15 dic 2013

Cósmica Madrid 2013

Os pasados días 1, 2 e 3 de novembro tivo lugar a Cósmica 2013 en Madrid na que se celebrou a terceira asamblea federal do 2013. Desta nada menos que 10 persoas voluntarias de ESF Galicia (tanto primeirizos coma repetidores) acudiron en representación do sector galaico da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.

Un dos puntos mais falados desta convocatoria xa se comentaba polas listas semanas antes do evento, cando, con non moito marxe, houbo que reorganizar a fin de semana tras saber que non se ia poder celebrar en Sevilla como quedara fixado na anterior Cósmica 2012 en Barcelona. Decídese realizala en Madrid por motivos xeográficos e cabe destacar o bo traballo de organización que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras de ISF Madrid tendo en conta o número de persoas que hai que xestionar para unha Cósmica sen ter excesivo tempo para elo. A pesares disto a organización foi excelente e todo transcuriu según o planeado.

A crónica comeza con dous coches poñendo rumbo á capital con 9 ocupantes en total un vernes de mañá, a 10ª persoa uníase ó grupo unha vez chegados ó albergue onde ian ter lugar os talleres e actividades.


 
Programa da fin de semana

Un dos temas que se pronosticaban mais peliagudos era a presentación do plan federal de comunicación, que pretende aunar os métodos e vías de comunicación empregadas polas ISFs. Este plan levaba anos de traballo, con pouco avance e interés por parte das asociacións, pero si con un sentimento de que debería existir unhas pautas comunes de comunicación nas asociacións se estamos a transmitir a mesma mensaxe. O tema debatiuse nas semanas previas a través das listas de correo, sendo a postura de ESF Galicia contraria a varios puntos do plan considerando que afectava directamente á nosa maneira de comunicar e incluso á nosa filosofía do voluntariado. Unha das cousas quemais nos afectaban era a creación dun perfil de Facebook e unha conta de Twitter comunes a tódalas ISF, eliminando as contas das ISF, e a creación da figura don "comunity manager" encargado de xestionar esas contas, posicionamento moi contrario á actitude de ESF galicia na que se pretende que a comunicación sexa un elemnto transversal e que sexa o propio voluntariado o encargado de xerar e divulgar material a través das redes sociais (facebook, Twitter e blogues).

Taller de comunicación
Previo á asablea realizouse un taller de comunicación co fin de axilizar o debate no tema na asamblea, onde se puxeron en común os contrapuntos e as propostas debatidas nas listas de correo. Antes de continuar quería recalcar os meus parabens ó grupo de comunicación federal e os dinamizadores do taller do comunicación por como conseguiron, a apartir dun tema que xa estaba desgastado e que se pensaba que ía ser moi discrepante, un taller que además de ameno e ilustrativo conseguimos acordar entre todos uns mínimos e unhas prioridades nas que poñerse a traballar, cousa que non se había conseguido antes. Entre estes acordos figuran o manter as contas nas redes sociais a nivel autonómico e aunar as webs nunha única onde haberá apratados das diferentes ISF, implicar o voluntariado nas actividades de comunicación facendoa un elemento transversal inda que contando con grupos e responsables en comunicación que actúen como elementos dinamizadores non como responsables. tamén refacer por completo a intranet tratándo de convertela nunha ferramente verdadeiremente útil para as asociacións. Non quedou moi definido cómo xestionar os blogues pero parece que gusta o modelo proposto dende ESF de crear unha "blogosfera" cos diferentes blogs das asociaciós e persoas colaboradoras. Todo un avance nos esforzos por fomentar a comunicación externe a aunar ás asociaciós nun modelo de comunicación.

Ademais deste tema, outro dos protagosnistas tratado en Interjuntas e na Asamblea Federal foi a non realización da Cósmica 2013 por parte de ISF Andalucía e o pouco marxe que quedou para reubicala. Os membros de ISF Andalucía alí presentes explicaron a problemática recente da súa asociación, que por motivos económicos e de falta de recursos estivo a piques de desaparecer, conseguindo manterse a flote gracias a un sobreesforzo das persoas voluntarias pero que lles deixou sen capacidade para adicarse a outros temas. Presentaron as súas disculpas e dende as demais ISF alegrámonos de que foran quen de solventar a situación.

Durante a asamblea federal
Como temas principais tratados na asamblea están:

  • Cambio de sede de Federación, que pasa a ser o local de ISF Cataluña. 
  • Aprobación da política de despido federal (como plan de contixencia ante a situación de ter que despedir ó persoal federal), non sin certo debate e algo de reticencia por parte de ESF Galicia. Parte do presuposto federal pasará a engordar unha bolsa finiquitos, primeiramente tratarase de asegurar a indemnización de 20 días por ano traballado que obliga a lei actual e unha vez conseguido, de ser pòsible, intentaríase chegar ata o máximo dos 45 días de indemnización que indicaban a anterior lei. Apróbase reservar ata un máximo do 15% (en oposición a un 20%) do presuposto federal anual para esta bolsa.
  • Aprobada renovación de cargos da Junta Federal.
A Junta Federal
  • Non se aprobou o documento de colaboración con entidades privadas da Federación presentado, comenzando debate para reformulalo e aprobalo na seguinte asamblea.
  • Apróbase presentarse ós indicadores de transparencia e bo gonberno da CONGDE a nivel federal, comprómenténdonos a aprobar antes de fin de ano as políticas federais que faltan para poder facelo. 
  •  Revisión das cuotas federales para o 2014. A cuota deste ano recalculouse respecto a como se facía normalmente pola mala situación económica que afrontaban algunhas ISF. Para o 2014 mantélense as cuotas pagadas este anos polas asociacións salvo Cataluña e valencia que a aumentan e Aragón que solicita disminuila.

 Finalizada a asamblea desfrutamos de unha amena xornada vertebrativa non sen faltar algunha que outra dinámica con test incluido poñendo a proba os coñecementos dos asistentes sobre hitoria(s) da Federación.

Xa de domingo á mañá mais relaxados, e pasadas as tarefas "gordas" da Cómica, participamos nos talleres de agua, enerxía e xénero.

Un momento do taller de xénero
Dase a continuación por finalizada a Cósmica 2014 entre abrazos e despedidas ata que nos volvamos a ver entre ISFs. Unha boa maneira de pasar a ponte na que se pecharon cousas e avances, aprendimos algunha que outra cousa nova, se estreitaron lazos entre o voluntariado mais aló das fronteiras autonómicas e (que me corrixan se me equivoco) as persoas novas de ESF nisto dos espacios federais apredenron un pouco mais sobre o funcionamiento internos da federación e as asociacións.

Representantes de ESF Galicia pechando a Cósmica2013
e a punto de embarcar rumbo a casa

Ah, e para a Cósmica 2014 non hai excusa para perdela xa que será ESF Galicia a anfitriona da que un ano mais será a reunión anual de voluntarios e voluntarias das asociacións dispersadas a nivel nacional ¡Búscase voluntariado motivado para organizala!

12 dic 2013

Novos tempos en ESF Vigo

    Novas caras, novos voluntarios, PCRs retornados, algunha migración, unha carga de motivación e máis algunha que outra actividade de vertebración: unha receta electrizante que está facendo posible unha nova etapa en ESF Vigo. En vísperas do peche da planificación anual, vou facer un repaso das ideas que circulan polas nosas mentes, expetantes de convertirse en realidades ao longo do ano que ven:

  • Obradoiro de Hardware Libre: Deixando á marxe a discusión de se esta liña de traballo se enmarca ou non dentro do que se coñece como electrónica ética, todos estamos dacordo en que se trata dunha liña moi interesante e que da que nos morremos de gañas por aprender. O hardware libre, ou alternativas libres para a base física dos aparatos electrónicos, é algo que nos gustaría traballar nun instituto ou ben na escola de Telecomunicacións.
  • Electrónica ética: un clásico donde os haxa na sede de Vigo. A idea é facer charlas centrándonos no público máis xove (que cremos que é o máis aberto a aprender e o mais sensible), os adolescentes e mesmo nenos para que coñezan os inconvintes do modelo predominante en consumo electrónico. A gran novidade está en centrarnos en este novo público, xa que ESF non ten traballado apenas sobre eles.
  • Sensibilización na rúa sobre Dereito á Auga: outra idea que calou bastante e a de incidir sobre a poboación chamando a súa atención na rúa mesmo. Un plan de sensibilización dos clásicos sobre un tema clásico, pero ao parecer non suficientemente repetido á xente. Temos algunhas ideas para atraer a atención, ideas innovadoras que non podemos revelar por aquí por risco de  perderen o factor sorpresa.
  • Existe tamén a idea de facer mini-obradoiros ao estilo dos que se estiveron facendo en Compostela. Trátase de cursiños breves, de una hora e media e duns 15 asistentes que permiten darnos a coñecer axilmente, que son sinxelos de organizar e que tratan temas tan xugosos como cosméticos naturais e ecolóxicos, nocións básicas de mantemento de bicicletas, enmendamento de roupa,  mermeladas, fornos solares... A idea tivo moito éxito e sábese que tamén nas sedes de Ourense e Lugo, tamén coñecidas como Tomás, queren importar a idea.
    Pero non son só as actividades o que cambian. Cambia a maneira de contalo. Porque dende a última reunión federal na Cósmica en Madrid (próximo post en camiño), houbo cambios na política de comunicación, e así ESF Vigo fará cousas novas e as contará dun xeito novo. Tales son as características dos novos tempos en Enxeñería Sen Fronteiras Vigo.

5 dic 2013

Dia internacional do Voluntariado

Hoxe, 5 de Decembro, é o día internacional do Voluntariado. Ademais de dar as grazas a todas as persoas que a través do seu tempo e do seu traballo fan posible Enxeñería Sen Fronteiras, queríamos achegarvos o posicionamento sobre voluntariado que se aprovou este 2013, concretamente na Xuntanza de Marzo.Como é algo extenso, o dividiremos en 2 partes, aí vai a primeira...


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia), é unha asociación formada e liderada por persoas voluntarias, apoiadas por algunhas persoas contratadas. En ESF Galicia non temos voluntariado, senón que somos voluntariado. ESF son as persoas que a conforman, coas súas diferentes ideas, habilidades, iniciativas e inquietudes. Únennos uns obxectivos e apoiámonos uns en outros para conseguilos. O voluntariado é o motor da asociación, sendo incluso a dispoñibilidade das persoas voluntarias as que marcan o ritmo de traballo, os temas polos que a asociación avanza e os proxectos da asociación en todos os seus sentidos. En ESF Galicia, o proceso dunha persoa voluntaria busca que se converta nun cambio. Buscamos que as persoas reflictan o seu paso en ESF como unha actividade importante que lles axuda a madurar e crecer como persoas e non como un simple paso, por iso:

Fomentamos

A sensibilidade aos problemas do mundo, o acceso a novas fontes de información, pensar en profundidade sobre temas claves na sociedade, as opinións compartidas con outras persoas ou as experiencias de aprendizaxe cando vivimos somerxidos noutras realidades. Todas estas cousas buscan que a persoa adquira ou mellore a súa visión global das inxustizas sociais que provoque cambios tanto no seu pensamento como na súa forma de actuar, sempre desde o pensamento crítico (coñecer moita información sobre un tema e decidir a nosa opinión evitando estereotipos e prexuízos) e co obxectivo de construír colectivamente un mundo máis humano.

O voluntariado como Educación para o Desenvolvemento a través da cal formamos a unha persoa en profundidade en diversos temas, non dun simple modo superficial. A formación continua, tanto formal como informal, do voluntariado resulta esencial para que as nosas accións teñan validez.

O voluntariado como crecemento persoal, tanto a nivel de habilidades como de coñecemento do mundo que nos rodea. En ESF foméntanse certos valores de tipo organizativos que se visualizan na nosa forma de traballar, isto aportará á persoa voluntaria unha serie de recursos que lle permitirán a súa eficiencia en calquera tipo de ocupación. Como exemplo disto, temos os protocolos dos diferentes ámbitos ou comprender a linguaxe legal na convocatoria dunha subvención.

O voluntariado con responsabilidade e iniciativa. Debido a que todos somos persoas voluntarias, admitimos as ideas das demais persoas e se admiten as nosas de cara ao futuro e ás actividades. Isto tamén implica un certo compromiso en ser capaz de levar a cabo a iniciativa proposta. Neste senso, a responsabilidade de ser coherente coa idea proposta e o compromiso de levala a cabo é unha actitude que intentamos transmitir.

O traballo en equipo. Traballamos mellor en equipo, unha iniciativa persoal que se leve a cabo por unha persoa individual pode suceder en diversas ocasiones, pero estas adoitan “desgastar” a esa persoa e aportarlle pouco persoalmente, a parte de que hai unha maior probabilidade de que as cousas salgan mal. A experiencia ensínanos que as cousas feitas en grupo poden ser mais lentas ou difíciles, pero adoitan contar cun desgaste menor, maior aporte persoal e adoitan representar moito mellor a ESF.

A calidade nas accións de voluntariado. Unha cousa que se critica en ocasións ás asociacións que promovemos o voluntariado, é que este é demasiado inconstante para levar a cabo accións de calidade. Estamos completamente en contra disto. O traballo en grupo, a formación en habilidades e coñecementos, o pensamento crítico e, por que non dicilo, a vontade de querer facelo sen ningún beneficio económico demostraron que as persoas voluntarias podemos facer cousas de gran calidade.

A importancia das relacións persoais. Ante todo, debemos introducir un matiz aquí, estamos en ESF Galicia porque compartimos obxectivos, non porque queiramos relacións de amistade, perdendo isto de vista seríamos unha asociación que perde o norte. Agora ben, si nos levamos ben coas persoas coas que traballamos; si compartimos, non só o traballo, senón tamén experiencias e diversións e fomentamos o espacio informal e as relacións humanas, vemos que isto repercute positivamente na nosa coordinación, satisfacción e motivación. En definitiva, é ao que lle chamamos vertebrar.

A evolución constante. Sabemos que non somos persoas perfectas, quédanos moito que recorrer e moito por mellorar. Agora ben, fomentamos a vontade de mellora constante de forma que intentamos cumprir os apartados anteriores, pero tamén reflexionalos e amplialos ao mesmo tempo que volvemos pensar sobre eles. Isto nótase tanto na nosa filosofía como nos nosos procesos.

O voluntariado como experiencia transformadora, de forma que o anteriormente exposto sirva para evidenciar que o que pretendemos é o paso da persoa voluntaria, na que se reflicte a sensibilidade de coñecer e a vontade de axudar, á persoa militante ou activista que coñece, comprende, opina e leva esta visión mais alá do lugar onde fai voluntariado.

Fomentamos o voluntariado en si porque nos gusta ser persoas voluntarias, porque é algo que consideramos importante e queremos compartilo coas demais persoas.

4 dic 2013

Resumo blogueiro: novembro 2013

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de novembro tivo lugar a Asemblea e Xuntanza ESFeira, o evento máis esperado do último trimestre do ano. Tamén podedes ler o anuncio e a crónica do obradoiro de cosméticos naturais, no que un total de 21 persoas tiveron a oportunidade de adentrarse no mundo das herbas aromáticas e medicinais así como as beneficiosas funcións dos aceites esenciais e vexetais no organismo. Para "celebrar" o día mundial do saneamento, un deses que non debería existir, publicamos unha carta da Coordinadora de ONGD Española dirixida ao goberno, para esixirlle con accións concretas que promova o dereito á auga e ao saneamento cun modelo público que garantice o acceso de todas as persoas a este dereito.



BLOGUE HONDURAS

    En novembro realizouse unha xira da Junta de Agua de Monjaras (16 anos de experiencia) a San José de las Conchas (Junta de Agua de nova creación), de forma que as dúas poidesen compartir diferentes realidades. Ademais atopamos un resumo do seguemento do proxecto de Gallardo 2 con fotos das actividades realizadas.





ENLACES DE INTERESE

Auga



Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Se cree que a educación é un gasto, probe vostede coa ignorancia.
Derek Bok

26 nov 2013

Programa da Xuntanza da base social de ESF Galicia

Desta volta a faremos en Lugo, no albergue Lug2 (excepto a sesión do venres, que será na residencia Bal y Gay).

Adiantámosvos que intentaremos descubrir que é eso da creatividade, algo que cada vez é máis importante nas accións de transformación social. Faremos dinámicas de grupo e faremos piña sen esquencernos do contacto humano. E remataremos conocendo Chiapas a ritmo de rap.


Venres 29 de novembro
18:30-20:00 Creatividade, esa gran desconocida. Alicia López
Descanso
20:00-21:00 Que lle di un langostino hondureño a un pulpo galego?

Sabado 30 de novembro
10:00-14:00 Asamblea Xeral de Socias
16:30-18:00 Xogamos? Piña pelada. Alberto Iglesias.
Descanso
18:30-21:00 Comunicacion social: Chiapas, un mundo dentro de outro mundo. Sergio Regós (Garcia Rap Mc).

Domingo 1 de decembro
11:30-13:00 Cafe tertulia cos PCR

21 nov 2013

Obradoiro de cosméticos naturais realizado con éxito




O pasado 20 de novembro realizouse o I obradoiro de cosméticos naturais  na aula verde de SEPIU con unha boa acollida e unha resposta mellor da esperada.
Trátase de unha actividade enmarcada dentro de un programa máis amplo sobre tecnoloxías axeitadas co fin de difundir a idea do desenvolvemento sostible e fomentar o pensamento crítico sobre as tecnoloxías presentes na nosa realidade. Este programa está ademais cofinaciado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

O taller impartido por Susana Castro, unha das integrantes da cooperativa Xeira Consultora e aficionada desde fai anos á elaboración caseira de cosméticos para uso propio, ofreceuse voluntariamente para impartir esta sesión e ensinounos como facer un protector labial e unha pomada de caléndula con ingredientes naturais e ecolóxicos.
Un total de 21 persoas tivemos a oportunidade de adentrarnos no mundo das herbas aromáticas e medicinais así como a función dos aceites esenciais e vexetais para saber un pouco máis acerca de todas as propiedades e beneficios que supón para o organismo gracias a todos os principios activos.
Ademais nos recomendou libros interesantes para os e as máis curiosas en profundizar en este tema.

Unha hora e media moi interesante onde as demostracións, explicacións e a propia elaboración de estes productos nos serviu para ver que este tipo de alternativas resulta moi útil e beneficiosa e nos axuda a comprender como funciona unha pequena parte da natureza e como, gracias a este tipo de iniciativas máis sositibles, podemos fomentar un consumo máis ético en este tipo de productos.

Dada a alta participación e resposta de este obradoiro o grupo de voluntariado de EpD de Enxeñería Sen Fronteiras seguiremos traballando en novos talleres para os vindeiros meses.

A continuación vos deixamos con algunhas das fotos sacadas ao longo do taller.












19 nov 2013

19 Novembro - Día Mundial do Saneamento

19 de noviembre, Día Mundial del Saneamiento. Más de la tercera parte de la población mundial carece de saneamiento básico

¡Las limitaciones de este derecho provocan graves consecuencias sobre la vida de las personas y sus derechos
  • En el ámbito rural la población sin acceso a saneamiento es superior al 50%
  • Más de mil millones de personas defecan al aire libre
  • Exigimos que la gestión y regulación del agua y el saneamiento no se mercantilicen y sean gestionados bajos criterios de servicio público
  • El compromiso Ayuda Oficinal al Desarrollo en materia de saneamiento debe mantenerse para garantizar este derecho humano
Madrid, 19 de noviembre de 2013. Actualmente, 2.500 millones de personas carecen de acceso a saneamiento adecuado a pesar de que en 2010 la Asamblea General de Naciones Unidas declaró el derecho al agua potable y al saneamiento como un derecho humano. Desde la Coordinadora de ONG para el Desarrollo (que agrupa a casi 100 ONGD) se recuerda que las limitaciones a este derecho tienen preocupantes consecuencias sobre la vida de las personas y sus derechos.
El saneamiento no sólo es vital para la salud, también lo es para la educación ya que sus deficiencias pueden causar enfermedades que afectan directamente al rendimiento escolar. Por otra parte, las instalaciones inadecuadas dificultan la asistencia de las adolescentes a las escuelas, limitando así su capacidad de desarrollo.
El acceso al agua, el saneamiento y la higiene forman un trinomio clave para combatir la pobreza, mejorar la salud y la educación, proteger el medio ambiente y, en definitiva, reconocer la dignidad humana -especialmente las mujeres cuya situación de vulnerabilidad aumenta a medida que se incumplen los derechos humanos.
En consecuencia, defendemos que la gestión y regulación de los servicios de agua y saneamiento se realicen de acuerdo con los criterios de servicio público y no se conviertan en un activo financiero, poniendo en peligro este derecho humano.
Por todo ello, pedimos al Gobierno de España:
  • Que proteja y promueva el derecho al agua y al saneamiento con un modelo público que garantice el acceso de todas las personas a este derecho.
  • Que España continúe apoyando la misión de la relatora especial de las Naciones Unidas sobre el derecho humano al agua y saneamiento. El trabajo que ha venido desarrollando la relatora ha sido muy efectivo a la hora promover este derecho; retirarle el apoyo que España venía ofreciéndole podría tener graves consecuencias sobre su labor.
  • Que España cumpla sus compromisos con el Fondo de Cooperación para Agua y Saneamiento (FCAS). España se comprometió a aportar 1.200 millones de euros para este fondo que aún no han sido aportados en su totalidad; la situación de crisis no puede ser utilizada de excusa para no hacerlo. Demandamos, además, que los proyectos apoyados por el FCAS no se centren solo en infraestructuras de saneamiento, sino que, desde el enfoque de derechos, tengan en cuenta aspectos clave como la sostenibilidad o la equidad. Actuaciones de este tipo son esenciales no solo para el fomento del desarrollo, sino también para la prevención de desastres medioambientales
  • Que, ante el incumplimiento de los compromisos asumidos en los Objetivos de Desarrollo del Milenio, ante la incapacidad para alcanzar las metas establecidas en este sentido, se promueva el acceso al agua, al saneamiento y a la higiene como aspectos prioritarios de la nueva agenda post 2015. No hacerlo tendrá gravísimas consecuencias sobre la vida de 2.500 millones de personas.
  • Que apoye acciones que incrementen el conocimiento y la sensibilización de la sociedad española sobre este el derecho humano al saneamiento.



7 nov 2013

Entender o Software Libre como Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano

Unha entrada máis dentro do Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que conta co apoio de Cooperación Galega.

"Cando unha cousa non dimin úe ao compartirse con outros, non é ben posuí da se soamente se pos úe e non se comparte."
Con esta cita comeza Francisco J. Tsao o seu artigo sobre Software libre e TpDH. A través del poderemos coñecer como o software libre este pode axudar a pechar a fenda tecnolóxica e por que este é unha mellor aposta de futuro que o software propietario.
 
Pódese descargar o artigo aquí.


6 nov 2013

Resumo blogueiro: mes de outubro 2013


CONTIDOS


Blogue de Vida Asociativa
Blogue Honduras
Enlaces de interese
Publicacións en físico
E no próximo mes ...
A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de novembro publicamos no blogue de vida asociativa dúas entradas de gran calidade. Unha Posible Contradición invita a reflexionar sobre o concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento dende unha perspectiva filosófica con Proxecto Derriba. Esta entrada é a terceira dunha xa comezada serie de reflexións sobre TpDH no blogue que podes ler aquí e aquí. A segunda entrada é o anuncio das III Xornadas de Soberanía Alimentaria que terán lugar os vindeiros días 15, 16 e 17 de novembro no campus de Lugo. Aproveitade a oportunidade de matricularvos no correo lugo@galicia.isf.es!




BLOGUE HONDURAS


    O mes de outubro estivo sembrado de crónicas de capacitacións sobre temas diversos:
  • A primeira delas, sobre táboas dinámicas e software libre para CODDEFFAGOLF, por Adri, PCR xa retornado à terras galegas. Con esta iniciativa inténtase reducir a dependencia do software privativo por parte dos nosos socios locais en Honduras.
  • Outra capacitación tivo lugar en San José de las Conchas acerca de xestión comunitaria da auga e manexo de contadores. Ambas impartidas por Flor, coordinadora do proxecto por parte da Alcaldía.
  • E do mesmo xeito que os membros de CODDEFFAGOLF, os integrantes da Alcaldía de Marcovia recibiron unha formación en software libre e ofimática. Tamén com parte das tareas do PCR de Dani Vila.
Por último cómpre salientar o procedemento de toma de mostras para analíticas de calidade da auga en Monjarás e o informe de seguemento do proxecto de auga en San José de las Conchas.




ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

    Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • El malestar en la globalización. Joseph Stiglitz.
  • América sumergida. Impacto de los nuevos proyectos hidroeléctricos en Latinoamérica y Caribe. ICARIA


E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Non pidas os teus dereitos, tómaos; e non deixes que ninguén chos dea. Un dereito que che foi dado como este, a cambio de nada, é sospeitoso. Hai moitas probabilidades de que sexa un calcetín cun burato volto do revés.
Sr. Dooley, de Finle Peter Dunne

5 nov 2013

Educación e TpDH

El maestro Flaig se quedó junto a la tumba acompañando al padre de Hans y a la vieja Ana, que lloraba sin cesar.
-Sí, Herr Giebenrath -dijo emocionado-, yo también quería al chico.
-No lo comprendo -suspiró Giebenrath-. Era tan inteligente y todo iba tan bien, el colegio, el examen; ¡y de pronto una desgracia tras otra!
El zapatero hizo un gesto hacia las levitas que desaparecían tras la verja del cementerio.
-Ahí van unos cuantos señores -murmuró- que han ayudado a traerle hasta aquí.
-¿Cómo? - se sobrecogió Giebenrath, mirando asustado y lleno de dudas al zapatero-. Pero... ¿cómo?
-Esté usted tranquilo, señor vecino. Me refería a los profesores.
-Pero... ¿cómo dice usted eso?
-Ah, por nada. Quizá también nosotros hemos descuidado muchas cosas, ¿no cree usted eso?

H. Hesse, Bajo las ruedas.

Imaxinade por un momento unha moeda que acaba de ser acuñada e que comeza a viaxar de man en man, dun lugar a outro, mercando todo tipo de bens e aparellos. Tempo despois volta as mans daquela persoa que a acuñou e desta vez xa non é unha moeda que reluce e brilla senón que simplemente é un anaco de metal. De tanto ser usada e de tanto pasar de man en man foi perdendo o seu gravado, aquilo que lle daba valor, e agora é simplemente un pelouro metálico. Semella que as palabras, ao igual que as moedas, perden o seu valor ao seren usadas e cada certo tempo necesitan ser acuñadas de novo.

Ton Ríos cando (Re)Definía tecnoloxía apropiada comezaba sinalando que "tecnoloxía" é unha palabra baleira, sen significado algún. Posiblemente porque teña demasiados significados. Todo aquel que o desexe pode probar a buscar a palabra "tecnoloxía" en diferentes dicionarios e enciclopedias, buscádeo tamén en varios idiomas e veredes a infinidade de cousas que pode chegar a significar o puñetero termo. Unha vez que baralledes 5 ou 10 opcións probade a enfocala cara o "desenvolvemento humano" (ou o que entendades por iso) e enumerade as posibilidades.

Das múltiples posibles definicións de tecnoloxía quedémonos ca do dicionario Oxford: a tecnoloxía é a aplicación do coñecemento científico con propósitos prácticos. Buscando debullar un pouco máis a definición obtemos que Oxford define a ciencia como a actividade intelectual e práctica que abarca o estudo sistemático da estrutura e o comportamento do mundo físico e natural a través da observación e a experimentación; a súa vez, no Tractatus Logico-PhilosophicusLudwig Wittgenstein definía o mundo como a totalidade dos feitos e non das cousas.

Recapitulando obtemos que a tecnoloxía é o resultado da aplicación da actividade intelectual que abarca o estudo dos feitos naturais e os xerados pola actividade humana.

A cantidade de feitos naturais e xerados pola actividade humana fixo que as ciencias tendesen sempre a dividirse en ramas. As primeiras clasificacións remóntanse a tempos de Aristóteles que as agrupaba en tres categorías do saber:
  • Teoría, que busca a verdade das ideas. Este saber está constituído por matemáticas, física e teoloxía
  • Praxis, que pretende alcanzar un saber para encamiñar a conducta cara unha acción cívica en canto a racional. Formábana a ética, a política, a economía e a retórica.
  • Poiesis, un saber poético que hoxe se encadraría na creación artística, a artesanía e a produción de bens materiais.
Case vinte séculos despois Descartes clasificábaas do seguinte xeito:


Ciencias como as que Descartes chama sociais tameń teñen aplicación práctica, máis non estamos acostumados  a identificar como tecnoloxía ao resultado da aplicación destas ciencias. Estas ciencias son as chamadas tecnoloxías brandas en contraposición as máis habituais ou duras.
  • Tecnoloxías duras son ferramentas ou untensilios de traballo, técnicas enxeñeriles, estruturas físicas ou maquinaria. Esta tecnoloxía pode ser construída, modificada, reparada e mantida; habitualmente as tecnoloxías duras pódense mercar e vender.
  • Tecnoloxías brandas son aquelas relacionadas cas estruturas sociais, técnicas de motivación, metodoloxías de traballo, ou procesos interactivos humanos. As estruturas e procesos para a participación social, toma de decisións e as habilidades para implantar cambios na sociedade enmarcaríanse dentro das tecnoloxías brandas.
As tecnoloxías brandas nacen de ciencias que non producen obxetos físicos ao seren aplicadas e servirían para mellorar o funcionamento das institucións e organismos, e conseguir melloras para o benestar social. Entre as tecnoloxías brandas destaca a educación (o proceso de ensinar e aprender).
O proceso educativo é unha tecnoloxía fundamental para a sociedade, e unha asociación que pretende poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano non pode non ter unha postura clara frente a LOMCE porque, ao igual que lle pasou a Hans Giebenrath en Bajo las ruedas, un modelo educativo equivocado pode conducir á morte.

--

Nota: Este artigo recibiu críticas pola falta de rigor na definición de tecnoloxía. Non era obxeto deste artigo definir con exactitude ese termo, máis toda aquela persoa que desexe saber o motivo polo que se considera erróneo definir a tecnoloxía como a aplicación práctica do coñecemento científico pode consultalo no blog da Plataforma Estatal de Asociaciones del Profesorado de Tecnología.

31 oct 2013

III Xornadas de Soberanía Alimentaria, apúntate!!

Os vindeiros días 15, 16 e 17 de Novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as III Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, recoñecido con 1 crédito de libre configuración (pendente de confirmación) para o alumnado do Campus de Lugo. As xornadas estarán divididas; venres 15 pola tarde (16:00-20:30), sábado 16 (9:30-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 17 (9:30-14:00 e 16:00-20:30). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.



Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! 


A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!



17 oct 2013

Unha posible contradición

Despois de (Re)Definir Tecnoloxía Apropiada e de que os compañeiros da UCdV nos fixeran unha profunda reflexión sobre as implicacións da exportación tecnolóxica, Delmiro Rocha, membro de Derriba, axúdanos a sinalar Unha Posible Contradición.

Estes artigos enmárcanse dentro do Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que conta co apoio de Cooperación Galega.


Aquí se pode descargar a publicación

7 oct 2013

Resumo blogueiro: setembro 2013

       Este mes tivemos a boa nova da concesión dos dous proxectos de acción en Galicia que se solicitaron á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, coa puntuación máis alta dos presentados, grazas ao gran traballo dos grupos de voluntariado. Sen embargo, o feito de tratarse da única convocatoria de Cooperación Galega de este 2013 (na que non haberá para proxectos internacionais) e que moitos bos proxectos doutras entidades quedaran fora, déixanos un regusto amargo porque condena a todo o sector que loita contra a pobreza global a prolongar a súa travesía polo deserto.

    Por outra banda, xa se poden ver as contas auditadas de 2012 e a memoria de actividades 2011-12.

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

No mes de setembro puidemos ler a crónica da visita de Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca (Nicaragua) para falarnos dunha temática na que existen grandes paralelismos entre o que está a ocorrer no seu país e en Galicia: o auxe da minaría metálica. Harmhel tamén falou doutras "megaconstrucións" proxectadas para Latinoamérica - os canais interoceánicos- vendidos como "motores de desenvolvemento" pero que ao final soen ser motores de desenvolvemento de pouc@s a costa de enormes impactos sociais e ambientais. Arrancando o novo curso, o grupo de EpD de Compos compartiu connosco os seus preparativos para a intervención no curso de Voluntariado da USC, así como as súas impresións posteriores. As 80 persoas que asistiron ao curso debatiron moi participativamente sobre a educación, é bancaria ou transformadora? e o voluntariado ESFeiro quedou satisfeito de terlles "axitado" un pouco (pensamento crítico - xa que ''axitación'' ou ''cambio'' en grego dise ''crise'') .





BLOGUE HONDURAS


Durante este mes, da man dos PCRs en Honduras achegámonos a diferentes eventos que tiveron lugar “do outro lado do charco”:
Por outra banda continúa o fortalecemento técnico na Alcaldía de Marcovia como parte do proxecto co Fondo Galego. Dentro deste contexto contexto impartíronse capacitacións en gSIG, gvSIG-Fonsagua (pola UNAH), software libre e ofimática (por unha das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade). Ademais outras actividades que se está a facer son as fumigacións para eliminar o mosquito que transmite o dengue, que cría en zonas de auga estancada.
Finalmente, nos vos perdades o relato de Daniel acerca da súa esperada estancia nas comunidades.



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado





PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Non existiu nunca unha guerra boa ou unha paz mala.
Benjamin Franklin