1 sept 2009

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: AGOSTO

Aquí vai un resumo do que podedes ver nos blogs esfeiros no mes de agosto para que non lles perdades a pista. E, de regalo, algúns links que seguro que serán do voso interese.

Xa que o 19 de agosto celebrouse por primeira vez o Día Mundial Humanitario e esta primeira semana de septembro é a semana da cooperación, sendo o 8 de septembro o día do cooperante, este mes lembrámonos de xente que está ou estivo na onda de ESF Galicia e que actualmente se atopa nalgún país do Sur desenvolvendo algunha actividade de cooperación, e tamén dos que próximamente marcharán:
-Mireia e Víctor Penas que están en Honduras con ESF Galicia,
-Lara en Guatemala como xove cooperante da Xunta de Galicia,
-Sonia Ramos en Angola con Cruz Vermella,
-Ana Barreiro en Mozambique con ISF ApD,
-Víctor Vázquez currando en USA e indo a Bolivia e outro montón de lados.
pronto marcharán:
- María Jesús a Uruguay co voluntariado das Nacións Unidas,
- Carmen e Nacho a Honduras como parte da colaboración do CARTOLAB con ESF,
- Os PCRs de Nicaragua Anxo e Cristina Sesto, que marcharán neste mes de setembro,
- Iria que marchará de prácticas do master de cooperación da USC ó 20 a Guinea Bissau.
Tamén lembrámonos de Marta e Lucía, PCRs de Honduras, que de momento non puideron marchar pola situación do país, pero que esperamos que podan facer pronto a súa estancia.

Eso sí, xa sabemos que a cooperación non só se fai no sur, aínda que cooperante hai a tendencia de considerar só á xente que traballa no sur, como o mesmo estatuto do cooperante recolle...


BLOG CORPORATIVO

No mes de Agosto estivo isto algo parado, nótanse as vacacións! Pero quedou tempo para contar algunhas actividades que se fixeron nos últimos meses sobre formación interna en campañas de sensibilización, incidencia (G8),


BLOG NICARAGUA

Este mes destaca a reflexión de Víctor, que está facendo as súas prácticas do master de HEGOA de cooperación nos proxectos que ESF Galicia ten en Nicaragua e Honduras.


BLOG HONDURAS


Continuou en agosto a información sobre o Golpe de Estado con interesantes resúmenes semanais do que ía ocorrendo e algunha referencia a outros medios. Ademais non vos perdades unha moi boa reflexión sobre tecnoloxía para o desenvolvemento humano do presidente de GPUL, asociación coa que ESF ven de firmar un convenio de colaboración.


OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, que este mes estiveron máis parados, pero que seguen organizando a campaña Apaga o Candil e iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara...
- proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos (aínda que próximamente haberá algunha sorpresa).
- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Nestes meses o grupo está nunhas ben merecidas vacacións.


OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por voluntarios de Galicia, Asturias, Castilla-León, Aragón, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú.
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD

OUTROS ENLACES QUE PODEN SER DE INTERESE

Se nos escapan. Piratería en Somalia desde otra perspectiva. MUNDO
El pensamiento mágico y la cooperación. FILOSOFÍA DE LA COOPERACIÓN
Lo último en tráfico de influencias: el voluntariado internacional. VOLUNTARIADO
Contar bien la cooperación. COMUNICACIÓN
Noticias que relacionan crisis y voluntariado. VOLUNTARIADO
Mendigogame. INCLASIFICABLE...
Producción de semillas. DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO
Del carrito a la urna. CONSUMO RESPONSABLE
Sobre el Sahara. Moi bo resumo. SAHARA
Agua que mata. De como os fallos técnicos e metodolóxicos poden ter moi malas consecuencias. AGUA
Arrecia la lucha por los alimentos. DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO
La verdad silenciada de Honduras. HONDURAS
De utopía y energías alternativas. ENERXÍAS
Dos gotas de friki-frescor. INCLASIFICABLE
Anuncio de Greenpeace (borrar a Terra, bastante chamativo). COMUNICACION
GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, cos que temos un convenio, reflexión moi recomendable para a xente de VOLUNTARIADO). TECENDO REDES.
Xixi no baño. AUGA (unha orixinal campaña...).
Viaje a una isla de basura. MEDIO AMBIENTE

NOVAS PUBLICACIÓNS EN PAPEL

- Boletín semestral da coordinadora galega de ONGDs. Tamén en dixital.
- A Crise Uigur en China. IGADI Paper Nº 16. Tamén en dixital.
- Guerra fría en Sudamérica? Cumio do UNASUR, tensións militares e o pacto EEUU-Colombia. IGADI Paper Nº 18. Tamén en dixital.
- ENGINEERING IN EMERGENCIES - A Practical Guide for Relief Workers. Recén chegado á biblioteca de Caminos da UDC.
- Manual de Project Management. Tamén en dixital para quen o queira (non dispoñible en web, interesados solicitar).
- Guía de Nicaragua. Está no local a primeira edición (a segunda pódese atopar xa á venda) de, para moitos, a mellor guía de Nicaragua.
- Documentación do I Encontro das ONGDs, que reflexiona sobre distintos e interesantes temas do sector. Tamén en dixital.

¿Por que esta magnifica tecnoloxía científica, que aforra traballo e nos fai a vida máis fácil nos aporta tan pouca felicidade? A resposta é esta, simplemente: porque aínda non aprendimos a usala con tino.
(Albert Einstein)

No hay comentarios: