21 may. 2008

Curso: Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano


Por terceiro ano consecutivo tivo lugar en Santiago de Compostela o curso “Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano”. Este curso realízase en colaboración coa Oficina de Voluntariado da USC aínda que, a diferencia de outros anos, nesta edición o finanzamento obtívose coas matrículas dos asistentes.

As datas de realización foron os días 18, 19 e 20 de Marzo e 11, 12 e 13 de Abril, no salón de actos da Escola Superior de Enxeñería. Este curso realizarase tamén no campus de Lugo, no mes de Maio.

A asistencia nesta edición foi moi numerosa, con 53 matriculados de diversa procedencia, aínda que un porcentaxe elevado deles foron estudiantes de Psicoloxía. O curso está recoñecido con dous créditos de libre elección, sendo esta unha das motivación principais dos asistentes, pero non a única, xa que como reflectiron na enquisa realizada, o principal motivo de asistencia foi coñecer mellor o mundo da cooperación.

A través deste curso se persegue mostrar aos alumnos unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Mostrase tamén a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

O curso estructurouse en varios bloques temáticos:

BLOQUE I: INTRODUCCIÓN
Neste bloque realízase unha introducción da situación actual e como se chegou a ela a través de distintos relatorios nos que se trataron temas coma o colonialismo, os modelos actuais de desenvolvemento, as alternativas existentes tales coma o desenvolvemento sostible e as consecuencias das desigualdades Norte-Sur.

BLOQUE II: COOPERACIÓN
Neste bloque tratouse de mostrar as diferentes respostas que se dan co obxectivo de modificar a situación actual, mediante relatorios tales coma as análises das políticas de cooperación, os distintos axentes da cooperación, os movementos socias no Norte, os movementos socias no Sur (exemplo do Movemento dos Sem Terra en Brasil), o cuarto mundo, a perspectiva de xénero, o medioambiente, a educación para o desenvolvemento, as culturas indíxenas e os proxectos como ferramentas na cooperación.

BLOQUE III: TECNOLOXÍA E PROXECTOS
Neste bloque tratáronse temas como o papel da agricultura no desenvolvemento, a ordenación territorial, as tecnoloxías apropiadas, o modelo enerxético e alternativas, as tecnoloxías da información e a comunicación, o dereito a auga, o PCR no Sahara, o comercio xusto e consumo responsable e a comunicación como ferramenta no desenvolvemento. Neste bloque englóbase tamén a dinámica da acción participativa no Sur.

BLOQUE IV: EVALUACIÓN

3 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

Enhoraboa a Adela pola súa primeira publicación nun blogg, quedou moi ben!!! seguro que haberá máis... Por certo, está pendente alguns dos comentarios máis interesantes dos alumnos do curso, pero con calma... jeje

Cristina dijo...

moi guay, a ver cando fas unha entradiña no blog de nica, si??

espera, creo que che faltou poñer que estivo moi ben organizado!!! (túa culpa)

biquiños
cris

(ayyyy oficina de voluntariado? :-D)

Sergio dijo...

queremos fotos!!! ;-DDDDD