Hai xa uns meses Xosé Ramil, que leva o tema de comunicación en ISF ApD, estivo por Galicia contándonos cousiñas sobre campañas de sensibilización, nunha formación interna que foi moi interesante (conseguímonos xuntar unhas 15 persoas das distintas sés de ESF Galicia). No seu blog podedes ver a presentación.
Aquí van algunhas pinceladas que me chamaron a atención do que comentou:
"É importante planificar anualmente as campañas, que además deberían buscar algún tipo de cambio".
"As campañas xogan coa implicación da xente, hai que emocionar".
"É importante ter un público obxectivo ben definido, senon non funciona".
"A nosa organización pode ser un medio de comunicación".
"É importante construir un documento onde se recopilen as mensaxes a transmitir nos distintos temas, xa que de ahí pódense obter datos para presentacións, ideas de campañas e referencias para o posicionamento e estratexias de acción da asociación".
"Hai que buscar o lado positivo e constructivo nas campañas, e se pode ser a partir dos proxectos propios, nos que temos información de primeira man, mellor".
"En accións de rúa é importante OCUPAR ESPAZOS" (e eu engado, isto é importante a tódolos niveis, e para ocupalos o traballo en rede e con outras organizacións é importantísimo).
1 comentario:
Qué guay la entrada :) Y muy útil el link a las sedes, Sergio!
Publicar un comentario