Mostrando entradas con la etiqueta Foro Internacional da Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Foro Internacional da Auga. Mostrar todas las entradas

26 nov 2012

Coñecendo ós socios locais II





O Foro Internacional da Auga xurde coa vontade de ser un espazo de encontro no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao dereito humano á auga.

Para isto convidamos a catro integrantes dos socios locais cos que temos traballado no pasado e traballamos actualmente.

La Cuculmeca foi socio local entre o 2008 e o 2010, a través dos proxectos de boas prácticas agrarias, en comunidades rurais de Jinotega, Nicaragua.

Aracely Herrera, integrante desta asociación, viaxou ata Galicia para compartir a súa experiencia na cooperación ó desenvolvemento. A súa mensaxe, nun minuto:




ACUA, o Asociación Comunitaria Unida pola Auga e a Agricultura, é unha organización que traballa cun enfoque integral para mellorar a xestión do recurso hídrico e a agricultura sustentable en El Salvador.

Oscar Ortiz, responsable de Auga e Saneamento desta asociación, fálanos da lexislación das augas neste país. A súa mensaxe nun minuto:



25 nov 2012

Coñecendo ós socios locais





O Foro Internacional da Auga xurde coa vontade de ser un espazo de encontro no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao dereito humano á auga.

Para isto convidamos a catro integrantes dos socios locais cos que temos traballado no pasado e traballamos actualmente.

A Alcaldía de Marcovia é socio local na actualidade, a través dos proxectos de abastecemento e saneamento das augas, en comunidades rurais do Golfo de Fonseca, Honduras.

Flor de María Moya, traballadora nesta municipalidade, viaxou ata Galicia para compartir a súa experiencia na cooperación ó desenvolvemento. A súa mensaxe, nun minuto:




CODDEFFAGOLF, o Comité para a Defensa e o Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca, é unha asociación comprometida coa conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable de Honduras.

Leana Corea, subdirectora de esta organización, fálanos da importancia da cooperación entre Honduras e Galicia. A súa mensaxe nun minuto:



19 mar 2012

Entrevista a Javier Lendoiro Santos - Radio Cerna

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Javier Lendoiro Santos, voluntario da ONGD  Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Radio Cerna" de ADEGA o 19 de marzo de 2012.
Durante a conversa, Javier presenta o Foro Internacional de Auga que se celebra na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo do 20 ó 24 de marzo de 2012; organizado por ESF Galicia coa vontade de ser un espazo de encontro Norte - Sur no que se debata e reflexione sobre o Dereito Humano á Auga.