25 nov. 2009

AO FINAL A AUSTERIDADE CHEGOU Á COOPERACIÓN GALEGA...

                                            COMUNICADO
 
A Asemblea Xeral da Coordinadora califica de INACEPTABLE a partida de cooperación ao desenvolvemento do Proxecto de Lei de Orzamentos para 2010 da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2009). O sábado 21 de novembro, a Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD, órgano decisor supremo desta asociación, manifestou en bloque a súa decepción coa partida de cooperación ao desenvolvemento que recolle o
Anteproxecto de Lei de Orzamentos 2010 da Xunta de Galicia.
Despois de presentar en Asemblea o informe “A cooperación ao desenvolvemento no Proxecto de Lei de Orzamentos das Xunta de Galicia 2010”, -difundido aos medios de comunicación o pasado 17 de novembro-, aprobouse por unanimidade a necesidade de facer un comunicado
das ONGD integradas na Coordinadora que amose a decepción do sector con respecto aos orzamentos de cooperación para 2010, xa que Galicia continúa sendo a Comunidade Autónoma que menos destina a cooperación ao desenvolvemento
Algúns dos datos que provocaron esta reflexión na Asemblea foron:
     • A cooperación galega fica para 2010 no 0.086% do orzamento da Xunta de Galicia, con 9.700.000€.
     • Isto supón unha reducción con respecto ao 2009 dun 16% do total dos fondos, que en termos absolutos representa 1.916.000€ menos.
     • Acadar o 0.7% dos orzamentos para cooperación en 2010 equivalería ao total da cooperación galega nos últimos 18 anos, é dicir, oitenta millóns de euros.
     • O programa electoral do PP para as eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, contemplaba que acadar un 0.4% do orzamento da Xunta para cooperación era un obxectivo razoable. [3.2.4. Cooperación ao Desenvolvemento]
 
Dende a Coordinadora Galega de ONGD, -trala presentación no Parlamento de Galicia do Proxecto de Lei o luns 19 de outubro-, estase a levar a cabo unha importante labor de incidencia na elaboración de emendas parlamentarias á lei, traballando cos tres grupos parlamentarios, BNG, PP e PSdG-PSOE.

ONGD que asinan o presente Comunicado:
A Cova da Terra, Acción contra a Fame, Amani Galiza, Amigos da Terra, Amigos Escaes-Perú, Arquitectos Sin Fronteras Galicia, Asemblea de Cooperación pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas Diocesana Santiago, Coopera, Compromiso e Misión, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas-Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Equus Zebra, Farmamundi Galicia, Fundación Cume, Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María, Implicadas/os
no Desenvolvemento, InteRed Galicia, Intermón-Oxfam, Inti, Jóvenes y Desarrollo, Labañou Solidaria, Madreselva, Mans Unidas, Meniños, Médicos do Mundo – Galicia, Natura Hispánica, ONG Lena, ONG Mi Perú, Paz y Desarrollo, Paz e Solidariedade, PROCLADE, PROYDE, SED, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Galega, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidariedade, Terra de Homes, UNICEF Galicia, Veterinarios Sen Fronteiras, Voluntariado Social Rogas.

Máis información:
Coordinadora Galega de ONGD
981585189
sensibilizacion@galiciasolidaria.org

1 comentario:

tA dijo...

imos para atras coma os cangrexiños... esta nova xunta está a dar moitos desgustos en demasiados eidos