ESF Galicia - Quen Somos

·     Misión ou Obxectivo de ESF Galicia:

ESF Galicia é unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano”.
Pero sobre todo, ESF Galicia é un grupo de persoas que, fronte á actitude pesimista de dicir “que mal está todo” pero sen facer nada por cambialo, traballa por acadar outra actitude máis constructiva demostrando que facendo incluso pequenas cousas pódese transformar á sociedade.

Para unha descripción máis pormenorizada da asociación pode consultar os Estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

--------------------------------------------------

·     Somos “Enxeñería” e non “Enxeñeiros”:

O nome da asociación é “Enxeñería” Sen Fronteiras, non “Enxeñeiros”. Pois a capacidade de poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano é de todo o mundo, non exclusivamente de enxeñeiros. E para contribuir na educación e na conciencia social necesítase de xente que non ten porque ter estudos de enxeñería, calquera persoa pode ter algo que aportar neste campo, tanto profesionais da Socioloxía, da Economía, do Ensino, do Periodismo, da Psicoloxía..., ou sen estudos universitarios. Abonda con ter unha conciencia crítica e ganas de invertir unha pequena parte do noso tempo.

Ademáis, para que unha sociedade cambie é necesario que as persoas que a forman tamén o fagan. Por iso, ESF Galicia aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

--------------------------------------------------

·     ESF Galicia basea as súas liñas de traballo sobre 3 piares fundamentais:

1.  Educación para o Desenvolvemento (EpD)
2.  Sensibilización
3.  Proxectos Internacionáis de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD)

EpD
Sensibilización
PICD
A través da EpD, dende ESF Galicia, contrubúese á formación educativa coa organización de cursos (sobre todo no ámbito universitario) que constitúen un proceso educativo constante e que preseguen activar o pensamento crítico.
Coa EpD contribúese á comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur, e promove valores e actitudes  relacionados coa solidaridade e a xustiza social e busca vías de acción para acadar un desenvolvemento humano e sostible.
EpD parte dunha análise en   profundidade, que cuestiona o   modelo de desenvolvemento e promove   accións para o cambio a nivel global e local a medio e longo prazo.
Así pois, dende ESF Galicia organízase o Curso de ICD na Universidade da Coruña e os Cursos de TCpDH na Universidade de Santiago.
As campañas de Sensibilización son accións máis puntuais coas que se pretende alertar e cuestionar as situacións de inxustiza existentes, dirixíndose en xeral ao gran público a través dos medios de comunicación masivos mediante mensaxes breves, coa intención de acadar un resultado nun corto prazo de tempo.
Pódense citar como exemplos: as  “Xornadas da Auga”, as   “Xornadas da Sustentabilidade”...
En numerosas ocasións, convértense tamén en campañas de Incidencia, para as que se levan a cabo accións encamiñadas a influír nas decisións políticas que se adoptan no Norte e que afectan aos países do Sur. O público obxectivo está ben definido, e a súa implantación propón alternativas de acción   esperando que sexan efectivas a curto ou medio prazo.
Nos últimos tempos, dende ESF Galicia leváronse a cabo numerosas campañas de incidencia relacionadas coa situación do Sahara Occidental.
Os PICD son un conxunto de actividades interrelacionadas para ser levadas a cabo baixo unha  xerencia unificada, coa fin de acadar un obxectivo específico de relevancia, nun prazo previamente   establecido e mediante a utilización duns recursos predeterminados.
Estes proxectos ou programas, lévanse a cabo con socios locais (contrapartes), é dicir, non   se trata de ir alí a “poñer tuberías ou facer pozos e logo   voltar”. O máis importante é o fortalecemento das estructuras locais (institucións, entidades, pobos, comunidades, …) para que cando marchen as ONG's poidan manterse os proxectos ou infraestructuras creadas, asumindo eles as competencias.
É importante tamén minimizar os gastos de mantemento pois éste corre a cargo das entidades locais.
Na actualidade, ESF Galicia ven de pechar un proxecto en Nicaragua e está a  traballar noutro en Honduras consistente nun proxecto integral de auga e saneamento.

--------------------------------------------------

·     Como se financia ESF Galicia:

ESF Galicia depende en gran medida das subvencións, tanto as que concede a Universidade ás asociacións de estudantes, como as que emiten as distintas administracións públicas ou institucións privadas en temas de cooperación internacional.

A xestión destas axudas é independente do goberno e esforzámonos en que sexa o máis transparente posible. Outra parte do financiamento, depende das cotas que os socios pagan dúas veces ao ano, e que son empregadas principalmente nos gastos de administración, impresión de material informativo e documentación, papelería... En menor medida están as doazóns anónimas.

A transparencia é un apartado importente para ESF Galicia e por iso adoitan facerse auditorías con frecuencia para clarificar o estado económico da asociación.

--------------------------------------------------

·     Como se organiza ESFGalicia:

ESF Galicia é unha asociación independente que traballa de forma autónoma en Galicia pero que está integrada na “Federación de Ingeniería Sin Fronteras”, aínda que os seus membros traballan de xeito independente.

Na actualidade ESF Galicia está presente en distintas cidades, o que  constitúe as diferentes sedes de ESF en Galicia, éstas son: A CoruñaFerrolSantiago de CompostelaLugoOurense e Vigo e conta con, aproximadamente, 65 persoas voluntarias, 3 persoas contratadas e máis de 200 socios.

Nas sedes, as persoas voluntarias adoitan dividirse en diferentes grupos de traballo, sendo algúns deles: EpD (Educación para o Desenvolvemento), GAT/ER (Grupo de Administración e Tesourería / Economía Responsable), GSIC (Grupo de Sistemas da Información e Comunicación), PICD (Proxectos Internacionáis de Cooperación para o Desenvolvemento), SensibilizaciónVoluntariado, …

--------------------------------------------------

·     Asuntos nos que ESFGalicia se posiciona:

1.  Auga
2.  Sahara
3.  Software Libre
4.  Economía Responsable
5.  Soberanía Alimentaria

ESF Galicia defende o acceso á auga potable e ao saneamento como Dereito Básico Universal do Ser Humano para ter unha calidade de vida digna e adecuada (así recoñecido pola ONU).
Posicionamento ESF Galicia - AUGA.
ESF Galicia denuncia a situación de indiferencia do goberno español ante o conflito militar aberto dende hai máis de 30 anos no que o Fronte Polisario loita contra Marruecos y Mauritania para acadar a independencia do pobo do Sahara Occidental.
Coñece todos os detalles sobre qué está pasando no Sahara Occidental AQUÍ.
ESF Galicia defende a postura do Software Libre porque significa a difusión libre da comunicación e de coñecementos. E constitúe a  ferramenta máis axeitada para traballar en cooperación, pois os elevados custos de licenzas non permiten a moitos países do Sur acceder á sociedade da comunicación e, polo tanto, á transmisión de coñecemento.
ESF Galicia busca o compromiso coa BANCA ÉTICA ou ALTERNATIVA, entendendo como tal o conxunto de intermediarias financeiras cunha oferta de  servizos que non está condicionada exclusivamente ao criterio de rendabilidade – risco, buscando fomentar actividades que produzan un impacto medioambiental e social positivo. 
Posicionamento ESF Galicia - ECONOMÍA RESPONSABLE.
ESF Galicia defende o dereito dos pobos a acceder a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, así como o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo. 
Posicionamento ESF Galicia - SOBERANÍA ALIMENTARIA.