Mostrando entradas con la etiqueta grupo Incidencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grupo Incidencia. Mostrar todas las entradas

27 sept 2016

EXPERIENCIA DE ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA CON FOROS DE DEREITO HUMANO Á AUGA EN 4 CONCELLOS DE GALICIA


O seguinte texto é froito dun encontro de intercambio de experiencias entre ONGD en Galicia promovido dende a Coordinadora Galega de ONGD. Queríanse compartir experiencias en eidos novos, con públicos meta pouco traballados, e o ano anterior ESF fixera as súas primeiras "incursións" en foros municipais sobre un tema determinado onde ESF tivera experiencia de traballo, para levalo á palestra (un tema ademais que en Galicia non se considera prioritario, xa que falar de Galicia parece que é automáticamente falar de auga...). Dende a Coordinadora pedíronnos material para deixar ás persoas participantes no foro, e ese material é o que compartimos a continuación, unha sorte de sistematización desa experiencia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------


1. Antecedentes

En Honduras o Dereito Humano á Auga é unha das liñas de traballo máis importantes de ESF Galicia (e a máis antigua a nivel internacional, tendo traballado anteriormente xa neste eido en El Salvador e nos campamentos saharauis de Alxeria). En Honduras, o programa e moi integral, e céntrase sobre todo no fortalecemento das capacidades locais, tanto de quen ten a obriga de proveer o dereito á auga (nomeadamente concellos ou mancomunidades), como que ten que recibilo e esixilo (persoas e familias), así como entes que participan dos dous grupos (Xuntas Administradoras de Auga e Saneamento).
En Galicia a asociación tense centrado moito máis en facer campañas dando a coñecer o concepto de Dereito á Auga e a súa importancia, así como os problemas do seu aseguramento nos países onde estabamos a traballar, tratando de visibilizar outras realidades (que en demasiadas ocasións vense como algo moi alonxado). Hai anos que temos un posicionamento, compartido co resto da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, en Dereito Humano á Auga. Pero nos últimos dous anos, e dentro do traballo no seo da Comisión de Incidencia Política elaborando propostas para os partidos políticos, empezouse a dar máis e máis importancia a propostas relativas ao que se vén en chamar “coherencia de políticas”, facendo referencia non só ás propostas dentro do que se pode considerar políticas públicas de cooperación ao desenvolvemento e o simbólico 0,7% do PIB en orzamentos para coooperación e protección dos dereitos humanos a nivel global, senón tamén en que se fai co 99,3% restante, que pode anular totalmente o efecto dese 0,7. De tódolos xeitos a ese 0,7 nunca se chegou en España, e menos en Galicia, cun orzamento conxelado dende 2013, ano en que tocou fondo tras varios anos de descensos). Así, no 2015, con motivo das eleccións municipais, achegáronse varias propostas nesta liña de coherencia de políticas, entre as cais figuraban algunhas en relación co aseguramento do Dereito Humano á Auga dende os concellos.
Deuse a circunstancia de que nese mismo ano 2015 ESF Galicia estaba inmerso na execución dun proxecto dentro do programa mencionado de Dereito á Auga e Saneamento en Honduras, financiado polo Fondo Galego deCooperación, a entidade referente da cooperación municipalista en Galicia, con moitos concellos galegos e dúas deputacións asociadas. Neste proxecto contemplábase a realización de actividades de sensibilización en Galicia relativas a o proxecto que se financiaba.
Por outra banda, tamén hai tempo que ronda a idea dende ESF Galicia, compartida coa Coordinadora Galega de ONGD, de facer máis educación para o desenvolvemento e sensibilización no propio seo das Administracións Públicas (non só en responsables políticos, tamén no funcionariado e persoal técnico).
Por último, ESF Galicia leva anos tratando de plantexar actividades fora das grandes cidades galegas, o cal polas características da súa base social e das súas estratexias de traballo viña sendo complicado.


2. Xustificación da acción

O Dereito á Auga foi recoñecido en 2010 pola ONU, bastante tarde en comparación con outros, se ben xa levaba tempoavanzándose cara este recoñecemento. Cando se fala de dereitos, non se fala só de acceso, senón tamén doutras dimensións do mesmo, que no caso da auga son calidade, asequibilidade, dispoñibilidade, seguridade, aceptabilidade (a partir da páx.33 deste manual se pode afondar nelas). Deste xeito, aínda que sempre chama a atención o cuestionar que o Dereito á Auga esté asegurado en Galicia, é importante non esquecer o resto das dimensións, onde en demasiados casos Galicia non sae moi ben parada. O feito de detectar esta problemática e de ver o vínculo coa existente en Honduras, fixo que se decidira centrar os foros municipais previstos para realizar a actividade de sensibilización do mencionado proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación na relación desa problemática en Honduras coa de Galicia. Indubidablemente, as dimensións do Dereito á Auga non cubertas en Honduras son máis e en maior medida que en Galicia, pero é un xeito de chamar a atención nun problema global acercándoo ao local. O feito de ter espazo nun Concello, e posible acceso a persoal técnico e político, deron o enfoque definitivo aos foros, que se comenta a continuación.


3. Desenvolvemento da acción

3.1. Poboación meta

Polo comentado anteriormente, pódese deducir que á hora de contactar e difundir o evento quíxose priorizar a participación de persoal da equipa municipal (técnico e político). Especialmente persoas que teñan capacidade de xestión. Aínda así, tamén se desexaba que o evento servira para que o propio concello se empoderara e o difundira como foro aberto e participativo coa cidadanía, que podería levar incluso propostas a dito foro. Isto, como se verá, funcionou de forma moi diversa segundo o concello de que se tratara.

3.2. Contactos e comunicación do evento

A selección dos concellos participantes veu dada polo Fondo Galego de Cooperación, xa que ten persoas de contacto nos distintos concellos socios. Tratouse de axustar as preferencias xeográficas de accesibilidade da base social de ESF Galicia que ía dinamizar os foros, tanteando tamén concellos con vilas medianas, e tratando de ser plural en canto a partidos políticos gobernantes nos concellos e, simultáneamente, buscando que houbera certo interese dende o concello por que este evento se celebrara.
A comunicación e difusión da actividade tamén foi liderada polo Fondo Galego, que intermediou á hora de enviar o material de difusión a cada concello (cartaces elaborados por ESF Galicia), quedando a discreción de cada concello a posterior difusión entre o seu persoal e cidadanía. Tamén desde redes sociais se publicitou, tanto no caso do Fondo Galego como de ESF Galicia, se ben eramos conscientes que o éxito na difusión viría máis dado pola implicación de cada concello.

3.3. Preparación e dinamización dos contidos

Correu a cargo dunha equipa creada ad hoc para a actividade con persoas voluntarias dos grupos de Educación para o Desenvolvemento-Sensibilización e de Programas Interancionais en Auga e Saneamento, ambos con sede en A Coruña. Foron 4 persoas (na súa maioría estudantes de Enxeñaría Civil), que contaron co apoio do técnico de proxectos.

3.4. Como foi o evento?

A participación foi moi variada, dende estar soamente 9 persoas da base social de ESF Galicia con dúas concelleiras do goberno en funcións (A Coruña), a estar con 2 concelleiras, alcalde, oposición, persoal técnico do concello e algunha veciña (Teo), ou facer o foro con 3 concelleiros e concelleiras de diversos partidos que conformaban a equipa de goberno e bastante veciñanza (incluindo persoal docente dun centro escolar do concello que buscaba tamén elementos para integrar na súa didáctica) en Ames, a a soa presenza dun membro da oposición xunto coas dinamizadoras de ESF (en Monforte).
Na crónica dos foros nos 4 concellos recolléronse os elementos que xurdiron en cada un e unhas conclusións con elementos comúns que se detectaron nos 4. Cremos interesante subliñar que, por exemplo, en A Coruña, aos poucos días do foro se fixo unha declaración dende o concello na liña do dereito humano á auga, na cal nos gusta pensar que tivemos algo que ver.


4. Conclusións

  • Para as persoas da base social, que participaban nunha actividade novedosa para o que é o habitual da asociación, serveu como gran aprendizaxe e sobre todo para ver como a organización pode aportar liñas de debate que interesan a administracións locais en temáticas nos que ten experiencia de traballo. Tamén para darse conta de que as responsables políticas son “persoas de carne e oso”, moitas veces interesadas en aprender sobre temas que non dominan, a pouco que lles parezan de interese na súa laboura de xestión pública.
  • O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é un valiosísimo aliado neste tipo de accións, dada a ampla presenza en diversos concellos, con contactos persoais neles, e moita predisposición a apoiar a sensibilización e educación para o desenvolvemento nas administracións locais galegas. É posible, iso si, que haxa certo sesgo natural dadas as relacións persoais e de afinidade de posturas cara uns partidos máis que cara outros, o cal quizais inflúa na posibilidade de acceder a uns ou a outros.
  • A dinamización dos foros é importante facela coidadosamente apartidista, pero o dereito á auga e un tema moi político, e non hai que ter medo de visibilizar estes elementos políticos (de transparencia e boa gobernanza na xestión, que forma parte do aseguramento de calquera dereito humano que unha administración pública ten asumido).

5. Liñas derivadas

Esta experiencia serviu para impulsar definitivamente unha serie de accións e cambios organizativos en ESF Galicia:
- A creación dun grupo específico de 4 persoas para accións de incidencia política.
- O deseño dun traballo académicamente dirixido na Escola de Camiños da Universidade da Coruña tratando de propoñer un sistema de indicadores de transparencia e boa gobernanza no eido do Dereito á Auga, facendo unha primeira pilotaxe na área de A Coruña.
- A continuación destes foros (mesmo tamén noutras temáticas onde ESF conta con experiencia, como o software libre, consumo responsable, soberanía alimentaria ou novo modelo enerxético), xa se conseguiu financiación para realizar en 2016 e 2017 noutras vilas galegas, e se acaso repetir nalgunha das que se percebeu máis interese destes primeiros catro.


22 sept 2016

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S nos eidos de traballo de ESF Galicia

Fixemos a análise dos 5 partidos aos que as enquisas dan probabilidades de entrar no Parlamento de Galicia (podedes entrar en cada un dos programas pinchando a continuación):

Chamounos a atención que nin o PP nin Ciudadanos fixeron unha versión do programa en pdf descargable que facilitara a lectura fora da internete (en dispositivos de tinta electrónica ou mesmo poder imprimir). Tamén complica o seguemento, xa que o programa pode ser eliminado facilmente en canto remate a campaña, imposibilitando o seu seguemento. Pero non vos preocupedes, tomámonos a molestia de pegar todo o contido en arquivos para que non “queden no olvido” (así que se pinchaches nos enlaces de arriba e non atopástedes algún deles, avisádenos que os temos en formato pdf). Sinalar que Ciudadanos foi o único partido que non tiña o programa escrito en galego.

A continuación podes ver o cadro resumo por temas sobre os que fixemos propostas coas cariñas que tanto nos gustan. Abaixo podedes acceder a análise de cada tema, que non pretende servir máis que para animarvos a ler vós mesmos os programas (sabemos que é difícil, parece que xa os fan tostón adrede :D).



Nos enlaces seguintes podes ver unha pequena análise de cada temática, con enlace tamén as propostas que se fixeran chegar dende ESF aos distintos partidos (tanto a través da Coordinadora Galega de ONGD dentro do "documento longo" de propostas aos representantes dos mesmos, como directamente dende ESF aos partidos vía twitter):
CONTACTO: info@galicia.isf.es. 981 167 000 ext. 1479









Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: Educar para a cidadanía global

No que ten que ver con Educar para a cidadanía global, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, este é o aspecto máis frouxo dos analizados.

Só o BNG refírese á modificación da lei para que os Consellos Sociais das universidades sexan máis representativos da realidade social do seu entorno (abrindo a posibilidade por exemplo de que entren ONG).

Ningún se refire ao papel da universidade como axente de transformación social e a súa orientación cara o ben común (este término é moi empregado por En Marea, pero non específicamente neste eido) e benestar das persoas. Soe empregarse máis o enfoque de creación de valor engadido (sen explicar a que se refiren con iso) para a sociedade, e nalgúns casos ao emprendedurismo e/ou promovendo a investigación especialmente cara aos sectores máis produtivos de Galicia (para aumentar a competitividade).


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: Garantir o Dereito Humano á Auga

No que ten que ver con garantir o Dereito Humano á Auga, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, chama a atención que ningún partido dos analizados fai referencia explícita ao dereito á auga, e moito menos a incluilo na Lei de Augas (que si se propoñen modificar partidos como o BNG para incluir mellor os principios da Directiva Marco da UE, aínda que sen concretar moito cales).

Ciudadanos fai referencia explícita a medidas para loitar contra os cortes de auga, se ben no resto dos partidos pode que se integren nas medidas sociais referentes a vivenda digna (pero bótase de menos concretar os elementos que configurarían esa vivenda digna).

Unicamente o BNG fala de certa participación social neste eido e só En Marea menciona temas como a Nova Cultura da Auga ou a promoción da auga da billa e non embotellada na Administración Autonómica.

De saneamento, fanse referencias non concretas a sistemas descentralizados ou saneamento rural, e todos menos o PP falan do saneamento integral das rías. PP e sobre todo PSOE falan moito de infraestruturas (o “hardware” segue mandando...).


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: consumo responsable e soberanía alimentaria

No que ten que ver con promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria), as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, só o BNG menciona a soberanía alimentaria como parte das relacións internacionais, se ben tanto BNG como En Marea falan de claúsulas soicais, de comercio xusto, xénero e promoción de economía social nas licitacións públicas (Ciudadanos inclúe algunha de tipo social).

A pescar artesanal ten presencia en todos os programas, pero só o BNG concreta algunha medida de tipo exención de impostos, a maiores de distintos etiquetados que propoñen a maioría de partidos. Nesa liña de etiquetados, a promoción de selos de calidade “de Galicia” en distintos produtos (tamén artesanía) é unha constante e, sobre todo en PsdG e PP, moi enfocada á creación de valor engadido cara á venta ao exterior.

En Marea fala específicamente de comercio e produtos de proximidade (mesmo incluindoo como requisito nos comedores dependentes da Xunta), se ben todos falan da promoción de pequeno e mediano comercio, mesmo de autoconsumo, pero en xeral con pouca concreción.

Todos falan tamén sobre cooperativismo, pero tamén con non demasiada concreción. O PP aposta máis polo modelo de explotacións cada vez máis grandes para aumentar rendabilidade e competitibidade, con axudas para as explotacións de cara a este obxectivo, e en xeral con medidas promovendo internacionalización. BNG e En Marea apostan algo máis polo desenvolvemento endóxeno.

Por último, resaltar que só BNG e En Marea rexeitan explicitamente o TTIP.


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: fenda dixital, software libre e datos abertos

No que ten que ver con fenda dixital, software libre e datos abertos, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, só o PSdG e En Marea fan referencia á priorización do software libre na Administración Autonómica.

Todos os partidos menos Ciudadanos falan de reducir a fenda dixital, pero só En Marea se refire ao Dereito á Internete. Ciudadanos fai referencia explícita a evitar cortes das telecomunicacións nalgúns casos.

Todos os partidos excepto o PP e Ciudadanos fan referencia ao acceso libre á información pública (mesmo, nalgún caso como En Marea, á cultura, pero sen concretar medidas). En Marea e BNG tamén falan de coñecemento non monopolizado, sen patentes (En Marea ademais menciona a promoción de licenzas Creative Commons).


Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

Análise dos programas políticos de cara as eleccións Galicia25S: Pobreza enerxética e novo modelo enerxético

No que ten que ver con Pobreza enerxética e novo modelo enerxético, as propostas de ESF Galicia foran estas.

Nos programas, chama a atención a mención de todos os partidos a promover medidas a prol da eficiencia enerxética, en xeral con pouca concreción.

A soberanía enerxética é mencionada polo BNG, que fala de control social neste sector. En Marea aposta polas renovables, priorizando a eólica e solar e posicionándose específicamente contra o fracking. Todos os partidos falan de Enerxías renovables, pero PSOE e PP céntranse moito máis no gas natural (o PP tamén na biomasa).

A acción exemplarizante dende os edificios públicos con enerxías alternativas se contempla tanto no PsdG como en En Marea.

Todos mencionan nalgunha medida o autoconsumo, pero só o BNG e Ciudadanos fan referencia á loita contra a pobreza enerxética ou non evitar cortes de subministro nalgúns casos.




Se queres ver a análise doutras temáticas vinculadas á tecnoloxía e servizos básicos, ou acceder aos programas electorais, podes facelo aquí.

28 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS:EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):

  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético. Esta a desenvolvimos aquí.
  • Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, que é a que toca hoxe.



Educar para a cidadanía global

A  Educación  para  o  Desenvolvemento  e  a  Cidadanía  Global  (EpDCG)  busca  unha  sociedade  civil  activa, crítica, competente e preocupada polos temas  colectivos,  que  reclama  o  seu  protagonismo e fai presión aos gobernos para lograr o benestar de todas as persoas.

Trátase, por tanto, dunha estratexia  imprescindible  na  cooperación  ao  desenvolvemento  que  ten  catro  dimensións  de  traballo  claves:  a  sensibilización,  a  formación,  a  investigación e a mobilización social.  
Para  impulsar  a  EpDCG  como  estratexia  para  a  construción  dunha  sociedade  comprometida,  crítica e solidaria en Galicia, é preciso:

  • Garantir  un  compromiso  orzamentario  para  a  EpDCG  dun  mínimo  do  10  %  do  total  da  Axuda Oficial  ao Desenvolvemento  da  Xunta  de  Galicia.  Estes  fondos  deben  contribuír  a  poñer  en  marcha iniciativas plurianuais no eido da sensibilización e a mobilización social, a formación e a investigación para o desenvolvemento.
  • Incorporar  progresivamente  nos  currículos  das  distintas  etapas  educativas  e  formacións  oficiais a EpDCG, a educación en dereitos e a educación  para  a  paz  como  materias  específicas  e  transversais.
  • Comprometer  unha  dotación  orzamentaria  que  permita executar de forma eficiente a Estratexia de Educación para o Desenvolvemento da Xunta de  Galicia  que  actualmente  está  en  proceso  de  aprobación. Sen un orzamento realista, a estratexia pode quedar reducida a un posicionamento de boas intencións.
  • No ámbito da educación superior unha nova Lei de Universidades debe así mesmo contemplar a función de formación de cidadanía crítica e solidaria como razón de ser. Do mesmo xeito os Consellos Sociais das universidades deben garantir a participación de organizacións da sociedade civil.  

27 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS: FENDA DIXITAL, SOFTWARE LIBRE E DATOS ABERTOS

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):


  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético. Esta a desenvolvimos aquí.
  • Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, a desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos), que é a que toca hoxe.

Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos)



  • No eido das tecnoloxías de información e comunicación, se considera que o software libre debe ter un papel predominante nas estruturas TIC da administración autonómica. Todo iso redundará no aforro en licenzas de programas privativos, ademais da redución da dependencia tecnolóxica e, por suposto, da potenciación do tecido local de empresas    de servizos para o desenvolvemento e mantemento das infraestruturas TIC.

Aumentada anualmente a % de software libre instalado en organismos da Xunta ou dependentes dela, facendo un estudo previo de presenza do software libre na administración autonómica na actualidade que sirva de base para elaborar un plan de migración xeral a software libre.

  • Ademais, todo software desenvolvido directamente por algún servizo dependente da Administración Autonómica, ou ben indirectamente a través dunha contrata, ten que ser de software libre e poñer o código á disposición da comunidade. Deste xeito, as ferramentas informáticas desenvolvidas para as necesidades da Administración Autonómica deben ser tamén postas a disposición da sociedade, ademais da propia información xenerada con fondos públicos. Tamén é importante que na concesión de axudas de I+D o desenvolvemento libre sexa un criterio clave de puntuación para a adxudicación da subvención. Sería unha forma de promover o desenvolvemento libre. Ademais non se permitirán patentes a partir de proxectos financiados en todo ou en parte por diñeiro público da administración autonómica (pasando a dominio público todo descubrimento realizado).

O 100% do software desenvolvido ad hoc para a Xunta de Galicia ou organismos dependentes debe ser libre, e posto a disposición da comunidade antes do final da lexislatura, así como o software desenvolto para a visualización de datos públicos. Non se admitirán patentes a partir de proxectos desenvolvidos con fondos públicos autonómicos.



Polo menos o 10% da puntuación das axudas de I+D dependen de que o proxecto a presentar sexan de desenvolvemento libre.

  • Hai que coidar especialmente os cada vez máis numerosos trámites online, algúns dos cais presentan problemas para acceder con navegadores non privativos.


O 100% dos trámites online e consultas a documentación pública da Xunta de Galicia ou organismos dependentes pódense facer con ferramentas de navegación libres antes do final da lexislatura

  • Recuperar as iniciativas de Internet sen cables municipal que asegure un mínimo acceso a Internet , así como participar nos grupos de negociación e presión coas operadoras para pechar a fenda dixital en Galicia (incluíndo iniciativas de redes alternativas). É especialmente importante a promoción da alfabetización dixital da cidadanía, no que tamén ten un papel importante a administración autonómica, a través de plans para persoas de todas as idades.

Antes do final da lexislatura, todo o territorio galego hai posibilidade de acceso a internete básica por un precio menor do 5% do salario mínimo mensual e se intensifican as campañas de alfabetización dixital.

  • Promoción do acceso aberto e a transparencia radical en datos públicos, con acceso sinxelo tamén a datos de estatísticas autonómicas (incluíndo datos en bruto que facilite a elaboración de investigacións).

Ao final da lexislatura, aumenta anualmente a cantidade de información pública accesible pola cidadanía, con criterios de 100% editabilidade (desaconsellándose polo tanto información exclusivamente en formatos non editables como .pdf).

  • Seguir facilitando o acceso ás persoas con algún tipo de discapacidade, con páxinas web que cumpran os estándares para persoas con problemas de visión, e posibilidade de acceso para persoas cegas con “lectores de pantalla” a todas as webs dependentes da Xunta de Galicia.

Aumentar a % de webs que cumplen estándares de accesibilidade cada ano da lexislatura.

  • Potenciar o portal http://transparencia.xunta.gal/portada, dándoo a coñecer á cidadanía e promovendo programas e obradoiros adaptados a todas as idades para desenvolver na sociedade e na administración autonómica unha auténtica cultura da participación cidadá e a transparencia. Non chega con facilitar as ferramentas, tamén hai que promover a cultura da participación da cidadanía sen caer no “aínda que hai canles de participación, a xente non participa”.

Antes do final da lexislatura, promovida unha campaña anual de participación nas iniciativas lexislativas onde se aumente anualmente a % de persoas participantes. Favorecer tamén programas anuais nos institutos de FP e en Bacharelato de participación nestas iniciativas.





26 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS: GARANTIR O DEREITO HUMANO Á AUGA

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):


  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético. Esta a desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, a desenvolvimos aquí
  • Garantir o Dereito Humano á auga, que é a que toca hoxe.


Garantir o Dereito Humano á auga 


En aplicación do dereito humano á auga, pedimos a implementación da xestión do subministro con criterios de calidade, equidade social nas políticas tarifarias, boa gobernanza e transparencia. Para iso, resulta fundamental garantir:

  • Unha dotación mínima (no contexto mundial está entre 60 e 100 litros por persoa e día) e o compromiso de non cortar o subministro en caso de que se dean casos de impagos xustificados socialmente.
  • Como en calquera servizo básico, non lle chega con asegurar o acceso. É preciso promover novas formas de control social e de democracia participativa que garantan transparencia e participación cidadá efectiva e proactiva, tal e como estableceu á Convención de Aarhus, trasposta á normativa europea pola Directiva 2003/35/CE, de 26 de maio de 2003, e á normativa española pola Lei 27/2006, de 18 de xullo, reguladora dos “dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente”. Establecemento dunha batería de indicadores significativos para os distintos ámbitos da xestión (técnicos, financeiros, sociais, ambientais, patrimoniais), accesibles a través de internet, comprensibles para  a cidadanía e que se cumpran sexa quen sexa o provedor de servizos (empresas públicas, mixtas ou privadas), e orientadores para a administración local.
  • Compromiso de impulsar campañas de fomento da auga da billa e de consideración da auga embotellada como unha opción de consumo a través de  información sobre os impactos ecolóxicos relacionados. Farase a través de iniciativas de información públicas de consumo de auga de billa e de bos hábitos no uso da auga; dun maior esforzo para garantir a calidade da auga; da utilización da auga da billa en centros públicos e, por defecto, en actos públicos da administración; e da mellora das redes de fontes públicas de auga potable.
  • Reformulación da Lei de Augas de Galicia mediante un proceso público participativo. Creación dunha comisión cuxo funcionamento estará recollido na propia lei e que conte con representantes de todos os actores sociais que participen da xestión ademais de todas aquelas persoas interesadas (existe algo parecido na lei de Augas de Galicia, o "Consello para o Uso Sostible da Auga", pero non están ben definidas as súas funcións nin os grupos que o compoñen). Engadir un Título no que se recoñeza explicitamente o dereito humano á auga, e nas súas dimensións do dereito á participación dos usuarios e o acceso á información, ao estilo da Ley de Aguas de Aragón. Neste título desenvolveranse protocolos e ferramentas de participación, así como a referencia a  unha guía de indicadores de xestión que serán de obrigado cumplimento para todos os Concellos da Confederación Hidrogáfica de Galicia-Costa, de competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.

25 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS: POBREZA ENERXÉTICA E NOVO MODELO ENERXÉTICO

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, vimos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores, mesmo algúns indicadores concretos de cumprimento) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):


  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria). Esta a desenvolvimos aquí.
  • Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, a desenvolvimos aquí
  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético, que é a que toca hoxe.

Pobreza enerxética e novo modelo enerxético
A  loita  contra  a  pobreza  enerxética  debe  ser  un piar  esencial  no obxectivo  de  ter  políticas  públicas galegas coherentes cos DDHH e o desenvolvemento humano sostible. As propostas que realizamos  céntrase en tres eixos:

1. Compromiso coa erradicación da pobreza enerxética (incapacidade dun fogar ou familia para satisfacer  un  mínimo  de  servizos  enerxéticos  para  cubrir as súas necesidades básicas domésticas):

  • Promover axudas compensatorias nos casos de impago  xustificado socialmente,  eliminando os casos de corte de subministro eléctrico e de gas por  razóns  de  vulnerabilidade  social,  especialmente nos casos de unidades familiares monoparentais e/ou con menores de idade.
  • Promover, en colaboración con organismos que traballan con colectivos vulnerábeis, obradoiros de eficiencia  enerxética onde se ofrezan ferramentas   para reducir os importes das facturas de luz e gas e consellos prácticos  para  o  uso  racional  e eficiente da enerxía.
  • Promover puntos de información enerxética para orientación  personalizada  a  persoas  con  dificultades para entender e facer fronte as súas facturas e a detección de posibles situacións de pobreza severa.
  • Promover asesorías domiciliarias en casos de pobreza enerxética severa,  diagnóstico da situación enerxética dos fogares e proposta de medidas de aforro adaptadas a cada caso.
  • Intervencións  en  fogares  en  casos  de  pobreza enerxética  severa,  executar  medidas  de  aforro enerxético adaptadas a cada caso concreto.
  •  
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

Porcentaxe de fogares con gastos en enerxía doméstica superiores ao 10% dos ingresos en Galicia.
Situación ano 2012: 18%
Obxectivo 2020: 0%
Fonte: Elaboración a partir dos microdatos da “Encuesta de Presupuestos Familiares (EPF) del Instituto Nacional de Energía (INE)”

Porcentaxe de fogares que non poden permitirse manter a súa vivenda cunha temperatura axeitada en Galicia.
Situación ano 2012: 7%
Obxectivo 2020: 0%
Fonte: Elaboración a partir dos microdatos da ECV (INE).

2. Compromiso   da   administración   coa   eficiencia  enerxética:


  • Supervisar  o  cumprimento  da  lexislación  en  materia de eficiencia enerxética nas instalacións de  alumeado  exterior  por  parte  dos  concellos  galegos  (Real  Decreto  1890/2008  de  14  de  novembro)   revertendo   a   situación   actual   na   que  o  55%  dos  procedementos  publicados  na  Plataforma  de  Contratación  Pública  de  Galicia  durante   o   2015   incumpren   a   referenciada   normativa.
  • Incluír  nas  posibles  axudas  a  reformas  e  novas  construcións  (e  nos  pregos  de  condicións  para  obras  públicas)  criterios  de  eficiencia  enerxética  (superando  aos  xa  incluídos  na  lexislación  vixente).
  • Promover á I+D en eficiencia enerxética naquelas industrias que pola súa singularidade teñan un impacto importante no desenvolvemento humano no ámbito galego (por exemplo industrias electrointensivas  que  sexan  motores  económicos en áreas rurais, etc.).
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

100% das licitacións de Iluminación Pública publicados na Plataforma de Contratación Pública de Galicia durante os anos 2016-2020 cumplen a referenciada normativa de eficiencia enerxética. Fonte: Plataforma de Contratación Pública de Galicia


Incremento da inversión público-privada en I+D no ámbito da eficiencia enerxética na industrias electrointensivas ubicadas no territorio galego


3. Promoción da soberanía enerxética (novo modelo enerxético):

  • Promover   axudas   e   ordenanzas   reguladoras  que  faciliten o auto-abastecemento enerxético a baixa escala a partir de tecnoloxías que xa existen, explorando os límites que permiten as leis.
  • Promover  a  participación  cidadá,  asegurando  a  igualdade de xénero, na toma de decisións relativas  ao  desenvolvemento  de  infraestruturas  enerxéticas e o abastecemento enerxético.
    Promover  o  “asociacionismo  enerxético”  (cooperativas   de   consumo   de   enerxías   renovables,   instalación   enerxéticas   compartidas,...).
  • Campañas  de  consumo  responsable  de  enerxía nas  propias  institucións, mediante  boas  prácticas.
    Traballarase para declarar a Galicia  “100% autosuficiente  enerxicamente”  (cando  se  produce máis da que se consume) e, idealmente, “100% autosuficiente   de   enerxías   renovables”. Todo isto respectando escrupulosamente a planificación  territorial  correspondente  ás  zonas  sensibles a determinados tipos de infraestruturas de xeración de enerxía. 
INDICADORES PROPOSTOS POR ESF GALICIA

Aumento dun 20 % de enerxía obtida en Galicia a partir de fontes renovables durante a lexislatura e dininución anual da % de enerxía importada, facendo estudos de diagnose da situación inicial se fora necesario.

24 ago 2016

PROPOSTAS A PARTIDOS POLITICOS ELECCIÓNS GALEGAS: NOVOS MODELOS DE PRODUCIÓN E CONSUMO

O vindeiro 25 de setembro hai eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia. Dende á Coordinadora Galega de ONGD, da que formamos parte, e ademais colaboramos na Comisión de Incidencia Política e na Xunta Directiva, se elaboraron unhas propostas para que os partidos políticos concorrentes as incorporen nos seus respectivos programas. Aquí está a versión resumida e aquí a longa, que inclúe unha serie de propostas na liña de coherencia de políticas, ou sexa, non quedarnos só en reivindicacións relativas ao desexado 0,7% do orzamento da Xunta para cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos globais, senon que se implementen medidas coherentes con esa protección dos dereitos humanos tamén co 99,3% do orzamento restante, o cal en ESF Galicia preocúpanos incluso máis.

Por iso, en próximos posts, iremos contando cales son esas propostas (e algunha a maiores) dentro da coherencia de políticas nos eidos de traballo de ESF Galicia (que é onde máis puidemos aportar):

  • Pobreza enerxética e novo modelo enerxético. Esta a desenvolvimos aquí.
  • Garantir o Dereito Humano á auga. A desenvolvimos aquí.
  • Promover acceso á tecnoloxía axeitada e igualitaria (fenda dixital, software libre e datos abertos). A desenvolvimos aquí.
  • Educar para a cidadanía global, a desenvolvimos aquí
  • Promover novos modelos de produción e consumo (consumo responsable e soberanía alimentaria), que é a que toca hoxe.

Promover novos modelos de produción e consumo.

Apostamos  polas  iniciativas  da  economía  social no eido local, aquelas que priman ás persoas por riba do capital, e que se xestionan de forma autónoma, transparente, democrática, ligada ao entorno e con mecanismos participativos.
Isto pasa por fomentar a filosofía  da  economía social,  apoiar  a creación de empresas de economía social ou apoiar redes de comercialización de empresas de economía social entre países empobrecidos e Galicia.

INDICADORES QUE DENDE ESFGALICIA PROPORÍAMOS


Fortalecer a rede Eusumo progresivamente no orzamento e presenza mediática ao logo da lexislatura e aumentar as vantaxes fiscais das cooperativas con respecto a outras figuras empresariais antes de finalizar a lexislatura.

En procesos de contratación pública, aumentar a valoración pola a contribución da empresa á sociedade e ao seu entorno e o feito de que sexa unha empresa da economía social.


No eido de promover novos modelos de produción e consumo máis sociais e sustentables propoñemos:

Promover o comercio xusto e o consumo responsable entre a cidadanía e ao interno da propia Xunta, promovendo  tanto  campañas  de  promoción  na  sociedade  civil  como  a  Compra  Pública  Ética  (incluíndo  criterios  de  electrónica  ética, alimentos  de  proximidade,  materiais  de  construción local e a madeira certificada nas convocatorias de licitacións por equipos ou obras). Tamén a través da promoción da Xunta de Galicia de produtos de comercio xusto nas máquinas de vending  e  as  cafeterías  dependentes  da  propia Xunta, comedores escolares ou centros de saúde,  etc. Englobamos,  así  mesmo,  nesta  liña os servizos bancarios e financeiros na liña da Economía Social, para o que se debería apostar pola utilización de forma prioritaria da Banca Ética e cooperativas  de  crédito  máis  achegadas  ao  terreo  (das  cales  en  Galicia  hai  varios  exemplos en funcionamento, Fiare, Coop-57, Ais o O Peto, Caixa Rural, Triodos Bank, etc).

INDICADORES QUE DENDE ESFGALICIA PROPORÍAMOS

Incluir banca ética entre os bancos posibles para facer calquera tipo de transación coa administración autonómica antes de rematar a lexislatura.

Chegar ao 10% do capital manexado dende a Administración Local canalizada a través de banca ética ao final da lexislatura.

Incluir criterios de comercio xusto, consumo de cercanía, materiais locais e electrónica ética aos pregos de compra pública de equipas e construción.

 
Promover  circuítos  de  comercialización  curtos para produtos alimentarios locais, especialmente  artesanais  e  ecolóxicos;  patrocinar  o  consumo consciente, san e de proximidade. Poderíase impulsar, por exemplo, a través de formacións e obradoiros a persoas produtoras locais sobre algúns condicionantes de seguridade alimentaria e  etiquetaxe  dados  pola  lexislación  actual, que está de costas a este tipo de produtos (e que en lugares como Francia si teñen un peso específico importante e contribúen ao desenvolvemento
de  tecido  produtivo  local, especificamente nas zonas máis rurais). Traballar  pola promoción  dun  modelo  de  desenvolvemento rural e pesqueiro endóxeno con enfoque  de  soberanía  alimentaria  e  apoiado  na pequena agricultura familiar.








INDICADORES QUE DENDE ESFGALICIA PROPORÍAMOS

En comedores escolares e doutro tipo de servizos, dependentes da Xunta de Galicia de xeito directo ou indirecto, incluir polo menos o 50% de produtos deste tipo antes de rematar a lexislatura.


Favorecer  a  eliminación  dos  cultivos  transxénicos. Este  tipo  de  cultivos  interactúan  co  resto  de  cultivos  (e  das  persoas)  de  formas,  como mínimo,  pouco  coñecidas, e non contribúen a unha  mellora  na  produtividade  de  xeito significativo a medio prazo, mentres que si aumenta a dependencia exterior das explotacións agrícolas (especialmente as familiares, que son as maioritarias  en  Galicia  e  son  as  máis  idóneas  para  “alimentar  Galicia”  de  xeito  máis  sustentable).
NOTA: aquí se pode ver unha pequena análise sobre os transxénicos dende a perspectiva da tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Tamén,  promover  e  facilitar  a  mellora  participativa  de  variedades  endóxenas  (por  exemplo con  feiras  de  sementes,  formacións  a  labregos 
e  labregas  ou  convenios  con  centros  de  investigación que traballan no tema como pode ser a Misión Biolóxica de Galicia).

INDICADORES QUE DENDE ESFGALICIA PROPORÍAMOS

Declaración de Galicia como “Comunidade Libre de Transxénicos” (que non se permita o seu cultivo) antes de rematar a lexislatura.

17 nov 2015

Foros sobre a xestión municipal do Dereito Humano á Auga.


