11 may 2014

Reunión ESF Vigo

O martes 5 de maio tivo lugar a reunión mensual da sede de ESF-Vigo. Como xa todos sabemos, nas reunións de sede trátanse tódolos temas que está a traballar nesa sede. Nesta reunión, faláronse do estado das campañas que se están levar a cabo na sede, fíxose un breve reporte da increíble Nórdica que tivo lugar en abril e da revisión dos cargos da sede, especialmente do vogal de EpD de sede, do responsable de comunicación de sede e do vogal de voluntariado. Ademais, caben destacar os obradoiros que se están a preparar de Software Libre e Hardware Libre (ordenadores, móbiles, etc. nos cales os seus compoñentes pódelos adquirir por separado, e así non depender do que a marca proporcione). Todo apunta a que será Dani Vila quen se digne a darnos algunhas nocións básicas nestes ámbitos. En ambos obradoiros intentarase aumentar a liberdade dos usuarios nesta época hi-tech que nos tocou vivir. Para máis información de este punto e dos outros tratados, pódese botar un ollo o acta dispoñible en Acta Reunión Maio - ESF Vigo.

5 may 2014

Preguntas a Stallman sobre neutralidad tecnológica


Tecnologías como el software llevan asociadas una componente de tipo político y ético, según lo que siempre defiende el propio Richard Stallman, padre del software libre. Así que, aprovechando una conferencia que impartió en A Coruña, invitado por los compañeros de GPUL, le hemos hecho un par de preguntillas.

Le hemos preguntado si cree que cualquier tipo de tecnología lleva asociados también componentes de este tipo político-ético. Su respuesta fue:

No los mismos, porque estos asuntos [a los que se refirió en su ponencia hablando de los 4 principios que según él son básicos para la libertad de software] se aplican cuando los usuarios tienen la capacidad de cambiar o cambiar algo, que no es así para todos los tipos de tecnología. Hay otros asuntos éticos en la tecnología que se aplican en otros campos de la tecnología. Pero esto no se aplica por ejemplo a la física (como ciencia básica), porque no hay copiadores, y si hay barreras para copiar no es por la “maldad” de nadie, sino por la naturaleza de la estructura. Hay otro asunto donde es posible copiar, como el caso de la agricultura, la ingeniería genética. Usan los genes patentados como excusas para cohibir las copias y su uso. Lo veo bastante paralelo al software, aunque este tema es más estrecho.


Otra pregunta fue si cree que hay un afán, por no se sabe quién, por quitarle a tecnologías como el software o agricultura esa componente ético-política y tender a presentarlo como algo neutral. Y nos dijo:

Hay empresas que hacen varias cosas injustas, para adquirir más poder sobre la gente, pero no siempre funcionan igual. Este asunto sólo se aplica a las cosas que los usuarios pueden copiar y pueden cambiar. Si es posible hacerlo, la pregunta de si tienes el derecho y la libertad de hacerlo, tiene importancia. Si es imposible, no, sería algo puramente teórica. Rechazo el reducir todos los asuntos éticos en tecnología a un solo modelo. Hay varios asuntos éticos diferentes.

2 may 2014

Resumo blogueiro: abril 2014



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outras canles ISFeras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O blogue de vida asociativa tamén tivo moita actividade durante este mes. Poderedes atopar un resumo do estado actual dos proxectos internacionais de ESF tanto do tema de dereito humano a auga como do de desenvolvemento rural e soberanía alimentaria, quenes son os financiadores, monto das subvencions recibidas, asi como planificacion para os proximos meses. Tamen un apaixoante relato da Nórdica (xuntanza de persoas voluntarias de ISF do norte de España que se fixo coincidir coa reunión da base social galega) e a traducción ao galego dun conto francés: O home que prantaba árbores. Outros eventos que tiveron lugar en abril foron unha charla en Ourense sobre experiencias PCR - presentacion do gruporelatorios en Lugo con motivo do día mundial da loita labrega e os ciberencontros organizados polo Fondo Galego de Cooperacion. Dentro destes ultimos, prantexamos dúas preguntas acerca do papel da tecnoloxía para a búsqueda da sustentabilidade e a loita contra a anticooperación que foron contestadas por Tom Kucharz e David Llistar.




BLOGUE HONDURAS


    Durante o mes de abril, o blogue de ESF en Honduras estivo moi activo. Comezamos coas numerosas actividades do proxecto de seguridade alimentaria en Nacaome e San Lorenzo que financia a UE. Seguimos coa detallada crónica da estancia nas comunidades de Adrián, que supuxo unha das suas experiencias máis enriquecedoras dentro da sua estancia en Honduras como PCR o ano pasado. Tamén podemos ver o informe de avaliación externa coas leccións aprendidas en Quebrada Gallardo, tras o remate da fase II deste proxecto de soberanía alimentaria. E, para rematar, a avaliación final do proxecto na comunidade de San Jose de las Conchas, onde se traballou no fortelecemento do dereito humano a auga na comunidade e no concello de Marcovia e acadouse a instalación dun sistema de auga potable e latrinas, introducíndose contadores de auga nas vivendas, o cal e todo un reto no sur de Honduras. Se tedes curiosidade, aquí podedes ler como se conseguiron vencer as reticencias iniciais.




ENLACES DE INTERESE


Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas




Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:




E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.





A ESF-RASE DO MES

Laboratorios y bibliotecas; máquinas, programas, sistemas modernos; sabias palabras, técnicas y conferencias; grandes edificios... todo esto no sirve de nada si no hay un corazón honesto y limpio y una mirada inteligente. 
La mirada inteligente, de Laureano J. Benítez Grande-Caballero