21 nov 2010

Semana intensa de eventos "ESFeiros"

Entramos nunha semana plagada de eventos que ESF organiza por toda Galicia.

O martes, 23 de novembro:
  • En Vigo:
O Grupo de Voluntariado da Sede de ESF en Vigo, continúa coas charlas de presentación de ESF dirixidas á captación de novos voluntarios e á presentación de ESF na comunidade universitaria, na mesma liña das presentacións que se levaron a cabo noutras cidades galegas.

A cita terá lugar ás 12:00 h na Aula T-107 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universdade de Vigo. (Campus Lagoas Marcosende, s/n. 36.310 – Vigo.)



E o xoves, 25 de novembro, terán lugar 2 conferencias:
  • En Lugo:

"Experiecias de Cooperación en Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural en Centroamérica (Plans de Manexo de Fincas)"

Impartida por Angel González, falará sobre as súas experiencias de Cooperación en Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural nas comunidades nicaragüenses onde Enxeñería Sen Fronteiras Galicia está a traballar.

Terá lugar ás 12:00 h na Aula 15. Pabellón III (Ampliación) da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela. (Campus Universitario, s/n. 27.002 – Lugo.)

  • Na Coruña:

"Acción Humanitaria vs Cooperación para o Desenvolvemento"


Será impartida por Enrique Peña e desgranará os conceptos de Acción Humanitaria e Cooperación para o Desenvolvemento. Evolución, continuum/contiguum humanitario, Complexidade da acción humanitaria: coordinación, axentes, importancia da formación e profesionalización. Experiencias prácticas centradas en agua e sanemento.

Celebrarase na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canáis e Portos da Universidade da Coruña. (Campus de Elviña, s/n. 15071 – A Coruña.)

Este evento realízase en colaboración con AECID.


>>>>> Escoitar cuña publicitaria anunciando este evento


E para rematar a intensa semana, o sábado 27 e domingo 28 de novembro celebraremos na Coruña unha nova "Xuntanza" onde nos veremos as caras todos os voluntarios de todas as sedes de ESF Galicia, un evento destacado dentro da Vida Asociativa de ESF.

Estades todos convidados a participar.

No hay comentarios: