21 abr 2009

A tarde pre - JAIMA

Boas a todos!!






A miña primeira entrada vai a ser para contarvos como foi a tarde do luns 20 para os membros do grupo sensibilización de Compos.





Era a tarde anterior a montar a Jaima en Compostela, a maior actividade que realizamos e coa que pretendemos pechar o noso traballo de sensibilización sobre Sahara Occidental.


Tiñamos que acabar de preparar todo, recoller as últimas cousas que nos quedaban e deixalas listas para que ó día seguinte só fose chegar e descargar.



Recollimos o material na fotocopiadora e levamos todo ó local da ETSE. Alí tivemos reunión ás 20h. ainda que xa antes varios voluntarios estiveran ultimando detalles (Helena, Alvaro, Chelo).






Unha vez alí elaboramos unha lista de tarefas co que nos quedaba e puxemonos en marcha!!uns a repartir horarios das actividades que nos esperaban estes tres días, outros a buscar o proxector que nos deixaban e a gasolina, e outros quedaban dobrando manifestos ...










Logo volvimonos reunir todos no local para seguir dobrando manifestos (1000!!!) bueno, ou non todos...jejeje(é broma)

Ó acabar xa nos deran as ):30 e a ETSE pechaba, así que cargamos as cousas no coche de María. A Jaima traeríaa Xacobe no seu ó día seguinte.


Acabamos a reunión cunha post reunión ó aire libre (herdanza da sede de compos) para ultimar horarios e organizarnos para ó día seguinte coller os altavoces e o grupo electróxeno de camiño ó parque.

Quedamos para ás 8:30 do martes!


Estábamos case listos!

bicos

No hay comentarios: