20 jul 2009

OBRADOIRO DE PLANS DE MANEXO DE FINCA

Este mércores, día 22 de Xullo, a partir das 19:00 na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela (Campus Sur), se impartirá un obradoiro de formación aberto ao público sobre "Os plans de manexo de fincas: tecnoloxía para o desenvolvemento humano", organizado polo grupo de desenvolvemento agropecuario de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, baseado na experiencia de case 3 anos de traballo neste ámbito en Nicaragua. A duración do obradoiro será de aproximadamente unha hora, e abordarase o contido seguinte:
- A Ordenación Territorial, o marco de referencia.
- Plans de Manexo de Finca, punto de encontro dos enfoques territorias de arriba-abaixo e de abaixo-arriba (top-down, bottom-up).
- O proceso de elaboracion dun Plan de Manexo de Finca.
- Exemplos de Plans de Manexo de Finca.
- Conclusións. Plans de Manexo de Fincas, ¿tecnoloxía para o desenvolvemento humano?

No hay comentarios: