2 oct 2009

Autocoñecemento Ra!

O pasado Sábado ocorreu na ETSE de Compostela un feito Singular, A xornada de Autocoñecemento da Ra!



Calificada polos asistentes coma unha das xornadas máis productivas que se deu no seo da Rede Anticapitalista. A Xornada estivo divida en tres partes. A primeira parte a de autocoñecemento.

O autocoñecemento podería parecer baladí, moitos xa se coñecían doutros ámbitos, redes, accións conxuntas e demais. Pero ben é certo, que falar de coñecemento pleno pode ser contra producente e se deron dúas situacións. A primeira a de coñecer por primeira vez algo, sexa por parte dos que se integraban recentemente aos movementos sociais, ou por parte de quen se daba a coñecer despois de iniciar o artellamento, esta situación sucedíase en diversos casos. A outra reacción foi a de coñecer algo máis a fondo, poder facer preguntas sobre as organizacións a conto do tema e aumentar o coñecemento mutuo.

Poderiamos falar de outra cousa que tamén ocorreu, o debate xerado. Cada organización puña sobre a mesa as súas liñas, o cal produxo que certas opinións, deran lugar a un interesante intercambio de experiencias que, por desgraza, acababa sendo cortado polo tempo axustado.

O segundo momento foi o dos descursos. Organizados en grupos de debate, e cun texto confeccionado por diversas entidades que traían os seus deberes feitos, os textos eran analizados en forma e fondo, nun ambente de cordialidade e de busca de posicionamentos comúns. Non imos dicir que non se xeraron controversias, agora ben, sempre se buscou o consenso e a adaptación sen renunciar en ningún momento aos ideais que subxacen nos diferentes descursos.

O feito de ter xa listos borradores, que en prazo de dous meses serán posturas debatidas, pensadas e consensuadas non é senón unha clara mostra que todas as organizacións, dun ou doutro xeito, temos claro que a Ra! é e será un instrumento útil para o noso traballo e que debe animarnos ao comprobar que non estamos sós e que pódese (e débese) traballar en rede.

O último punto, foi a asamblea. Que dicir da asamblea?

Todos temos na mente as imaxes tediosas de asambleas interminábeis que ás veces non permitían chegar a acordo ningún, pero nunha organización tan nova como é a Ra! (si, si, noviña que aínda non cumpliu o ano) esta foi apaixoante. Delímitáronse pautas de actuación, tivéronse en conta ás diferenzas das organizacións, chegouse a conclusións claras e a acordos firmes que facilitarán o noso funcionamento e nos fará ser máis efectivos.

Como detalles desta asamblea podemos ver frases coma a de María do Foro de Inmigración que dicía "se estamos na chuva, é pra mollarnos" ou a idea de Xoan Hermida de que o fortalecemento da rede fortalecía ás organizacións que a ela pertencen.

Tamén, debemos dicir que nos mostrabamos preocupados por aquelas organizacións que non asistiran e que nos plantexamos en como motivar de forma axeitada a todos os membros, e así conseguir que a Ra! sexa esa "Alianza de organizacións" que pretendemos que sexa.

Por último, só poñer o contrapunto da xornada, caracterizada polo traballo, no lecer que se respiraba na ludoteca e no tempo do café, este tipo de momentos tamén son necesarios.

No hay comentarios: