22 jun 2016

CANTO CHE PAGAN POR IZAR A BANDEIRA?

Traducción dun textiño de El Indio Solari que non ten desperdicio... Queremos ser ese medo?

-----------------------------------------
Somos o medo dos gobernos que minten en nome da verdade. O medo do
poder militar, económico e xurídico que impide a comunicación humana de pobo a pobo.

Somos o medo da soberanía dos piratas do mundo que mutilan o estado de ánimo e impiden as emocións reveladoras.

Somos o medo do poder dos déspotas que reside en mecanismos impersoais. O medo das estruturas burocráticas que desalentan as conductas exploratorias. O medo das grandes fortunas que roubaron os dereitos naturais. O medo dos centros de poder que amenazan coa destrución total.

O deses varóns sensatos e "prácticos" que desexan deixar a súa pegada na historia e creen soamente no que poden forzar e controlar.

Somos o medo de quenes nos adestran a ser corteses cando algunha institución nos pisotea. O medo de quenes temen aos cambios pois o seu status depende da rutina e do tempo doutras persoas. O medo das tecnoloxías caprichosas que nos obrigan a valoralas adoptando sempre os seus supostos básicos.

Somos o vellísimo medo agochado en todos os rincóns do Imperio e estamos encantados ¡encantados!

El Indio Solari



1 jun 2016

Resumo blogueiro: maio 2016

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de maio foi algo máis relaxado no blogue, aínda así atopamos dúas contribucións moi recomendables: o anuncio das xornadas de formación das persoas que participarán este ano no programa de conhecemento da realidade e un resumo sobre a mesa redonda na televisión de Santiago de „investigación e cooperación“, á que estiveron invitadas dúas persoas colaboradoras de ESF – con vídeos incluidos – moi recomendable botarlle un ollo!



BLOGUE HONDURAS

    Se vos acercades ao blogue de Honduras durante o mes de maio poderedes coñecer a Don Pompilio Mercado, un señor hondureño adicto ao traballo e tamén descubrir os diferentes proxectos de auga e agro que ESF Galicia está a desenvolver no país neste momento.



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

  • Tecnoloxías apropiadas. Podcast do programa Habitando, de Arquitectura Sen Fronteiras, onde ESF participou xunto con ESPIGA e ASF

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • De agricultor a consumidor: apoyo ciudadano a los alimentos de producción local y sostenible. Amigos de la Tierra Europa


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía, beneficia aos ricos? Non. A quen beneficie é cuestión de preferencias políticas.
Noam Chomsky (2016)