Mostrando entradas con la etiqueta residuos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta residuos. Mostrar todas las entradas

11 jun 2014

Manifesto Nostián Solución

Estes días en ESF estivemos a debater sobre a posibilidade de adherirse a un manifesto da plataforma Nostián Solución que se presentou hoxe no Concello da Coruña, sobre a xestión de resíduos da planta de Nostián, como xeito de denunciar e propoñer melloras ao que é un xeito de xestionar os resíduos alternativo ao maioritario en Galicia, que levanta bastantes críticas (SOGAMA).

Lembrar que ESF xa se adherira ao manifesto da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, tal e como figura na páxina 13 da Memoria de actividades 2011-2012, despois dun debate interno plasmado neste blogue, no contexto da polémica planta de incineración proxectada en O Irixo e que se conseguiu parar.

A xente do grupo de Campañas Auga analizou o manifesto dun xeito moi sistemático e didáctico, para darnos a súa opinión sobre se apoialo ou non. Velaquí esta análise:

--------------------------------------------------------
  • Despois de ler o debate interno parece que o principal punto en contra para non adherirse o manifesto era
"El peligro de suscribirse a estas plataformas sin conocer bien lo que hay detrás es que muchas veces son un caso de NIMBY http://es.wikipedia.org/wiki/NIMBY ".

Neste caso é evidente que non hai NIMBY, estase a pedir unha mellora da xestión da planta de Nostián, entendéndose que de forma constructiva.

  •  Defínense as causas do mal funcionamento:

"...polo abandono das actuacións de promoción da recollida separada en orixe e pola falta de transparencia das empresas e administracións implicadas..."

Non sabemos moi ben se houbo un abandono das actuacións da promoción da reciclaxe, en calquer caso, ainda non habendo abandono, nunca debería ser suficiente esa promoción. O da falta de transparencia é eterno, non nos costa creelo.

  • Sinálanse culpables:

"...a cidadanía temos unha responsabilidade clara na xestión do lixo e nos resultados acadados. A participación na separación dos residuos nas casas estímase entre un 20-30% da cidadanía (segundo ámbitos) que fai unha separación completa, e un 60% que separa so algún material, como pode ser o vidro. Calquera modelo de reciclaxe precisa aumentar fortemente a participación cidadá na recollida separada, se se queren acadar bos resultados, tanto nas cantidades recuperadas como na súa calidade..."


"...
Porén, a responsabilidade non fica na cidadanía a nivel individual. A falta de transparencia dificúltanos saber con seguridade as obrigas e o grado de responsabilidade de cada un dos axentes que interveñen na xestión do lixo, pero sabemos que no seu conxunto teñen a maior responsabilidade neste fracaso. Estes axentes, até onde sabemos son:
          -A administración pública responsábel da xestión: o concello de A Coruña e o Consorcio das Mariñas, xunto cos restantes concellos da área metropolitana.
          -A empresa de recollida do lixo: CESPA
          -A empresa que xestiona a planta de Nostián: Albada


Non estaríamos de acordo con isto: "Porén, a responsabilidade non fica na cidadanía a nivel individual". Si que creemos que hai unha responsabilidade individual (comenzando por nós mesmos), non toda por suposto, e quizais sexa mínima, pero existir, existe. De acordo en que a falta de transparencia impide xuzgar ese nivel de responsabilidade.
  • As consecuencias:

"...nunha lousa para a nosa autoestima...
...nos percibimos como incapaces de acadar unha solución avanzada, mesmo racional ao problema dos residuos que xeramos..."

"...Somos responsábeis dun forte impacto ambiental..."

"...Estamos a perder numerosos empregos, xa que a reciclaxe e compostaxe da maior parte dos residuos precisas desenvolver unha importante industria que xeraría máis duns 500 empregos directos..."

Estamos completamente de acordo cos dous primeiros puntos. O terceiro non fomos capaces de contrastalo, non sabemos se é certo, a verdade.

Aproveitamos neste punto para poñer un enlace sobre compostaxe. Esas guias da web de SOGAMA, opinións aparte, parecéronnos interesantes. Sinalar algo que nos chamou a atención, as plantas de valoración enerxética: Incineradoras?.


  • Actuacións propostas:

"...Tras 14 anos de continuidade nesta situación, parece claro que a situación non vai mellorar se a cidadanía non toma unha posición máis activa, exixente e comprometida nesta materia..."


"...posición de colaboración coas administracións no funcionamento dunha solución que seguen sendo válida (a recollida separada, a reciclaxe e a compostaxe) e de responsabilidade na parte que nos toca, como é a separación dos residuos nas nosas casas..."

Propostas:

"...Transparencia en todos os procesos de xestión dos residuos..."


"...Abrir canles de diálogo entre os colectivos e entidades sociais e as administracións responsábeis da xestión dos residuos..."


"...Retomar e centrar os esforzos na educación ambiental..."

"...melloras no modelo de recollida separada en orixe..."

"...Fomentar a compostaxe doméstica en ámbitos de asentamentos dispersos..."

Estamos totalmente de acordo con estes puntos, parécennos constructivos.

"...Adoptar os cambios necesarios en Nostián para a elaboración de compost coa fracción orgánica recollida separadamente na orixe (contedor verde)..."

Non temos coñecementos para xuzgar este punto, nin sabemos que cambios serían posibles e convenientes.


Dado que isto pretende dar continuidade a aquel manifesto, ó que ESF xa se adherira, e despois do análisis feito, ainda cos matices comentados, creemos que ESF o debe asinar.


Quedan aquí tamén duas novas que sairon estes días. Seica fai pouco houbo informes que falan de resultados nefastos. Comentar unha frase:

"...En los informes se señala como una de las causas del mal funcionamiento de la planta de reciclaje la falta de hábitos previos entre los ciudadanos para separar los residuos en origen, así como la dudosa eficacia de las líneas de separación diseñadas en el proyecto..."

Estas son dúas das liñas do manifesto. Dado que os informes, seica son internos, é de entender que non se autoinculpen nin as empresas nin o propio Concello.

19 dic 2012

Fracking, que é?

O fracking ou fractura hidráulica é un método de extracción de combustibles fósiles do subsolo, almacenados en estratos de pizarra, polo que tamén se lle conoce coma gas pizarra (shale gas).

Esta innovadora técnica consiste na perforación vertical de ata catro kilómetros de profundidade, e outros tantos en horizontal a través dos cales se inxecta auga e area, xunto cunha mestura de máis de 500 químicos, logo de realizar unha serie de voaduras no interior para fracturar os estratos de lousa. Desta forma o gas é liberado e finalmente extraído xunto cá auga para ser tratada posteriormente nunha planta de separación.

As posibilidades económicas que xenera este método son incalculables, pois fai posible a extracción de unha cantidade enorme deste combustible pola simple razón de facelo viable económicamente. É tal a cantidade deste tipo de gas no mundo que se calcula que podería prolongar nun 30% o noso modelo de vida baseado nos combustibles fósiles.

Agora ben, é realmente e viable? é unha solución enerxética para o futuro? ou simplemente é unha tentadora posibilidade económica?


12 ene 2012

Debate: falando sobre a incineradora de O Irixo

PARTICIPANTE 1

Na provincia de ourense estas últimas semanas anda un tema latente, montar unha nova planta de residuos, o único que esta claro que se intenta montar no eixo Ourense-Vigo, os posibles enclaves foron Lalín, Ribadavia...., o final decidiuse polo concello de Irixo.
O que levo entendido ata agora é o seguinte; unha empresa Estela Eólica gañou o concurso eólico, cunha idea revolucionaria, montar unha planta de residuos no sur de Galicia (non esta claro a forma de subvención). A idea e parte paga o estado, parte a empresa e a maioría un canon (as persoas por tratamento de residuos).
Eu noto unha gran desinformación, ninguén que eu coñeza, explicou como se vai montar a planta, que fins persiguese, como vai afectar, nin como se vai realizar.
Co tema de crear postos de traballo, montase unha cortina de fume que cheira mal (peor co lixo)
En la wikipedia existe unha entrada moi interesante, sobretodo polos artículos relacionados:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Incineradora_do_Irixo

Tamén verdegaia ten información interesante:
http://www.federacionecoloxista.org/modules.php?name=News&file=article&sid=1008
http://cotodofrade.org/

---------------------------
PARTICIPANTE 2

Hola rapaces, eu estaba a poñerme ó día dado que a miña aldea é unha das afectadas (xa que está no radio de 30km de acción)

Como ben di PARTICIPANTE 1, hai moito ocultismo sobre a noticia. Apenas hai datos fiables, moito ruxe-ruxe. Tampouco está moi claro o reparto da tarta. 

O que si se sabe é que a aldea que se escolleu para levala a cabo está nas faldas dos montes do Irixo, na Serra da Madalena, a 1000m de altura. Esta situación xeográfica fai que as correntes de aire distribúan por un radio de 35km de acción os gases nocivos resultado da queima...Dado que é unha zona gandeira e agrícola xa vos poderedes imaxinar cales son as consecuencias ..e de paso a economía da zona a pique polo beneficio dunha empresa privada..

 Ademais fálase de que nesta adxudicación influiu moito a localización da aldea : 
seica  " cumpre todos os requisitos" para o transporte dos residuos ata á incineradora.
- accesos de tren :  ten  a  liña de tren Vigo_Ourense e ademais a liña de Ave futura, pero falase de crear un porto seco en Irixo . Logo continuaríase o transporte dos contedores por carretera. 
- autovías e accesos por carretera : ainda que ten preto a AG-53 , os accesos á aldea son inexistentes. Habería que crear todos os accesos, tendo en conta que sairian do fondo público non sei eu ... 
- suministro enerxético : ó ter un parque eólico cerca, o que hai instalado na serra da Madanela, pois os custo sería menor ...

Non hai nada proxectado nin posto en claro...así que sí  ........todo isto como vedes ule moi moi moi mal !!

Hai unha plataforma creada que se chama "Incineradora Non" que está a traballar para que se elimine a proposta : http://www.incineradoranoirixonon.es

Nesta páxina poderedes ver os documentos e manifestos que se estan a levar a cabo .

Ademais, adxuntovos un documento sobre os impactos das Incineradoras que publicou Greenpeace no 2010 que é moi interesante.


Se queremos apoiar a iniciativa como asociación eles estarían encantados!! cantos mais mellor!!


--------------------------------------
PARTICIPANTE 3

Incineradora non, non e non.
O meu voto positivo para que ESF se adhira ao manifesto de Incineradora no Irixo Non.
Amigos da Terra tamén leva moito tempo denunciando o modelo de incineración de Sogama, aportando solucións e avisando do perigo engadido da sogama do sur.
-------------------------------------
PARTICIPANTE 4

Eu penso que hai alternativas máis ecolóxicas coma o procesado por plasma, que pese ao nome, non é tan caro como parece, xa hai plantas procesando 300 TPD http://www.westinghouse-plasma.com/applications/waste-processing
---------------------------------------
PARTICIPANTE 5


Yo creo que en este caso habría que dejar muy claro entonces que el posicionamiento es que se está en contra del procesado mediante incineración como tecnología no sustentable y perfectamente sustituible. El peligro de suscribirse a estas plataformas sin conocer bien lo que hay detrás es que muchas veces son un caso de NIMBY http://es.wikipedia.org/wiki/NIMBY
Si el objetivo de ESF de adherirse a esta plataforma es introducir un posicionamiento más general incluyendo propuestas alternativas a Sogama en esta plataforma, entonces lo veo bien, pero tendría que haber un grupillo que se anime a tirar de eso (al menos proponer alguna actividad en O Irixo, Carballiño o cercanías). Este finde estuve en O Carballiño y se está haciendo muchísimo eco de estos temas, podría ser una buena oportunidad de hablar de alternativas a la gestión de residuos (incluso desde los púlpitos en las iglesias se está dando caña a este tema...).
--------------------------------
PARTICIPANTE 5

Coméntame PARTICIPANTE 2 que hai como dúas plataformas con motivacións lixeiramente distintas que agora están aliadas porque teñen un obxectivo é común, evitar esa incineradora en O Irixo. Unha delas xa ven moi de atrás, e está en contra da incineración (e polo tanto do sistema máis usado por SOGAMA) como sistema sustentable de tratamento de resíduos, e ven de militantes ecoloxistas. Os outros son máis de tipo veciñal, que reaccionaron agora ante esta amenaza (esta última encaixaría máis como NIMBY).

Unha opción é apoialos como fixo ADEGA nos comentarios a entrada da plataforma onde expón o seu manifesto. Fixádevos no primeiro comentario: http://www.incineradoranoirixonon.es/?page_id=2

--------------------------------
QUÉ OPINADES????