Mostrando entradas con la etiqueta XX aniversario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XX aniversario. Mostrar todas las entradas

20 may 2013

Coñecer, motivar, escoitar e persuadir


Este era o título da formación que impartiu Xacobe A. Fernández, psicólogo e socio de ESF Galicia, o pasado 8 de marzo na Xuntanza, a do XX Aniversario. A través da contestación a varias preguntas en forma de text fomos desfiando os contidos da formación.

 
Coñecer
Partimos da frase “ o mapa non é o territorio” para analizar as teorías do Positivismo e do Construtivismo. Discutimos se as ONGD sufrimos o efecto do falso consenso, segundo o cal tendemos a pensar que os demais se comportarían igual que nos nas mesmas circunstancias ou , pola contra, temos o sesgo da falsa peculiaridad, tendencia a considerarnos como únicos. Tamén disertamos sobre os grupos, a teoría das atribucións e sesgos para explicar tanto o comportamento das persoas e os acontecementos segundo sexamos actor ou observador. Relacionado con esta teoría vimos conceptos como a relevancia hedónica ou a hipótesis do mundo xusto. Aprendemos que ser idiota é peor que ser imbecil e que os estereotipos son imprescindibles, ainda que haxa que afinalos, xa que nos aforran moito traballo.




 
Motivar
Todas as persoas necesitamos un obxectivo pero é necesario que estea dentro das nosas expectativas, é dicir que se vexa que se pode conseguir. Analizamos as nosas motivacións ca teoría da pirámide de Maslow. Tamén reflexionamos que para conseguir persoas voluntarias motivadas os obxectivos da organización deben ir en consonancia cos da persoa e como a vertebración é cientificamente necesaria!!!
Xacobe falounos do efecto pigmalión e como tamén a autoestima e o seu reforzo inflúe na motivación. Tamén nos explicou o Modelo da Acción Planificada para predecir que unha atitude se convirta en acción e da disonancia cognitiva como fonte de motivación para a busca da coherencia interna das actitudes e ideas, é dicir, como buscamos encaixar nos nosos esquemas.
Escoitar
Reflexionamos a través de exercicios prácticos cómo realizar unha escoita activa. Vimos que cousas que fan non sentir escoitados (disfuncional) tal como dar solucións, certas frases feitas, pedir ou dar información, etc E que cousas funcionais como mostrar interes, silencio, facer un resumo do escoitado, erepetir o positivo, etc.

 Persuasión

Explicáronse someramente técnicas concretas e como se usan na vida cotiá. 




 Avaliación da formación:
Unha vez analizadas as enquisas de avaliación, pódese concluir que en xeral a formación obtivo un alto grado de satisfacción cunha puntuación xeral de máis de 4 puntos sobre 5. Cabe destacar que a maior puntuación obtívose na parte da exposición do formador así como esforzo por favorecer un clima idóneo de aprendizaxe e participación. Pola contra as puntuacións minimas acadáronse na cuestión do manexo do tempo así como a combinación dos contidos teóricos e prácticos, quizais este último punto vaia en sintonía co comentario que nos deixou unha das persoas participantes “Sería necesario aterrar os contidos máis no día a día de ESF, aproveitaríase maís a formación.” A parte máis puntuada tamén se reflexa no outro comentario aportado por unha das persoas asistentes Moi divertido. Moi ben compaxinada a exposición coas preguntas”.
 


13 mar 2013

Entrevista a José María Vara Rodríguez - Radio Galega

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a José María Vara Rodríguez, voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega o 13 de marzo de 2013.
Durante a conversa, Pepe Vara (que é membro fundador da asociación dende 1993) fala sobre os 20 anos que cumpre ESF Galicia poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano e fai un completo repaso das actividades e proxectos que ESF Galicia leva desenvolvendo ao longo de todo este tempo.

7 mar 2013

XX aniversario: programa detallado



ONDE?
 
Albergue Seminario Menor
Avda. Quiroga Palacios s/n  (Santiago de Compostela)
  • Coordenadas: 42.877206, -8.537332 ‎

  • Características:
    •  Prezo: Gratis! De balde! 
    •  Habitacións individuais
    •  Baño compartido
    •  Necesario saco de durmir


    QUE?
Venres 8 de Marzo

17:00-21:00 Obradoiro formativo. Motivar, escoitar e persuadir. 3 claves na acción voluntaria. Xacobe Fernández García, psicólogo e socio de ESF.

- Sala: Salón de Actos
- Programa detallado:
17:00 - 18:30 – Motivar
Teorías da motivacións, dende unha definición somera, pasando por teoría conductistas e humanistas. Explicación do Modelo da Acción Planificada para predecir que unha conducta se convirta en acción. Disonancia cognitiva como forma de continuidade en actitudes asentadas.
Descanso
19:00 - 21:00 - Escoitar e persuadir.
2.- Escoitar
Obradoiro práctico para facer entrevistas. Reflexión, a través de exercicios prácticos e explicación de experimentos clásicos.
3.- Persuadir.
Reflexión da moralidade da persuasión ou o seu uso como unha ferramenta TPDH. ¿Se a usan os bancos ou os vendedores de coches, debemos usala nós? Estratexias de persuasión.
22:00 Cea Restaurante-Pizzeria Bocalino
   - Prezo: 11 € 




Sabado 9 de Marzo
10:00 Asamblea Xeral de Socios.

- Sala: Salón de Actos


14:00 Xantar ecolóxico vertebrativo 
- Sala: Comedor
- Prezo: 8 €
16:00 Celebración XX Aniversario
- Sala: Salón de actos
                 ¡¡¡¡Programación sorpresa!!!

- Prezo: +/- 12




Data límite para apuntarse: xoves 7 de marzo!!!

27 feb 2013

Avance programa XX Aniversario...

Este é un avance das actividades que se van a celebrar na Xuntanza do XX aniversario que terá lugar o 8 e 9 de Marzo no Seminario Menor en Santiago de Compostela...

Venres 8 de Marzo

17:00-21:00 Obradoiro formativo
Comprender, Motivar e Persuadir.  3 claves na acción voluntaria. Xacobe Fernández García, psicólogo e socio de ESF.

Sabado 9 de Marzo

10:00 Asamblea Xeral de Socios.

13:00 Xantar ecolóxico vertebrativo 

16:00 Vertebración XX Aniversario
Queres saber que pasou nestes 20 anos? poñerlle cara a xente que estuvo e está en ESF? 








23 feb 2013

Entrevista a José María Vara Rodríguez - Radio Voz

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a José María Vara Rodríguez, voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Con Voz de Sábado" de Radio Voz o 23 de febreiro de 2013.
Durante a conversa, Pepe Vara (que é membro fundador da asociación dende 1993) fala sobre os 20 anos que cumpre ESF Galicia poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano e anuncia os actos de celebración do XX Aniversario que terá lugar en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de marzo de 2013.