Mostrando entradas con la etiqueta Enerxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enerxía. Mostrar todas las entradas

22 ene 2017

Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo

 Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar a xornada “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global” que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro en Vigo, coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Concretamente a idea é crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos, coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por cambio o actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio.  Todo isto desenvolverase a través do seguinte programa:


10:00-10:15 Benvida
10:15- 10:45 Impactos sociais do sistema enerxético actual. Sonia Ramos Galdo , Grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
10:45- 11:15   Impactos ambientais do sistema enerxético actual. Benigno Rodríguez Gómez, Universidade de A Coruña.
11:15- 11:45 Características do mercado enerxético español. José Luis Villamarín Fernández, grupo "Enerxía" de Amigos da Terra.
11:45- 13:00  Dinámica de dialogo colaborativo (I). Xeración de ideas
13:00- 13:30 Cooperativas de comercialización eléctrica. Pablo Álvarez, presidente de Nosa  Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
13:30- 14:00 Xeración distribuída, autoconsumo e redes intelixentes. Antón Román Portabales, estudante de doutaremento da Universidade de Vigo.
 
  14:00-15:30 Comida networking
15:30- 16:00 Enerxía e Cambio Climático: Mercados de comercio de emisións e outros mecanismos de compensación. Miguel Rodríguez Méndez, Universidade de Vigo.
16:30- 17:00 Proxectos de acceso á enerxía no Norte e no Sur. Daniel Vila Barreiro, grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
17:30- 18:00 Organizacións Transformadoras da Sociedade Civil. Julio Campo, Plataforma por un Nuevo Modelo energético.
18:00- 19:30  Dinámica de dialogo colaborativo (II). Xeración e priorización de ideas.
19:30- 20:00 Propostas de traballo futuro.

Neste marco, queremos contar co máximo de perspectivas posibles que enriquezan a reflexión conxunta e a posterior xeración de alternativas. De aí que se busque a participación de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade e centros de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, sociedade civil) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións políticas e de consumidores).

Dado que o aforo é limitado, para poder asistir á xornada será preciso inscribirse previamente no correo enerxia@amigosdaterra.net.  A inscrición será por orden de recepción e pecharase o día 15 as 15:00 horas, quedando habilitada unha lista de reserva para posibles baixas (por isto, prégase avisar se, unha vez anotado, non se vai poder asistir).



ENERXÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 
A urxencia de repensar o modelo enerxético global
  • Cando?
   SÁBADO 18 DE FEBREIRO
  • Onde?
   PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
   EDIFICIO CAMBÓN (3ª PLANTA)
   R/ OLIVA Nº 3, - VIGO


Prazas limitadas!! (inscripción  en enerxia@amigosdaterra.net ata o día 15 as 15:00)

Máis información: 981 167 000 ext 1479 (de 10 a 14:30) ou info@galicia.isf.es

22 nov 2016

Hablando de pobreza y género en el congreso Arcadia4

A finales del pasado septiembre se celebró en A Coruña el Congreso Arcadia4, sentido social del hábitat. Entre las comunicaciones seleccionadas para exposición estuvo la de nuestra compa Sonia Ramos, sobre Infraestructuras energéticas, mujer y desarrollo. La desigualdad y la feminización de la pobreza también tiene reflejo en el acceso a la energía, lo que obliga a emplear el enfoque de género también en las acciones a favor del derecho a la energía y en el desarrollo de políticas energéticas.

Podéis ver la presentación a partir aquí, a partir de los 16min 50seg, y descargaros la comunicación aquí.


7 nov 2016

"Miradas ecofeministas para transitar un mundo xusto e sostible"



O pasado xoves poidemos asistir en Vigo a unha charla sobre "Miradas ecofeministas para transitar un mundo xusto e sostible" impartida por Yayo Herrero, directora de FUHEM e ex-coordinadora estatal de Ecologistas en Acción, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, Educadora Social e Enxeñeira Técnica Agrícola. Yayo Herrero é un referente nacional e internacional da ecoloxía social, o feminismo e a corrente do decrecemento.

A charla foi organizada por Impórtanos coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, dentro do obradoiro "Achégate ao Sur" e financiada polo Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Xunta de Galicia).

A ponencia estivo adicada a análise das problemáticas actuáis dende a perspectiva do Ecofeminismo. Aínda que a análise non resulta doada, a capacidade comunicativa de Yayo Herrero aporta claridade e sinxeleza a unha temática tan complexa. A súa exposición abordou as principáis dificultades da humanidade dende distintas perspectivas, partindo dun punto común, o recoñecemento de que vivimos nun momento histórico no que tanto a economía, as políticas e mesmo a cultura, téñenlle declarada a guerra á vida. 

Partindo desta premisa, achegounos a cuestións como o esgotamento enerxético, o extrativismo de materiais ou o cambio climático. Por outra banda, mostrou as desigualdades do sistema capitalista, como un modelo que entra en dúas contradicións fundamentais: por un lado, trátase dun sistema económico que non pon límites o crecemento e que se sustenta mediante unha serie de recursos finitos; por outro, cunha poboación cada vez máis envellecida, o sistema non pon en valor os coidados das persoas, tendo que ser asumidos no ámbito privado, na maioría dos casos polas mulleres. En definitiva, trátase dun sistema que non ten en conta as ecodependencias e interdependencias que permiten a sostenibilidade da vida, por iso fai fincapé na urxente necesidade de reaccionar. 

Aquí se pode ver a intervención enteriña!!


22 sept 2016

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S nos eidos de traballo de ESF Galicia

Fixemos a análise dos 5 partidos aos que as enquisas dan probabilidades de entrar no Parlamento de Galicia (podedes entrar en cada un dos programas pinchando a continuación):

Chamounos a atención que nin o PP nin Ciudadanos fixeron unha versión do programa en pdf descargable que facilitara a lectura fora da internete (en dispositivos de tinta electrónica ou mesmo poder imprimir). Tamén complica o seguemento, xa que o programa pode ser eliminado facilmente en canto remate a campaña, imposibilitando o seu seguemento. Pero non vos preocupedes, tomámonos a molestia de pegar todo o contido en arquivos para que non “queden no olvido” (así que se pinchaches nos enlaces de arriba e non atopástedes algún deles, avisádenos que os temos en formato pdf). Sinalar que Ciudadanos foi o único partido que non tiña o programa escrito en galego.

A continuación podes ver o cadro resumo por temas sobre os que fixemos propostas coas cariñas que tanto nos gustan. Abaixo podedes acceder a análise de cada tema, que non pretende servir máis que para animarvos a ler vós mesmos os programas (sabemos que é difícil, parece que xa os fan tostón adrede :D).



Nos enlaces seguintes podes ver unha pequena análise de cada temática, con enlace tamén as propostas que se fixeran chegar dende ESF aos distintos partidos (tanto a través da Coordinadora Galega de ONGD dentro do "documento longo" de propostas aos representantes dos mesmos, como directamente dende ESF aos partidos vía twitter):
CONTACTO: info@galicia.isf.es. 981 167 000 ext. 1479









Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: Pobreza enerxética e novo modelo enerxético

No que ten que ver con Pobreza enerxética e novo modelo enerxético, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, chama a atención a mención de todos os partidos a promover medidas a prol da eficiencia enerxética, en xeral con pouca concreción.

A soberanía enerxética é mencionada polo BNG, que fala de control social neste sector. En Marea aposta polas renovables, priorizando a eólica e solar e posicionándose específicamente contra o fracking. Todos os partidos falan de Enerxías renovables, pero PSOE e PP céntranse moito máis no gas natural (o PP tamén na biomasa).

A acción exemplarizante dende os edificios públicos con enerxías alternativas se contempla tanto no PsdG como en En Marea.

Todos mencionan nalgunha medida o autoconsumo, pero só o BNG e Ciudadanos fan referencia á loita contra a pobreza enerxética ou non evitar cortes de subministro nalgúns casos.




Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

25 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS: POBREZA ENERXÉTICA E NOVO MODELO ENERXÉTICO

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):


  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
  • Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, a desenvolvimos aquí
  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético, que é a que toca hoxe.

Pobreza enerxética e novo modelo enerxético
A  loita  contra  a  pobreza  enerxética  debe  ser  un piar  esencial  no obxectivo  de  ter  políticas  públicas galegas coherentes cos DDHH e o desenvolvemento humano sostible. As propostas que realizamos  céntrase en tres eixos:

1. Compromiso coa erradicación da pobreza enerxética (incapacidade dun fogar ou familia para satisfacer  un  mínimo  de  servizos  enerxéticos  para  cubrir as súas necesidades básicas domésticas):

  • Promover axudas compensatorias nos casos de impago  xustificado socialmente,  eliminando os casos de corte de subministro eléctrico e de gas por  razóns  de  vulnerabilidade  social,  especialmente nos casos de unidades familiares monoparentais e/ou con menores de idade.
  • Promover, en colaboración con organismos que traballan con colectivos vulnerábeis, obradoiros de eficiencia  enerxética onde se ofrezan ferramentas   para reducir os importes das facturas de luz e gas e consellos prácticos  para  o  uso  racional  e eficiente da enerxía.
  • Promover puntos de información enerxética para orientación  personalizada  a  persoas  con  dificultades para entender e facer fronte as súas facturas e a detección de posibles situacións de pobreza severa.
  • Promover asesorías domiciliarias en casos de pobreza enerxética severa,  diagnóstico da situación enerxética dos fogares e proposta de medidas de aforro adaptadas a cada caso.
  • Intervencións  en  fogares  en  casos  de  pobreza enerxética  severa,  executar  medidas  de  aforro enerxético adaptadas a cada caso concreto.
  •  
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

Porcentaxe de fogares con gastos en enerxía doméstica superiores ao 10% dos ingresos en Galicia.
Situación ano 2012: 18%
Obxectivo 2020: 0%
Fonte: Elaboración a partir dos microdatos da “Encuesta de Presupuestos Familiares (EPF) del Instituto Nacional de Energía (INE)”

Porcentaxe de fogares que non poden permitirse manter a súa vivenda cunha temperatura axeitada en Galicia.
Situación ano 2012: 7%
Obxectivo 2020: 0%
Fonte: Elaboración a partir dos microdatos da ECV (INE).

2. Compromiso   da   administración   coa   eficiencia  enerxética:


  • Supervisar  o  cumprimento  da  lexislación  en  materia de eficiencia enerxética nas instalacións de  alumeado  exterior  por  parte  dos  concellos  galegos  (Real  Decreto  1890/2008  de  14  de  novembro)   revertendo   a   situación   actual   na   que  o  55%  dos  procedementos  publicados  na  Plataforma  de  Contratación  Pública  de  Galicia  durante   o   2015   incumpren   a   referenciada   normativa.
  • Incluír  nas  posibles  axudas  a  reformas  e  novas  construcións  (e  nos  pregos  de  condicións  para  obras  públicas)  criterios  de  eficiencia  enerxética  (superando  aos  xa  incluídos  na  lexislación  vixente).
  • Promover á I+D en eficiencia enerxética naquelas industrias que pola súa singularidade teñan un impacto importante no desenvolvemento humano no ámbito galego (por exemplo industrias electrointensivas  que  sexan  motores  económicos en áreas rurais, etc.).
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

100% das licitacións de Iluminación Pública publicados na Plataforma de Contratación Pública de Galicia durante os anos 2016-2020 cumplen a referenciada normativa de eficiencia enerxética. Fonte: Plataforma de Contratación Pública de Galicia


Incremento da inversión público-privada en I+D no ámbito da eficiencia enerxética na industrias electrointensivas ubicadas no territorio galego


3. Promoción da soberanía enerxética (novo modelo enerxético):

  • Promover   axudas   e   ordenanzas   reguladoras  que  faciliten o auto-abastecemento enerxético a baixa escala a partir de tecnoloxías que xa existen, explorando os límites que permiten as leis.
  • Promover  a  participación  cidadá,  asegurando  a  igualdade de xénero, na toma de decisións relativas  ao  desenvolvemento  de  infraestruturas  enerxéticas e o abastecemento enerxético.
    Promover  o  “asociacionismo  enerxético”  (cooperativas   de   consumo   de   enerxías   renovables,   instalación   enerxéticas   compartidas,...).
  • Campañas  de  consumo  responsable  de  enerxía nas  propias  institucións, mediante  boas  prácticas.
    Traballarase para declarar a Galicia  “100% autosuficiente  enerxicamente”  (cando  se  produce máis da que se consume) e, idealmente, “100% autosuficiente   de   enerxías   renovables”. Todo isto respectando escrupulosamente a planificación  territorial  correspondente  ás  zonas  sensibles a determinados tipos de infraestruturas de xeración de enerxía. 
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

Aumento dun 20 % de enerxía obtida en Galicia a partir de fontes renovables durante a lexislatura e dininución anual da % de enerxía importada, facendo estudos de diagnose da situación inicial se fora necesario.

4 abr 2016

Pobreza Enerxética en Galicia e Proposta de Réplica de Intervención

Sonia Ramos, voluntaria histórica de ESF Galicia, que adicouse profesionalmente á cooperación en temas de enerxía, compártenos unha reflexión que deixamos aquí 

----------------
A pobreza enerxética, referida a un fogar ou familia, é a incapacidade de este para satisfacer un mínimo de servicios enerxéticos para cubrir as sus necesiades básicas domésticas.
Trátase de un fenómeno aparentemente invisible, pero que según o “Estudio de Pobreza Energética” elaborado pola Asociación de Ciencias Ambientais no ano 2014, afecta a 7Mill de personas en España, según datos do ano 2012.
Cando se fala de enerxía acostúmase a asociar ó ámbito productivo, donde se considera un ben estratéxico para a economía de un país. Sin embargo, a enerxía é esencial nas tarefas reproductivas, de ámbito doméstico, tradicionalmente exercidas polas mulleres. As tarefas reproductivas, realizadas na esfera privada e xeneralmente non remuneradas, foron e siguen sendo socialmente pouco valoradas, a pesar de que representan un elemento clave para o desenvolvemento integral das personas (alimentación, educación, hixiene, cuidado, etc.). Este feito ten contribuido sin duda a mantener a pobreza enerxética nun segundo plano e a facer que non se lle dé a importancia necesaria.
A pobreza enerxética supón un grave risco para a saúde das persoas. Os principais impactos son insuficiencias respiratorias, complicacions cardíacas e maior risco de sufrir problemas mentais.
O feito máis destacable nestes momentos é o rápido aumento da pobreza enerxética en España durante o periodo de crisis debido á concurrencia de dous factores: a caída dos ingresos dos fogares e o aumento, moi significativo, do gasto enerxético, motivado principalmente polo forte aumento do precio da enerxía eléctrica.
No entorno galego, o citado informe, conclúe que:
  • A porcentaxe de fogares en Galicia con gastos en enerxía doméstica superiores o 10% dos ingresos foi similar á media española, mentras que a porcentaje de fogares que non pode mantener a sua vivenda con unha temperatura adecuada foi superior a esa media.
  • A porcentaje de fogares con gastos desproporcionados en enerxía doméstica aumentou intensamente en Galicia dende 2007
  • En 2012 o 18% dos fogares en Galicia tiñan un gasto en enerxía doméstica superior o 10% dos ingresos e o 7% non podían mantener unha temperatura adecuada nas suas vivendas.
  • Dos 7,4 millones de persoas en España, con gastos en enerxía doméstica por encima do 10% dos ingresos, 455 mil persoas se encontraban en Galicia, mentras que dos 4,2 millones de personas que non podían mantener o seu fogar a unha temperatura adecuada, 192 mil persoas estaban en Galicia.
  • Durante 1996 a 2011, o promedio de mortes asociadas á pobreza enerxética en Galicia estimaronse entre 200, 600 e 800 personas (10, 30 e 40% de la TAMAI absoluta).
A iniciativa Fuel Poverty Groupque se está a desenvolver en Barcelona, resultado da unión dos esforzos e o traballo en rede de varios colectivos. Realiza as siguientes actividades orientadas á reducción da pobreza enerxética no seu entorno:

  • Talleres de eficiencia enerxética en colaboración con organizacións que traballan con colectivos vulnerabeis: nestes talleres ofrecense ferramentas para reducir os importes das facturas de luz e gas e consellos prácticos para o uso racional e eficiente da enerxía
  • Puntos de información enerxética: orientación personalizada a persoas con dificultades para entender e facer frente as suas facturas e detección de posibles situacións de pobreza severa
  • Asesorias domiciliarias: Diagnóstico da situación enerxética dos fogares e proposta de medidas de aforro adaptadas a cada caso.
  • Intervencións en fogares: Realizar propuestas de mellora para garantizar a eficiencia.

8 may 2015

Algunhas medidas sobre enerxía nos municipios,para quen queira oir...


Na liña das propostas que se están a compartir cos diversos partidos políticos dende a Coordinadora Galega de ONGD, algunhas das cales foron desenvolvidas dende ESF Galicia, queremos seguir afondando, neste caso no eido da enerxía, con algunhas novas e máis concretas:
- Implementar políticas contra a pobreza enerxética (ofrecer servizo gratuito de asesoramento enerxético, bonos enerxéticos sociais,...)
- Auditoría enerxética de edificios municipais e dependentes, e implementación de medidas de eficiencia enerxética
- Incluir o abastecemento con enerxías renovables nas normativas municipais de edificación 
- promover o desenvolvemento de sistemas de calefación de distrito con fontes renovables e baseados en cooperativas de usuarios. 
- promover a educación cidadá na xestión enerxética
- promover plans de aforro e eficiencia enerxética a nivel local
- favorecer e fomentar a contratación de enerxía con cooperativas de enerxías renovables. 
- favorecer a instalación do autoconsumo renovable
- Incentivos fiscais para as industrias que cumplan con criterios ambientais e de eficiencia enerxética. 
E aquí unha crítica ben fundada a medidas que se tomaron en nome da loita contra a pobreza enerxética, neste caso en Zaragoza. Sentidiño! O problema de fondo en España é o modelo enerxético, e hai alternativas. Os compas de ESF Catalunya nolo contan no documental Les Nostres Energies, que incide na realidade catalana, pero que non é moi diferente a do resto do Estado Español.Máis información na campaña Dereitos Humanos a escuras. Outra campaña interesante neste eido e a de OligopolyOff.




15 abr 2015

Debates ESFeiros: "A hora galega"

Participante 1:

Galicia é o lugar de Europa con maior desfase respecto ao seu fuso horario. Hai 2 horas e media entre o noso reloxo e o sol: http://emosqueira.com/2009/10/25/los-gallegos-y-nuestra-zona-horaria/
De feito, o resto de España e Francia tamén arrastran un pequeno desfase desde a expansión alemana na II Guerra Mundial: http://www.victorsoriano.net/?p=1803
En 2006 o Parlamento galego debatía a petición ecoloxista de adoptar a hora media de Greenwich (GMT+0) como medida de aforro e eficiencia enerxética, emparellando os ciclos día-noite e actividade-descanso: http://www.elcorreogallego.es/portada/ecg/culebron-hora-gallega-anima-puente/idNoticia-111996/
Despois de negar a proposta para Galicia por motivos políticos, o ano pasado o Congreso estudouna para toda España: http://www.eldiario.es/galicia/hora-Galicia-ahora-toda-Espana_0_179882781.html
Que opinades?
Notades o desfase horario?
Tendes que prender as luces pola mañá?
Ter a mesma hora que Portugal é bo ou malo?

Participante 2:

Vou estar dacordo con todo menos coa primeira afirmación, porque realmente depende da época do ano :) Para apoiar isto último teño este sesudo enlace, do gusto dos que gustan dos mapas: http://politikon.es/2014/10/09/por-que-la-hora-de-berlin-triunfa-en-europa-occidental/
É un intento de explicar por que o teórico desfase solar de España e de Galicia en particular ten perdurado tanto tempo despois do cambio de hai 70 anos.
Tamén podedes pasar por calquera páxina que teña as horas do mencer e do solpor de cidades (por exemplo eltiempo.es) e mirar a ver como andamos hoxe de diferencias horarias. Por exemplo, mañá mesmo entre Vigo e Barcelona haberá un desfase de 45 min aproximadamente. E entre Vigo e Berín unha hora e media. Ah, pero entre Vigo e Málaga a penas 15-20 minutos...
E xa a miña opinión persoal, eu deixaría os horarios tal como están agora, porque non están tan mal e non creo que pague a pena meterse a cambialos. Eu prendo as luces cando esperto, e non as apago ata que xa estou entrando na oficina (si, son o único da oficina que pensa en apagalas cando sae o sol...), e se cambiamos a hora apagarei as luces da oficina unha hora máis tarde... pero terei máis luz ata a hora de cear. Iso en Burgos. En Galicia poderíase pensar en ter a hora de Londres, porque coincide ben coas horas do mencer e solpor dalá, millor que con Lisboa. Pero a meirande relación de Galicia é co resto de España, así que tampouco creo que pague a pena facer o cambio.
Apertas!

Participante 3:

Ola, non teño aínda unha opinión ben definida sobre o desfase horario de Galicia ou incluso de España, pero aínda que non está directamente relacionado si que non estou dacordo con dúas cousas:
-O cambio horario en outono e primavera porque me parece ir contranatura e a nosa bioloxía e, os supostos aforros están tamén cuestionados.
-Xestionar os horarios laborais doutro xeito para favorecer a conciliación laboral e familiar, de feito tal e como decía Participante 1, xa se debatira no congreso de adaptar os horarios ao "estilo británico". E unha das accións foi cambiar o prime time de TVE... algo é algo jajaja bicos.

Participante 4:

De acuerdo con Participante 2 en que el desfase depende de la época del año. El desfase al que se refiere Participante 1 (2,5 h) es durante el horario de verano. Hasta que se adelante la hora, el desfase es de aprox 1,5 horas, dependiendo de la Longitud del lugar de Galicia. Por ejemplo en Ribadeo es de 1h 28 m, y en Finisterre de 1h y 37m. En horario de verano 1h más.
Alguna aclaración:
Cada 15º de longitud suponen 1h (360º/24h), que es lo que miden los husos horarios. El huso horario en el que está la mayoría de España es el 0, el de Greenwich, que va desde 7º 30' de longitud E a 7º30' de longitud W. La mayor parte de Galicia está en el huso horario siguiente GMT -1, pero no toda, Ribadeo por ejemplo, con sus 7º2'27''W esta en el mismo huso que el resto de España.
En España, además tenemos la hora oficial, adelantada 1h en invierno. Correspondería GMT y tenemos GMT+1. Y en verano GMT+2. A lo que hay que sumar la media hora por diferencia de longitud con el meridiano 0. A la mayoría de Galicia le correspondería GMT-1, pero en ese caso llevaríamos casi media hora de adelanto con el sol. Tendríamos un desfase medio de unos 27 minutos de retraso con respecto al horario solar.
A pesar de todo lo dicho, yo creo que sería absurdo plantearse el tener la hora oficial del uso horario que corresponde a la mayoía de Galicia, el que tienen Portugal o Canarias.
Una cosa Participante 2, la referencia para el desfase se debe tomar en relación a la meridiana, al mediodía, al paso del sol por el meridiano del lugar, no a las horas de la salida o la puesta de sol, que además de con la longitud varían con la latitud, que no tiene nada que ver con el huso horario, y que también varían a lo largo del año, varían más cuanto más alta sea la latitud, tanto norte como sur, cuanto mayor sea la separación del ecuador. 2 lugares con distinta latitud varían la diferencia de horas del orto y del ocaso a lo largo del año. En cambio 2 lugares con diferente longitud mantienen constante la diferencia de tiempo del paso del sol por cada uno de los lugares (el mediodía), sea cual sea su latitud.
Por todo lo dicho, yo creo que sería bueno que se suspendiese el cambio de hora del verano (por no incrementar el desfase y por el perjuicio que causan en los bioritmos), y se debía mantener todo el año la hora del invierno. 2, 5 horas de desfase son demasiado, incluso aunque sean 2 como en Levante.
También podría plantearse el adaptar la hora oficial de la península al huso horario que corresponde, eliminando incluso la hora de adelanto permanente. Pero creo que eso no sería muy necesario, porque ya tenemos nuestros horarios adaptados a ese desfase horario y se hace todo a una hora de reloj más tardía que en otros lugares, con lo que más o menos coincide con la misma hora solar.
Lo que si tengo claro es que por ese exceso de adelanto horario medio de 3 minutos de Galicia con respecto al limite del huso horario en el que nos han metido, no merecería la pena tener una hora distinta de la del resto de la España peninsular.
Saludos.

19 dic 2012

Fracking, que é?

O fracking ou fractura hidráulica é un método de extracción de combustibles fósiles do subsolo, almacenados en estratos de pizarra, polo que tamén se lle conoce coma gas pizarra (shale gas).

Esta innovadora técnica consiste na perforación vertical de ata catro kilómetros de profundidade, e outros tantos en horizontal a través dos cales se inxecta auga e area, xunto cunha mestura de máis de 500 químicos, logo de realizar unha serie de voaduras no interior para fracturar os estratos de lousa. Desta forma o gas é liberado e finalmente extraído xunto cá auga para ser tratada posteriormente nunha planta de separación.

As posibilidades económicas que xenera este método son incalculables, pois fai posible a extracción de unha cantidade enorme deste combustible pola simple razón de facelo viable económicamente. É tal a cantidade deste tipo de gas no mundo que se calcula que podería prolongar nun 30% o noso modelo de vida baseado nos combustibles fósiles.

Agora ben, é realmente e viable? é unha solución enerxética para o futuro? ou simplemente é unha tentadora posibilidade económica?


20 oct 2012

#falandocospartidos

Nas dúas últimas semanas antes das eleccións galegas do 21 de outubro, estivemos facendo preguntas coa etiqueta #falandocospartidos aos 6 principais partidos (segundo as enquisas) vía twitter (ao twitter oficial dos partidos, non dos candidatos) en 4 temas que nos preocupan. Velaquí as respostas (destacar que CxG contestou ás 4, o PP a dúas, UPyD a 1 e o resto a ningunha):


-->
SOFTWARE LIBRE

Estarían dispostos a priorizar o uso do #softwarelibre na administración pública? #falandocospartidos #21O


Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA por suposto, supón un aforro importante e permite o desenvolvemento de ferramentas abertas para todos. Grazas!


PP de Galicia ‏@ppdegalicia

@esfgalicia fortaleceremos os mecanismos de formación,difusión e respecto aos seus modelos de desenvolvemento http://ow.ly/ekt9v (p.176)


UPyD Galicia ‏@UPyDGalicia

@ESFGALICIA Lo hemos propuesto en varias instituciones, estamos a favor del Software libre en las instituciones públicas, sí ;)


José M. Devesa Núñez ‏@josemdevesa (concejal do PP no concello de Oleiros)

@ESFGALICIA teneis un problema en vuestro planteamiento en este momento ya se usa software libre en el proyecto ABALAR da C. Educacion

Enxeñería SF Galicia ‏@ESFGALICIA

@josemdevesa Coñecemos ABALAR e tamén os problemas que ten a pesar de ser un avance.Desgraciadamente Educación é só unha parte das AAPP...


Andrés Estévez ‏@andres_aec




--------------------------------------------------------------------------
ENERXÍAS RENOVABLES

Priorizarán a I+D+I e uso das #enerxiasrenovables fronte as non renovables? #falandocospartidos #21O


Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA Por suposto.Queremos implantar un novo modelo económico baseado na innovación e o coñecemento,dende a educación ata a industria.




----------------------------------------------------------------
AUGA PÚBLICA

Priorizaredes a xestión pública da auga respecto a sistemas de tipo privado ou público-privado?



Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA si, con medidas como a derrogación da lei de augas que serve para privatizala.

PP de Galicia ‏@ppdegalicia

@ESFGALICIA continuaremos executando novas infraestruturas de abastecemento de acodo co Plan Auga (páx.198 http://xurl.es/115c0 )





-------------------------------------------------------------------

SOBERANÍA ALIMENTARIA

Tendes previsto no voso modelo agroalimentario priorizar a #soberaniaalimentaria de Galicia? #falandocospartidos #21O

Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA falar de soberanía nun mercado globalizado é difícil. Apoiar a productores e comerciantes galegos e ao cooperativismo é realista

10 abr 2012

O Foro Alternativo Mundial da Auga: Marsella 2012

O edificio era negro e vermello. Unha antiga nave industrial que se transformou no escenario dun festival de música itinerante. Por iso había focos, cámaras, escenarios e panos vermellos que anunciaban o comezo do espectáculo. En catro intensísimos días (do 14 ao 17 de marzo) celebrouse nese espazo inspirador o Foro Alternativo Mundial da Auga (FAME) na cidade francesa de Marsella, unha pequena produción de autoría colectiva que lle quixo facer fronte ao Foro Mundial da Auga (de alcume “Oficial”), a superprodución mundial de guións enlatados e discursos en serie.

No espazo alternativo, o noso espazo, fomos un total de 5.000 espectadores inscritos; 10.000 ollos expectantes e orellas ben abertas que atendían con entusiasmo ao nacemento da Rede Europea da Auga, a Rede Española de Auga Pública e ao inminente inicio de recollida de firmas dentro da Iniciativa Cidadá Europea. Tamén coñeciamos os éxitos da Consulta Social sobre a Privatización do Canal de Isabel II en Madrid (177.685 votantes) e o exitoso Referendo italiano no que 27 millóns de persoas votaron en contra da privatización do recurso. As cifras conseguiron, por unha vez, non demoler ánimos nin gañas e canalizar toda a enerxía para achegarnos ao interruptor que preme a luz ao final do túnel.

A brecha informativa

A pesar de que un total de 15.000 persoas participaron nalgunha das actividades ou obradoiros do FAME, as persoas que pertencemos a movementos sociais fomos cada vez máis conscientes da existencia dunha brecha informativa que non entende de clases nin de latitudes. Descoñecemos datos e prácticas que nos fan berrar un poderoso e furioso NON, case no mesmo intre no que os entendemos. Descoñecemos cousas que nos afectan a diario e non nos molestamos en descubrir porque non están intimamente relacionadas ao noso ámbito de actuación.

Descoñecemos que hai aldeas de Castilla nas que non é posible beber nin cociñar coa auga das casas ao estar terriblemente contaminadas debido ao abuso de abonos nos latifundios casteláns de trigo. Descoñecemos tamén que o 40% dos acuíferos do Estado español están contaminados. Acaso isto non nos afecta? Non forma parte do noso ámbito de actuación a problemática da auga, da obtención da enerxía, da xestión dos recursos naturais, da agricultura?

Comunicar dende a alternativa: reflexións aterradas na práctica de ESF

Ao longo dos talleres, dos debates posteriores, das conversas nas comidas e nas ceas, puiden ir apuntando unha serie de ideas que, máis que resumir o contido das actividades nas que participei, me permiten aterrar cousas que fun escoitando e apuntando na práctica esfeira dos grupos nos que participo. Co fin de que sexan de utilidade para a organización as recollo a continuación:

  • É preciso un enfoque integral que aglutine os tres temas que se traballan nos grupos de proxectos, xa que hai unha interconexión evidente entre os posicionamentos de auga, desenvolvemento rural e enerxía. Estamos a traballar nese enfoque holístico? Por que eu, que son do grupo Agro e fun PCR en Honduras non teño nada traballado o discurso do dereito humano á auga e descoñezo as alternativas enerxéticas?


  • Á hora de sensibilizar sobre a problemática dos países do Sur (aínda que a división Norte-Sur xerou moita polémica), é interesante traballar con historias concretas pero sen esquecer presentalas a través das causas estruturais que están na base de todas esas historias. Os relatos de vida son, dende o meu punto de vista, importantísimos para afastarse do aséptico do nivel teórico; pero débense combinar.


  • Á hora de traballar a Soberanía Alimentaria hai que contar as experiencias do Norte. É máis difícil pero á hora de comunicar dende a alternativa e non só dende a indignación é preciso achegar as cousas e as reflexións que se están xerando aquí. É importante dar voz á problemática do Sur, porque non teñen voz; pero tamén é preciso traballar a EpD cos agricultores e agricultoras do Norte, ou polo menos tecer redes coa xente que o está a traballar para compartilo no noso eido de actuación urbán.


  • As mulleres xestionan a auga ata que chegan os proxectos de cooperación e se crean as xuntas de augas e se xeran procesos de canalización e xestión sistematizada do recurso. As xuntas de auga dos proxectos de Honduras teñen en conta a importancia da paridade na súa formación? É un indicador dos proxectos? Pregúntoo porque non estou segura xa que ás poucas persoas que coñecín das xuntas de auga eran homes e no FAME houbo queixas por parte das mulleres dos países africanos con respecto a este tema.


  • Sabemos o que é a fracturación hidráulica? Temos un posicionamento ao respecto?


  • O sentido común ten a acepción da sensatez pero tamén achega a importancia do sentido comunal. Nunca o pensara deste xeito e me parece interesante integralo nos discursos.


  • Onde están as alternativas? Temos as loitas, a protesta, a indignación e o entusiasmo. Pero, cara onde o canalizamos? No FAME faltáronme propostas. É importante comunicar dende alternativa e non tanto dende a protesta. Non apareceu o decrecemento, nin sequera nas charlas ás que asistín de Ecoloxistas en Acción. A xente cabréase, enfádase, pero non relaciona que o problema da auga está bastante vinculado a cambiar de móbil cada mes, ás viaxes en avión por 10 euros... O "non" é doado de conseguir, pero hai que buscar a transformación e para iso debemos empezar a pensar en alternativas e non só en denuncias.

O FAME serviume para recargar as pilas. Os foros son unha renovación de paciencias que fraquean (ás veces tamén as forzas, pero creo que non tanto). Descubrimos ás “outras” persoas que, ao igual que unha mesma, traballan por nós e polas outras “outras”. Apréndese a despensar o aprendido seguindo as canles do sistema, abrindo a mente a novas ideas que nos permiten volver a encher as mochilas de gañas de seguir cara adiante e nos converten en persoas alegres, transparentes e en movemento, coma a auga.

28 nov 2011

Reflexionando sobre minieólica e autoabastecemento enerxético

A raíz de descubrir a existencia de AEMGA, asociación de Enerxía Minieólica de Galicia, o grupo enerxía de ESF comentou algo deste tema (algo se fixera xa en Ferrol, cun proxecto fin de carreira).


------------------------------------------------------------
Participante 1

Eu lin nalgún lado que estaban traballando en pequenos aeroxeradores para poñer nas cidades, que fixeran pouco ruido (un dos principales inconvenientes deste tipo de enerxía nos núcleos urbanos). Creo que en Reino Unido teñen nalgúns pobos este tipo de aparellos nas rúas que teñen maior corrente de aire. A idea é poñelo nas azoteas que estén máis descubertas (non tapadas por outros edificios) e nas farolas e postes das rúas.
Este tipo de enerxía xunto cos paneis solares é interesante para facer de cada edificio unha central enerxética, que se abasteza a si mesmo ou produzca máis electricidade para integrala na rede.

O seguinte enlace mostra a idea dunha nova "revolución industrial"

Entrevista a Jeremy Rifkin, per Marina Meseguer (La Vanguardia.com)

-----------------------------------------------
Participante 2

vaya, muy interesante la entrevista... De los 5 pilares que menciona echo de menos alguna referencia a la responsabilidad en el consumo (me parece que es excesivamente "tecno-optimista", aunque me gusta que tenga tan claro que hay cosas muy concretas e importantes que no se cambian por falta de voluntad política y los intereses de unos pocos...)

-----------------------------------------------
Participante 3

A min me parece unha idea macanuda. Son dos que pensa que, de dispoñer do lugar adecuado polo tema do vento, a minieólica ten vantaxes sobre a fotovoltaica a pequena escala ó nivel tecnolóxico que está esta última e parece que a idea é que canto mais grandes os molinos mellor, pero que igual non é así.

Respecto ó artigo dende logo que fai falla una revolución enerxética global, pero antoxaseme unha revolución mais "social" ca "tecnolóxica". Os primeiros pasos son un mellor uso da tecnoloxía actual, diseminar a xeración de enerxía (e non a política de cada vez centrais mais grandes e mais afastadas) e por suposto o tema do consumo responsable e a eficiencia enerxética (o mais barato, fácil e inmediato)

------------------------------------------

Participa no debate! E ti que opinas?

3 oct 2011

Memoria Sensi-Coruña 2011

Voluntarias


Cristina Couce Fernández (anterior coordinadora)


Antía Yáñez Rodriguez




Alberto Prieto e Patricia Muñoz Carril




Marta Pardo Fuentes




Tamara Rosales Rodriguez




Elisa Grande García




Guillermo Alberto Castro Botello (Actual coordinador)