A organización destes Foros constitúe
unha mellora en sí mesma do
cumplimento do Dereito Humano á Auga

 O pasado mes de Outubro, dende Enxeñería Sen Fronteiras organizamos unha serie de foros sobre a Xestión Municipal do Dereito Humano á Auga. En primeiro lugar queremos agradecer aos Concellos da Coruña, Teo, Ames e Monforte a oportunidade de poñer en práctica esta actividade así como a implicación tanto na súa difusión como na participación. Tamén a todas as veciñas que participaron e que contribuíron a que está experiencia fose rica e interesante en ideas e conclusións. E ao Fondo Galego de Cooperación pola implicación na co-organización da actividade.

 

Ademais, invitamos a todos os Concellos interesados nesta actividade, a contactar con nós a través do email info@galicia.isf.es. Consideramos que a organización de Foros como estes constitúen unha mellora en sí mesma do cumplimento do Dereito Humano á Auga, no canto que se crean espazos de debate e reflexión que permiten a libre participación da xente.


Os obxectivos da actividade son chamar a atención sobre como a problemática do dereito á auga é global (a defensa dos Dereitos Humanos non ten fronteiras), e as leccións aprendidas dun lugar poden (tras adaptalas ao contexto) aplicarse a outros lugares. Ademais, debater e poñer sobre a mesa propostas de mellora da transparencia e do bo goberno en todo o ciclo da xestión da auga, o cal é clave para asegurar ese dereito.




A ONU recoñeceu explícitamente
o Dereito Humano á Auga no 201
0
Os Concellos, como administración pública máis achegada á cidadanía, teñen unhas competencias importantes á hora de garantilo, o que se reflicte no marco lexislativo da maioría dos países do mundo.

Enxeñería Sen Fronteiras, como asociación que traballa no eido da tecnoloxía para as persoas, ten o dereito á auga como un dos seus eixos de traballo, con experiencia en lugares como El Salvador, os campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia ou Honduras, e participa a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en redes que promoven unha maior transparencia e bo goberno na xestión da auga en todo o mundo. Con esta actividade, impulsouse un foro nos concellos coas persoas interesadas en coñecer máis sobre o enfoque do dereito humano á auga
Promover a transparencia foi un
dos obxectivos da actividade
mediante a mellora da transparencia e bo goberno na súa xestión, a partir do exemplo dos traballos desenvolvidos cunha mancomunidade de 7 concellos do sur de Honduras co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como outras experiencias existentes, que permita establecer un intercambio coas persoas asistentes para posibles melloras concretas a impulsar dende o concello (expoñer novas alternativas, melloras concretas da xestión, dúbidas, etc.).




As dimensións do Dereito Humano á Auga

Programa das Nacións Unidas
para o Medio Ambiente



No ano 2002, o Comité de Dereitos Sociais, Económicos e Culturais, emitiu a súa Observación Xeral nº 15, centrada en concretar o alcance do Dereito Humano á Auga e o saneamento.
Establecense as categorias fundamentais que garantizan o cumplimento, ou non, dos Estados do Dereito Humano á Auga





  
Os Estados deben garantir
unha cantidade mínima de auga

Dispoñibilidade 
Abastecemento de auga dun xeito suficiente e continuo para usos persoais e domésticos (consumo, saneamento, louza, alimentación e hixiene)  
A cantidade mínima diaria considerada pola OMS é de 20 litros por persoa e día. Mais, se os recursos hídricos son suficientes, o Estado debería garantizar uns 100 litros por persoa e día.


 

A auga non pode ser
nociva para a saúde

Calidade
A auga debe ser salubre, potable, carente de microorganismos ou sustancias perigosas que poidan perxudicar a saúde das persoas. Ademais, a auga debe ter un olor, sabor e color para cada uso persoal ou doméstico.







A auga debe ser de fácil acceso
para todas as persoas

Accesibilidade
A auga e as instalacións de servizos de auga e saneamento consideranse accesibles cando están no interior de cada fogar, institución, lugar de traballo ou nas súas cercanias. Implica tamén implica a seguridade física de quén accede o servizo.
De acordo a OMS, a fonte debe atoparse a menos de 1000 m do fogar e a menos de 30 minutos camiñando.




Os servizos de auga deben ser
asequibles para todas as persoas


Asequibilidade
O acceso os servizos de auga e saneamento debería garantizarse sen que elo comprometa á capacidade das persoas de adquirir outros bens e servizos esenciais (alimentación, saúde, educación...)
O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) suxire que o custo da auga non debería superar o 3% dos ingresos do fogar.





A participación e a transparencia foron
protagonistas desta actividade
   


Dereito á participación e a información
Todas as persoas teñen dereito a participar na elaboración e planificación das políticas da auga como condición básica para exercer o dereito á auga. A accesibilidade comprende o dereito de solicitar, recibir e difundir información sobre as cuestións da auga.





Igualdade e non discriminación
A auga e os seus servizos básicos deben garantizarse a todas as persoas, prestando especial atención os sectores mais vulnerables e marxinados da poboación.

Sustentabilidade
O sistema de abastecemento debe estar garantizado tamén para as xeracións futuras.

Rendición de contas
Deben establecerse recursos xudiciais ou de outro tipo para resarcir ás vítimas da violación do dereito á auga.





Os Foros

 
Aquí recollemos as opinións vertidas polas diferentes persoas que acudiron aos distintos foros. Son os apuntes tomados polas persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras que participaron na facilitación dos debates. As opinións son lineais, é decir, están escritas na orde na que se dixeron, polo que pode haber cousas que non encaixen dentro do tema que se propón. Quixemos facelo así para ser o máis fieis posibles á realidade. Evidentemente, é moi difícil facer un axuste exacto e recoller ao cento por cento todas e cada unha das opinións, polo que pedimos desculpas se hai algunha cousa que quedou fora. Por suposto, non dubidedes en poñervos en contacto con nós se queredes que se engada algo. Podedes facelo, ben comentando ou escribindo un email á seguinte dirección: info@galicia.isf.es





A Coruña


   

O 1 de outubro comezaron as actividades na Coruña. Foi nas magníficas instalacións do Centro Cívico da Cidade Vella. Asistiron unhas 10 persoas entre as que se encontraban persoas do Grupo de Goberno no Concello.

 

  

 O debate

Acudiron ó Foro representantes do
Grupo Municipal e do Fondo
Galego de Cooperación

-Fálase da Fundación Emalcsa, que se plantexa pagar os recibos ás familias que non se o poidan permitir.
-Coméntase as diferenzas de custo que lle supón a auga á universidade e á industria (en concreto á fábrica de Estrella Galicia).
-Deberíanse cambiar os mecanismos de comunicación e facerse auditorías públicas
-Xurde a dúbida de se os “beneficios” ligados a xestión da auga se deben investir noutras cousas que non teñan relación. No caso de que se acepte isto, deberíaselle dar prioridade a proxectos sociais sobre outros.

-Opinouse tamén que, antes de pensar en que deberíamos invertir, deberíase acadar un ciclo perfecto en abastecemento e saneamento, baixar os recibos a límites asequibles a todos os cidadáns .

-En torno o prezo do servizo, comentase que hai que ter coidado cando se fala de gratuidade. Débese deixar claro que os servizos de auga teñen un custo importante asociado. É un servizo que debe estar garantido pero non debe ser gratuito salvo en ocasións de necesidade.
-En torno a esta idea comentase que, ainda que non deba ser gratuito, as contas deben estar claras e accesibles a calquer cidadá, para que se vexan os custos.

Houbo un interesante debate en torno
o cumplimento do Dereito Humano
á Auga en Galicia
Cómo se podría mellorar o Dereito Humano á Auga no Concello da Coruña?
-En xeral cremos que se cumple en Galicia nas zonas urbanas, aínda que non tanto nas zonas rurais.

-Con repecto á dispoñibilidade e accesibilidade entendemos que non hai problemas no Concello da Coruña, salvo na zona da Pasaxe.
-Plantéxanse como propostas políticas de aforro.

-Con respecto ás políticas tarifarias, faise por tramos e fálase da posibilidade de baixar as tarifas.

-Respecto ao abastecemento, do que mais queixas reciben é do sabor (aínda que non son habituais). Podería ser polas tuberías, que aínda hai cobre e chumbo.
 -Plantéxase unha campaña para o uso da auga da billa.
-Con respecto ao saneamento, dende o Concello están tratando de subsanar todos os vertidos.

-Plantexase a posibilidade de poñer un teléfono ao que se poida chamar se hai alertas por vertidos de augas residuais ou fugas no abastecemento.

Teo


O Foro tivo lugar no Salón de Plenos
do Concello de Teo

Continuamos o 21 de outubro no Concello de Teo, onde tivemos a honra de facilitar o debate no Salón de Plenos do propio Concello. Participaron unhas 10 persoas, sendo o debate mais plural dos que fixemos, estando representados tanto o grupo municipal de goberno, a oposición, persoal técnico do Concello e veciñanza interesada na temática. O Concello de Teo rematou o proceso de remunicipalización da xestión o 1 de Outubro polo que este debate foi moi interesante.


Velaquí o anuncio da actividade por parte do Concello.



O debate


Foi un debate plural, con representantes do
Grupo Municipal, da oposición, técnicos do
Concello e veciñanza.
-Na primeira parte saiu unha idea interesante sobre o saneamento. Cal é a definición de abastecemento e saneamento? É unha cuestón cultural e social. Fai 20 ou 30 anos en Galicia non había cultura de ducharse todos os días. Había un aseo persoal pero a xente duchábase unha vez a semana. Por iso é importante definir o que entendemos por saneamento e abastecemento "básico".

Debería haber cortes de suministro por impago?

-Sí, no caso de que podas pagala e non o fagas. Non é Honduras, aquí todo o mundo ten acceso.
-En Teo existe unha ordenanza que garantiza o suministro e impide os cortes, sempre e cando haxa unha xustificación. Según parece, se alguén non pode pagala, debe xustificalo. Non hai case peticións deste tipo (que se farían en Servizos Sociais do concello).

-Plantexase que pode haber unha exposición da xente á hora de ter que xustificar que non poden pagar. Que podería haber alguén que quede sen auga por vergonza a ter que xustificar que non poden pagar.
-Iso non é así, a xente non se vai privar de auga por vergonza.

-Cando se comenta que o precio da auga non debe superar o 3%, alguén pregunta polo prezo da auga do supermercado. Cabe deixar claro que esa auga non é un ben estrictamente necesario, polo que non debe estar reflexado nesa contía.
-O precio da auga en Teo xunta co lixo ronda os 63€/ano. Fálase de que é máis cara que na Coruña porque o saneamento en Teo é máis doado.

-Xurde o debate de se a industria debería pagar máis. (Comentase o que se falou na Coruña de que a Universidade é a que máis paga e a Refinería a que menos).

-Fálase tamén de que algúns grupos da poboación teñen dúbidas sobre a capacidade municipal sobre a xestión da auga e a falta de medios.



 Participación e transparencia

-Debe haber un proceso de participación. A xente debe estar interesada. É importante facer unha labor de formación/información para que isto sexa posible. Ponse como exemplo as toallitas que a xente tira sen ser consciente dos problemas e costes que ese acto xera para o Concello, é dicir, para todos.

-Ten que haber unha labor de concienciación.

-Hai unha falta de coñecementos e de interese na cidadanía. Tamén de previsión. Soamente se chama cando hai unha avería. Pola apatía da xente vese complicado o tema da participación.

-A auga non é un ben de consumo. A xente entende que paga, polo tanto é algo que nos teñen que dar.

-Falase do aumento do consumo en xuño, polas piscinas.

-Antes coas traídas veciñais, isto era distinto. Había un sentido comunitario. Había cousas mal, como que non había control sanitario. Pero cousas boas, falase da autorregulación polos propios veciños. Ponse como exemplo que en aldeas de Ourense a propia comunidade prohibe regar durante o verán. Perdeuse a conciencia de corresponsabilidade.

-Había un control veciñal da xestión. Isto debería seguir sendo así.

-Ese sentido comunitario e de pertenza, perdeuse cando hai traída municipal e ti tes o dereito de sacar auga.

-Alguén pregunta se hai recibo por tramos. Contestase que si, que hai un mínimo familiar.

-Houbo declaracións de auga non apta por metais pesados nos anos 80.

-En canto a transparencia, estase traballando na elaboración dunha nova páxina que incorporará o tema da auga.

-Fálase de que a xente ten facilidade de opinar a través das redes sociais (coma o Facebook) sobre cuestións políticas ou de xestión.



Ames
  


O Foro tivo lugar no Pazo da Peregrina
en Bertamiráns

  

O día seguinte, aparcamos no Concello de Ames. A actividade tivo lugar esta vez no fermoso Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Hai que agradecer a labor de difusión por parte do Concello, con notas de prensa tanto na páxina do Concello como nos medios escritos, que se traduceu no debate con maior afluencia, arredor das 20 persoas.


 


Introducción por parte do grupo municipal.
Foi o debate mais extenso no tempo
e nas opinións debido a boa
participación

-Falanse de problemas de abastecemento, sobretodo no verán, asocianse a un consumo excesivo.

-O que sucede no Concello de Brión afecta ó Concello de Ames, hai que ter un enfoque conxunto na xestión.

-Prezo en torno os 1.6€/m^3

-Fanse políticas de aforro, con bandos de sensibilización, incitando ao aforro.

-Debido a que existe un fixo na factura, comentase que isto incita á xente a derrochar a auga. Proponse que cada veciño pague polo que consuma, eliminando os mínimos de consumo.

-Proponse un pago por tramos con varios criterios que habería que estudiar. Non todos os comercios son iguais e sin embargo cóbraselles igual. Bonificacións para familias numerosas. Eliminar cortes de suministro por impago se hai xustificación.

-Falase de Mancomunar o servizo con Teo e con Brión, de novo sae a idea do enfoque conxunto (a nivel cunca hidrográfica, algo no que en Honduras se trata de traballar tamén, xa que ao falar de xestión da auga é o máis axeitado).



O debate

Dereito Humano.
-Son leis morais mais que leis escritas. Os gobernos deberían velar polo seu cumplimento.

-Cando alguén ten sede, é humano darlle de beber.

-Está totalmente garantido?

-No Concello hai persoas que non teñen servizo tal é como o entendemos pero teñen pozo.

-Aínda que teñan unha fonte non o teñen garantido.

-Non existe abastecemento e saneamento nalgúns lugares.

Asequibilidade
-O río Sar está contaminado pola cidade de Santiago, que está augas arriba, e logo hai que mercar auga o Concello de Santiago. Sae de novo a idea de mancomunar.

-Vaise sacar unha ordenanza, parece probable que se impidan os cortes de suministro.

-Os cortes de suministro non son frecuentes, unha das causas que se plantexan é que a xente a última factura que deixa de pagar é a da auga.

