29 dic. 2010

Exposición do Sahara en Ferrol

Boas!!!


A sede de Ferrol está espertando pouco a pouco da súa letanía e comeza a dar os seus primeiros pasos soa no mundiño este da sensibilización. E como primeira actividade dado os constantes atentados contra os dereitos humanos que sofre o pobo saharaui por parte do goberno marroquí, pensamos que era importante achegar a forma de vida, o pensamento e a angustia que ten que superar estas persoas no seu día a día nun campo de refuxiados. Vivindo no alén do deserto, sen terra de seu, con escasas pertenencias... a este pobo pobre, que como todos/as pobres posúen un ton de voz inintelixible para calquera gobernante dun país rico, cós seu ricos negocios, só lle queda a pacencia de agardar anos e anos por unha resposta que nunca chega. Por eso nós, consideramos que é importante presionar e manifestarse contra esta inxustiza porque tamén nós somos un pobo, un pobo con crise e paro pero que sen embargo non abandonou o seu estatus de pobo rico mantendo as súas mercas, a súa auga potable, a súa luz e a súa casa confortable. Temos que escoitar as súas voces, pero para elo témonos que informar e estes carteis apórtanos a información mínima necesaria para seguir procurando unha resposta, para lavar os oídos e abrir os brazos ao mundo. Neste senso, por iso en parte escollemos que a exposición se realizace no Edificio de Apoio ao Estudo do campus de Esteiro, onde hai una biblioteca, oficinas, centro de linguas, etc; por alí pasa moita xente e máis agora que están a piques de comezar os exames de xaneiro. Son os/as estudantes, os/as novos/as os que teñen máis "armas", máis forza, máis ilusión e máis creatividade para intentar transformar o mundo. Nembargantes, este só é un mísero paso para conseguilo, pero un graniño de area ao fin e o cabo.






Seguiremos avanzando.... Aí vos adxunto unhas fotiños:



Carteis con xente!! de esquerda a dereita Uxía, Lorena e Alexandre




Carteis sos :(




5 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

que sexa a primeira actividade de moitas!!!! ANIMO!!!!

angamo8 dijo...

Qué guay!!
Mucho ánimo!!!

Sergio dijo...

Xenial a dos carteis convosco ahí! jejeje, moi artístico.

Chelo dijo...

Buen re-comienzo!! =) ánimooo!

Inés dijo...

Iso, ánimo!!
Moi chula a foto!