4 mar 2009

IV Curso Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia)organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar ao alumnado unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.

Mostrarase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político,
social, económico e ambiental en que se empregan.


O curso englobase dentro do Programa de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia.

Solicitado recoñecemento con 2 créditos paratodas as titulacións da USC.

Duración do curso: 60 horas
Datas: 6, 7, 8 - 20, 21 e 22 de marzo.
Lugar: Salón de Actos da ETSE -Campus Sur de Santiago de Compostela
Destinatarios: comunidade universitaria e todas aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.

Mais información e incrición na páxina web do curso
Contacto: compostela@galicia.isf.es

No hay comentarios: