25 abr 2008

O parlamento Galego admite o dereito de determinación do Sahara

O parlamento Galego, en Proxecto non de Lei dixo:

1º O Parlamento de Galiza defende a necesidade de acadar unha solución urxente, xusta e definitiva, no marco do Consello de Seguridade de Nacións Unidas e que inclúa o lexítimo dereito do pobo saharauí á libre determinación e ao seu exercicio mediante referéndum de autodeterminación de acordo coa Carta das Nacións Unidas e as Resolucións do Consello de Seguridade. Deste xeito, cumprindo a legalidade internacional, levar a cabo un Plan de Paz para o Sahara Occidental.

2º O Parlamento de Galiza insta á xunta de Galiza a que:

* Se dirixa ao Goberno central co fin de intensificar a súa política exterior de cara ao cumprimento da legalidade internacional e as resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas en relación ao pobo saharauí.

* Demande do Goberno do estado a súa contribución ao proceso de consenso e acordo liderado por Nacións Unidas, adoptando iniciativas políticas no seo da Unión Europea e nos estados membros co fin de incrementar a súa implicación na solución do conflito que posibilite unha ampla cooperación entre a Unión Europea e o Magreb, estudando medidas que avancen no recoñecemento oficial de RASD.

* Inste ao Goberno do Estado para que de traslado ás autoridades de Marrocos a necesidade de poñer en liberdade aos presos políticos saharauis encarcerados polo exercicio dos seus dereitos e liberdades fundamentais e que se garanta o respecto aos dereitos humanos neste conflito.

* Apoie as xuntas reivindicacións das mulleres saharauis para acordar unha equilibrada representación institucional e política nos diferentes ámbitos de participación e decisión.
* Continúe e intensifique a colaboración co Frente Polisario en relación coa axuda humanitaria e a cooperación dirixida aos campos de refuxiados de Tinduf, así como a sensibilización da nosa cidadanía sobre o problema saharauí.
--------------------------------------------------------------------
Isto está moi ben, pero se o comparamos coa proposta inicial.

Ia) O Parlamento de Galiza manifesta o seu apoio ao pobo saharauí, expresando
a condena pola ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do Sahara
Occidental e reclama a súa descolonización definitiva a través do exercicio do dereito á
autodeterminación recoñecido polas Nacións Unidas. Así mesmo, reclama o cese da
represión e a violación dos dereitos humanos nos territorios ocupados do Sahara
Occidental.

2a) O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza para intensificar a axuda
humanitaria e a cooperación dirixida aos campos de refuxiados de Tinduf, así como a
sensibilización da nosa cidadanía sobre o problema saharauí.

3a) O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza para que traslade ao
Gobernó español a necesidade do recoñecemento oficial da República Árabe Saharauí
Democrática.


Vemos que:

- No punto 1, a proposta dicía explícitamente unha condena á ocupación ILEGAL por parte de Marrocos e o que quedou foi unha referencia á legalidade internacional.
- No punto 1, pedíase o cese da represión e das violacións dos DDHH, mentres que no 3.3 de como quedou pide liberdade para presos políticos e petición de garantir os DDHH
- O punto 2 convírtese no 2.4
- E o punto 3, que o estado español recoñeza á RASD agora é o 2.1, recoñecemento da legalidade neste tema, e o 2.2. O que diga a ONU pero "estudado medidas para o recoñecemento da RASD"

------------------------------------------------------------------------------
Agora nos toca mover ficha. Que vos parece? Iniciamos debate?
Con esta información que facemos. Recollida de firmas para o parlamento español? Petición de algún punto máis ou algo polo estilo?

No hay comentarios: