Tras un ratiño de bus, chegamos ao parque diante da facultade de Farmacia, onde se atopaba a jaima.
Sorprendeunos gratamente o bonito e acolledor que os nosos compis de Santiago tiñan todo aquelo. Alí empapámonos un chisquiño no ambiente saharaui, vendo cómo Helena facía o te (baixo as ordes de Xacobe). Na seguinte foto podese ver o tenderete que tiñan montado para facer o te, con utensilios tradicionais.
O estado inicial desa brebaxe son estes graniños:
Que despois do proceso convértense nuns apetitosos "grelos":
Ademais, tivemos a oportunidade de vestirnos co traxe tradicional das mulleres saharauis, a melfa.
E por último chegou o triste momento de desmontar a jaima, que non sería posible sen a grandiosa axuda do pai de Xacobe, que aínda que non teñamos fotos que o mostren.
Con todo o noso esforzo intentamos que quedase recollida o mellor posible e o resultado foi este:
Bulto que logo cargamos no remolque do pai de Xacobe, xunto co xenerador e os famosos paos de catro metros.
Despois desta marabillosa experiencia, só nos queda dicir que coñecimos a parte do equipo de sensi de Santiago, que foron os artífices desta gran campaña (mil enhoraboas para estos voluntarios).
Encantadas de coñecervos, Xacobe e Helena:
Encantadas de coñecervos, María e Álvaro:
3 comentarios:
pero que luxo que ata os de outras sedes fagan entradas das actividades!!! Gracias a vós!!! pola visita, pola axuda,
Molan estas visitas intersedes!! A ver se cunde o exemplo, jajaja
sodes xeniais, seb vos aínda seguiría a jaima alí chantada...
Publicar un comentario