13 dic 2006

Visualizando "a crise" da auga

Como xa dixemos, os mapas non son neutrais. A continuación, mostrámovos catro mapas da auga. Os 3 primeiros amosan os recursos dispoñibles por rexións (auga doce, de chuvia e subterránea), o último amosa o uso dos recursos hídricos.

Unha vez máis visualizamos que a crise da auga non é un problema de existencia de recursos, senón de xestión dos mesmos, tal e como recalca o Informe de Desenvolvemento Humano (2006) que xa comentamos.

Rainfall Volume



Water resources



Groundwater Rechargue


Water use

28 nov 2006

A campaña en Vigo

E chega a Vigo. Seguindo co feito ata o de agora, realizaranse charlas explicando casos e mostrarase os paneis informativos.

Presentación da campaña

Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Eva Docampo, coordinadora do grupo Sahara de Enxeñería Sen Fronteiras. A continuación proxectarase a curtametraxe “Aqua-sahara”.
Data: 4 de Decembro, a las 12:00
Lugar: Salón de actos de Ciencias do Mar

Os paneis visitarán...
Do 27 de Novembro ó 11 de Decembro na facultade de Ciencias do Mar.
Do 11 ó 20 de Decembro en Industriais
Do 8 a 18 de Xaneiro en Peritos

21 nov 2006

A campaña en Ferrol

E a campaña chega ó campus universitario de Ferrol. Segue a súa ruta. As actividades previstas son...

Os paneis poderán verse na Escola Universitaria Politécnica de Serantes dende o luns 20 ó venres 24 de Novembro.

Sesión de curtametraxes
Presentación a cargo do grupo Ferrol. Visualizaranse as seguintes curtas:
Niños del agua, producida por Engenyeria Sense Fronteres Catalunya e premiada no III festival internacional de curtametraxes de temática social.
A continuación proxectarase a curta-documental Aqua-Sahara, producida por Ingeniería Sin Fronteras Asturias conxuntamente coa Universidade de Compostela.
Data: Mércores 22 de Novembro, ás 16.00h
Lugar: Escola Universitaria Politécnica de Serantes

Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Sabela Lorenzo, coordinadora da sede de Lugo de Enxeñería Sen Fronteiras.
Data: Xoves 23 de Novembro, ás 18.00h
Lugar: Escola Universitaria Politécnica de Serantes

14 nov 2006

Eva Docampo finalista do Arquímedes

Hoxe estamos de noraboa! Hai uns días que coñecemos que o Proxecto Fin de Carreira de Eva Docampo (a coordinadora de proxectos no Sahara de ESF Galicia e unha das relatoras desta campaña de auga) foi seleccionado para o certame Arquímedes!

Así, o proxecto "Los abastecimientos con aguas subterráneas en los campamentos de refugiados saharauis de Tindouf" presentado pola Universidade de Compostela está entre os 25 mellores de España.

Na gala de presentación do certame falarase do Sáhara e de cooperación. Tamén de ISF, por suposto, aínda que iso sexa secundario. Felicidades Eva! Telo merecido.

A auga no informe PNUD 2006


O pasado xoves presentouse en Sudáfrica o Informe sobre Desenvolvemento Humano 2006 das Nacións Unidas.

Para os que non o coñezan, este informe presenta (entre outras cousas) uns indicadores de desenvolvemento humano por países, onde se desgranan estatísticas económicas, de alfabetización e saúde, conformando un índice de benestar ampliamente aceptado pola comunidade internacional. Ademáis, elabora un análise da situación mundial a partir deses datos. Este ano, a análise céntrase no acceso á auga.

Tamén estes días, dentro da campaña de auga da Federación ISF, celébranse en Barcelona a semana da Auga e Gobernabilidade co obxectivo de...
analizar la implicación que el acceso al agua tiene en la gobernabilidad y el desarrollo de los países del Sur y cómo la consolidación de redes y espacios de gobernanza tiene un papel complementario y necesario al desarrollo de infraestructuras.

Podémovos asegurar que ningún membro de ESF nin da Federación participou na elaboración do Informe de Desenvolvemento Humano 2006. Non tiñamos información privilexiada. Pero é que cada vez máis, estase establecendo o acceso a recursos básicos como unha necesidade imperiosa para o desenvolvemento e un campo de batalla no eido da gobernabilidade mundial. Neso traballamos.

10 nov 2006

A campaña en Lugo

E a campaña chega ó campus universitario de Lugo. Aquí, xira en torno a dous eixos: presentacións/charlas e paneis expositores nas facultades de ciencias e na politécnica.

Presentación en Lugo
Raquel Zolle, presidente de Enxeñería Sen Fronteiras
Carlos Herrero Latorre, Vicerrector de coordinacion del campus de Lugo
Data: Mércores 8 de Novembro, 19:00h
Lugar: Facultade de Ciencias

Aspectos éticos no acceso á agua
Presentación a cargo de Jorge Molinero Huguet, profesor do departamento de enxeñería do terreo da USC e asesor internacional de hidroxeoloxía para varios países.
Data: Mércores 8 de Novembro, 19:30h
Lugar: Facultade de Ciencias

Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Eva Docampo, coordinadora do grupo Sahara de Enxeñería Sen Fronteiras. A continuación proxectarase a curtametraxe “Aqua-sahara”.
Data: Martes 14 de Novembro, 18:15h
Lugar: Escola Politécnica Superior

Xestión sostible de auga. Experiencia no Salvador.
Presentación a cargo de Víctor Vázquez, coordinador de proxectos de Enxeñería Sen Fronteiras e Asesor Técnico no Plan Director de Saneamento e abastecemento das Comunidades do Sur de La Libertad na República do Salvador. A continuación proxectarase a curtametraxe “Niños del agua”.
Data: Xoves 16 de Novembro, 18:15h
Lugar: Escola Politécnica Superior

Os paneis estarán en ...
Do 6 ó 10 de Novembro na Facultade de Ciencias
Do 13 ó 17 de Novembro na Escola Politécnica Superior

Crónica da campaña en Compostela


A falta da avaliación... podedes ir lendo a Crónica da campaña en Compostela no blog David, con trivial incluido.

A pesar do erro no título do seu post (o nome da campaña é Auga CON Fronteiras, un matiz importante) agradecemos a súa crónica... e pedimos prestada a súa foto do trivial! Aquí vos vai.

31 oct 2006

¿É neutra a terminoloxía?

El mundo era tan nuevo, que la mayoría de las cosas carecían de nombre, y para referirse a ellas hacía falta señalarlas con el dedo.
Cien años de soledad, Gabriel García Márquez.

A linguaxe, as palabras, son a representación das cousas e do que ocorre. A través da linguaxe configuramos a nosa representación da realidade. O mesmo ocorre cos mapas. Son a nosa verdade. Parafraseando a Kranzberg...
os mapas non son bos nin malos, pero tampouco neutros

Mapa de PetersTendo esto en conta, presentamos hoxe en sociedade o mapa de Peters. Esta proxección reflexa correctamente as áreas dos países, polo que é unha proxeccción equirreal.

A proxección de Mercator (a usada convencionalmente) ...
presenta una buena exactitud en su zona central, pero las zonas superior e inferior correspondientes a norte y sur presentan grandes deformaciones.

Así, como xa dixemos, a elección dun mapa, da linguaxe non é algo neutro. Nós, para o trivial da auga eleximos o mapa de peters porque nos parece o máis adecuado á hora de representar o que nós queremos: as áreas dos países. Desplazando ademáis a Europa da posición central que se lle otorga artificial e convencionalmente. Asignándolle o seu peso específico no mundo, tamén estamos marcando unha fronteira: a da realidade que nós queremos mostrar.

26 oct 2006

Dúas historias sobre a auga

Galeano firma o Estarivel
En breve, comezaremos coas crónicas dos eventos, pois estos días de intenso traballo non permiten postear todo o que quixéramos. Mais de momento, e para ir abrindo boca, deixamos aquí uns textos de Galeano.

De especial, ademáis da súa profunda verdade, teñen que apareceron no Estarivel #12 [PDF 533Kb], o cal conseguimos que nos firmase o propio autor... lágrimas nos caeron. De alegría, por suposto.

A AUGA
“...Ó principio dos tempos, a formiga non tiña a cintura finiña. Dío o Xénese, segundo a versión que anda de boca en boca na costa colombiana do Pacífico: a formiga era redonda e estaba toda chea de auga.

Pero Deus esquecérase de molla-lo mundo. Cando se deu conta da súa distracción, pedíulle axuda. E a formiga negouse.

Entón, os dedos de Deus estrulláronlle a barriga. E así naceron os sete mares e tódolos ríos...”


OS DONOS DA AUGA
“...Hai empresas que son como esa formiga pero moito máis grandes.

Ó fin do século vinte, a guerra da auga estalou en Cochabamba. Cando a empresa estadounidense Bechtel triplicou a tarifa dun día para o outro, as comunidades indíxenas marcharon dende os vales e bloquearon Cochabamba, e tamén a cidade rebelouse e alzáronse barricadas e arderon as facturas da auga, nunha gran fogueira, na Praza de Armas.

O goberno de Bolivia contestou a balazos, coma é habitual. Houbo estado de sitio, mortos e presos, pero a poblada continuou, imparable, día tras día, noite tras noite, durante dous meses, ata que na embestida final os cochabambinos desprivatizaron a auga e recuperaron o rego dos seus corpos e dos seus sembradíos.

Na cidade da Paz, en cambio, as protestas non impediron que se apropiara da auga a empresa francesa Suez. A tarifa foise ás nubes, e case ninguén puido paga-la conta. Por que será, preguntáronse os expertos europeos e os gobernantes nacionais. Estaba claro: por atraso cultural. Os bolivianos pobres, que son case todos, ignoran que deben bañarse unha vez ó día, como é costume en Europa dende fai quince minutos, e tamén ignoran que deben lava-lo auto que non teñen...”

Bocas del tiempo, Eduardo Galeano

A campaña nos medios

Neste post iremos actualizando a aparición de noticias relacionadas coa campaña nos medios.

Enxeñaría sen Fronteiras lanza campaña de sensibilización sobre a auga. Xornal.com, 20 de Outubro.

A USC acolle unha campaña de sensibilización sobre a problemática da auga. Xornal da USC, 23 de Outubro

El campus de Santiago estrena la campaña "Auga con fronteiras".. El correo gallego, 23 de Outubro.

La USC acogerá hasta el 3 de noviembre la campaña de sensibilización 'Auga sen fronteiras'. Noticias Galicia, 24 de Outubro.

Auga con Fronteiras La voz de Galicia, 25 de Outubro.

El agua es el petróleo del futuro. La Voz de Galicia, Lugo. 9 de Novembro.

Campaña de sensibilización de Enxeñería Sen Fronteiras. Diario de Ferrol, 23 de Novembro.

A campaña nos medios

Neste post iremos actualizando a aparición de noticias relacionadas coa campaña nos medios.

Enxeñaría sen Fronteiras lanza campaña de sensibilización sobre a auga. Xornal.com, 20 de Outubro.

A USC acolle unha campaña de sensibilización sobre a problemática da auga. Xornal da USC, 23 de Outubro

El campus de Santiago estrena la campaña "Auga con fronteiras".. El correo gallego, 23 de Outubro.

La USC acogerá hasta el 3 de noviembre la campaña de sensibilización 'Auga sen fronteiras'. Noticias Galicia, 24 de Outubro.

Auga con Fronteiras La voz de Galicia, 25 de Outubro.

El agua es el petróleo del futuro. La Voz de Galicia, Lugo. 9 de Novembro.

Campaña de sensibilización de Enxeñería Sen Fronteiras. Diario de Ferrol, 23 de Novembro.

23 oct 2006

A campaña en Compostela

A campaña xira en torno a 3 eixos formativos: os paneis de información, as charlas e as dinámicas. Non saberíamos decir cal e máis importante. Só que todos se complementan.

En Santiago de Compostela os eventos programados son os seguintes:

Presentación.
José María Vara, presidente da Federación española de Ingeniería Sin Fronteras acompañará a presentación da campaña.
Data: Martes 24 de Outubro, 19:00h
Lugar: Salón de actos da ETSE, campus universitario sur.

Xestión sostible de auga. Experiencia no Salvador.
Presentación a cargo de Víctor Vázquez, coordinador de proxectos de Enxeñería Sen Fronteiras e Asesor Técnico no Plan Director de Saneamento e abastecemento das Comunidades do Sur de La Libertad na República do Salvador. A continuación proxectarase a curtametraxe “Niños del agua”.
Data: Xoves 26 de Outubro, 19:00h
Lugar: Salón de actos da ETSE, campus universitario sur.

Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Eva Docampo, coordinadora do grupo Sahara de Enxeñería Sen Fronteiras. A continuación proxectarase a curtametraxe “Aqua-sahara”.
Data: Martes 31 de Outubro, 19:00h
Lugar:Salón de actos da ETSE, campus universitario sur.

Dinámicas formativas.
A partir dunha serie de actividades lúdicas (trivial de auga, monopoly, ...) tentarase abordar dun xeitos prácitco a problemática da auga.
Data: Xoves 2 de novembro, ó longo da tarde
Lugar: Salón de actos da ETSE, campus universitario sur.

Auga con fronteiras. A campaña.

Empezamos este blog para informarvos e facer seguemento do que ocorre coa campaña "Auga con fronteiras", que realizamos dende Enxeñería Sen Fronteiras.

Ós poucos iremos subindo materiais e enviando crónica dos eventos.

Un saúdo e Saúde!
Enxeñería Sen Fronteiras