19 nov 2010

Charla sobre EpD a cargo de ESF en Santiago e Lugo

O servizo de Participación e Integración Universitaria (antiga oficina de voluntariado) da USC convidou a ESF para que dera unha charla sobre EpD (Educación para o Desenvolvemento) dentro do Curso de Introducción ao Voluntariado que se está celebrando nos campus de Lugo e Santiago da USC. Contaremos con 2 horas e media para facer unha introducción teórica do que entendemos por EpD e mostrarémoslle aos case 200 alumnos do curso (140 en Santiago e 40 en Lugo) as nosas experiencias neste ámbito.

Se alguén quere asistir (como formación ou para axudar) as datas e horarios son:

  • Venres 19 de Novembro: 16 horas Aula Magna Facultade de Humanidades, Campus de Lugo
  • Sábado 20 de Novembro: 10 horas Aula Magna Facultade de Matemáticas Campus Sur de Compostela

O programa é:

  1. Concepto de EPD. Evolución. Instrumentos

Parte 1

  • Dinámia: por grupos intenten definir o que entenden por EPD. A cada grupo se le reparte un sobre con una de las definiciones y después de 10 minutos de reflexión comparan su definición con la "oficial".


Parte 2

  • Por qué a EpD? Modelo eurocentrista (ex. Mapa de Peters)

  • Vídeo “El peligro de una sola historia”

  • Evolución da EPD fronte a evolución da cooperación. Modelo de 5 xeracións.

  • Tipoloxía das accións e a nosa experiencia: cursos, PCRs, transversalización...

  • EPD fomal, non formal e informal: a nosa experiencia de voluntariado


2.- As dimensións da EpD: A sensibilización, a incidencia e a investigación como ferramentas da EPD


  • Conceptos, similitudes e diferencias

    • Video grupo Sensibilizacion Sahara
  • Campañas de sensibilización: Dinámica para idear unha campaña de sensibilización

1 comentario:

Sergio dijo...

MOI BO TRABALLO!!! E guays que tamén faledes do voluntariado como EpD!