Como xa veriades en dous artigos anteriores o día 17 de Outubro celebrase dende hai varios anos o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Hai moitas cidades do estado nas que durante esta semana se programan diversas actividades de sensibilización. En Galicia a actividade máis forte será a Manifestación de Vigo o día 17 as 12:00. A Manifestación saíra da praza da independencia e acabará no Edificio da Gota de Leite. O motivo de acabar neste lugar consiste en ligar a pobreza a nivel internacional coa mesma a nivel local, posto que a Rede Social Galicia Sur leva reclamando dende hai tempo a creación dun Centro de Inclusión Social e Albergue para Indixentes nese edificio. Dende varias cidades fletaranse autobuses para acudir a manifestación, pregunta se o faran dende a túa.
Deixamos nesta entrada o cartaz dos actos que haberá en Vigo, inda que tamén os haberá en Ferrol e outras localidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario