En primero lugar agradecer ao grupo de Proxectos e Honduras este taller e por curralo tanto.
Como ven sendo habitual en ESF, a palabra aprender segue estando presente en todas as reunións que facemos, e agardo que non se perda esta “autoeducación” xa que grazas a isto e á xente que comparte a súa sabiduría podemos estar onde estamos e poderemos medrar moito máis.
A verdade é que co powerpoint que se enviou queda bastante ben explicado os trazos dun proxecto e como se pode levar a cabo, pero gustaríame salientar un par de cousas que me pareceron moi importantes e sobre o transcurso do taller:
A palabra proxecto non é tal e como a entendemos cando de cooperación se trata, un proxecto leva tras de sí todo un traballo e de tempo, no que a execución material non é máis ca unha parte pequena, ahí non radica a problemática. O traballo está nesta parte do ciclo: Programación-identificación-diseño/formulación onde os voluntarios son unha parte fundamental, xa que grazas a un esforzo (non físico) lógrase que, mediante moito papeleo, se chegue á parte de execución.
Unha vez executado hai que ter en conta a palabra sensibilización, onde temos que acadar que a xente do Sur poida participar nos nosos proxectos e cando saiamos do país teñamos a seguridade de que xa non van precisar a ninunha ONG para poder acceder a unha vida máis digna. Todo complicado e laborioso, pero para algo está a unidade de ESF!!
En canto ao “dinamismo” do taller penso que se levou un ritmo moi bo (vaia, que cando nos demos conta xa eran as oito). Ao comezo houbo unha introducción a definicións e termos, para o meu ver obligatoria, para podermos entender as seguintes fases (na cal nos demos conta que Lara os tiña todos moi metidiños na cabeza); logo continuamos cunha serie de exemplos para verificar que era certo todo o que se nos contaba (aí é onde Inés sacou a súa graza peculiar para as explicacións,a cal axudou moito), a derradeira parte foi onde quizais nos demos conta de que formular e identificar non era ningunha coña, cunha serie de exercicios que abriron debate e dúbidas comúns en calqueira formulación (aquí Lara demostrou que vai sacar as oposcións para Profe)
E ao fina l á pobre Marta tocoulle explicar unha das peores partes, pero importante xa que grazas aos “erros” cometidos en certo proxecto de Honduras, os que,espero e desexo algun día comezemos un proxecto,non cometeremosE bueno, o fin de taller pechouno PePe coa súa peculiar e motivante actitude cara o traballo e o esforzo, e que nos désemos conta que, traballando forte, podense acadar moitas cousas e moi importantes para a nosa causa, e de paso reclutar a algunhAs das novAs voluntariAs para o grupo de proxectos.
Así que, a min o que me queda por dicire é: Moitas Grazas aos 4 e espero que estas cousas nunca se perdan e que agardo algún día estar onde estades vos facendo o mesmo
Saúdos a todos
1 comentario:
Bravo por a entrada e bravo por o taller!
Duarte, véxote dando no futuro este tipo de talleres!.
Todos empezamos así, impresionados por os "históricos" de ESF y a sua sabiduría,...pero pouco a pouco, con. este tipo de iniciativas, participando nos grupos, indo a reuniois, Xuntanzas,...vas empapándote pouco a pouco sin darte conta.
Sigamos aprendendo todos xuntos!!
Publicar un comentario