REFLEXIONANDO SOBRE NOS MESMAS
Na Xuntanza de outono do 2016, levouse a cabo unha dinámica para reflexionar un pouquichiño sobre nos mesmas.
Por un lado, tiñamos que responder un cuestionario sobre algunhas preguntas como se nos sentíramos acollidas en ESF, ou se nos sentíamos coidadoras.
Estábamos sentadas no chan e tiñamos cada unha, unha bolsiña ao noso lado. Ademáis, nunha mesiña había 4 lotes de papeletas para repartir. Cada lote tiña unha palabra: celebradora, soñadora, facedora ou planificadora.
Mentres se ia completando o cuestionario, levantábamonos en orde para repartir a cada unha das compañeiras a papeleta que quixésemos, ou ca que máis as identificásenos.
A continuación preséntanse os resultados.
Clasificación do total de papeletas utilizadas na dinámica. Reconto de tódalas papeletas repartidas ás persoas participantes, cada persoa podía ter máis de unha (92 soñadoras, 90 facedoras, 72 planificadoras e 41 celebradoras) |
As seguintes imaxes mostran un desglose de soñadoras, planificadoras, facedoras e soñadoras. Nelas podese observar o % sobre cada persoa na personalidade sinalada; a media de % entre todas (liña vermella da gráfica inferior); e un gráfico circular no que se poden observar despuntes, pero ademáis é moi útil para valorar a cantidade de personalidades con predominancia soñadora soamente tendo en conta a superficie do debuxo.
A partir de aquí os gráficos que se mostran resumen as respostas ao cuestionario persoal realizado na dinámica.
O 80% das persoas sentíronse ben acollidas en ESF. |
A anterior gráfica responde ao sentimento que temos cada unha de nós sobre o papel que tomamos con respecto aos coidados. |