14 oct 2009

Empezan as presentacións de inicio de curso!!!

Este ano baixo o lema:

Estudas ou traballas? Hai algo máis...

Abre os ollos a outras realidades... Descubre o voluntariado como experiencia!


comezaremos as presentacións de ESF. A campaña de busca de novos voluntarios arranca en Compostela e tal e como di o Plan de Comunicación, os obxectivos da mesma serán:


- Dar a conocer o voluntariado como unha alternativa para realización da persoa no seu tempo libre
- Dar a conocer a experiencia de ESF e outras ONG's en voluntariado.


Este ano como novidade, en Compostela vaise invitar a outras ONG's ou Asociacións para que conten a súa experiencia en voluntariado. De momento participarán: Amarante, Panxea, Verdegaia, Médicos do Mundo, Intered, Adega, Educación Sen Fronteiras,...


Dun xeito xeral, a charla de presentación dividares en 2 partes diferenciadas, nunha primeira máis filosófica, intentarase explicar que é o voluntariado, para que serve e por qué é importante. E posteriormente, a través de experiencias de persoas voluntarias (tanto de ESF como as de outras ONG's) intentarase achegar qué se fai e as maneiras de participar. A través desto útimo perséguese animar a través de casos reais e próximos as persoas que fagan voluntariado!!!

As datas e lugares na USC son os que siguen:


BIOLOXIA
Aula 6
xoves 15 de outubro
20:15 h


ECONÓMICAS
Aula 9
martes 20 de outubro
20:15 h


RSU MONTE DA CONDESA
Sala de Autoedicón

xoves 22 de outubro
20:30 h


ETSE
Aula A7
martes 27 outubro
20:15 h



En breve, teremos novas de outras sedes... e se queres saber maís, achégate a unha das charlas!


Axúdanos a difundilo!!!!

2 comentarios:

Sabela dijo...

Que os salgan muy bien las presentaciones!! Y el teatro ;)

tania dijo...

está supercurrado el carteL! llama mucho la atención de una manera elegante. Parabéns!