18 may 2009

RENOVACIÓN DE CARGOS NA SEDE DE COMPOSTELA

Na sede de Compostela estanse a levar a cabo as renovacións de cargos de coordinadores.
Os postos que dimiten son o de:
.-Coordinador de Sede que ata o momento era levado a cabo por Jose Ríos.
.-Coordinador de Sensibilización que desempeñaba Xacobe Abel.
.-GTS a cargo de Ana.
.-Coordinador de EpD baixo a tutela de Adela.
.-Responsable de Sede de Voluntariado e Vogalía de Voluntariado magnificamente levados por Patricia Iglesias.


Despois dunha primeira reunión no que os 4 anunciaron a súa dimisión e unha posterior reunión do grupo de sensibilización aceptou coller o cargo de Coordinador de Sensibilización María Vázquez e trala cea de sede que se levou a cabo o día 15 de maio, Natalia Abel acordou, polas circunstancias que a rodean que ela poderia levar o cargo de GTS.
Xacobe Abel pasará a facerse cargo da Vogalía de Voluntariado e tamén quedou bastante definido que a nosa referencia na Sede pola banda do voluntariado será Chelo que exercerá o posto de Responsable de Voluntariado, sen descoidar as súas actividades no grupo de Sensibilización.

Para coordinar o grupo de EpD, Jose Ríos ofreceuse voluntario, pero se alguén se ofrecese non dubidaría en cedelo.

Así, de momento queda libre o cargo de Coordinador de Sede (desempeñado por Ríos ata que apareza o novo coordinador) que terá que ser elixido sen máis tardar o día 2 de Xuño.
E é sabido por todos que os que xa ocuparon un posto non poden repetir...

2 comentarios:

Sergio dijo...

Sorte nos novos cargos!!!!!

maría dijo...

gracias!!je