Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas

24 mar 2017

Resumo do Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega"

O 23 de decembro do pasado ano celebramos na Escola Politécnica Superior de Lugo o Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega". Os contidos e obxectivos podíanse ver aquí.

Foi un encontro distendido, que serveu para atoparnos con persoas de distintos sectores (sindicalismo, universidade, administración pública, movementos sociais...), algunhas delas (tampouco moitas) moi vencelladas ao agro no seu medio de vida, e falar, básicamente, de como facer un rural mellor para todas estarmos mellor. Todas as alí presentes coincidiamos en que o enfoque de soberanía alimentaria posiblemente sexa o que mellor pode lograr isto, pero tocaba pensar "como poñerlle o axóuxere ao gato". Soberanía é un xeito de acadar o empoderamento, que a cidadanía reteña poder e co-responsabilidade na construción dun modelo inclusivo para todas.

Foi unha xornada densa, con moitas intervencións e debate, que deixounos ganas de máis. Dende ESF Galicia xa hai tempo tratamos de concretar xeitos de impulsar a soberanía alimentaria nas nosas actividades nacionais e internacionais, apoiando cursos en liña específicos desta temática, xornadas, proxectos internacionais (en Honduras, que é onde traballamos actualmente), campañas, espazos de reflexión como este presencial ou reflexións en liña, e mesmo campañas de incidencia aos partidos partidos políticos, como nas derradeiras autonómicas de Galicia, onde fixemos as propostas aos partidos e logo valoramos como as integraron nos seus programas. Todo isto, tratando de manternos informadas a través de formacións internas e participación en redes onde nos imos actualizando sobre todo o que se coce nas políticas e alternativas ao modelo de desenvolvemento agroindustrial (a última, sobre os tratados de libre comercio como o TTIP).

A continuación queremos resaltar algunhas ideas que saíron no faladoiro que nos chamaron a atención.


Unha das persoas asistentes comentaba que precisamente está facendo a súa Tese sobre os conceptos "Seguridade alimentaria vs. Soberanía alimentaria", estaremos atentas aos avances!

Foi recurrente a afirmación de que a pequena agricultura promove mercados de cercanía, relacións sociais e máis cohesión social.

Fíxose algunha reflexión acerca de por que a soberanía alimentaria se asociaba máis aos movementos de esquerdas (máis ben ao anarquismo), dado que trátase dun enfoque que ten un claro compoñente ideolóxico de modelo socio-económico que promove.
  • A agroindustria crea cartos e serve para mover cartos
  • A agricultura familiar produce alimentos e promove relacións sociais

Mar Pérez chamou a atención sobre que a EFSA (European Food Safety Association) non focaliza en POR QUE se dan casos de inseguridade alimentaria en Europa, non estudia as causas. Comemos dunha determinada maneira porque temos un determinado sistema de distribución de alimentos. Solamente o deseño da PAC supón o 40% do orzamento das políticas agroalimentarias na UE (o que vén a demostrar o valor estratéxico da agricultura).


Emilio Carral quixo facer a distinción entre soberanía alimentaria e autonomía alimentaria. A segunda non sempre é conveniente, porque debemos darlle moita importancia á carga enerxética (auga, por exemplo) que supón producir unha unidade de alimento nun sitio ou noutro. Mencionou exemplo de Israel e o feito de ter que importación de recursos naturais (ou sobre-explotar auga) para poder autoabastecerse dalgúns tipos de alimentos.
Falouse aqui da necesidade de ter capacidade de toma de decisións e non so iso, senon tamén de ter certa independencia con outros territorios en canto a configurar a forma de producir, transformar e distribuir.
Aproveitamos aquí para recomendar o libro O Pequeno é Grande, do que é co-autor. Neste libro saen datos como que o 24% da SAU (superficie agraria útil) produce o 50% dos alimentos directos.

Deuse certo debate aquí sobre se realmente seguía existindo unha verdadeira agricultura labrega, ou xa non quedan máis que exemplos relícticos, e sobre o que realmente entendemos por agricultura familiar (xa que hai agroindustria baseada en grandes explotacións dunha familia).

Chamounos a atención o feito de que só existan dúas publicacións científicas nos últimos 20 anos sobre agricultura labrega, tal é a súa invisibilización.

Víctor Álvarez, coa súa experiencia no extensionismo en Galicia, e tamén cunha experiencia nun proxecto en Paraguay, contábamos que o Estado español ten unha finca de 7.000 ha en Paraguay, propiedade de CYTASA. Ademais, deunos envidia ao narrarnos que nos EEUU as Universidades teñen servizo de extensión agraria que colabora coa Administración. Obama destinaba un 20% do presuposto da política de producción de alimentos á extensión agraria. Tamén criticou o extensionismo agrario "de oficina", e como o extensionismo debería ser social, ademais de tecnolóxico, xa que os procesos de extensión son moi lentos. Tamén xurdiu o debate de que hai que apelar ao sentido ético e formación do pensamento crítico das persoas extensionistas, xa que en moitas ocasións dende a extensión pública se promoven determinados modelos que dependen da ideoloxía de quen está a gobernar, ou dos grupos de presión (por exemplo a revolución verde na España franquista). Actualmente en Galicia quen fai extensionismo son os comerciais das multinacionais... Polo menos en Honduras quen o fai nalgunhas zonas son ONG como CODDEFFAGOLF, a socia de ESF Galicia, reforzando a soberanía e pensamento crítico das e os labregxs. Este enfoque da cooperación ao desenvolvemento, de empoderamento das persoas, é o único que entende ESF Galicia, pero iso non foi sempre así (nin o é actualmente). De feito vense dando un proceso de polarización de estratexias mesmo dentro das ONG de Desenvolvemento, que fai que haxa críticas entre elas (sobre todo dende as que defenden máis procesos de empoderamento máis políticos fronte ás máis pretendidamente "apolíticas").

Jose Ramón do Sindicato Labrago Galego insistiu en que necesitamos máis alianzas para construir soberanía alimentaria.

Pedro Revilla contou a experiencia na mellora participativa de sementes dende a Misión Biolóxica de Galicia, coa que ESF e CODDEFFAGOLF colaboran en Honduras nun programa que leva xa tres anos de desenvolvemento. Aquí se pode coñecer algo máis do programa, e aquí facer un seguemento.

Houbo referencias ás problemáticas da terra en Centroamérica, nomeadamente en Honduras, das que ESF Galicia coñecemos máis. A defensa da terra e os recursos é o que está a causar mortes en Bajo Aguán, asasinatos como o de Berta Cáceres, o problema da pesca e acuicultura como a de langostino (moitas veces olvidada ao falar de soberanía alimentaria) e o deterioro do recurso hídrico no sur de Honduras (pola presión das grandes meloneiras, caña de sucre, etc.).

Tamén xurdiu o tema das regulacións no nome da trazabilidade, hixiene e a seguridade alimentaria (seguridade no sentido de que os alimentos sexan seguros), se implementan leis que moitas veces serven para poñer trabas a enfoques de soberanía alimentaria fronte á agroindustria (producindo quizais alimentos máis seguros, pero menos sans).

Clara Raposo incidiu en que o modelo social e tecnoloxico nos impulsan a seguir o modelo agroindustrial e cada vez é máis difícil sair del. Estamos nun momento de oportunidade xa que hai unha percepción de que fai falta certos cambios. Fálase máis e máis doutros modelos de produción e consumo, de consumo responsable... Afirmaba que é moi importante o traballo colectivo, pero aliarse non garante unha construción de alternativas. Hai organizacións de militancia inmobilistas que poden dinamitar o cambio

Unha reflexión un pouco pesimista a raíz disto foi o feito de que moitos pensamos que hai que dignificar o rural, pero case ninguén de nós se plantexa facer vida nel... (a propia xente do rural desincentiva a fillos e fillas de que vivan do agro). Unha frase que se dixo que ten que ver con isto é "cando ás persoas labregas compran o brick de leite..., malo".

Un resultado positivo e concreto que saiu deste faladoiro foi a creación dunha lista de correo-e coas persoas interesadas en asesorar a ESF Galicia nesta temática, e continuar o debate en liña (e o que salga). Ademais, seguro que próximamente faremos máis encontros presenciais deste tipo, permanecede atentas!!!!

18 dic 2016

Faladoiro "Da seguridade alimentaria á soberanía alimentaria en América Latina. Reflexións desde a perspectiva galega"

Data e lugar:

  • Venres 23 de decembro de 10:30 a 13:30
  • Aulas 16 da Escola Politécnica Superior de Lugo (edificio da ampliación, onde está a cafetería).
  • Gratuito, pero é necesaria inscrición en info@galicia.isf.es indicando se se vai participar na comida, para estimación de persoas.


Obxectivos:

- Trátase de debatir sobre a necesidade de pasar do concepto de seguridade alimentaria ao de soberanía alimentaria (e como facelo) para garantir realmente o dereito á alimentación, a partir de reflexións e experiencias de traballo en América Latina e Galicia.

- Ademais, dende ESF Galicia quérese aproveitar para crear unha rede de persoas conectada cunha lista de correo-e para dinamizar debates cos que a asociación se atopa nestes temas no día a día das súas actividades en Galicia e Centroamérica, contando con persoas a modo de “asesoras” no eido do desenvolvemento rural. Este encontro serviría de punto de arranque para esta lista de persoas asesoras en desenvolvemento rural de ESF Galicia.


Metodoloxía:

Preténdese crear un espazo informal de faladoiro-reflexión-debate, onde haberá breves intervencións con temáticas predefinidas para ir fiando os contidos, moderadas por unha persoa de Enxeñería Sen Fronteiras. Serán ciclos de 20 minutos que se iniciarán con unha exposición-reflexión da persoa relatora sobre un aspecto determinado, para a continuación entrar nun debate común, que pode enlazar tamén cos puntos anteriores. Deixaranse ao final uns minutos para unha exposición consensuada de conclusións ou ideas forza que sairan ao longo da xornada. Ao final da mesma, haberá un espazo de conversa informal na comida, a base de petiscos.


Programa:

Modera: Raquel Zolle Fernández. Representante-país Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
  • 10:30 Presentación do acto e das persoas asistentes
  • 10:45 Mar Pérez Fra (Universidade de Santiago de Compostela). A soberanía alimentaria como base da agricultura galega e europea actual
  • 10:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 11:05 Emilio Carral (Universidade de Santiago de Compostela). O pequeño é grande. Agricultura labrega e soberanía alimentaria en Galicia
  • 11:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 11:25 Víctor Álvarez (Xunta de Galicia). A extensión agrícola e a soberanía alimentaria, experiencias en Galicia e América Latina.
  • 11:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 11:45  Tecnoloxía na soberanía alimentaria. Pedro Revilla (Misión Biolóxica de Galicia-CSIC).
  • 11:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 12:05 Sindicato Labrego-Vía Campesiña. A soberanía alimentaria, loita internacional.
  • 12:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 12:25 Soberanía alimentaria en Centroamérica.Relatores por confirmar
  • 12:35 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 12:45 Marcos e Almudena (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). A soberanía alimentaria en perigo. O caso de Honduras.
  • 12:55 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 13:05 Clara Raposo. Consumo de cercanía na soberanía alimentaria.
  • 13:15 Bloco de faladoiro-reflexión-debate
  • 13:25 Conclusións e ideas-forza xeradas. Despedida
  • 13:30 Petiscos e espazo informal

14 nov 2016

Abre os ollos a novas realidades.Voluntariado en ESF. Charlas Lugo e Compostela

Dentro do programa de mobilización social de Enxeñería Sen Fronteiras, apoiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, organizamos dúas xornadas sobre tecnoloxía para as persoas e a experiencia de voluntariado en ESF Galicia.

Unha será o vindeiro 16 de novembro ás 18 na 1ª planta do edificio central da Escola Politécnica Superior de Lugo e a outra o luns 21 ás 20:00h no local de asociacións da Escola Técnica Superior de Enxeñería no Campus Vida de Santiago de Compostela.

Podes inscribirte de balde vía correo-e en info@galicia.isf.es indicando no asunto "charla voluntariado Lugo" ou "charla voluntariado Compostela".


Aquí tendes os eventos de facebook por se queredes axudarnos na difusión:











12 dic 2014

IV XORNADAS DE SOBERANÍA ALIMENTARIA EN LUGO

Hai dúas semanas e por cuarto ano consecutivo, celebráronse en Lugo as IV Xornadas de Soberanía Alimentaria. O curso realizouse a fin de semana do 28, 29 e 30 de novembro, na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, como xa é tradición nos cursos da sede, e co apoio financeiro da política pública de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia (Cooperación Galega).
Este ano, con poucos alumnos (pero valentes! jeje) contamos na tarde do venres coa presenza de Bernardo Valdés, profesor e experto en Economía Agraria e de Xoan Carlos Carreira, tamén profesor e un dos impulsores do Sindicato Labrego Galego.
Como non podía ser doutra maneira, tamén nos acompañaron un ano máis, unhas persoas con moito que contar, como son Pedro Revilla, da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, que nos falou do programa de mellora participativa de variedades tradicionais de millo (no que está traballando e no cal tamén participa ESF e o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF), e Paco Raigón, un ESFeiro máis que sempre nos apoia e nos ensina tantas cousas.

Este ano, como novidade, introducimos o concepto de pesca artesanal, do cal aínda non falaramos nas anteriores edicións e cuxo papel na Soberanía Alimentaria nos parece de gran importancia. Dan man de Jesús Cumplido, coñecimos o traballo que realizan para sacar adiante o seu novo proxecto frescoydelmar.com. Ademáis, Isabel presentounos a estrea mundial da curtametraxe da campaña A VERDADEIRA HISTORIA DE RODOLFO! Todo un éxito na carteleira ESFeira!!
Por último, a xornada do domingo, adicámola a coñecer de primeira man historias reais de xente real que aposta pola Soberanía Alimentaria e por un xeito de consumo saudable e responsable. José Luis falounos do seu proxecto La Casa de la Aldea e maravillámonos coas historias de Xosé de Sabadelle, un home que fixo da súa casa a casa de todos os que quixeran ir a ela,  sempre apostando polos produtos locais e de tempada, mesturándoos con visitas á contorna e cun pouquiño de arte e cultura galega.

Xa rematando as Xornadas, Lucas e Rubén contáronnos como naceu a idea de ULTRA_ALIMENTO “O ultramarinos que leva ao extremo O_PODER_DO_ALIMENTO”, como a levaron a cabo con pouquísimos recursos (económicos, que mans amigas que lles botaran unha man non faltaron!) e como segue, un ano recén cumplido despois, enriquecendo a praza de abastos de Lalín cos seus productos e a súa enerxía positiva.

Con esa sensación de que tanto relatores e relatoras, alumnado e as persoas que formamos o grupo de Lugo pasamos uns agradables días de reflexión, aprendizaxe e concienciación sobre unha temática tan sensible como é a Soberanía Alimentaria, despedímonos ata a próxima!

Grazas a todos e todas as que participáchedes!!

24 abr 2014

17 de abril: Día mundial da loita labrega

O pasado 1 de abril, empezamos na sede de Lugo coa compaña do Día mundial da loita labrega. A través de relatorios e difundindo a importancia das reivindicacións desta data, quérese achegar ó alumnado e a sociedade en xeral esta realidade e problemática que nos involucra a todos e todas.

Desde 1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do agronegocio, a Vía Campesina declarou o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos territorios. 


Nesta ocasión, volvimos a contar coa participación de Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), que a través da súa gran experiencia persoal e dos seus coñecementos, nos amosou con moita claridade e realismo a traxectoria e a importancia dos movementos agrarios e as súas reivincidacións. Tamén houbo lugar para o debate e a posta en común de alternativas para, entre todos e todas intentar cambiar a realidade e acadar unha maior xustiza social.

Desde ESF, volver a agradecerlle unha vez máis a Lidia Senra e á xente que se achegou ata a Escola Politécnica a súa participación.


"A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"

27 mar 2014

Día mundial da loita labrega

O vindeiro martes 1 de abril Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) estará no campus de Lugo onde nos explicará a importancia das Loitas labregas e a súa implicación nelas.

Lugar e hora:
-18:00 h. Aula 15 (Ampliación), Escola Politécnica Superior, Lugo.

A través desta participación, ESF comeza coa campaña do "17 de Abril, día mundial da loita labrega", onde se reivindica mundialmente a acción e mobilización global en defensa das loitas labregas con énfase nas sementes campesiñas e na soberanía alimentaria.



Desde 1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do agronegocio, a Vía Campesina declarou o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos territorios.

"A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"

Anímate e axúdanos a difundilo!

14 mar 2014

Encontros PCR

O vindeiro xoves 20 de marzo, realizarase no campus de Lugo un encontro sobre as recentes experiencias de PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) en Honduras e outra fai uns anos na RASD, ademáis da presentación do grupo de Lugo de Enxeñería Sen Fronteiras.



Lugar e hora:

-17:00 h. Seminario 2 (Ampliación), Escola Politécnica Superior.

Anímate e axúdanos a difundilo. Faltas ti!

19 feb 2014

III Crónicas de Soberanía Alimentaria

Por terceiro ano consecutivo, leváronse a cabo en Lugo as III Xornadas de Soberanía Alimentaria.
Debido ó elevado e ás veces excesivo número de alumnado (aínda que pareza mentira) do ano pasado, nesta edición puidemos contar con un  novo éxito de participación, enchéronse as prazas con nada máis e nada menos que 25 persoas.

O curso realizouse a fin de semana do 15, 16 e 17 de novembro, na residencia universitaria Bal y Gay, como xa é tradición nos cursos da sede.
Este ano planteáronse algunhas modificacións en canto á edición anterior, sobre todo pola aposta de xente ESFeira, como Yolanda coa súa xenial comunicación emocional da súa experiencia PCR, Marcos innovando e deixándonos de novo abraiados co seu relatorio sobre industrias alimentarias e a iniciación como relatora de María Velasco,  (todo un descubrimento!!) plantexándonos se os transxénicos son a solución para a fame no mundo.


Como non podía ser de outra maneira, tamén nos acompañaron un ano máis unhas persoas con moito que contar, como son Lidia Senra e a súa inesgotable experiencia; Paco Raigón, un ESFerio máis que sempre nos apoia e nos ensina tantas cousas; Xosé Ramón, un claro exemplo do compromiso e o traballo feito con ilusión e esforzo, amosándonos o seu incrible proxecto de Vida de aldea e Ringo da Cova da Terra, outro habitual nos nosos cursos, sempre disposto a achegarnos a súa experiencia asociacionista.


Con esa sensación de que tanto relatores e relatoras, alumnado e as persoas que formamos o grupo de Lugo pasamos uns agradables días de reflexión, aprendizaxe e concienciación sobre unha temática tan sensible como é a soberanía alimentaria, despedímonos ata as que esperamos sexan aínda mellores IV xornadas.

Gracias a todos e todas as que participáchedes!!

31 oct 2013

III Xornadas de Soberanía Alimentaria, apúntate!!

Os vindeiros días 15, 16 e 17 de Novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as III Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, recoñecido con 1 crédito de libre configuración (pendente de confirmación) para o alumnado do Campus de Lugo. As xornadas estarán divididas; venres 15 pola tarde (16:00-20:30), sábado 16 (9:30-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 17 (9:30-14:00 e 16:00-20:30). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.



Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! 


A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!



5 mar 2013

Faltas ti!

O vindeiro xoves 7 de marzo, realizarase no campus de Lugo a presentación do traballo de Enxeñería Sen Fronteiras en Lugo ademáis dunha charla informativa sobre a experiencia PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) en Nicaragua.

Lugar e hora:

-12:00 h. Aula 15 (Ampliación), Escola Politécnica Superior.
-20:00 h. Planta 0, Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay

Coa colaboración da Bolsa de Cultura e Deportes.

Anímate e axúdanos a difundilo. Faltas ti!



28 feb 2013

Aberta a matrícula para o VIII Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano


Os vindeiros días 15, 16 e 17 de Marzo e 5, 6 e 7 de Abril, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza o VIII Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano.

O curso ten un prezo de 50 euros, recoñecido con 2 créditos de libre configuración para o alumnado da USC.

As xornadas estarán divididas; venres 15 pola tarde (16:00-20:30), sábado 16 (10:00-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 17 (10:00-14:00 e 16:00-20:30) de Marzo e venres 4 (16:00-20:30), sábado 6 (10:00-14:00 a 16:00-20:30) e domingo 7 de Abril (10:00-14:00 e 16:00-20:30)
Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.



Podédesvos informar e matricular AQUÍ.

Neste correo lugo@galicia.isf.es podedes dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e as inscricións. Esperamos contar coa vosa participación!

A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!

21 feb 2013

A Caravana Comunicativa chega a Lugo

A Caravana comunicativa chega a Lugo na súa definitiva parada este sábado 23 de Febreiro, para rematar de construír o cadáver exquisito que se comezou a crear en Santiago e en Vigo. 

Empezará ás 12:00h para rematar despois de xantar, e así poder acudir ás diferentes convocatorias da Marea Cidadá programada para esa misma tarde. Realizarase no Pub O Tren, gracias ó noso compañeiro Pepe.

Nesta ocasión, traballaremos un tema demasiado imprescindible: que queremos dicir exactamente cando dicimos algo? Facémonos entender cos nosos marabillosos conceptos cooperativos?...

Termos Cooperativos: Fágome entender?

Programa:

- A comunicación educativa.
- Dinámica das palabras subconscientes.
- Linguaxe da Cooperación. Linguaxe da Comunicación. Facémonos entender?
- Dinámica do Dicionario. Significando.
- Remate do Cadáver Exquisito.
- Avaliación, debate e preguntas.

Ademáis de todo isto, tamén tomaremos a oportunidade para facer unha cena vertebrativa ESFera o venres pola noite, estades todos e todas invitados!!

Agardámosvos!!

26 dic 2012

II Xornadas de Soberanía Alimentaria

Aínda que a entrada a publico eu (Anxo un vello dinosaurio), realizarona Quintelos e Carmen son dous novo/a voluntario/a da sede de Lugo, están son as súas verbas: 

Os días 23, 24 e 25 de Novembro celebráronse en Lugo as II Xornadas de Sobernía Alimentaria co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, puidemos aproveitar como alumnos a experiencia que o curso ofrecía. Logo de decidirnos a participar activamente en ESF, a primeira actividade na que participamos foi a organización de dito curso.
Trala preparación da actividade, con algún que outro problemiña, pero que entre todos resolvimos rápidamente, chegamos ao inicio do curso o venres 23 de Novembro ás catro da tarde.
Comezamos o curso coa introducción levada a cabo polo noso compañeiro, Xosé Manuel Meira, que comentou como se ía levar a cabo o curso, os requisitos de avaliación e asistencia precisos para poder acadar o crédito de libre configuración e demais dúbidas que podían xurdir no transcurso das xornadas. 
De seguido, María Velasco, tamén unha nova voluntaria na sede de Lugo, levou a cabo unha dinámica para romper o xeo entre os asistentes e ir introducindo conceptos, con moi bo resultado.
A continuación comezou o primeiro relatorio, levada a cabo por Lidia Senra do Sindicato Labrego Galego, baixo o título Principios básicos da Soberanía Alimentaria. Causas da pobreza, acceso á terra”.
Foi unha charla con moi boa acollida, na que maioritariamente se dou o punto de vista respecto á posición do relator pero fomentando un debate constructivo entre os asistentes, que participaron e demostraron a súa boa disposición respeto do curso.
Así remataba o noso primeiro día nas II Xornadas de Soberanía Alimentaria, e tocaba recoller un pouco o local para proseguir ao día seguinte.
Mentras recollíamos e organizábamos as tarefas para o seguinte día, reunímonos os voluntarios, e o noso compañeiro Anxo tivo a ocurrencia de preparar un taboleiro con folios en branco, os cales iríamos cubrindo, ao longo da fin de semana con palabras chave relacionadas coas distintias charlas que se levaran a cabo, para que os alumnos e os propios voluntarios escribisen frases, palabras ou calquera cousa relacionada que lle viñese á cabeza nos descansos programados. Colocámo-lo tablón ao fondo do salón de actos, e deixamos todo no seu sitio para o día seguinte.  Na foto observase o tablón, o coautor desta entrada Quintelos e María López (voluntaria/o da sede de Lugo) 
O sábado 24 pola mañán Pedro Revilla, investigador da Misión Biolóxica de Galicia era o encargado de comezar coas ponencias deste día, falando de “Soberanía Alimentaria desde un punto de vista científico e variedades tradicionais e tranxénicos”.
Primeiramente, centrouse na explicación teórica para despois levar a cabo unha dinámica na que os alumnos se involucraron satisfactoriamente.
Falouse principalmente de millo, das súas variedades, características, dos transxénicos, etc. e durante a dinámica todos debíamos intentar convencer aos demais participantes de que comprasen unha variedade tradicional en lugar de preferir a perfecta mazaroca que se modificou para acadar uns resultados visuais tan espectaculares.
Os alumnos, e nós como tal, divertímonos moito á vez que aprendíamos, buscando a mellor forma de vender o noso producto.
No descanso para o café, observamos que a xente empezaba a se involucrar no curso dende un punto de vista máis persoal, escribindo no tablón cos folios propostos, e aportando novas ideas.
A continuación, tras o descanso, Juan Miguel Moreno, experto en agricultura urbana, realizou a súa ponencia sobre “Agroecoloxía e agricultura ecolóxica. Alimentación e cambio climático. Construcción da biodiversidade. O caso de Cuba”.
Comezou o relatorio sobre este tema tan interesante, coa colaboración dun cubano que coñecía de primeira man a temática da que falaba. Mais a expectativa xerada non lle beneficiou, xa que enfocou o relatorio en diapositivas cargadas con información máis que en explicalo coas súas propias palabras.
Esto fixo que moita xente perdese o fío nalgún momento e non se quedase con parte das cousas que contaba.
Nas fotos da dereita observase o ambiente nas charlas.
Ao rematar deu paso a unha rolda de preguntas, da cál xurdiu un debate de gran interese para o curso no que o alumnado foi moi participativo.
Finalizaba así a xornada matutina, dando paso a un par de horiñas para recuperar forzas antes de proseguir con Francisco Solano Raigón pola tarde.
Francisco Solano, participante activo na Asamblea de Cooperación pola Paz, tratou o tema de “Comercialización de produtos alimentarios. Alimentos como bens especulativos. Modelo alternativo de desenvolvemento, posibles cambios e repercusións”.
Comezábase neste temática cun xogo, proposto para facer máis amenas esas horas despois da comida, cun moi bo criterio, para que os alumnos e tamén os voluntarios se reactivasen e mantivese a atención. Dito xogo, buscaba que a xente adaptase un rol.
Dividíronse grupos según distintos países, e foi de gran interese ver a reacción de todos nós, según a pertenza a un ou outro país. De feito, todos desenvolvimos o noso papel moi ben. En algún casos tomaronse decisións que poderían ser moi criticables, mesmo polas persoas que as levaron a cabo, como declarar unha guerra ou non vender determinados produtos esperando para especular con eles co paso do tempo.
Nestas fotos vese os alumnos realizando o xogo, na foto inferior observase a Carmen, coautora deste entrada e nova voluntaria de Lugo (a rapaza do centro con gafas), negociando polos dereitos do seu país, dentro da dinámica.
A maioría dos alumnos, senon todos, démonos conta do fácil que o teñen algún países e o complicado que é para outros simples accións como comprar ou vender calquera producto. Isto é algo co que vivimos cada día, temos información de todo tipo, ata ás veces por parte dos medios de comunicación, que nos “informan” da situación de outros países, pero ás veces, fan falta xogos coma este, no que adoptando un papel, un rol, un é máis consciente ca nunca das diferencias entre países, neste mundo tan difícil ou doado dependendo de donde che toque vivir.
Todo esto permiteu un debate moi animado ao finalizar a dinámica.
 Tamén se proxectou un video para ilustrar certas actuacións que se están levando a cabo, como a especulación con bens de primeira necesidade coma os alimentos.
Finalmente, chegou a hora de clausurar as charlas deste día, esperando para finalizar as xornadas ao día seguinte.
Chegou o derradeiro día!
Así como empezamos con bo pé, as cousas torcéronse un pouco o domingo.
As nove e media, estaba previsto que tomase parte nas xornadas, como ponente, Raquel Zolle, voluntaria de ESF-Galicia, pero por impedimentos técnicos non pudo chegar a tempo, polo que tivemos que improvisar rápidamente unha actividade interesante e que se correspondese coa temática das xornadas na medida do posible.
Pero como os problemas non veñen sós, a última ponencia do día levada a cabo por A Cova da Terra, asociación para o comercio xusto e responsable tampouco se pudo realizar, esta vez por desorganización interna da sede (pedimos desculpas!)
Aínda así, non podíamos deixar que todo isto afectase á boa disposición que estaban tendo as xornadas e puxemonos mans á obra para solucionar na medida do posible todos estes problemas.
A primeira actuación que levamos a cabo, foi a proxección dun video que é un clásico para nós "A historia das cousas"; dende aquí abrimos debates sobre o consumismo exaserado e introducimos a temática de comercio Xusto e comercio responsable. Isto viuse refrendado por unha dinámica dirixida polo noso compañeiro Xosé Manuel Meira, sobre comercio xusto e comercialización, dividindo o alumnado en grupos e dandolles diferentes rols (agricultores, pequenos almacenistas, transnacionais....).
A continuación, foi o turno de Marcos Ellacuriaga Alonso, voluntario de ESF-Galicia, que se encargou de levar a cabo a temática “Economía para o desenvolvemento nos sistemas alimentarios, posibles formas de orzamento, banca ética”.
Comezou a ponencia explicando conceptos básicos, e foi afondando en cuestións máis centradas, para que o alumnado poidesemos comprender en todo momento do que se estaba a falar e seguisemos a exposición sen problemas.
Na metade da charla, levouse a cabo unha dinámica, na que tivemos que repartir os beneficios xerados por unha empresa propia ficticia. Propoñíanse varios destinos para os que empregar o diñeiro e reflexionouse, falando en porcentaxes, sobre o destino empregado por algúns dos asistentes.
Houbo grandes diferencias nas reparticións e esto fíxonos ver as diferentes prioridades que temos, algunas un tanto cuestionables.
Desgraciadamente, non dou tempo a finalizar a charla debido a un retraso na dinámica anterior, aínda que a xente estaba moi interesada e quería seguir tratando o tema.
Nas fotos da dereita vese o noso compañeiro Marcos Ellacuriaga, impartindo a súa charla.
Descanso para comer, e volta con Xosé Ramón Rodríguez. 
Neste caso, o relator contounos o proxecto de gran interese de “Vida de aldea”, levado a cabo por el mesmo.

