Nestes días, cunha terrible acumulación de correos na lista xeral de ESF, voltamos a falar, na lista, da necesidade de pasarnos a este blog (obxectivos do blog). Pego aquí as dúas opinións en contra dese cambio, e despois engado a miña opinión, apoiada polos números do meu propio caso:
Cristina:
Opino como Natalia no que respecta as contestacións. E dándolle voltas as cousas, o blog eu creo está ben pero non ten sentido desviar todo a el. Desde que estou en ESF sempre houbo de vez en canto chamadas de atención cando se saturan as listas e sen embargo nunca se toman medidas, a lista cala por un tempo e despois a la vuelta otra vez e se non son uns son outros; pero hai moitas cousas que se poden facer para desaturar as listas:
Centralizar as convocatorias nunha persoa e envialas unha vez á semana, o mesmo con noticias e curiosidades ... pero todo aquel correo, noticia que faga responder a moitas persoas, véxase por exemplo o caso recente de transxénicos, o debate de patri, ... eu creo qeu benvido sexa nas listas (estamos vivos!) a cuestión é que se dirixa pronto ao foro, ... que cando poña IMPORTANTE e/ou URXENTE o seña de verdade ... e mil maneiras máis, pero a cuestión é poñerse e cumplilo
[...]
Natalia:
[...]
Dúas cousiñas. A primeira, sobre o de contestar. Pois non sei se ao mellor non o vedes así, pero a min paréceme de boa educación contestar cando me preguntan se algo me parece ben ou mal. Explícome, se alguén propón unha inciativa supoño que agardará que a xente a apoie, a rexeite ou a complete. Se ninguén contesta, que ten que entender? Que se perdeu no medio do milleiro de correos e ninguén o leeu? Que todo o mundo está dacordo? Que todo o mundo está en contra pero que non pensan perder o tempo en dicirllo? Non creo que teñamos que ser pesados, pero a todos nos gusta (ou iso creo eu) que polo menos nos digan, "vale, tira para adiante, parécenos ben o curre que te vas a pegar e agradecémoscho". Claro, cando xa contestan cinco ou seis persoas (ou tres) dicindo que están dacordo, home, pois se non hai nada en contra que dicir, tampouco hai que mandar por mandar...
[...]
Eu outra vez:
Para min, a lista xeral pode servir para toda a vida dunha asociación, se todos os que teñen que comunicarse son 5 persoas activas ou así. Na lista xeral, Cristina, Raquel, Natalia, Inés, eu, Xaco... mandamos correos a reo, e hai moitos máis enviando de vez en cando, e moitos máis "escoitando" (¿150?). Se os 150 contestan sempre a todos os correos sería imposible. pero se aínda nos limitasemos a que todolos correos que se envían recibisen 3 ou 4 contestacións para que sexan correctamente atendidos (como di Natalia), multiplicaríamos por dous ou por tres os correos da lista. E tamén é algo insostible, porque case todos os voluntarios están apuntados como mínimo a tres listas (xeral, local, do grupo) con números parecidos a estes, que son os do meu propio caso:
Lista xeral:
- media de correos no 2008: 5,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 13 ó 24 de abril, 132 correos en total, 11 correos/día de media
Lista Xunta Directiva:
- media de correos no 2008: 3,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 17 ó 24 de abril, 50 correos en total, 7 correos/día de media
Lista de distribución de Vigo:+
- media de correos no 2008: 1,5 correos/día
- perídodo de máis actividade: do 15 ó 17 de abril, 24 correos en total, 6 correos/día de media
Sumando:
- media de correos no 2008 das tres listas: 10,5
- período de máis actividade: días de 40 correos, semanas de 120... e tamén hai correos de fora de ISF, tanto persoais como doutras asociacións nas que estou metido.
Eu desviaría ó blog TODO, excepto os correos que deba ler toda a asociación: comunicados oficiais da directiva, asemblea, convocatoria de tal xuntanza, aviso de cobro de cuotas, búsqueda de información, apertura de debate no foro... O bog quedaría para a parte máis vital e convulsa da asociación, que tamén debe ter un espacio para medrar porque é un dos pilares da asociación (é o que Cris propón enviar cada semana á lista xeral, pero que estando no blog, pódese consultar unha vez á semana co mesmo resultado :-). Sería un cambio radical na forma de comunicarnos internamente, porque abandoamos unha das señas de identidade da asociación (as listas con milleiros de correos con todo tipo de temas lidos por todos). Pero paréceme moito máis axeitada para as dimensións actuais de ISF (as listas naceron para unha asociación 3 veces máis pequena en actividades e xente, que ademais usaban moito menos o correo electrónico). Unha solución intermedia sería ter unha lista de correo xeral para temas urxentes-oficiais e outra para temas sen urxencia-informais (fixádevos que non falo de moi/pouco importantes).
3 comentarios:
Pedro, la idea es subir al blog no los debates (para eso está el foro), ni los mensajes de trabajo. Sino las convocatorias, las noticias y artículos, las reuniones o cursos,... ese tipo de cosas.... para sacar un montón de mensajes de las listas de correo, que de otra manera gran parte de la asociación no lee.
Este mensasje que mandaste es de debate y debería ir a la lista o al foro, desde mi punto de vista. Pero usemos esta nueva herramienta a ver que pasa.
Saudiños
aca
Eu creo que cada ferramenta está pensada e se axeita máis a un obxectivo de uso.
-Os debates deberían ir ó foro (o que non quita que esté a ser algo complicado de conseguir, xa que a experiencia co foro de ESF dí que se un debate deriva ó foro só van a participar nel uns poucos, o cal, na miña opinión, lle quita validez). Ademais os inicios de debate (polo menos de momento), deberían seguirse dando nas listas, e logo se se prolongan e se quere profundizar pasalos ó foro (é o que se fai últimamente).
- Nas listas, o que Pedro comenta na entrada.
- No blog, reflexións, propostas, conclusións de actividades, fotos de actividades realizadas, enlaces ou comentarios de noticias, e mesmo convocatorias de cursos, actos,etc. , pero non subir os debates (excepto as conclusións ás que se debería chegar en cada debate, e que debería extraer alguén que fora o moderador que todo debate debería ter, aínda que sexa no foro). Sen embargo, pasará o mesmo que co foro, e "obligar" dende o principio á xente a ir ó blog para ver todas estas cousas (que no caso de que collas o hábito de facelo unha vez á semana pódeste atopar con un montón de posts e nin sigas léndoo)creo que é preferible primeiro facer como Cris dice e mandar cada certo tempo algo parecido ó boletín electrónico á lista como que se facía, e co enlace ó blog ou ó foro comentando os debates en marcha e mencionando actividades ou convocatorias, e que a xente interesada en profundizar que vaia ó blog ou ó foro. Isto vouno mandar tamén á lista xeral, e tamén hai xa un post no foro ;-DDD
Pedro, o prometido:
Persoalmente eu todo o que sexa algo activo e que xenere debate enviaríao as listas, se hai debate para o foro e o guay estaría que alguén recollese as conclusións do debate e as puxera no blog. O das pelis, curiosidades e demáis pois tamén. Reivindicacións, unha vez maduradas e discutidas eu poñeríaas na páxina de esfgalicia, non no blog.
Eu diría que é o mesmo mirar o correo que o blog, pero para mín non é o mesmo (nin para enviar cousas nin para leelo), aínda que se pode probar a empregar os avisadores dos que fala fran. Pero creo hai que ter coidado para que a saturación ou caos das listas non ocorra no blog, porque pode ser o mesmo.
Pero en calquer caso, o problema das listas para mín ben cando pides algo e ninguén responde ou cando ocorre o revés, pero eso non creo que seña cousa da saturación das listas senon das persoas. O resto, son correos que se poden leer con máis ou menos presa.
Eu as veces ademáis son impulsiva e quero compartir cousas coa xente. Xa de por sí, aínda que ao mellor non algún/ha non o cree, tardo mil siglos en escribir un correo (gárdoos como borrador e logo sego a darlle voltas), se é no blog para o público en xeral tamén (bueno, todo depende da inspiración que teña no día), pero esa frescura que ao mellor nun correo sí que a teño, ao igual que moitas bromas, nun blog non e por iso creo que se perde frescura. Igual non lle dades importancia, pero eu sí. Tampouco me mola moito o corta e pega que se fixo cos comentarios dos correos, polo de agora non foi para tanto, pero se eu quero escribir algo xa o fago, non sei é unha raiada, pero que non me mola moito.
Bueno, todo é poñerse e adaptarse.
biquiños
cris
Publicar un comentario