18 oct 2009

Economía Alternativa ("Frente o pesimismo da razón está o optimismo da vontade..")

O pasado 30 de Xuño, Natalia Fernández achegounos a sede de Compos, o concepto de Economías Alternativas. Aqui expoñemos un resumo do que alí se falou:

Qué é a economía?
Na concepción clásica da economía, o obxeto da mesma é estudar cómo os individuos administran uns recursos escasos para satisfacer unhas necesidades ilimitadas que poden ser bens e/ou servizos. Estas necesidades poden ser imprescindibles para manter a vida (ex:comida) pero outras son o producto de vivir nunha sociedade "civilizada" (ex:coche).
Dado que o troco non é sempre posible, xurde o concepto de diñeiro como medio de intercambio de bens e servizos.
Así, de forma xeral podemos decir que a economía é un dos pilares no que se fundamenta o mundo que conocemos hoxe en día.

Modelo económico actual
Baséase no capitalismo, o cal é un sistema económico cuios pilares son o dominio da propiedade privada sobre os medios de producción e en que o mercado por medio da lei da oferta e da demanda regula os prezos según os cales se intercambian as mercancías (bens e servicios) e permite a asignación de recursos e a distribución da riqueza. Así se o capitalismo é deixado ao libre mercado, sendo este o asignador de recursos no que os intereses individuais predominen na conduta das persoas, daría lugar ao liberalismo económico. Aínda que hoxe en día, predomina o Neoliberalismo, que non define unha teoría económica concreta, senon que se refire á institucionalización do sistema liberal no comercio mundial, é dicir, con énfase macroeconómica e que se basea, en entre outras, na privatización, na desregulación, liberación do comercio, e en definitiva en que o capital está por riba do estado e da persoa.

Cales son as consecuencias do modelo económico actual?
De forma obxectiva pódese establecer: o aumento da desigualdade e da pobreza, inxustiza social, conflictos sociais, mercado non real baseado en activos financieiros (base da crise mundial actual), e un longo etc.

Economia alternativa, qué é? para qué sirven?
Este tipo de economía non ten nada de novidoso dado que son iniciativas que se veñen desenvolvendo dende fai tempo pero si son alternativas, alternativas ao sistema actual onde o capital está fóra do noso control. Así sería unha forma de satisfacer as necesidades pero dunha forma máis local e sobretodo que sexa máis real e non ao servizo do máximo enriquecemento, en definitiva, buscar unha distribución máis axeitada e un intercambio máis xusto.
De entre as numerosas iniciativas destacan o comercio xusto, a banca ética, os microcréditos, as cooperativas de consumidores, os bancos de tempos, as cousatecas, etc.
Hai que ter en conta de que cada unha por sí mesma non é valida, non son globais, pero son pasos de retirada do sistema "normal", xa que hoxe por hoxe non hai unha alternativa ao capitalismo pero si que hai estructuras estables que nos posibilitan ser algo coherentes, crear coinciencia, buscar un comercio máis xusto.


O caso da banca ética
Os obxectivos que se busca son:
- Ter un control social da banca
- Negación do ánimo de lucro
- Análise do impacto social dos cartos, os bancos deciden con criterios éticos cómo distribuir os cartos ou qué financian.
- Aforro e crédito de forma diferente para desenvolver unha economía real.

Casos concretos (nunha próxima entrada..)
Dende o local a algo máis xeral
AIS O PETO
COP 57
TRIODOS
FIARE

E como colofón 2 anécdotas:
A Frase mitica de Nati "Tiña dúbidas entre Noruega e Holanda, porque as 2 empezaban por "o" ;-D
Este interensantísimo e didáctico Vídeo sobre o significado do diñeiro ou este outro, mítico para ESF.

Grupo de EEAA (Economías Alternativas)

No hay comentarios: