4 may 2009

Congreso de Acción Voluntaria '09

O pasado día 23 de abril tres voluntarios (Xacobe, Sabela e Paula) asistimos ao Congreso Galego de Acción Voluntaria en Santiago de Compostela. O Congreso contaba cunha sala de audiovisuais na que se proxectaban videos que distintas asociacións enviaran previamente. Por parte de ESF proxectouse o documental "Niños de agua" (pantalla central da imaxe):


Pola tarde había unha serie de comunicacións en varias salas con temáticas relacionadas co voluntariado: as TICs, a terceira idade, a infancia, calidade...
Tamén había unha feira de entidades na que ESF participou cun stand.

Ao chegar atopamos o stand de ESF así:


Cos poucos recursos que tíñamos e un chisco de imaxinación, o resultado foi o seguinte:

Principalmente repartimos manifestos do Sahara do grupo de sensibilización de Santiago, vendemos camisetas da campaña de Auga e explicamoslle á xente que se achegou ao stand, as actividades que realiza ESF.

Despois desta breve descrición tócanos a parte crítica. Nada máis entrar agasalláronos cunha mochila, un pen-drive e dous libros, o que nos pareceu excesivo por tratarse dun congreso de voluntariado xa que os cartos invertidos neses obxetos serían beneficiosos para as asociacións. Do mesmo xeito, pensamos que a comida que nos deron, a congresistas e expositores, foi ostentosa e trasladamos estas queixas-suxerencias á responsable da Dirección xeral de Xuventude e Solidariedade. Outra cousa que nos chocou foi a asistencia maioritariamente de persoas da terceira idade o cal, na nosa opinión, non é público máis axeitado para un congreso de voluntariado.

5 comentarios:

maría dijo...

Buenas!!
a min pareceme que fixestes un bo traballo!!
ademáis darvos as gracias por vires despois ata a jaima e axudarnos!!
mandade algunha foto!!jejejeje
encantada de coñecervos!
bicos

Xakobino dijo...

jajajaj

xa me botaron a bronca por ir por aí collendo "man de obra" para o que non debo...

Realmente deberiamos ter asistido ás "Marabillosas" charlas que alí se nos ofrecían... e deixar a Helena recoller soa a Jaima... xDD

Sergio dijo...

Qué chulo quedó el puesto!
En fin, yo comparto las críticas que hacéis sobre el despilfarro. Aunque si realmente querían promover el voluntariado, ahí también tiene que tener cabida la gente de la tercera edad, que en muchas ocasiones (incluso a veces más que la gente joven) tienen gran compromiso voluntario. Lo que sí criticaría (si es que fue así, al menos es lo que yo he entendido) es que el congreso se haya convertido en una especie de excursión del IMSERSO, cuando no debería ser ese el objetivo.

Sabela dijo...

Realmente o que Sergio comenta é verdade, polo menos ao noso parecer, era máis unha excursión á que levaron á terceira idade (que buscaban todo tipo de obxectos gratuitos nos stands). Entón pensamos que sería mellor facer unha feira ou un foro no centro de Santiago para que chegase ao maior número de persoas posible.

Paula e Sabela.

Cris dijo...

Felicidades rapazas por esta superentrada!!!
Sempre fai falla un pouco de espirítu crítico para estas cousas e deixar constancia os organizadores está moi ben! Ainda que despois non o teñan en conta polo menos que vexan que non todo o mundo estivo de acordo con certas cousas!E gracias por invertir o voso tempo para dar a coñecer o voso día no congreso.
Dadesme envidia, porque a pesar de todo sei que o pasachedes ben, pena que non puidese ir...
Biquiños
Cris