29 mar 2017

NOTA DE PRENSA: Enxeñería Sen Fronteiras busca empresas que contribuan a mellorar a sociedade

NOTA DE PRENSA

Enxeñería Sen Fronteiras busca empresas que contribuan a mellorar a sociedade 


A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) presentou os resultados do seu Estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico da provincia da Coruña no 1º Encontro de Economía do Ben Común financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, celebrado hoxe no Fórum Metropolitano da Coruña.
Neste estudo ía na procura de empresas con máis obxectivos que o beneficio económico: motivacións sociais, ambientais e preocupadas polo futuro da sociedade; así mesmo indagaba na conciliación destes obxectivos coa viabilidade económica. Observouse que o 42% das empresas participantes no estudo rexeitaran algún traballo que, sendo legal, xerase problemas éticos e que todas o farían no caso de atoparse na mesma situación, e que o 70% das empresas consideran a transparencia unha ferramenta fundamental para mellorar o funcionamento empresarial. A pesar disto conclúese que as empresas do sector tecnolóxico seguen primando o beneficio empresarial, a seguridade no cobro ou liquidez e a certeza no cumprimento da legalidade vixente. Sen embargo, na súa xestión, existe unha viraxe cara outros procedementos máis innovadores que aposta polo traballo en equipo, a flexibilidade laboral, a creatividade e a transferencia de coñecemento interno.
Enxeñería Sen Fronteiras é unha asociación independente, multidisciplinar, sen ánimo de lucro e baseada no voluntariado que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano.

Máis información: info@galicia.isf.es e 981 167 000 ext 1479 (mañás). Neste enlace pódese descargar o informe completo e o resumo de prensa.

27 mar 2017

Mesa técnica para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga

O pasado 24 de Febreiro tiveron lugar as Xornadas "Mesa Técnica para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga", organizado pola Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa), a Universidade da Coruña (UDC e a Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento. Durante a mesa analizaronse algúns dos temas mais relevantes relacionados coa creación de modelos públicos de xestión do abastecemento de auga e saneamento.

Participamos nesas Xornadas, facendo eu mesmo a poñencia "Avaliación participativa da xestión". Comezamos falando de onde xurdiu a idea, alá polo ano 2014, nos debates da lista de Auga, nos cales atopamos como puntos comúns a defensa da transparencia e da participación cidadán como elementos fundamentais en torno ós cales artellar a estratexia de incidencia política de Enxeñería Sen Fronteiras.

Fixemos unha aproximación á definición de participación, como proceso de desenvolvemento persoal e colectivo, así como unha exposición do marco normativo que ampara ese dereito á información e á participación. Logo desta breve exposición, pasamos a explicar a metodoloxía concreta que estamos desenvolvendo tanto dende Enxeñería Sen Fronteiras como dende o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (CartoLab).

Neste enlace podedes acceder á presentación.

As conclusíon xerais ás que se chegaron logo deste encontro poderíanse resumir nos seguintes puntos:

  • A xestión do ciclo integral da auga enfrentase a unha serie de retos técnicos, sociais, medioambientais e económicos que é necesario encarar dun xeito coordinado e colaborativo entre as asociacións e organizacións cidadáns, operadores, institucións e gobernos. O seu obxectivo debe ser desenvolver unha política de auga sostible dende ó enfoque do ben común e de Dereito Humano á Auga.
  • Polo tanto, os operadores públicos deben asumir consecuentemente os criterios xerais, normativos e específicos do dereito humano á auga e o saneamento no que atañe a equidade e universalidade do servizo e a prohibir os cortes de auga ó fogares en situación de vulnerabilidade social, garantizando un mínimo vital para cubrir as necesidades persoais e domestivas amparadas por este dereito.
  • Un dos principais retos é implicar á cidadanía na xestión e control do ciclo urbano da auga, o que entre outras cousas require aumentar a atención pública sobre a auga urbana.
  •  Xunto á entrada nos consellos de administración das empresas públicas ou mixtas de expertos e representantes da sociedade civil, estase promovendo a creación de órganos específicos de participación cidadán como os observatorios da auga, dos que xa comezan a existir algunhas experiencias en España como o Observatorio da Auga de Xàvia (Alicante)
  •  Por outra banda, a educación e formación sobre o ciclo urbano da auga constitúen requisitos imprescindibles para conseguir unha participación ciudadana activa e informada.
  • Ademais, é necesaria unha maior transparencia no acceso á información por parte dos cidadáns, superando as situacións de opacidade que actualmente envolve moitos casos de xestión.
  • Os modelos de xestión deberán garantizar a conservación do bon estado ecolóxico das masas de auga contando con tecnóloxías innovadoras e flexibles que contribúan a asegurar a sustentabilidade a longo prazo.
  • Neste proceso de creación dun novo modelo público, tamén se puxo de manifesto a necesidade de impulsar accións e iniciativas lexislativas , para o cal é fundamental contar co apoio e a coordinación coas administracións locais, titulares dos servizos de auga, e na defensa da xestión pública da auga.




26 mar 2017

Un ano despois do Foro Mundial de Acceso á Terra e aos Recuros Naturais Valencia 2016

Estes días fai un ano dende a celebración do Foro Mundial Acceso á Terra e aos Recursos Naturais, que tivo lugar en Valencia. Alí estivo Maria José Enríquez como participante no Programa de Coñecemento da Realidade en Redes de ESF Galicia (moi ben acompañada e coidada polas compas de ISF Valencia), co financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e fíxonos un completísimo e moi interesante informe que podedes ler aquí. Ademais, xa se poden consultar as sínteses dos obradoiros que se desenvolveron no Foro.

Para ESF Galicia é moi importante ter persoas da base social participando de primeira man nestes eventos, de xeito que se poida estar en contacto coa realidade más actual e as tendencias nas temáticas de traballo da asociación. Neste ano transcorrido tralo Foro, conseguiuse poñer en marcha un grupo de persoas asesoras sectoriais no eido da soberanía alimentaria e o desenvolvemento rural, coa idea de ir compartindo debates e ideas sobre este tema, tanto a a través da internete como con encontros periódicos presenciais como o de decembro. O próximo, como non, queremos que sexa sobre acceso á terra. Estade atentas!

24 mar 2017

Resumo do Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega"

O 23 de decembro do pasado ano celebramos na Escola Politécnica Superior de Lugo o Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega". Os contidos e obxectivos podíanse ver aquí.

Foi un encontro distendido, que serveu para atoparnos con persoas de distintos sectores (sindicalismo, universidade, administración pública, movementos sociais...), algunhas delas (tampouco moitas) moi vencelladas ao agro no seu medio de vida, e falar, básicamente, de como facer un rural mellor para todas estarmos mellor. Todas as alí presentes coincidiamos en que o enfoque de soberanía alimentaria posiblemente sexa o que mellor pode lograr isto, pero tocaba pensar "como poñerlle o axóuxere ao gato". Soberanía é un xeito de acadar o empoderamento, que a cidadanía reteña poder e co-responsabilidade na construción dun modelo inclusivo para todas.

Foi unha xornada densa, con moitas intervencións e debate, que deixounos ganas de máis. Dende ESF Galicia xa hai tempo tratamos de concretar xeitos de impulsar a soberanía alimentaria nas nosas actividades nacionais e internacionais, apoiando cursos en liña específicos desta temática, xornadas, proxectos internacionais (en Honduras, que é onde traballamos actualmente), campañas, espazos de reflexión como este presencial ou reflexións en liña, e mesmo campañas de incidencia aos partidos partidos políticos, como nas derradeiras autonómicas de Galicia, onde fixemos as propostas aos partidos e logo valoramos como as integraron nos seus programas. Todo isto, tratando de manternos informadas a través de formacións internas e participación en redes onde nos imos actualizando sobre todo o que se coce nas políticas e alternativas ao modelo de desenvolvemento agroindustrial (a última, sobre os tratados de libre comercio como o TTIP).

A continuación queremos resaltar algunhas ideas que saíron no faladoiro que nos chamaron a atención.


Unha das persoas asistentes comentaba que precisamente está facendo a súa Tese sobre os conceptos "Seguridade alimentaria vs. Soberanía alimentaria", estaremos atentas aos avances!

Foi recurrente a afirmación de que a pequena agricultura promove mercados de cercanía, relacións sociais e máis cohesión social.

Fíxose algunha reflexión acerca de por que a soberanía alimentaria se asociaba máis aos movementos de esquerdas (máis ben ao anarquismo), dado que trátase dun enfoque que ten un claro compoñente ideolóxico de modelo socio-económico que promove.
  • A agroindustria crea cartos e serve para mover cartos
  • A agricultura familiar produce alimentos e promove relacións sociais

Mar Pérez chamou a atención sobre que a EFSA (European Food Safety Association) non focaliza en POR QUE se dan casos de inseguridade alimentaria en Europa, non estudia as causas. Comemos dunha determinada maneira porque temos un determinado sistema de distribución de alimentos. Solamente o deseño da PAC supón o 40% do orzamento das políticas agroalimentarias na UE (o que vén a demostrar o valor estratéxico da agricultura).


Emilio Carral quixo facer a distinción entre soberanía alimentaria e autonomía alimentaria. A segunda non sempre é conveniente, porque debemos darlle moita importancia á carga enerxética (auga, por exemplo) que supón producir unha unidade de alimento nun sitio ou noutro. Mencionou exemplo de Israel e o feito de ter que importación de recursos naturais (ou sobre-explotar auga) para poder autoabastecerse dalgúns tipos de alimentos.
Falouse aqui da necesidade de ter capacidade de toma de decisións e non so iso, senon tamén de ter certa independencia con outros territorios en canto a configurar a forma de producir, transformar e distribuir.
Aproveitamos aquí para recomendar o libro O Pequeno é Grande, do que é co-autor. Neste libro saen datos como que o 24% da SAU (superficie agraria útil) produce o 50% dos alimentos directos.

Deuse certo debate aquí sobre se realmente seguía existindo unha verdadeira agricultura labrega, ou xa non quedan máis que exemplos relícticos, e sobre o que realmente entendemos por agricultura familiar (xa que hai agroindustria baseada en grandes explotacións dunha familia).

Chamounos a atención o feito de que só existan dúas publicacións científicas nos últimos 20 anos sobre agricultura labrega, tal é a súa invisibilización.

Víctor Álvarez, coa súa experiencia no extensionismo en Galicia, e tamén cunha experiencia nun proxecto en Paraguay, contábamos que o Estado español ten unha finca de 7.000 ha en Paraguay, propiedade de CYTASA. Ademais, deunos envidia ao narrarnos que nos EEUU as Universidades teñen servizo de extensión agraria que colabora coa Administración. Obama destinaba un 20% do presuposto da política de producción de alimentos á extensión agraria. Tamén criticou o extensionismo agrario "de oficina", e como o extensionismo debería ser social, ademais de tecnolóxico, xa que os procesos de extensión son moi lentos. Tamén xurdiu o debate de que hai que apelar ao sentido ético e formación do pensamento crítico das persoas extensionistas, xa que en moitas ocasións dende a extensión pública se promoven determinados modelos que dependen da ideoloxía de quen está a gobernar, ou dos grupos de presión (por exemplo a revolución verde na España franquista). Actualmente en Galicia quen fai extensionismo son os comerciais das multinacionais... Polo menos en Honduras quen o fai nalgunhas zonas son ONG como CODDEFFAGOLF, a socia de ESF Galicia, reforzando a soberanía e pensamento crítico das e os labregxs. Este enfoque da cooperación ao desenvolvemento, de empoderamento das persoas, é o único que entende ESF Galicia, pero iso non foi sempre así (nin o é actualmente). De feito vense dando un proceso de polarización de estratexias mesmo dentro das ONG de Desenvolvemento, que fai que haxa críticas entre elas (sobre todo dende as que defenden máis procesos de empoderamento máis políticos fronte ás máis pretendidamente "apolíticas").

Jose Ramón do Sindicato Labrago Galego insistiu en que necesitamos máis alianzas para construir soberanía alimentaria.

Pedro Revilla contou a experiencia na mellora participativa de sementes dende a Misión Biolóxica de Galicia, coa que ESF e CODDEFFAGOLF colaboran en Honduras nun programa que leva xa tres anos de desenvolvemento. Aquí se pode coñecer algo máis do programa, e aquí facer un seguemento.

Houbo referencias ás problemáticas da terra en Centroamérica, nomeadamente en Honduras, das que ESF Galicia coñecemos máis. A defensa da terra e os recursos é o que está a causar mortes en Bajo Aguán, asasinatos como o de Berta Cáceres, o problema da pesca e acuicultura como a de langostino (moitas veces olvidada ao falar de soberanía alimentaria) e o deterioro do recurso hídrico no sur de Honduras (pola presión das grandes meloneiras, caña de sucre, etc.).

Tamén xurdiu o tema das regulacións no nome da trazabilidade, hixiene e a seguridade alimentaria (seguridade no sentido de que os alimentos sexan seguros), se implementan leis que moitas veces serven para poñer trabas a enfoques de soberanía alimentaria fronte á agroindustria (producindo quizais alimentos máis seguros, pero menos sans).

Clara Raposo incidiu en que o modelo social e tecnoloxico nos impulsan a seguir o modelo agroindustrial e cada vez é máis difícil sair del. Estamos nun momento de oportunidade xa que hai unha percepción de que fai falta certos cambios. Fálase máis e máis doutros modelos de produción e consumo, de consumo responsable... Afirmaba que é moi importante o traballo colectivo, pero aliarse non garante unha construción de alternativas. Hai organizacións de militancia inmobilistas que poden dinamitar o cambio

Unha reflexión un pouco pesimista a raíz disto foi o feito de que moitos pensamos que hai que dignificar o rural, pero case ninguén de nós se plantexa facer vida nel... (a propia xente do rural desincentiva a fillos e fillas de que vivan do agro). Unha frase que se dixo que ten que ver con isto é "cando ás persoas labregas compran o brick de leite..., malo".

Un resultado positivo e concreto que saiu deste faladoiro foi a creación dunha lista de correo-e coas persoas interesadas en asesorar a ESF Galicia nesta temática, e continuar o debate en liña (e o que salga). Ademais, seguro que próximamente faremos máis encontros presenciais deste tipo, permanecede atentas!!!!

22 mar 2017

Primeiro faladoiro Xeomática e Café

Compráceme moito anunciar a primeira sesión do faladoiro de Xeomática e Café que vai ter lugar o xoves 30 de marzo ás 12h na cafetería da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo (edificio da ampliación).

Xeomática e Café é unha iniciativa da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñería en Xeomática e Topográfica coa que se pretende, a través de encontros informais, divulgar contidos académicos e laborais transversais de interese para as comunidades de enxeñeiras.

Falaremos entre outras cousas, da miña experiencia como PCR no Golfo de Fonseca en Honduras, a miña participación en actividades de Soberanía Alimentar e como é posible relacionar isto coa formación en xeomática e topografía.

Aquí tedes o cartaz do evento. Vémonos!
 

20 mar 2017

Día Mundial da Auga: Cinefórum “La Fuente de las Mujeres”

A día de hoxe 663 millóns de persoas seguen sen ter acceso a auga potable. Consomen a diario auga con bacterias patóxenas ou sustancias nocivas sendo, a nivel mundial, a contaminación fecal o principal problema por iso para asegurar o acceso a auga potable é necesario garantir o acceso ao saneamento. Esta actividade concíbese como espazo de debate e reflexión colectiva, non se busca que os asistentes sexan suxeitos pasivos senón que se pretende que compartan a súa visión e experiencias no tempo de debate posterior á proxección e é unha aposta dentro da liña de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia por achegar outras realidades ao estudantado universitario galego e establecer un vínculo entre os seus estudos e as desigualdades no mundo.

O filme aborda as temáticas de Dereito Humano a Agua e Xénero, liñas traballadas acotío por ESF. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral que desenvolve en conxunto ESF e o CEXEF e conta co financiamento da Xunta de Galicia. 
Esta proposta segue ademais a liña de acción “Promoción da conciencia Ambiental” do Green Campus da que ESF está a encargarse actualmente , e máis concretamente na actividade “Organización dunha serie de charlas/obradoiros prácticas sobre temáticas relacionadas (reciclaxe, compost, bos hábitos diarios , voluntariado ambiental”.

Entrada libre até completar aforo


Programa
  • 18.00h: Presentación da actividade
  • 18.05h: Proxección da película La Fuente de las Mujeres (136 min)
  • 20.20h: Charla/coloquio
  • 21.00h: Peche da actividade
Máis información


epd.corunha@isf.es 
981 167 000 ext. 1479



18 mar 2017

Tecnología apropiada en Tanzania: secadores solares

El Grupo Tuzo está formado por 10 mujeres (Grace, Joyceline, Esther, Eliaichi, Mary, Joyceline, Mercy, Hellena, Veraluice, Aikael), todas ellas de más de 35 años. Viven al norte de Tanzania, en el pueblo llamado Kiboroloni, en la zona de Moshi rural (a 10 km de la ciudad de Moshi, región del Kilimanjaro).

Su principal fuente de ingresos es la venta de frutas secas de temporada: mango, piña y plátano. Las venden a la población local que las toman como snacks, así secas, tal cual, y a veces a las pastelerías que las usan para las tartas. También secan una variedad de flor de hibisco (Roselle) que se usa para hacer una infusión muy popular en los restaurantes y puestos de comida de la zona.

El proceso de secado es el siguiente:

1) La fruta es recogida de sus huertos o comprada en el mercado.
2) Se lava bien con agua.
3) Se pela y se corta en rodajas de 5 mm o menos.
4) Las rodajas se colocan en las bandejas del secador.
5) Normalmente están durante 2 o 3 días secándose. Por las noches guardan las bandejas en sus casas.
6) Dependiendo del diseño y del número de bandejas del secador se pueden secar entre 15 y 20 kg de fruta freca de cada vez en total.
7) Los rayos del sol inciden en la parte superior del secador que tiene un plástico transparente, los laterales llevan unos paneles negros para retener el calor en el interior.
8) La pared vertical delantera y trasera están abiertas y protegidas con una redecilla. De este modo se facilita la circulación del aire, que es muy importante para el proceso de secado.
9) Se puede girar el secador para capturar el sol de frente según se va moviendo a lo largo del día.

Usan frutas de temporada. En las épocas de lluvias (hay dos: una larga desde abril a junio y una corta desde mediados de octubre a diciembre) se complica porque además de tardar más de lo habitual en secarse, las frutas necesitan al menos media jornada completa de sol para reducir la cantidad de agua sino se formarán mohos.

Empezaron a usar esta tecnología hace 16 años cuando un profesor alemán les mostró el diseño para hacer el secador. A mitad de este año, con fondos de USAID construyeron uno nuevo. Una empresa local que produce extractos naturales ha empezado a comprarles parte de su producción. En el marco de este proyecto de agricultura en Tanzania se han realizado formaciones a mujeres en temas de secado e higiene.

La fruta la obtienen de las huertas de sus viviendas o la compran a los campesinos del mercado.

Antigua secadora solar. Se pueden ver los trozos de frutas en las bandejas. Tiene una zona con tela de red para favorecer la ventilación. En su interior hay varias bandejas para poder secar más cantidad de fruta a la vez.

 Nueva secadora solar construida tomando como modelo la antigua pero usando paneles de color negro en lugar de blanco para aumentar la captación de calor.

Rodajas de plátano secas y listas para meter en las bolsas de plástico y vender en el mercado.

 Formación en higiene a grupos de mujeres que se dedican al secado de frutas.

Fuente de las fotos fotos: Jayadeep Akkireddy, de Natural Extracts Industries Ltd.



17 mar 2017

Ideas para fomentar voluntariado transformador en ONGD (versións en galego e castelán).

Compartimos para descarga a nosa Guía de voluntariado transformador en ONG de Desenvolvemento, elaborada grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


O que pretendemos é, partindo da nosa experiencia en traballo baseado no Voluntariado de Desenvolvemento e de defensa dos Dereitos Humanos globais, contar algunhas das cousas que cremos que son claves para promover este tipo de voluntariado cun enfoque de transformación social, de militancia ou activismo. Ese sentimento de solidariedade universal contribúe a unha verdadeira Educación para a Cidadanía Global. Iso si, somos conscientes do gran descoñecemento que existe na sociedade sobre este tipo de voluntariado (que en xeral, quédase en “voluntariado de cooperación internacional” na súa vertente máis asistencialista ou nas simples “vacacións solidarias”).

Non estamos dicindo que haxa actividades do voluntariado que sexan transformadoras e outras utilitaristas. Falamos de enfoque. Unha actividade que podería parecer utilitarista, como poñer carteis anunciando unha actividade, en realidade o é ou non dependendo do enfoque que do voluntariado haxa na organización, e tamén da idea de voluntariado que teña á persoa voluntaria.


Unha persoa soa pode chegar máis rápido, pero moitas xuntas chegan máis lonxe.

O mesmo que se di que a revolución non será subvencionada, o máis seguro é que tampouco sexa “profesionalizada”.

13 mar 2017

OUTRA EMPRESA É POSIBLE! Presentamos estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico

O vindeiro día 29 de marzo presentaremos ás 11h no Forum Metropolitano de A Coruña o noso primeiro

Estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico da provincia da Coruña. OUTRA EMPRESA É POSIBLE!


 
O informe levouse a cabo grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e tense previsto continuar esta liña de traballo.





Por temas de espazo, o acceso será con invitación, pero a partir do día da presentación poderedes descargar o informe e os seus anexos a continuación (IGNORAR ADVERTENCIAS DE SEGURIDADE):

  •     Informe 
Resumo executivo
Informe completo 
  •     Relación de Anexos
Anexo A.1 Modelo de enquisa
Produto A Informe das enquisas iniciais
Produto B.1 Matriz de indicadores
Produto B.2 Guía explicativa da matriz
Produto E Recomendacións sobre boas prácticas

10 mar 2017

Xa están aquí as PCR de 2017!

Compráceme anunciar que despois de darlle voltas e reviravoltas xa temos as catro seleccionadas para integrarse no programa PCR de 2017 e que viaxarán a desfrutar do calorciño do Golfo de Fonseca, das súas baleadas e do manglar.
Son (redoble):

Por Agro e co sacho na man

Carla Méndez. Estudante do Grao en Enxeñería Agrícola e Agroalgomáis (esta titulación cambia de nome coma eu de camiseta) da USC en Lugo. Rapaza de Viveiro que demostrou gran compromiso con ESF (e ambición) tentando xunto con Andreina de facer que a sede de Lugo rexurdira das súas cinzas.

Daniel Regueiro. Quen pese ao seu apelido vai por Agro. Estudante de último ano de Ciencia Poítica. De Arzúa, coma os queixos, promete duras conversas como demostra coa súa participación en torneos de debate. Interesado pola política internacional, sen dúbida aproveitará o programa como se merece.

Por Auga e con moito flow

Verónica Torrijos. De A Estrada. Bióloga e enxeñeira ambiental con moitos anos de experiencia en tratamento de augas residuais e xestión de humedais. Máis de dez anos como voluntaria de ADEGA. Haberá que vixilala ben non se vaia a quedar en Honduras!

Adrián López. Voluntario dende decembro do ano pasado. Cursa dous másters porque un non lle é abondo, o de camiños e un de hidráulica ambiental. Outro que vai a haber que vixilalo ben para que volva cargado de anotacións.

As catro demostraron que merecen ser PCR. Pero agora chega o máis difícil para todas, e máis para os grupos, que é facer que nós merezamos estes PCR e facer do programa de este ano un dos máis proveitosos.

Un aplauso! Moita sorte!

3 mar 2017

Boletín oficial esfeiro: marzo 2017




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de febreiro fixemos a convocatoria de 4 prazas para participar no Programa de Coñecemento da Realidade 2017, que inclúen unha estancia mínima de 2 meses en Honduras coñecendo o país, as organizacións hondureñas coas que colaboramos e os programas que desenvolvemos con elas. Tamén sacamos o catálogo de propostas de traballos fin de grao/master 2017 para distintas titulacións, na busca de persoas que queran facer algo máis que un traballo académico. Quixemos dar a coñecer a People4Soil: Iniciativa Cidadá Europea pola protección dos solos, que ESF Galicia respalda, e tivemos tempo de reflexionar sobre o importante papel que a soberanía alimentaria debería ter na consecución do Obxectivo nº 2 dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS).



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras continúan os traballos de recompilación de material para xustificar o bo uso de diñeiro público da Xunta de Galicia nos proxectos do programa auga (Fase II) e soberanía alimentaria respectivamente, que remataron a finais de 2016, así como da primeira anualidade do proxecto a 18 meses do programa auga (Fase III) que remata a finais de 2017. Na Fase II do programa de fortalecemento de capacidades locais para asegurar o dereito á auga traballouse, entre outros, o tema de abastecemento de auga con enerxía solar, abordando un proxecto piloto que describimos aquí e que esperamos teña continuidade. Dentro do programa de soberanía alimentaria, tivemos ocasión de compartir experiencias e formación co resto de organización socias dun convenio financiado por AECID no que participamos xunto con CODDEFFAGOLF (a nosa socia de sempre nestes temas de soberanía alimentaria) e varias máis ao longo do país.




ENLACES DE INTERESE


Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  •  El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva. Cómic.



E NO PRÓXIMO MES ...


  • 29 de marzo: presentación do estudo sobre Educación para o Desenvolvemento en empresas tecnolóxicas da Coruña. 11:30h. Forum metropolitano da Coruña. Por cuestións de espazo precisarase invitación.
  • 21 a 23 de abril: Xuntanza da Base Social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. O sábado 22 pola tarde será a Asemblea de Persoas Socias. Lugar por determinar

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.




A ESF-RASE DO MES

“A pesar de todos os pesadelos inventados pola ficción, as máquinas carecen de vontade propia. Non se inventan a si mesmas, non se fabrican a si mesmas e non nos forzan a poñernos ao seu servizo. Todas as decisións e actividades operadas por elas son decisións e actividades humanas. As coaccións e ameazas que atribuimos ás máquinas son sempre, consideradas máis de preto, ameazas e coaccións de grupos humanos interdependentes producidas nas súas recíprocas relacións con axuda das máquinas”.
Norbert Elias.