Dito proxecto, comezou tras o retiro de seus pais, que lle deixaron ao seu cargo unha explotación, que estaba nunhas condicións un pouco deplorables. De ahí, explicou como foi levando a cabo modificacións para mellorar todo o terreo do que dispoñía ata chegar ao que ten na actualidade, un lugar idílico, onde a xente da cidade pode alquilar unha pequena parcela na que producir os seus propios productos. Falou de como asociacións de diversa índole realizan alí diversas actividades, como rapaces con mal comportamento traballan alí de vez en cando, levabando a cabo obras maravillosas como parte do seu tratamento e como á xente lle gusta tanto o sitio que lle pideu poder facer bodas, comunións, bautizos, etc.
Unha serie de evolucións incribles descritas con imaxes e relatadas por el mesmo que serviron para motivar ao participantes a ser emprendedores e para ilustrar que facendoo ben pódense conseguir cousas moi boas.
A influencia desta charla veuse reflectada na seguinte, que trataba de “Gobernanza local e soberanía alimentaria. Unha aproximación dende o concepto do capitalismo social”, levada a cabo, agora sí, por Raquel Zolle, pechando así as II Xornadas de Soberanía Alimentaria.
Logo da conferencia ofrecida por Raquel, propúxose unha dinámica por grupos, que consistenteu en crear unha empresa e pensar nas súas fortalezas e debilidades, a curto e longo prazo, os bens para poder levala a cabo, etc. Os participantes pensaron nas súas ideas, e entretivéronse contestando ás preguntas realizadas por Raquel, buscandolle remedio ás debilidades dos seus proxectos.
Para finalizar, queremos darvos a grazas a todos os que leestes todo este texto e pedímosvos desculpas se hai algún erro, que non serán poucos.
En especial aos nosos compañeiros da sede de Lugo pola boa acollida que nos deron e pola axuda que nos ofrecen sempre que a precisamos (incluído na realización desta entrada).
Moitas grazas a todos!

24 oct 2012

Aberta a matrícula para as II Xornadas de Soberanía Alimentaria

Os vindeiros días 23, 24 e 25 de Novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as II Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, recoñecido con 1 crédito de libre configuración (pendente de confirmación) para o alumnado do Campus de Lugo, excepto Facultade Humanidades, E.U. Enfermería e E.U. RRLL. As xornadas estarán divididas; venres 23 pola tarde (16:00-20:50), sábado 24 (9:30-14:00 e 16:00-20:50) e domingo 25 (9:30-14:00 e 16:00-20:50). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.

 

Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! 

A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!

21 may 2012

Lugo: gran sede, mejor grupo

Aquí estamos, acabando un curso más y empezando un nuevo ciclo. Cuando arrancamos este año en la sede, poco pensábamos que otra vez volveríamos a resurgir e incluso meternos en más "fregaos"...

Allá por Octubre empezábamos las actividades lucenses los veteranos Marcos, Anxo y poco a poco el novato cordineitor, jeje! Éramos la mitad de gente que el año pasado, pero como nos gusta el riesgo, mejor que ni Anxo ni yo viviéramos en Lugo, quien dijo miedo? Así arrancamos el curso, con muchas ganas, proyectos...y también dificultades.

Lo primero era lo primero, meternos a tope con el I Curso de Desenvolvemento Rural, Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria. Le fuimos dando forma y el resto, increíble!! Éxito de público y crítica, jeje!! Cierto que no salió todo perfecto, con cosas que mejorar, pero muy orgullosos del trabajo hecho y la experiencia disfrutada.

A raiz del curso fueron enganchando nuevas personas voluntarias, alguno ya conocido como el crack Abel, y los dos increíbles compañeiros, Pepe y María. Poquito a poco fuimos saliendo a flote y a organizarnos lo justo para poder afrontar por segundo año consecutivo el Curso de TCpDH, gracias al trabajón tanto de María, Abel como del coordinador del curso, Pepe, grandes! Y otra vez, gracias a la sede madriña, os debemos una cenita!

Ahora, con la calma que nos podamos conceder, debemos mirar atrás, darnos cuenta de todo lo conseguido, los fallos acumulados e intentar tener cabeza para asentar lo bueno que tenemos y así poder seguir creciendo como grupo, como sede.

No sabemos, o por lo menos no sé, qué será de éste que os escribe dentro de unos meses. Hasta hace no mucho, también con incertidumbre por la sede. Visto lo visto, con la genial gente que estará y la nueva que seguro vendrá, disfrutar de lo que nos queda por hacer.

bicos e abrazos!

13 ene 2012

I Curso Desenvolvemento Rural, Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria

Un año antes de que arrancara este curso, empezaba todo con tres voluntarios de la sede de Lugo reunidos en una cafetería de Ourense y formulando lo que queríamos y podríamos hacer en el año próximo (esto es así!)

Visto todo lo que ha pasado desde entonces, poco pensábamos que lo que en un principio era un esbozo del curso, podría llegar a realizarse de una manera tan increíble...

Una vez que se acercaban las fechas para la realización del curso, nos pusimos a ello y empezamos a elaborar un plan de todo lo necesario para organizarlo. Primero las fechas, luego el programa, ponernos en contacto con los posibles ponentes...y cuando todo estaba perfilado, la difusión.


Realmente no esperábamos ni de lejos poder alcanzar el número de personas matriculadas. Cuando faltaban unas dos semanas estábamos en unas 20 (exitazo!) pero aún faltaba el sprint final que nos dejó incrédulos, se acabaron matriculado más de 50! Por un lado era genial poder organizar el curso para tanta gente, pero por otro nos cargaba de más responsabilidad para que saliera todo bien, (menos mal que éramos 4 voluntarios,jeje!!)



Cuando llegó el día, pusimos a punto el Salón de Actos de la R.U. Bal y Gay, y arrancó el I Curso Desenvolvemento Rural, Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria.

Llegaron los alumn@s, finalmente 44. Fueron superando con creces todas nuestras espectativas, ya que participaron, colaboraron, fueron críticos, hubo debates muy interesantes y hasta alguno nos echó una mano a la hora de recoger el local. ¡Así da gusto organizar un curso!



Por parte de los ponentes, como siempre, sin palabras! Muchas gracias por venir y colaborar con nosotros de una manera tan sincera. Crearon un gran ambiente fomentando que la gente se sintiera cómoda y participara, dieron muestras de sus conocimientos y nos ayudaron a reflexionar.


Con todo este buen ambiente de fondo, el curso fue transcurriendo sin problema alguno y fuimos aprendiendo y concienciándonos un poco más de todos los temas que se iban tratanto. De verdad, salió todo genial. También el compañerismo entre los voluntarios de Lugo, que da sentido a lo que somos como grupo.


Después de esta nueva experiencia, de poder llevar a cabo este curso, de ver que a veces todo el trabajo y las esperanzas que se ponen en que llegue a la gente sale mejor de lo esperado, da fuerza y ganas para seguir haciendo estas cosas que nos llena como voluntarios.



Solo nos queda volver a dar las gracias a todos los que colaboraron y participaron, a los compañeir@s de ESF que nos echaron una mano en las distintas etapas del curso (siempre nos sentimos arropados!!) y a todos los que nos ayudaron en cualquier aspecto por pequeño que sea.

Esperamos volver en la segunda edición, y que haya muchas más...¡Mil gracias por todo!

2 dic 2011

Aberta a matrícula para o curso de Soberanía Alimentaria en Lugo!

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza un curso sobre o desenvolvemento rural, comercio xusto e soberanía alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións do campus de Lugo (espera da confirmación). O curso estará dividido en tres xornadas, venres 16 pola tarde (16:00-20:30) e sábado 17 (9:00-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 18 (9:00-14:00 e 16:00-20:30). Se realizará na Residencia pública Bal e Gay da USC, en Lugo.

Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, ás/os formadoras/es e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación!
A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!