • Interesante temática e de actualidade. A charla non se axustou aos tempos pero a importancia do tema e a maneira entretida de tratalo fixo esquecer este “contratempo”. O exemplo da receita de cociña rematou resultando clarificadora.
  • O software libre non ten porque ser gratis.

O acceso á auga como dereito universal (Pablo Martínez)

  • Existen 1.000 millóns de persoas sen acceso á auga potable, 2.600 millóns sen acceso a saneamento básico e 6.000 persoas que morren cada día por falta de auga potable e por unha hixiene deficiente. Por outra parte, a maioría das marcas de auga pertencen a Coca-cola, Nestlé, Danone e Pepsi-cola.
  • Estivo ben saber que a auga embotellada é pouco máis que auga da billa.


Acción participativa no Sur. Caso práctico (Manuel de Dios, Roberta, Leónidas, Jacinta e Walter)

  • A realidade é que en moitas ocasións, a pesares de que o terreo cumpra as condicións axeitadas para levar a cabo un proxecto, este non pode concebirse sen ter en conta a aqueles que se beneficiarán del. Falar con eles e coñecer a súa realidade é crucial para saber o que precisan, e se serán capaces de ocuparse do proxecto unha vez rematado.

Enfoque medioambiental no desenvolvemento (Judith Sing)

  • Nun proxecto de cooperación hai que plantexarse que tes que causar o menor dano posible, e se o podes causar hai que replantexarse se compensa coa obtención do beneficio.
  • Basear a cooperación ao desenvolvemento no seu simple financiamento é facer un discurso pobre e baleiro.

Implicación persoal na cooperación para o desenvolvemento humano (Adrián P. Fernández)

  • Quédome cunha anécdota: Ao comezo da charla o poñente pregunta quen sabe algo de banca ética, erguen a man 3 persoas. Ao remate da explicación un dos compañeiros pregunta por que a xente non aposta pola banca ética.


Consecuencias da desigualdade Norte – Sur: o feito migratorio (Mª Carmen Puga)

  • Os inmigrantes cando chegan son invisibles para o bo (dereitos) e visibles para o malo (racismo, policía).

20 abr 2011

Os alumnos do Curso de TCpDH opinan: ¿Que foi o mellor e que o peor do curso?

Os alumnos e alumnas deixáronnos as súas valoracións sobre as cousas máis positivas e as máis negativas da última edición do curso.
Aí vos van!

O peor....
  • Os horarios
  • Moi intenso
  • Moitas actividades prácticas
  • Non se cumplen os tempos das charlas
  • Demasiados traballos
  • Esíxese puntualidade e a organización non o cumple
  • Retraso para comer: non da tempo
  • Os domingos pola mañá
  • Algunhas charlas moi pesadas
  • Os casos prácticos ás últimas horas o sábado: estase moi canso despois de tantas horas
  • Dúas fins de semana tan separadas: rotura de continuidade e da formación de “grupo”
  • Descansos moi curtos
  • Moi concentrado: profundízase o xusto en pouco tempo
  • Pouco tempo para algunhas charlas
  • Moito uso do power point

O mellor....

  • Organización implicada/integrada cos participantes
  • Varias charlas curtas e non unha longa
  • Coñecer xente interesante
  • Ambiente positivo e relaxado
  • Participación
  • Compañeiros
  • Dinámicas
  • Dinámica IAP
  • Temática variada
  • Variedade dos poñentes
  • Calidade dos poñentes
  • Almorzo
  • Temas de actualidade
  • Aprender cousas novas e diferentes puntos de vista, así como da experiencia dos poñentes
  • O primeiro fin de semana
  • Horarios
  • Ameno
  • Moi interesante
  • As aportacións persoais
  • Boa combinación entre clases prácticas e teóricas

-

-