-Xurdiu unha anécdota que entronca co debate de Teo, cando alguén ten que xustificar que non pode pagar. Unha persoa que non podía pagar e necesitaba auga para labores no rural e non solicitou axuda, se cadra por vergonza.

Igualdade

-Pagamos todos igual e parece que non hai colectivos con falta de subministro.

-Plantexase a dúbida de se deberíamos pagar todos igual, se é boa a economía de escala para o caso da auga. Volve sair a proposta de eliminar os mínimos.

-Hai quen dí que a auga debe ser gratis. Contéstaselle que, ainda que a auga non se deba mercantilizar e que non se pode ter como obxectivo obter beneficios monetarios, ten un coste asociado.

-Proponse que se garantice un mínimo dentro dos estándares da OMS, digamos os 20 l/persoa.día, e a partir de ahí habería que pagar xa que estamos moi por encima dos estándares humanitarios.

-Hai o risco de que a auga se convirta nun negocio, frente á idea de dereito. Non debe ser obxectivo prioritario gañar diñeiro.

-Os Concellos teñen moita culpa. Son os contratos máis grandes que se fan. Non hai control. Ademais, hai unha falta de persoal que poda realizar ese control.


Participación

A participación da veciñanza puxo en entredito
unha das conclusións do debate, a apatía da xente.

-O contrato está colgado en internete.

-Coméntase que a participación non é importante na elaboración dunha ordenanza.

-Para que a participación sexa posible debe haber unha labor de formación por parte dos Concellos. Como exemplo dise que hai moita xente que non entende o desglose das facturas da auga. Axuda ser parte na toma de decisións, axuda a querer participar e axuda na xestión.

-Comentase que hai pouca información dispoñible para participar.

-Recordase o problema das toalliñas de Teo, a modo de exemplo. Hai que facer unha labor de sensibilización ambiental. Ao non haber participación, pérdese dalgún xeito o sentido de pertenza a comunidade, o espírito comunitario e de corresponsabilidade.

-Comentase que, por exemplo, habendo un custo fixo, a xente xa o gasta, que se deben facer políticas de aforro. Non debería haber gastos fixos.

-Alguén di que o custo fixo debería habelo, coas contas claras. Que o tema da participación é tamén unha cuestión de educación, de crear un novo espírito de sociedade.

-A transparencia é a primeira forma de participación, é o que garantiza que calquera persoa, queira ou non, poda participar. É necesaria para garantir ese dereito, sen ela, non se pode participar. Por iso faise necesario o fácil acceso á información.

-Foron os veciños os que fixeron as primeiras traídas, coa privatización hai un cambio de modelo e a xente xa non se sinte participe da xestión.

-Alguén comenta que se minusvalora o que a xente pode aportar. Recorda que no instituto visitou unha potabilizadora. Que foi algo moi interesante e intructivo, aínda que se escapen moitos detalles técnicos. Que  cousas como, “a auga ben de alí para alí” son comprensibles para calquer cidadán.

-Todos os partidos falaron de participación e transparencia nas antigas eleccións. É algo que está de moda e quedan ben nun programa. Pero hai que preguntarse se a xente realmente está demandando participación, porque isto implica movilizarse.

-Estase mellor sentado e que outro cho faga, que participando.

-O proceso participativo é precisamente iso, un proceso. Comeza pola educación na participación, por iso é bon comezar.

-Hai que contar como se fai, ter espazos de participación. É algo cultural, a falta de cultura de participación. Cambiar isto é un proceso larguisimo, hai que comezar e co tempo convertirase nun hábito.

-Subscríbese a importancia de que a participación se convirta nun hábito.

-Hai unha desmovilización, unha apatía xeralizada na sociedade. Ponse de exemplo que a corrupción sempre a houbo, pero non lle interesaba a ninguén mentres estabamos no estado do benestar.

-Confrontase a idea de comodidade frente á de participación real. De forma transversal, falase das redes sociais. Ponse de exemplo, alguén sentado no sofá dalle o megusta nunha convocatoria de manifestación, é con iso pensan que xa está feito. Pero logo ninguén vai a manifestación. Participar é algo mais que iso, é moverse é participar dun xeito real.

-Vese a necesidade de crear interés na xente, con moita información.

-Volve sair a idea de que é unha cuestión de educación. De implicación e de interiorizar a cultura da participación. Igual nos estamos equivocando no enfoque.

-A nivel local é moi importante porque é a administración mais cercana. O enganche do ambito local, hai que aproveitar estes espazos. Por exemplo, no canto de facer un taller en plan lección maxistral, pódese facer unha ruta de senderismo onde se expliquen multitude de cousas (por exemplo, roteiro visitando instalacións de xestión municipal da auga). Este tipo de actividades son as adecuadas para que a xente se implique e interese. A mellor escala é a local.

-Faise unha auditoria técnica interna.

-Falouse moito da falta de formación da cidadanía, pero hai un gran descoñecemento tamén por parte dos nosos políticos e que quizáis sexa unha boa base para facer xurdir o coñecemento en xeral. Que non lle podemos esixir a cidadanía ningún tipo de educación específica (ou moral) sen teren os seus gobernantes unhas mínimas nocións básicas.

-Creo que se tende moito a confundir a participación coa opinión subxectiva tomando un café na rúa. Que a educación e formación é boa pero sempre teñen que ter por obxetivo último o debate e aporte de novas ideas e a implicación.

-Ao fin e o cabo ás veces debemos estar confundindo falta de formación con pasotismo e comodidade. Polo que quizáis só sexa iso no que hai que formar á xente en xeral.

-Rematar con que é inadmisible que alguén entenda por dereito humano á auga a gratuidade dista sen máis.





Monforte

  






O día 23 rematamos esta serie de actividades no Concello de Monforte, no Centro Cívico Social, na rúa do Malecón. Foi a actividade menos concurrida, con 5 persoas, mais non por elo foi menos instructiva e enriquecedora.





  O debate
 
Dereitos Humanos

-O principio comentase algo sobre a definición do abastecemento e saneamento, como algo cultural, na liña do que se falou en Teo.

-En temas de asequibilidade, a auga no Concello de Monforte é moi barata, falase incluso das mais baratas de Galicia. Arredor de 6€ cada dous meses.

-Esta idea é interesante, o Modelo de xestión no Concello de Monforte é concesional. Xestiona unha empresa privada. Sempre se dí que cando hai xestión privada, os prezos suben. Isto non se cumple no Concello de Monforte.



Participación

-Unha cousa é participar e decir cousas que non sabes, hai que facer unha labor de educación-información.

-Hai decisións técnicas e non técnicas, non se debe deixar todo en mans dos técnicos xa que estariamos falando dunha tecnocracia.

-Hai que educar á xente na participación.

-Hai decisións políticas, ponse de exemplo a sanidade e a educación. Coller a liña da saúde pública ou ben da privada, é unha decisión puramente política. Sobre a técnica hai argumentos para defender unha ou outra. Esa decisión a debe tomar un político en función da opinión da xente.

-Non é bon que decidan todo os políticos, son decisións políticas pero a decisión é das persoas. Logo o xestor debe facer o que lle mandan. Un político toma unha decisión e logo os técnicos deciden se esa decisión é sostible, se se pode levar a cabo.

-Para un político, moitas veces é difícil tomar unha decisión por descoñecemento.

-Moito antes de tomar decisións políticas hai que asesorarse técnicamente, se o político fose como ten que ser un político, tomaría a mellor decisión tendo en conta todos os puntos de vista.

-En Monforte non existen ordenanzas que recollan o dereito humano e impidan os cortes de suministro por impago.