1. ANTECEDENTES E XUSTIFICACIÓN
Vense observando hai xa tempo nas actividades de ESF Galicia como os indicadores a as fontes de verificación para medilos son claves para o seguemento e avaliación de impacto, e por tanto para o aprendizaxe continuo. En moitos casos dificultan en grande medida as avaliacións externas dos proxectos e non están adaptados ás fontes de verificación previstas ou viceversa.
Por outra banda, vese necesario que os grupos teñan asumida a necesidade de levar en todo o momento o control dos gastos que a súa actividade ocasiona, para o cal hai ferramentas elaboradas que convén que todos coñezan. Por último, tamén é importante que os grupos coñezan o día a día da xestión orzamentaria dos proxectos que executan, tanto para un control interno como á hora de dar contas a financiadores externos a ESF Galicia.
2. OBXECTIVOS
Obxetivo xeral
Mellora da calidade das actuacións dentro da liña da planificación estratéxica.
Obxectivo específico
Mellorar o coñecemento dos grupos de ESF de ferramentas e procedementos de seguemento dos proxectos e do día a día dos grupos.
3. PROGRAMA
PRESENTACIÓN
15:45 Presentación asistentes. Presentación da xornada. ¿Por qué seguemento dos proxectos?
PARTE 1. INDICADORES E FONTES DE VERIFICACIÓN PARA SEGUEMENTO DE PROXECTOS.
16:15-16:45 A matriz do marco lóxico. Qué e para qué son os indicadores? E as fontes de verificación? Consellos para a definición de indicadores e cadansúas fontes de verificación. Exemplos con errores.
16:45-17:30 Caso práctico. Definición de indicadores de resultados e de obxectivo específico e as súas fontes de verificación. Discusión.
PARTE 2. ORZAMENTACIÓN
17:30-18:00 Introducción á orzamentación. Definición de actividades integradas no marco lóxico (incluindo as de seguemento) ou planificación dos grupos. Partidas orzamentarias e lista de chequeo para a orzamentación dos grupos.
18:00-18:20 Descanso
18:20-19:00 Ferramentas de folla de cálculo para orzamentación (Orzamentación a partir das actividades e tipos de cambio). Outros conceptos de orzamentación (condicións dos financiadores, gastos indirectos e negociación coas copartes, gastos xerais de funcionamento, aportes propios).
PARTE 3. SEGUEMENTO ORZAMENTARIO
19:00-19:15 Como realizar gastos en ESF. Solicitude de gastos (liquidez é distinto de capacidade financeira). Os protocolos de gastos e dietas. As facturas. As transferencias internacionais.
19:15-19:30 Ferramentas de folla de cálculo I: seguemento orzamentario xeral dos grupos e seguemento orzamentario de proxectos (listados de facturas).
19:30-19:45 Condicionantes ao seguemento dos proxectos. Capítulos IV e VII. Subexecución. Límites por partidas orzamentarias. Prazos e datas.
19:45-20:30 Ferramentas de folla de cálculo II: seguemento orzamentario de proxectos (seguemento por partidas e capítulos, axustes orzamentarios con indirectos ou dietas, límites por partidas, etc.). Exemplos.
4. LUGAR
Santiago de Compostela: aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñería, no Campus Vida (antiguo campus Sur).
No hay comentarios:
Publicar un comentario