Mostrando entradas con la etiqueta sede Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sede Vigo. Mostrar todas las entradas

17 nov 2016

Que é a obsolescencia programada? Realmente é posible unha electrónica ética?

A estas preguntas, entre outras, intentarán responder Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras o vindeiro luns 28 na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións en Vigo e o día 1 de decembro en A Coruña, na Feira de Sustentabilidade que organiza a OMA na Facultade de Dereito.

Despois da emisión do programa de Salvados no Congo, evictims, sobre os efectos do consumo masivo de tecnoloxía que facemos en occidente, estas dúas organizacións seguirán afondando nas implicacións deste consumismo, a súa relación ca obsolescencia programada e se existen alternativas como a electrónica ética.

María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. Por outra banda, Daniel Vila en Vigo e Pepe Vara en A Coruña, de Enxeñería Sen Fronteiras, comentarannos de como afecta este concepto aos aparellos eléctricos e se realmente é posible falar de electrónica ética. Na mesma liña de dar alternativas, Amigos da Terra, presentará o proxecto Alargascencia así como medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo.

Existe a posibilidade da obtención 1 crédito ECTS na Universidade de Vigo.

As charlas son de balde pero para poder asistir pregamos inscribirse no correo electrónico voluntariado.galicia@amigosdaterra.net


Que é a obsolescencia programada? Existe a electrónica ética?


  •  VIGO

28 de novembro, 18:00 h

Sala de graos Escola Superior Enxeñería de Telecomunicacións

Campus Lagoas-Marcosende

  • A CORUÑA
1 de decembro, 18:00 h

Facultade de Dereito

Campus Elviña – A Coruña


Máis información sobre estas actividades en:
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net (988 374318)
info@galicia.isf.es (981 167 000 ext 1479)




2 sept 2016

Obradoiro práctico de bioconstrución en Vigo

ORGANIZA: ASOCIACIÓN ESPIGA E ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA

LUGAR: Vigo. Instituto Politécnico. 
HORARIO: Venres pola tarde e sábado todo o día (excepto o sábado 22, que será de mañá), de 17 a 21

PREZO E INSCRICIÓN: O obradoiro terá un prezo simbólico de 10 euros por cada un dos dous bloques (e incluirá seguro de responsabilidade civil). Detalles da inscrición aquí. Poderá facerse inscrición até o 29 de setembro.

Estas xornadas poden complementarse se se desexa asistindo ás Xornadas de Bioconstrución (que son gratuitas e de entrada libre), polas mesmas datas. Se se solicita, entregarase diploma acreditativo. 

1ª fin de semana.​  Teórico­-técnico.
 

Xoves 29 setembro (19:20-­22:10)
Introdución teórica e deseño

Sábado 1 outubro (10:00­-14:00 / 16:00-­20:00)
Mañá:
Laboratorio de deseño
Tarde:
Elaboración de proxecto definitivo

2ª fin de semana.​  Práctica, cimentación. 


Venres 7 outubro (16:30­-20:30)
Replanteo, sobrecimentación, subestrutura de madeira

Sábado 8
outubro (10:00-­14:00 / 16:00­-20:00)
Continuar traballos previos
Comezo de aplicación Cob

3ª fin de semana.​  Práctica, cob. 


Venres 14 outubro (16:30-­20:30)
Aplicación Cob

Sábado 15
outubro (10:00­-14:00 / 16:00­-20:00)
Aplicación Cob 



4ª fin de semana.​ VISITAS TÉCNICAS.​  

Sábado 22 oct (11:00-14:00 e 17:00-19:00)
1.­ IES Politécnico de Vigo

2. Ecolectivo
3.­ Centro Cultural Valladares

4.­ Alga­lab


5ª fin de semana.​  Práctica, revocos.
Venres 4 novembro (16:00­-20:00)
Continuar traballos previos
Revocos
Sábado 5 novembro (10:00-­14:00)
Revocos e acabados 


6ª fin de semana.​  Práctica, fin de obra. 


Venres 11 novembro (16:00­-20:00)
Rematar traballos previos
Acabados finais
 

Sábado 12 novembro (10:00-­14:00)
Rematar
traballos previos
Acabados finais

Xornadas de Bioconstrución en Vigo


ORGANIZA: ASOCIACIÓN ESPIGA E ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA

LUGAR: Vigo. Instituto Politécnico. 
HORARIO: Xoves pola tarde, de 17 a 21

PREZO E INSCRICIÓN: As xornadas serán gratuitas, pero hai que inscribirse. Podes inscribirte nos distintos bloques aquí.

Estas xornadas poden complementarse se se desexa asistindo ao Obradoiro práctico de bioconstrución (ten prazas restrinxidas), polas mesmas datas. Se se solicita, entregarase diploma acreditativo.

VENRES 30 SETEMBRO.

INTRODUCIÓN Á BIOCONSTRUCIÓN

16:00 h Presentación das Xornadas e dos organizadores.

16:30 h Introdución á bioconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

18:00 h Descanso.

18:30 h Bioconstrución e Autoconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

20:00 h Materiais empregados en Bioconstrución. Juan Bello, CIFP SOMESO

21:00 h Peche das xornadas.

XOVES 6 OUTUBRO

TECNOLOXÍAS APROPIADAS

16:00 h Construción con madeira. Casabío.

16:45 h Construción con bambú. Bambusa.

17:30 h Descanso.

18:00 h Construción con terra. Javier Ovejero.

19:00 h Construción ecolóxica. As Corcerizas.

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.

XOVES 13 OUTUBRO

EFICIENCIA ENERXÉTICA

16:00 h Construción Passivhaus. Mike Lehmhaus de Casadobe.

16:45 h Estufas de alta eficiencia. Manuel Vázquez de Ecofogar.

17:30 h Descanso.

18:00 h Enerxías renovables. Galivoltaica.

19:00 h Domótica na bioconstrución. David Camiños, IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra).

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.

XOVES 20 OUTUBRO

CONSTRUCIÓN SAUDABLE

16:00 h Saúde do hábitat e xeobioloxía. Xulio Fernández.

17:00 h Revocos e calidade do ambiente interior. Cruz Iglesias.

18:00 h Descanso.

18:30 h Procedimiento para determinar si la madera necesita un tratamiento protector. Cruz Iglesias.

19:30 h Pinturas naturais. Alexandre Domínguez de Decologic.

20:00 h Mesa redonda.

21:00 h Peche das xornadas.

EXPOSICIÓNS

Colección propia de Juan Bello Llorente.
Materiais de bioconstrución e mostras de cubertas vexetais. Todas as fins de
semana (5​).
Cocinas solares. Xoves 22 sep 
Colección de domótica de David Camiños. Paneis do IES Politécnico.
Mostrarios de tipos de técnicas. Tecnoloxías apropiadas.  

14 feb 2016

Xornadas Esfeiras en Vigo

A sede de Vigo de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ten o pracer de anunciar que o vindeiro sábado 12 de marzo realizaranse unhas xornadas formativas sobre cooperación ao desenvolvemento e tecnoloxías apropiadas, os grandes eixo de traballo da asociación. Está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega.

O programa de actividades é o seguinte:
  • 18:00 Experiencia dunha PCR en Honduras: Aqui Paula vainos relatar a súa experiencia en Honduras visitando os proxectos internacionais de ESF Galicia, enfocados en Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria. (encontra mais información no noso blogue sobre as actividades en Honduras)
  • 18:45 Facendo frente á sequía en África Subsahariana: Nesta charla, Sabela vai contar o proxecto levado a cabo en Savanes, Togo (no África Subsahariana), consistente na dotación de infraestructuras de auga cun enfoque de xénero, complementadas con actividades de formación e capacitación das comunidades rurales. Este proxecto foi levado a cabo por Arquitectura Sen Fronteiras.
  • 19:30 Pausa-café.
  • 19:45 Os ordenadores vellos, reviven? Nesta charla-obradoiro, Dani Vila, Nikole Pérez e Andrés Suárez farán unha breve introducción ao concepto de Software Libre, e despois pasarase a unha formación práctica na que se instalará Linux en ordenadores que as persoas asistentes traian. Trátase de mostrar como ordenadores que parecen chatarras inútiles ante a constante renovación de sistemas operativos de Windows, poden ter unha proveitosa segunda vida se se lles instala un sistema operativo de Linux, moito mais lixeiro e práctico. Tamén se realizará a montaxe de máquinas virtuais cos ordenadores mais novos. A finalización das xornadas está prevista para as 21:00.
 Inscrición (de balde):

 https://docs.google.com/forms/d/1PEdqpGFy1fCdm_gInwfHNdJ0xF4VsPjMq85II8le7B0/viewform?c=0&w=1

 Lugar:

Café Uf, en Rúa do Pracer, nº 19, Vigo (ao lado do Concello)

Material necesario:

Para sacarlle o máximo partido ao obradoiro aplicado de instalación de Linux, recoméndase traer o ordenador propio, especialmente se se ten un ordenador en casa que xa non se usa por vello pero que ainda funciona.

Contacto:

Para calquer dúbida ou consulta, non dubides en contactar connosco e Andrés resolverá as túas dúbidas! ansuga@gmail.com

Esperámoste o sábado 12 de marzo no Café Uf!!!




19 nov 2015

Día Internacional del Patrimonio. Recuperando la memoria ecológica de las Gándaras de Budiño y Riberas del Río Louro

Pontillón
Con motivo del Día Internacional del Patrimonio, el 16 de noviembre, la organización Valora Natura Gándaras de Budiño, en colaboración con la Sociedade Galega de Historia Natural, organizó el domingo 15 de noviembre una visita guiada por las Gándaras de Budiño y Riberas del río Louro, espacio protegido por la Red Natura 2000 (código LIC ES1140011) localizado en el sur de la provincia de Pontevedra. El objetivo de la visita fue dar a conocer las pontellas, pontillóns y poldras, construcciones que sirven para salvar diversas tipologías de líneas de agua. Estos elementos fueron construidos y utilizados por la población local, muchos de ellos hoy en desuso o en elevado estado de degradación.

Poldra
Las Gándaras de Budiño es un ecosistema que se caracteriza por estar sometido a un régimen de inundaciones periódico dependiente de la pluviometría estacional. Sus pobladores, para aprovechar el elevado potencial agronómico de estos terrenos, diseñaron y construyeron una red de sangras (zanjas) para su drenado. Los pontillóns, pontellas y poldras permitieron durante siglos la comunicación entre las diferentes aldeas y vilas, así como el paso del Camino Portugués del Camino de Santiago de Compostela y la Vía Romana XIX que comunica Braga con Astorga.
Valle del río Louro
Durante la visita se dieron a conocer otros valores singulares que hacen único este lugar. Hábitats prioritarios como las turberas y bosques de ribera, hábitats de interés comunitario como los brezales húmedos, especies singulares como el galápago europeo (Emys orbicularis, en peligro de extinción)el ciervo volante (Lacanus cervus, en régimen especial de protección), varias plantas carnívoras (Drosera spp.) o la cerceta común (Anas crecca) que ha encontrado en estas riberas el único punto de cría regular de la Península Ibérica. Se recordaron algunos hechos emblemáticos como que en este espacio se han encontrado restos arqueológicos pertenecientes al Paleolítico Inferior de lo que hoy se consideran los primeros habitantes de Galicia.
Así mismo, durante el recorrido se pudieron observar y comentar los diferentes impactos y presiones antrópicas a las que se tiene que enfrentar este espacio natural: vías de comunicación (A-55, AP-9, N-550, PO- 2502 y otras de menor rango, así como la línea de ferrocarril Vigo-Tui), los polígonos industriales As Gándaras y A Granxa (área industrial más grandes de Galicia), las explotaciones extractivas (granito Rosa Porriño y arcilla) y la creciente presión de especies exóticas invasoras. 
Las principales consecuencias para el ecosistema son la fragmentación del territorio, la contaminación periódica por vertidos industriales y fecales, la contaminación acústica (detonaciones, aserraderos, etc), el abandono del uso tradicional del territorio (agrícola,ganadero y forestal), la propia destrucción del hábitat (extracción de recursos minerales, vertidos ilegales, plantaciones monoespecíficas y colmatación de fondos lacustres y fluviales por sedimentos procedentes de las canteras, de la erosión de los márgenes fluviales, de paseos fluviales y otros viales, etc), el aumento de la presencia de especies invasoras (Fallopia japonica, visón americano, cangrejo americano, bambú, acacias, eucaliptos,etc), así como el aumento de patógenos que pueden suponer la extinción de especies como la tortuga europea (afección por Spirorchis elegans, introducido por una especie invasora) y de los alisos (Alnus spp.), una de las especies dominantes del bosque de ribera (afección por Phytophtora alni)

El desconocimiento de la población local de los valores etnográficos, culturales y biológicos, así como del verdadero impacto de los usos que alberga el territorio donde habita, representa la principal amenaza para la total degradación de este espacio natural. Del mismo modo, el conocimiento de estos valores representa la mejor herramienta para frenar su degradación. Es por ello que, la labor de organizaciones como Valora Natura Gándaras de Budiño, Asociación Galega da Historia Natural de Galicia, Verdegaia, así como la de todas aquellas personas que trabajan para la recuperación de la memoria ecológica de este territorio, debe ser reconocida y considerada como una labor estratégica para la futura conservación y restauración de este espacio natural.
Puente romano de Orbenlle. Inicio de la visita

30 jul 2015

Informe de errores: donde caben 20 no caben 200

En el año 2014 surgió en ESF Galicia la idea de evaluar algunas de las actividades que llevamos a cabo desde un punto de vista de análisis de errores, buscando una mejora continua que esperamos que redunde en un mejor gobierno de la asociación, y con idea de compartir lecciones aprendidas con personas e instituciones interesadas en el trabajo a favor de los derechos humanos a nivel global (con una visión de organización local y basada en el voluntariado). Esta idea está basada en las publicaciones de los Failure Reports de ISF Canadá, y se comenzó a ejecutar gracias a la consecución de la subvención para Fortalecemento de Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento de 2014 da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Próximamente iremos publicando los Informes de Errores de diferentes grupos de ESF Galicia, que se podrán consultar en la etiqueta correspondiente. A continuación, hablaremos de organización de un par de charlas organizadas por el grupazo Vigo para diferentes públicos meta, con la Electrónica Ética como tema central.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Actividad: charla Electrónica Ética
Fecha: jueves 27 de febrero de 2014, 20:30h
Ubicación: Biblioteca de Chapela (Chapela)


Descripción: La actividad se dividió en dos partes. En una primera, se hizo una breve
presentación sobre la Electrónica Ética. En una segunda, se realizó un taller en la que los asistentes tenían que asumir distintos roles para entender mejor la sociedad de consumo electrónico.

Evidencias:
anuncio
memoria
entrevista radio

Mejoras:
La gente se sentó en filas rectas. Hubiese sido mejor una disposición circular para   facilitar la interacción.
La presentación fue algo corta, menos de 10 minutos. Habría que añadir material    para alargarla unos minutos más.
Escasez de medios multimedia. Añadir algún vídeo corto a la presentación.

--------------------------------------------------------------------------------


Fecha: 26/09/2015
Ubicación: Colegio Salesianos
Descripción: Charla y taller de Electrónica Ética.

Mejoras:
-Diseñar talleres para participación de grandes grupos
-Preparar vídeos o audiovisuales que aligeren las charlas pero aptas para grandes públicos.
-Participación de más integrantes de la sede el día de la actividad para que haya más apoyos en caso de problemas de última hora.

“Donde caben 20 no caben 200. “

Surge, no se sabe muy bien de dónde, la posibilidad de dar una charla sobre electrónica ética en la inauguración del curso en el instituto de Salesianos. Trescientas cabezas pensantes dispuestas a escuchar otra forma de entender los aparatos que utilizan diariamente. La sede ya se ve cambiando la mentalidad de toda una generación, jóvenes abandonando sus hábitos impuestos por el capitalismo exacerbado en el que cada nuevo spot publicitarios los mantiene inmersos. Pero no. Conseguir ese cambio no es cuestión de una sola charla de hora y media diseñada originalmente para grupos de veinte personas. Como casi siempre ocurre, la planificación del transformador acontecimiento se atrasó hasta un par de días antes del mismo. Y así se llegó a la inmensa sala de teatro propiedad del instituto con un portátil y seis sobres. Al principio el público estaba enganchado, en especial los más  pequeños. Los del fondo, los alumnos de bachillerato, se dedicaron más a jugar con sus móviles. Probablemente twittearon frases como “Cambiamos de móvil cuando en el nuestro ya no caben aplicaciones innecesarias como la de Twitter. #IroníaOn”. Al menos los mantenían en silencio. Pero la presentación se vino abajo cuando llegó el momento del taller, que no se había adaptado correctamente para tanta gente, y encima la hora de irse a comer se iba acercando. Así se alcanzó un estado de caos de la edad del pavo. Alumnos de primeros años participaban continuamente, sólo que no siempre opinando sobre el tema que se trataba y los mayores se pasaban el micro con tal de no pronunciar palabra en alto ante tan exigente público. Demasiada gente que no podía entrar en el juego y que continuaban el juego por su lado.

Finalmente una ronda de preguntas ligeramente más ordenada permitió concluir la presentación del curso.

Moraleja: Si vas a hacer una presentación para 300 personas, prepara la presentación para 300 personas.

26 nov 2014

Obradoiros de Instalación de GNU/Linux en Vigo, Compostela e A Coruña

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro martes 2 de decembro a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) terá lugar o obradoiro de  "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos baseados no software libre que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais. 
 O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.



A CORUÑA

       Tamén o 2 de decembro, de 16 a 19, na Domus, terá lugar tamén un obradoiro de este estilo: o "Obradoiro de Instalación de GNU/Linux. Libérate". Terá lugar co apoio de Bricolabs e do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux. Levade o ordenador con copia de seguridade feita. 
      O obradoiro é de balde, pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico info@galicia.isf.es, xa que as prazas son limitadas, e se asignarán por orde de inscrición.


VIGO

       28 de novembro no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere. Máis info.

Os tres estarán cofinaciados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

---------------------------------------------------------
  Que é un sistema operativo?
Son os programas web que facilitan a nosa vida, o navegador web, o procesador de textos, a folla de cálculo, etc Estes interactúan co noso ordenador gracias ao sistema operativo. Este é un conxunto de programas que xestionan para os anteriores os recursos da máquina, é dicir, a memoria, o procesador, e os dispositivos que se empregan con eles, o teclado, a pantalla, impresoras, etc

Por que software libre?
Software libre é aquel que ten o código aberto, é dicir, que pode ser lido, copiado, difundido ou modificado por calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Non é unha cuestión de liberdade, senon de transmisión e mellora do conocemento así como dos dereitos do usuarios. Aqui neste documento tedes máis información.
Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera. 

 Por que darlle unha segunda vida ao teu ordenador?
 Os sistemas operativos privativos como windows requiren cada vez ordenadores máis potentes polo que se che esixe cambiar continuamente de PC. Se ben é certo, que hai xente que necesita ordenadores potentes, a gran maioría dos usuarios, simplemente navega, lee e escribe correos, edita textos ou fai diapositivas, polo tanto é necesario mercar un novo ordenador cada 2, 3, 4 anos?
 Os software libre adoita ser tan bo ou mellor co software privativo, e ao ser desenvoltos por múltiples usuarios particulares, permite unha mellor adaptación, así que se desenvolven distintos softwares adaptados a diferentes requerimentos dos ordenadores. Polo tanto aparatos que quedaron obsoletos para as esixencias dos novos sistemas operativos, como por exemplo windows, poden funcionar perfectamente con sistemas como Linux, Debian, etc. 
Tampouco se fan milagres, e non vas facer que o teu ordenador de 10 anos vaia como un vólido, pero permitirache realizar as tarefas máis habituais, e o máis importante estará activo e funcionando!


Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada e tecnoloxía para o desenvolvemento humano por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así ás usuarias.


21 nov 2014

Obradoiro de Instalación Software Libre

O vindeiro venres día 28 de novembro terá lugar en Vigo un obradoiro sobre Software Libre, no que aprenderemos como instalar un sistema operativo de Linux nun ordenador.

O obradoiro terá lugar no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Será impartido por Daniel Vila, consagrado experto nestas temáticas. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere.

Como sabedes, considerase software libre aqueles software cuxo código está aberto para ser lido, copiado, difundido ou modificado para calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Como resultado, adoitan ser tan bós ou mellores que o software privativo, e como resultado de seren desenvoltos por múltiples usuarios particulares, tamén adoita ser gratuito. Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera.

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así aos usuarios.

Non vos perdades este obradoiro e participade con nós da tecnoloxía baseada no Software Libre!

9 nov 2014

¡Amigo! ¡Houbo unha Xuntanza esta finde!

Coa foto que encabeza este texto e o título xa vos podedes levar unha boa panorámica de como foi a Xuntanza de novembro deste ano, que lle tocaba á sede de Vigo. Carteis que comezaban cun vocativo ''¡Amigo!'' e a continuación indicábache normas a seguir no albergue, e outras veces ata daban consellos sobre a túa saúde, e unha casiña para nós soiños, e eventuais visitantes. O albergue que vedes na foto trátase do Albergue Santuario San Campio (Tomiño), para os peregrinos do Camiño do Sur e, eventualmente, para quenes quixeran utilizar as instalacións coma nós, cun precio libre. Así pois, vaiamos coa crónica da segunda Xuntanza de ESF deste ano!

O venres, para empezar e para dar unha boa benvida, tivemos o obradoiro Recollendo cogumelos con Miño, no que o susodito  ensinounos a distinguir setas de fungos, setas comestibles de non comestibles e setas normais de setas mellores. Como resumiu Roberto Roget nunha improvisación de blues, ''se o cogumelo é de cor branco/tíralo''. Na foto podedes ver a María experimentando cos cogumelos e a Miño de pé explicándolle a Álvaro e a Dani (Vila) (Secre). Miño dixo que polo menos esperaba ternos espertado a curiosidade polo mundo dos fungos e os cogumelos, e dende logo todos coincidimos en que o conseguiu sobradamente.

Despois, tivemos unha agradable cea seguida de vertebración, na que tocamos música, aprendimos a bailar algúns ritmos latinos da man de Andrea (de quen hai que dicir que é a quen máis hai que agradecer que esta Xuntanza tivera lugar finalmente, coa axuda dos outros membros da sede) e fixemos algunha que outra dinámica de autopresentación, abrazos e expresión esaxeirada de emocións, a cargo dun servidor.

Á mañá seguinte, a primeira hora tivo lugar o obradoiro Aprende a falar en público con Miguel e Andrea. En primer lugar, compartín os meus coñecementos sobre oratoria e desenvolvemento persoal como comunicador, criticando o énfase que se tende a facer na persuasión e nunha imaxe inmaculada. Despois, Andrea centrouse mais na linguaxe non verbal, e de aí pasamos a facer cada un unha pequena mostra de falar en público. Polo que a xente comentaba, parece que conseguimos que a xente interiorizada que cando se fala en público hai que falar alto pero non berrar, falar esaxeiradamente despacio, con pausas esaxeiradamente longas, mirando para o público, sen mostrar nerviosismo, pero sempre sendo un mesmo e sen perder a propia personalidade. Nada do outro mundo.

A continuación, na segunda parte da mañá, fíxose unha pequena actividade de información e coñecemento sobre o panorama da Federación ISF (Ingeniería Sin Fronteras a nivel España), e sobre decisións difíciles que se teñen que tomar en relación aos presupostos. Unha actividade menos divertida tal vez, pero moi importante, e preparatoria da Asamblea que tivemos esa tarde. Foi levada a cabo por Marta (a quen hai que recoñecerlle o moi bó traballo que está facer como presi, coa axuda dos demais membros da xunta directiva) e Pepe Vara.

A Asamblea, principal actividade da Xuntanza, e un momento moi importante para tomar decisións na asociación e para a participación da base social. Esta Asamblea estivo chea de novidades. En primeiro lugar, procedeuse aos habituais resumos por vogalías e sedes do estado da asociación. A continuación, falouse dos presupostos, nunha presentación extraordinariamente clara e explicativa, da man de Francisco Puga e Pablo Sanxiao. Despois, persoas do grupo de socios dirixiron un debate tan dinámico que eu ata esquecín que estabamos na asamblea (o cal supuso un shock, cando lembrei que antes de cear ainda quedaban non sei cantos puntos por tratar). Outra dinámica parecida se fixo para falar sobre a Federación ISF. E, por se estas novidades non foran suficientes, no último punto, a ratificación pola asamblea das decisións da Xunta Directiva, eu fixen uso dun novidoso ainda que inxustamente pouco recoñecido recurso democrático: o doble voto, como membro da xunta directiva e como membro da asamblea. Algún día isto sairá nos libros de historia e eu serei recoñecido como un pioneiro.

E despois, coas decisións ben discutidas e tomadas, fomos todos xuntiños a tomar unha merecida cea con comida italiana. Que foi seguida dunha ainda mais merecida vertebración, incluindo máis música, da man da guitarra de Pepe Vara (por certo, Presi Honorífico), da increíble voz de Marta Sara (Presidenta por iso mesmo, asi fai mais agradables as asambleas) e Kike. Mención aparte merece Yoli, quen tocando algunhas cancións, deixounos absolutamente alucinados e conquistados coa súa voz e a súa música. Ten unha capacidade de transmitir e emocionar que eu, persoalmente, nunca vira. Tamén aprendimos novos ritmos latinos, con Andrea (como o día anterior), e en xeral a diversión non tivo parangón.

A última mañá, a mañá do domingo, tivo lugar o Almorzo con Saúl, no que este veunos a falar sobre a súa experiencia en Honduras, país no que ESF Galicia traballa actualmente con cooperación para o desenvolvemento. O emocionante desta actividade era que a noite anterior, ás 6:00 da mañá non estabamos seguros de que fora a ter lugar, pois todos estabamos seguros de que si, pero ninguén falara con el. Miño despexou toda dúbida: ''Coñezo a Saúl persoalmente e sei que verá, de verdade'', dixo, cun brillo nos ollos. E efectivamente, alí estaba el a mañá seguinte almorzando con nós. Sempre cabe a hipótese de que fora Pepe o de Lugo disfrazado, pois xusto desapareceu sen deixar rastro o tempo que Saúl estivo con nós, nunha estratexia que lembra á de Lois e Supermán, ou Peter Parker e Spiderman. Sexa como sexa, o presunto Saúl tívonos ben entretidos contándonos a súa experiencia en Honduras, as súas indignacións, emocións, alegrías e preocupacións, facendo que, como xa é común en ESF, a experiencia traballando noutros países impregne o noso discurso e enriqueza as nosas conversacións.

E así, contentos e felices, todos voltamos para as nosas casas, sen mais percance que unhas chaves do albergue que viaxaron a Vigo pola noite e volveron pola mañá, para logo acabaren na hucha de doazóns. Non hai queixa! Quedamos todos expectantes da vindeira Cósmica, reunión a nivel nacional das ISFs de España, que terá lugar en Allariz, Galicia. Esta xuntanza non é mais que o principio dun in crescendo que Deus sabe como acabará. Amén!










29 oct 2014

Xuntanza de Novembro

Boas a todos e todas. É un pracer anunciar que Enxeñería Sen Fronteiras realizará a esperada Xuntanza de Novembro!! Evento no que se encontra a base social, motor e corazón da asociación, para un encontro no que intercambiar ideas, relacionarse, conversar, trazar novas traxectorias e rumbos e divertirse, as principais dimensións do que nós coñecemos como ''vertebración''.

Esta Xuntanza terá lugar nun albergue para peregrinos en Tomiño, na fin de semana do 7, 8 e 9 de novembro. O prezo será libre, e o custe das comidas dependerá da afluencia de xente. O programa de actividades será o seguinte:

  • Venres tarde: Recollendo cogumelos con Miño.
  • Sábado primeira parte da mañá: Conquista o teu público nun abrir e pechar de ollos con Miguel e Andrea.
  • Sábado segunda parte da mañá: Introducción ao funcionamento da Federación ISF, tomo I.
  • Sábado tarde: Asamblea Xeral de Persoas Socias
  • Domingo de mañá: Almorzo con Saúl: 30 días en Honduras.

Lembramos que a Asamblea é a reunión na que se toman e votan decisión relativas á asociación é ás súas liñas de acción. Esperámosvos unha vez máis neste emocionante encontro!!!

8 jul 2014

Ceas pre-verán

Aproxímanse días de calor; as vacas póusanse no chan para descansar, os mosquitos comezan a arreciar, os cans saen á rúa coa lingua para fóra e en ESF tamén mudamos a nosa actividade. Os veráns adoitan ser periodos moi inactivos na nosa ben querida asociación, todo o mundo o sabe e por iso se realizaron varias ceas de despedida. Aínda que a de Vigo (na que estivo un servidor) anunciose á toda a asociación, tamén se celebraron outras ceas como a de Santiago (da cal, por motivos descoñecidos pero sospeitosos, non quixeron facilitar fotos).

En canto ao que me dixeron de Santiago, pouco máis podo dicir que parece que a sede está forte, trala celebración este ano do curso TCpDH, que resultou todo un éxito e se realizou satisfactoriamente. Isto non tería sido posible sen novas persoas voluntarias como Dimas, Elena ou Lucía, que nos aportaron novas caras que contribúen a manter a sede máis viva que nunca (xunto cas outras moitas persoas que están na sede de Santiago).

En Vigo, deunos por facer a cea na Casa Colorida, espazo autoxestionado e adicado a practicar un novo estilo de vida, baseado na horizontalidade, na confianza e na invitación á participación no seu proxecto. Isto así soa moi bonito, pero non o cres ata que o ves materializado en cousas concretas. E en que se materializou o venres pasado? Nunha cea con prezo ao redor de dous euros (variable segundo a vontade de cada un, e todo destinado á mantención da casa), na que a nosa cociñeira (Silvia) nos preparou un delicioso ''kiss'' (non sei como se escribe, pero así queda moi ben) de verduras, entre outros manxares, e de postre arroz con leite, tamén delicioso. Nós mesmos lavámonos os pratos (a ver que ía ser isto) e aproveitamos para charlar un pouco coas persoas que viven na propia casa, que nos convidaron a experimentar cun instrumento que se usa no capoeira (foto de embaixo) e tamén nos falaron do horto que coida a casa, tamén convidándonos a participar nel.
Andrea, da sede de Ourense, experimentando cun instrumento

En resumo, toda unha experiencia colorida. Creo que é moi positivo que ESF se manteña preto de proxectos como este, cargados de optimismo, creatividade e novas ideas.

Pero isto non foi todo! O encontro en Vigo tamén permitiunos intercambiar ideas como o aprendido nun reciente obradoiro audiovisual orientado a ONGs para o desenvolvemento, a idea de facermos unha memoria de actividades en vídeo (aínda en proceso de discusión) e, moi especialmente, coñecer por fin a unha das persoas que está dando un novo impulso á sede de Ourense, Andrea Lorenzo. Faltounos o seu compañeiro, Nacho, a quen quedamos pendente de coñecer.

Ata entón, esperamos que se produzan moitas ceas e momentos de encontro na nosa asociación. Chega un momento de descanso, sí, pero non olvidemos que despois hai grandes proxectos como a citada memoria de actividades e, especialmente, a organización da próxima cósmica, reunión de todas as asociaciones de Enxeñería Sen Fronteiras a nivel España, que organizaremos con moita ilusión. Ata entón, a disfrutar das vacacións coa lingua para fóra coma os cans!!


11 may 2014

Reunión ESF Vigo

O martes 5 de maio tivo lugar a reunión mensual da sede de ESF-Vigo. Como xa todos sabemos, nas reunións de sede trátanse tódolos temas que está a traballar nesa sede. Nesta reunión, faláronse do estado das campañas que se están levar a cabo na sede, fíxose un breve reporte da increíble Nórdica que tivo lugar en abril e da revisión dos cargos da sede, especialmente do vogal de EpD de sede, do responsable de comunicación de sede e do vogal de voluntariado. Ademais, caben destacar os obradoiros que se están a preparar de Software Libre e Hardware Libre (ordenadores, móbiles, etc. nos cales os seus compoñentes pódelos adquirir por separado, e así non depender do que a marca proporcione). Todo apunta a que será Dani Vila quen se digne a darnos algunhas nocións básicas nestes ámbitos. En ambos obradoiros intentarase aumentar a liberdade dos usuarios nesta época hi-tech que nos tocou vivir. Para máis información de este punto e dos outros tratados, pódese botar un ollo o acta dispoñible en Acta Reunión Maio - ESF Vigo.

12 mar 2014

Públicos electro-sensibilizados

Nesta única entrada vou facer a crónica dunha única charla dada dúas veces en dous sitios distintos. Trátase da charla de Electrónica Ética, tema estrela na sede de Vigo, que dimos na Biblioteca de Chapela e tamén na Casa Colorida en Nigrán.

A primeira deuna o xoves 27 de febreiro Andrés Suarez. O cantante non, o de ESF, o coordinador de sede, o mesmo que falou pola radio, si, o mesmo. A idea era dar unha charla, facer unha pequena dinámica e logo debatir e intercambiar ideas todo o que se puidera. A pesares de non ter acudido un público moi abundante, si resultou moi participativo. A charla pareceu gustar, a dinámica deixoulles encantados e o debate prolongouse ata que pechou a bilblioteca. E cando pechou a bilbioteca, a xente aínda seguía querendo falar. Neste sentido, pódese dicir que tivo éxito!

A charla na Casa Colorida de Nigrán (centro de actividades alternativas en xeral, dende ensinanza libre, ata hortos urbáns, expresións artísticas de diversos tipos... etc) démola o sábado 8 de marzo. Esta vez deuna Andrea, deixándonos sen dúbida de que ela tamén sabe dar charlas. E vaia charlas! En fin, nesta tivemos un público dunhas 10 persoas, todas moi participativas. Parece que a charla gustou moito, e a dinámica, que logo tornouse de maneira natural en debate, tamén se prolongou bastante. No que á Casa Colorida respecta, esperemos que este non sexa máis que o principio dunha productiva amizade, entre dous colectivos con obxetivos e ideas bastante afíns.

Estas dúas charlas pasan a enriquecer a nosa experiencia na Educación para o Desenvolvemento, e cremos ter plantado pequenas sementes nas pequenas cabeciñas dos asistentes ás charlas. Ou non tan pequenas. Silvia, da Casa Colorida, dixo que ela nunca perde oportunidade para contar á xente o que fai, porque nunca sabes cando podes desencadear algo, abrir unha porta que desencadee máis cambios nesa persoa... E así crémolo nós tamén. En fin, un pracer falar sobre electrónica ética, e esperemos ter pronto outra oportunidade para repetila. Tal vez na Xuntanza...? Pronto o sabremos.

6 mar 2014

Charla de Electrónica Ética na Casa Colorida

 As cousas que ocurren gracias a Blablacar non deixan de ser sorprendentes. O outro día viña de Madrid con Blablacar e a conductora resultou ter un centro en Nigrán no que trataba de impulsar actividades alternativas de diversa índole. E lle dixen:
-Vos interesaría ter unha charla sobre Electrónica Ética?
-Vale.

E así é como acordamos que este sábado 8 de marzo, con motivo do encontro Grito Rock na Casa Colorida de Nigrán (R/ Rosalía de Castro nº 16; xusto enfrente da parada do autobús), Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dará unha charla-debate
sobre Electrónica Ética. A charla fará un breve repaso dos principais problemas que xurden ao longo do ciclo de vida dos aparatos electrónicos, dende a explotación infantil ata a contaminación, pasando pola obsolescencia programada.

O Grito Rock é un evento que trata de aglutinar todo tipo de actividades de carácter alternativo, como o son a economía alternativa (uso de moeda social), arquitectura ecolóxica ou a agricultura orgánica, e Enxeñería Sen Fronteiras tratará de aportar o seu grao de area a este encontro. Non volo perdades!


27 feb 2014

Entrevista a Andrés Suárez - Radio Redondela

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Andrés Suárez, Coordinador de sede de Vigo da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "A Estación" de Radio Redondela o 26 de febreiro de 2014.
Durante a conversa, Andrés presenta a Charla / Obradoiro sobre Electrónica Ética que organiza ESF Galicia e que se celebraron o 27 de febreiro de 2014 en Vigo.

24 feb 2014

Charla de Electrónica Ética

O próximo xoves, 27 de Febreiro, persoas voluntarias da sede de Vigo, con Andrés Suárez, coordinador da sede, como poñente de cabeceira, estarán na Biblioteca de Chapela para impartir unha nova e electrizante actividade: unha charla sobre Electrónica Ética.
Introduciranse aspectos acerca das implicacións medioambientais, sociais e de dereitos humanos que se asocian co ciclo de vida dos dispositivos tecnolóxicos, para pasar a reflexionar sobre a responsabilidade que temos como persoas consumidoras e sobre algunhas alternativas ás que podemos optar.

A charla rematará cun obradoiro no que se porán en común de maneira dinámica os puntos de conflito que fosen xurdindo ao longo da charla.

Para todas aquelas persoas que anden o xoves por Vigo ou comarca (ou para quen queira achegarse a Chapela), a cita é ás 8 e media da tarde no Edificio Multiusos. Esperámosvos!

17 feb 2014

Divagación sobre a vertebración

A conto da cea que houbo en Vigo hai unhas semanas da sede coa Xunta Directiva, vou contar as reflexións que tiveron lugar na miña cabeza. Supoñendo, claro, que as relfexións teñan lugar...

Pero bueno, o caso é que a miúdo dicimos que en ESF teñen moita importancia os espazos informais como base para a motivación da participación de ESF, porque neles fráguanse as amizades que despois son o pegamento que mantén unida á base social. Así, ademais dos espazos formais nos que se discuten largamente cuestións complexas, espazos nos que hai que poñer cara seria e ceño fruncido, temos os espazos informais, nos que se bromea se fala de moitas cousas, pero tamén dos intereses comúns.

Os espazos informais dan pegamento á base social, pero tamén supoñen unha carga motivacional; unha carga de pilas, adóitase dicir. Tamén é nestes espazos nos que surxen moitas propostas que logo se levarán adiante. Lorena díxolle a Adri na cea:
-A min interésame o tema da bioconstrucción.
E Adri contestou:
-Proponlo.
-Pero se podería facer algo?
-Proponlo.

Ademais da aplastante retórica de Adri, aquí vemos como surxe unha idea. Quen sabe se se traballará ou non algo de bioconstrucción no futuro! Outro exemplo é que Andrea e máis eu falamos de recibir formación interna e práctica de Software libre. Tomen nota!

Eu diría que a vertebración non só é como unha carga motivacional; eu creo que as afinidades nas que se fundamenta ESF son as que impulsan os traballos e actividades formais. Ou sexa, que eu rompería a dicotomía de actividades formais e informais, porque ao fin e a cabo, o que permite que haxa actividades como cursos, campañas de sensibilización. etc. é unha maneira común que temos de ver as cousas e de entender o mundo, e, acaso non é iso mesmo o que permite que haxa amizades?

Divagacións que surxen como resultado de tardar tanto en facer un post sobre unha xornada de vertebración.

12 dic 2013

Novos tempos en ESF Vigo

    Novas caras, novos voluntarios, PCRs retornados, algunha migración, unha carga de motivación e máis algunha que outra actividade de vertebración: unha receta electrizante que está facendo posible unha nova etapa en ESF Vigo. En vísperas do peche da planificación anual, vou facer un repaso das ideas que circulan polas nosas mentes, expetantes de convertirse en realidades ao longo do ano que ven:

  • Obradoiro de Hardware Libre: Deixando á marxe a discusión de se esta liña de traballo se enmarca ou non dentro do que se coñece como electrónica ética, todos estamos dacordo en que se trata dunha liña moi interesante e que da que nos morremos de gañas por aprender. O hardware libre, ou alternativas libres para a base física dos aparatos electrónicos, é algo que nos gustaría traballar nun instituto ou ben na escola de Telecomunicacións.
  • Electrónica ética: un clásico donde os haxa na sede de Vigo. A idea é facer charlas centrándonos no público máis xove (que cremos que é o máis aberto a aprender e o mais sensible), os adolescentes e mesmo nenos para que coñezan os inconvintes do modelo predominante en consumo electrónico. A gran novidade está en centrarnos en este novo público, xa que ESF non ten traballado apenas sobre eles.
  • Sensibilización na rúa sobre Dereito á Auga: outra idea que calou bastante e a de incidir sobre a poboación chamando a súa atención na rúa mesmo. Un plan de sensibilización dos clásicos sobre un tema clásico, pero ao parecer non suficientemente repetido á xente. Temos algunhas ideas para atraer a atención, ideas innovadoras que non podemos revelar por aquí por risco de  perderen o factor sorpresa.
  • Existe tamén a idea de facer mini-obradoiros ao estilo dos que se estiveron facendo en Compostela. Trátase de cursiños breves, de una hora e media e duns 15 asistentes que permiten darnos a coñecer axilmente, que son sinxelos de organizar e que tratan temas tan xugosos como cosméticos naturais e ecolóxicos, nocións básicas de mantemento de bicicletas, enmendamento de roupa,  mermeladas, fornos solares... A idea tivo moito éxito e sábese que tamén nas sedes de Ourense e Lugo, tamén coñecidas como Tomás, queren importar a idea.
    Pero non son só as actividades o que cambian. Cambia a maneira de contalo. Porque dende a última reunión federal na Cósmica en Madrid (próximo post en camiño), houbo cambios na política de comunicación, e así ESF Vigo fará cousas novas e as contará dun xeito novo. Tales son as características dos novos tempos en Enxeñería Sen Fronteiras Vigo.

24 mar 2013

O cadáver exquisito esfeiro

A primeira viaxe da Caravana Comunicativa de ESF chegou ao seu fin tras dous meses de rodaxe! A itinerante idea construíuse co fin de traballar a comunicación para o cambio social dende múltiples e variadas perspectivas (con imaxes, debates, palabras, termos e imaxinación) e a través da reflexión, do diálogo, da participación, do debate e da posta en común.

Todo isto plasmouse en materiais realizados por todas as persoas participantes. O obxectivo final de cada obradoiro (complementarios entre si) era a creación de recursos comunicativos relacionados co tema específico traballado en cada sesión. Deste xeito, o obxectivo final da caravana foi a creación entre todos e todas dun cadáver exquisito. Este termo, aínda que de primeiras poida resultar un tanto descoñecido, constitúe unha figura literaria, moi empregada no Surrealismo, e que consiste en encaixar colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes sen ver o que se engadiu antes. E desta colaboración conxunta e creativa xurdiu o cadáver exquisito esfeiro.

A primeira parada desta ruta comunicativa tivo lugar en Santiago de Compostela. Neste obradoiro traballamos a contrapublicidade e a contracomunicación. A grandes trazos, poderiamos definir estes termos como “outro xeito de ver e facer comunicación”. A contrapublicidade é un movemento crítico que a través de métodos e técnicas publicitarias tenta darle a volta ás mensaxes consumistas. E a contracomunicación é un movemento, tamén crítico, que traballa por modificar os discursos dominantes e da non cuestionabilidade. Tras ver algún exemplos, este foi o anuncio contracomunicativo, e a primeira parte do cadáver exquisito, que se elaborou en Santiago de Compostela.



Parte primeira de Despedir aos ricos e ricas, tomádevos un descanso!
Parte segunda de Despedir aos ricos e ricas, buscade un Plan B

Continuamos camiño e sen case deternos chegamos a Vigo, onde fixemos malabares coas palabras. Traballamos arredor das greguerías, da invención de frases xurdidas doutras palabras e das posibilidades da linguaxe. Tras un breve repaso pola evolución da Comunicación para o Desenvolvemento e reflexionar sobre as diferenzas entre comunicación e información comezamos a traballar a potencia que gardan as palabras. Rompendo as nosas propias estruturas mentais e cun pouco de imaxinación saíron novas verbas e novas construcións tan estupendas coma estas. Xa tiñamos a segunda parte do cadáver exquisito.

Greguerías viguesas: "Cooperar é facer ciruxía entre varios"

E finalmente, fomos a parar coa nosa caravana en Lugo, onde traballamos, máis que coas palabras, con termos e conceptos relacionados coa cooperación. A través dun sinxelo exercicio arredor dalgúns dos conceptos da linguaxe da cooperación, puidemos comprobar como unha mesma palabra pode ter significación e connotacións distintas segundo a persoa. Resultaba fundamental traballar os termos cooperativos e reflexionar acerca dos seus significamos, posto que somos as persoas as que lle damos o significado final ás verbas. Así, finalizamos o cadáver exquisito, creando as nosas propias definicións.

Diccionario lugués: a dificultade de definir conceptos complexos

A caravana comunicativa en Lugo

O cadáver exquisito foi un proceso moi divertido que evidenciou que existen outras maneiras de comunicar, que a comunicación pode e debe favorecer ao cambio social e que todas as persoas somos creativas e capaces de elixir unha ruta comunicativa alternativa, unha comunicación para a transformación.

E tanto a Alba coma a min só nos queda agradecer a todas as persoas que asistiron a esta caravana comunicativa a súa participación, e as gañas e ilusión que transmitiron ao longo dos obradoiros. 

Graciñas!!!

17 may 2012

Tecnoloxía apropiada - Charla en Vigo

Nos tempos que corren estamos rodeados de tecnoloxía. Dende as megaconstruccións propias do campo da enxeñería civil, coma pontes ou outras grandes infraestructuras, ata a máxima miniaturización acadada nos teléfonos móbiles de última xeración. Todas elas innovacións que, dunha maneira ou outra, modifican o estilo da vida das persoas usuarias das mesmas, así como do seu entorno. Agora ben, ¿responden sempre estas innovacións ás necesidades reais da población? ¿E esta quen ten o control sobre a mesma? ¿Son igual de válidas as mesmas tecnoloxías nuns lugares ca noutros? Estas e outras cuestións serán respondidas na charla que terá lugar o mércores 23 de maio ás 20:30h na cafetería UF, en Vigo na Rúa Pracer, número 19.

Achégate!!!