2 ene 2009

Concentración en Vigo - Condena aos ataques contra Gaza

A Rede Social Galicia Sur (RSGS), entidade que agrupa a máis de 15 ong do entorno de Vigo, entre as que está Enxeñería Sen Fronteiras Galicia convocou para o venres 2 de de Xaneiro as 20:00 diante do Museo Marco de Vigo unha concentración para expresar a súa repulsa contra os indiscriminados ataques isralies na franxa de Gaza. A RSGS quere además facer chegar a todo o mundo este manifesto no que constan as súas reclamacións e os seus motivos para convocar a concentración.

Tamen queremos facernos eco doutras convocatorias. Inicialmente había outra convocatoria por parte de Galiza con Palestina para o día 3, pero coido que esta asociación desconvocou e sumouse a outra que coincide en hora e lugar coa da RSGS. A pesares de seren convocatorias distintas dado que coinciden sumaranse esforzos. Se alguén de Galiza con Palestina nos le estaría ben que aclarase se finalmente está desconvocada a concentración do día 3.

Dende fora pode parecer pode parecer que esta descordinación resta forza, e é certo, pero a urxencia do acto, o traballo basado en voluntarios (no noso caso) coas datas que son, e outros factores loitan en contra, pero podo asegurar que cada vez fanse máis esforzos no traballo en rede.


Se queres ler máis sobre o tema podes empezar por este artigo do diario El Mundo.

Tamén podes sumarte a cibercampaña que ten posta en marcha Amnistía Internacional.

Actualización 12:30. Acabo de topar o blog de Galiza por Palestina, polo que pon entendo que sumáronse a convocatoria do día 2 pero siguen mantendo tamén a do día 3. Persoalmente recomendo acudir a do día 2 por estar convocada por moitas máis organizacións.

2 comentarios:

Pedro Feijoo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Pedro Feijoo dijo...

A desorganización non está no acto en si, senón na desestructuración dos convocantes. Se Galiza por Palestina coñecese a existencia da RSGS e viceversa, polo menos a nivel de "están aí, fan tales cousas e para consultalos temos que falar con tal persoa", de seguro que a convocatoria sería conxunta.

Na miña opinión, esta desestructuración mezclada con descoñecemento son o principal lastre dos movementos sociais. Moito máis que o famoso atomismo das entidades e os problemas de comunicación co resto da sociedade.

Por sorte viase millorando ós poucos, a base de redes máis ou menos formais, pero o movemento é lentísimo, quizais pola pouca tradición (e a dificultade) de buscar a outras asociacións...